Laxe - ORDENANZA FISCAL N.º 12, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVICIOS CONSISTENTES NA UTILIZACIÓN DO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

Publicación provisional: 15/12/1998 BOP Nº: 286
Publicación definitiva: 15/12/1998 BOP Nº: 286
Aplicable dende: 16/11/2012

Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 131.2 e 142 da Constitución e polo artigo 105 da Lei 7/1995, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de acordo co disposto nos artigos 15 ó 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola prestación de servicios consistentes na utilización do polideportivo municipal, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, aténdose as súas normas ó previsto no artigo 20 - apartado 1, letra B) e apartado 4, letra o), - e no artigo 58 da xa citada Lei 39/1988.

Artigo 2.º .-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación de servicios consistentes na utilización do polideportivo municipal.

Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que sexan usuarios dos servicios do Polideportivo Municipal e as que resulten beneficiadas ou afectadas polos mesmos

Artigo 4.º .-Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os Administradores das sociedades e os Síndicos, Interventores ou Liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.º .-Bases de imposición e tipos de gravame.

1.- As bases de imposición e tipos de gravame son os comprendidos nas seguintes tarifas:

Tipo de tarifa

 

Importe

Entrenamentos de veciños, asociacións ou clubes do municipio

Deporte individual

(ata 4 participantes)

5 euros/hora

 

Deporte colectivo (máis de 4 participantes)

10 euros/hora

 

 

 

Entrenamentos de veciños, asociacións ou clubes de fora do municipio

Deporte individual

(ata 4 participantes)

15 euros/hora

 

Deporte colectivo

(máis de 4 participantes)

18 euros/hora

 

 

 

Competicións de veciños, asociacións ou clubes do municipio

Deporte colectivo

(ata 4 participantes)

5 euros/hora

 

 

 

 

Deporte colectivo (máis de 4 participantes)

10 euros/hora

Competicións de veciños, asociacións ou clubes de fora do municipio

Deporte colectivo

(ata 4 participantes)

15 euros/hora

 

 

 

 

Deporte colectivo

(máis de 4 participantes)

18 euros/hora

Actividades deportivas e competicións con taquilla de veciños, asociacións ou clubes do municipio

Deporte individual

(ata 4 participantes)

18 euros/hora

 

Deporte colectivo (máis de 4 participantes)

20 euros/hora

Actividades deportivas e competicións con taquilla de veciños, asociacións ou clubes de fora do municipio

Deporte individual (ata 4 participantes)

20 euros/hora

 

Deporte colectivo (máis de 4 participantes)

25 euros/hora

Ximnasio

Veciños do municipio

60 euros/ano

 

Veciños de fora do municipio

80 euros/ano

 

Aluguer por tempo inferior a un trimestre

20 euros/mes ou fracción

Escolas deportivas municipais

Veciños do municipio (Nenos)

32 euros/escola

 

Veciños do municipio (Adultos)

40 euros/escola

 

Veciños de fora do municipio (Nenos)

40 euros/escola

 

Veciños de fora do municipio (Adultos)

50 euros/escola

2.- .- A cota tributaria establecida para o ximnasio e para as escolas deportivas municipais consistirá nunha cantidade fixa e irredutible para todo o período de duración.

 

Artigo 6º . Exencións.

Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da presente Taxa, agás a prevista en normas con rango de lei ou as derivadas de aplicación dos tratados internacionais, resultando de aplicación, en todo caso, canto se dispón co artigo 9 da Lei reguladora de Facendas Locais.

Artigo 7.º .-Liquidación e recadación.

1.-Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a prestación do servicio.

2.-O pago da taxa realizarase por ingreso directo na Tesourería municipal.

3.-Este ingreso terá carácter de depósito previo, consonte co disposto no artigo 26.1.a) da Lei 39/1988, do 28 de decembro, modificada pola Lei 25/1988, do 13 de xullo, quedando elevado a definitivo ó concederse a licencia correspondente.

Artigo 8.º .-Normas de xestión.

8.1 Normas xerais:

1.-A utilización do pabellón polideportivo municipal solicitarase no modelo normalizado que se facilitará nas oficinas municipais.

2.-Presentada a instancia no Rexistro Xeral do Concello os interesados deberán ingresar o importe do depósito previo ao que se fai referencia no artigo 7º. desta ordenanza, segundo liquidación que se practique pola Secretaría-Intervención á vista de dita solicitude.

3.-Por Resolución da Alcaldía se resolverá sobre a utilización do pabellón polideportivo municipal solicitada.

8.2 Escolas deportivas municioais e ximnasio:

1.-A inscripción nas escolas deportivas municipais ou de utilización do ximnasio municipal solicitarase no modelo normalizado que se facilitará nas oficinas municipais.

2.-O inicio e duración de cada escola deportiva municipal anunciarase oportunamente nos lugares de costume, facéndose constar no anuncio as escolas deportivas que se ofertan e o seu posible horario, así como o prazo para a prestación de solicitudes de admisión ás mesmas.

Fóra do prazo que se estableza no anuncio, as persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes de admisión, sempre e cando existan prazas na escola ou escolas deportivas por aquelas elexidas.

3.-Presentada a instancia no Rexistro Xeral do Concello, os interesados deberán ingresar o importe do depósito previo ao que se fai referencia no artigo 7º. desta ordenanza, segundo liquidación que se practique pola Secretaría-Intervención á vista de dita solicitude.

O solicitante poderá optar por efectuar o ingreso nun único pagamento unha vez presentada a solicitude ou por fraccionar o importe a ingresar en dous prazos. As persoas que opten por fraccionar o pagamento deberán domiciliar nun número de conta bancaria os pagamentos. O primeiro prazo cobrarase no momento de inicio das escolas deportivas e o segundo prazo cobrarase nos primeiros dez días do mes de febreiro.

4.-Rematado o prazo para a presentación de solicitudes de admisión ás escolas deportivas municipais, a Alcaldía aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos, que se fará pública no Taboleiro de Anuncios desta Corporación, concedéndose un prazo de cinco días hábiles, aos efectos de reclamacións, contados a partir do día seguinte a dita publicación.

Rematado dito período de exposición, a Alcaldía-Presidencia resolverá as reclamacións que se presentasen e aprobará a lista definitva de admitidos e excluídos, elevando a definitivos os depósitos previos efectuados polos interesados. No caso de que non se presenten reclamacións, considerarase definitiva a lista provisional e elevaranse a definitivos os depósitos previos efectuados polos interesados.

5.-As persoas que presentasen as súas solicitudes de admisión ás escolas deportivas fóra do prazo fixado serán admitidas por resolución da Alcaldía, só no caso de que existiran prazas na escola ou escolas elexidas polos interesados, e previo cumprimento do requisito sinalado no punto 3 deste artigo.

Artigo 9.º .-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ó previsto nos artigos 77 e seguintes de Lei Xeral Tributaria e disposicións concordantes.

Disposición adicional.

Para o caso de que houbera varias peticións para un mesmo día solicitando a utilización do pavillón, seguirase o seguinte orde:

1.-Escolas deportivas municipais.

2.-Equipos federados do Concello.

3.-Equipos non federados do Concello.

4.-Deportes individuais practicados por veciños deste Concello.

5.-Equipos federados doutro Concello.

6.-Equipos non federados de outro Concello.

7.-Deportes individuais practicados por veciños de outro Concello.

En caso de coincidencia de prioridades terá preferencia a solicitude que teña entrada en primeiro lugar no rexistro xeral deste Concello, e así sucesivamente.

Disposición final.

A presente Ordenanza entrará en vigor a partir da súa publicación no taboleiro de anuncios, na web municipal ou no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa. O alcalde, Asdo, Antonio Carracedo Sacedón, O secretario, Asdo, Froilán Pallín Seco.