Cerceda - TAXA POLA UTILIZACIÓN DE INSTALACIÓNS CULTURAIS E OUTROS SERVIZOS ANÁLOGOS

Publicación provisional: 07/05/2012 BOP Nº: 85
Publicación definitiva: 21/06/2012 BOP Nº: 117
Aplicable dende: 21/06/2012

Artigo 1. Fundamento e réxime.

O Concello de Cerceda establece a taxa pola utilización de instalacións culturais e outros servizos análogos conforme ao que autoriza o artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e de acordo co previsto no artigo 20.4.o) do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto 2/2004, do 5 de marzo. A taxa regularase pola presente ordenanza, que está redactada conforme ao artigo 16 do texto refundido citado.

Artigo 2. Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible deste tributo o uso de instalacións culturais.

Artigo 3. Obriga de contribuír.

A obrigación de contribuír nacerá dende que se inicie a utilización, mediante a entrada ó recinto e previo pago da taxa.

Artigo 4. Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos as persoas físicas ou xurídicas que solicitaren ou resultaren beneficiadas das actividades que constitúen o feito impoñible desta taxa.

Artigo 5. Cota tributaria.

As tarifas que se aplicarán serán as seguintes:

5.1. Auditorio:

 

 

De luns a venres

50,00 €/hora

200 €/día completo

Sábados, domingos e festivos

60 €/hora 

300 €/día completo

5.2. Aulas culturais no centro cívico e bibliotecas:

Hora

20 €

¿ día

70 €

Día completo

120 €

5.3. Sala de exposicións: 20,00 €/día

 

Artigo 6. Normas de xestión.

6.1. As persoas físicas ou xurídicas que desexan utilizar as instalacións culturais deberán solicitalo por escrito, con, polo menos, tres días de antelación, ante o Concello, expresando os días e horas que desexan efectuar a utilización e demais circunstancias que estimen oportunas.

6.2. As solicitudes debidamente tramitadas serán resoltas polo alcalde-presidente ou pola persoa na que él delegue.

No momento de comunicar a concesión do uso da instalación, deberá ingresarse nunha conta bancaria de titularidade municipal, o importe da taxa correspondente, sen que, en ningún caso, se proceda á apertura de ditas instalacións sen presentar a correspondente autorización e o xustificante de ingreso ante a persoa responsable.

6.3. No caso de que as instalacións se usen durante máis dun mes, o suxeito pasivo abonará as taxas correspondentes dentro dos cinco primeiros días do mes, mediante domiciliación bancaria.

Artigo 7. Infraccións e sancións tributarias.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e de sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, estarase ao disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.