Muros - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR OCUPACIÓN DO DOMINIO PÚBLICO LOCAL CON POSTOS DE VENDA AMBULANTE

Publicación provisional: 18/11/2008 BOP Nº: 266
Publicación definitiva: 26/01/2009 BOP Nº: 20
Aplicable dende: 04/12/2012

Artigo 1.-Disposición xeral.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7185, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, o Concello de Muros, consonte co establecido nos amigos 15 ó 19 do R.D. Lexislativo 212004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, establece a taxa por ocupación do dominio público local con postos de venda ambulante.

Artigo 2.-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta taxa, a ocupación do dominio público local con casetas e postos para venda ambulante definida no amigo 1 do regulamento municipal da venda ambulante do Concello de Muros.

Artigo 3.-Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o amigo 35.4 da Lei 5812003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria a favor das cales se otorgue a correspondente licenza ou autorización municipal, así como as que realicen o feito impoñible sen licenza ou incumprindo os requisitos para a mesma, con independencia das correspondentes sancións.

Artigo 4.-Responsables.

1. Responderán solidariamente da obriga tributaria do suxeito pasivo as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 42 da Lei 5812003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
2. Responderán subsidiariamente da obriga tributaria do suxeito pasivo as persoas ou entidades ás que se refiere o artigo 43 da Lei 5812003, de 17 de decembro Xeral Tributaria.

Artigo 5.-Beneficios fiscais.

Non se concederán outros beneficios fiscais cos previstos nas normas con rango de lei e nos tratados e acordos internacionais

Artigo 6.-Cota tributaria.

A taxa por ocupación do espacio público para o exercicio da venda ambulante por metro cadrado ocupado por día de mercado : 0,62 euros.

Artigo 7.-Vindicación da taxa.

A taxa vindicarase cando se solicite a autorización ou licenza para exercer a venda ambulante. No caso que non exista solicitude, será o momento no que se inicie a realización da actividade.

Artigo 8.-Normas de xestión.

1. A xestión das autorizacións, os requisitos e condicións do exercicio da venda ambulante serán as que se establezcan no correspondente regulamento da venda ambulante do Concello de Muros.
2. Os pagos realizaranse por trimestres naturais, sendo o prazo para o pago voluntario da débeda o primeiro mes natural de cada trimestre impoñible. No caso de non facer o pago no período regulamentario, aplicarase un recargo de mora do 20%.
3. No caso de novas autorizacións, o primeiro pago referirase ao trimestre natural no que se produza a autorización, podendo o vendedor agardar a terminación deste período para iniciar actividade, neste caso o pago referirase ao novo trimestre no que inicie a actividade.

Disposición final. Entrada en vigor.

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente e ao día seguinte da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia permanecendo vixente ata a súa modificación ou derogación expresa.