Toques - Ordenanza reguladora da concesión de axudas para adquisición de libros e material escolar
Publicación provisional:
04/03/2008
BOP Nº:
53
Publicación definitiva:
04/03/2008
BOP Nº:
53
Aplicable dende:
15/01/2013
1º.- OBXECTO:
O Obxecto da presente ordenanza é regular a concesión de axudas para adquisición de libros e material escolar.-
A concesión destas axudas estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria.-
2º.- BENEFICIARIOS:
Poderán solicitar estas axudas:
Os alumnos matriculados en centros docentes sostidos con fondos públicos, de educación infantil, empadroados no Concello de Toques, cuxa renta anual no exercicio anterior ao da convocatoria non supere a cantidade de dúas veces o salario mínimo interprofesional.
Non obstante o anterior, non terán dereito a estas axudas os alumnos que xa teñan cuberto este gasto por medio de calquera outra axuda, ou non cursen os seus estudos en centros públicos de Toques.
3º.- PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE.-
1º.- Os solicitantes cumprimentarán o modelo de solicitude, que poderán atopar nas oficinas xerais do concello.-
2º.- O modelo de solicitude anteriormente sinalado deberá ser acompañado dos seguintes documentos:
A) Fotocopia compulsada do N.I.F do solicitante.
B) Fotocopia compulsada do libro de familia.
C) Certificado de empadroamento no concello de Toques.-
D) Certificado do centro docente onde esté escolarizado o alumno.
E) Xustificante de ingresos económicos da unidade familiar, según o caso: fotocopia da última declaración da renda, nóminas, certificado do INEM, xustificantes de pensións, etc.
F) Calquer outra documentación acreditativa de situacións declaradas polos solicitantes, tales como: separación ou divorcio, discapacidade ou minusvalía, carné de familia numerosa, etc.
3º.- Naquelas solicitudes nas que se observe a falta de documentación fundamental para a súa valoración, dita documentación será solicitada por escrito ao interesado para que no prazo máximo de 10 días dende a recepción da comunicación, presente a documentación solicitada. Se transcurrido ese prazo non se presentara, procederase ao arquivo do expediente.
4º.- O prazo de presentarción de solicitudes será de 30 días e comenzará a contar a partir do seguinte ao da sua convocatoria anual.
4º.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN:
As axudas serán concedidas pola Xunta de goberno local, previa proposta dos servicios sociais do concello, segundo o baremo seguinte:
1.- Unidade familiar con unha renda neta anual ata a cuantía do Salario Mínimo Interprofesional anual.- 4 puntos.-
2.- Unidade familiar con unha renda neta anual ata a cuantía do SMI anual multiplicado por 1,5.- 3 puntos.-
3.-Unidade familiar con unha renda neta anual ata a cuantía do SMI anual multiplicado por 2.- 2 puntos.-
4.- Unidade familiar cun fillo a cargo.- 1 punto.-
5.- Unidade familiar con dous fillos a cargo.- 2 puntos.-
6.- Unidade familiar con tres fillos a cargo.- 3 puntos
7.- Unidade familiar con máis de tres fillos a cargao.- 4 puntos.-
8.- Unidade familiar cuxo sunstentador principal sexa viúvo/a, pai/nai solteiro, separado/a, divorciado/a.- 1 punto.-
9.- Unidade familiar con algún membro minusválido.- 1 punto.-
A efectos do cálcula da renda familiar, tomarase como base a unidade de convivencia tal e como se regula no artigo 10 da lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social, modificada pola lei 1/1999, do 5 de febreriro, publicada no DOGA nº 36 do 22 de febreiro de 1999.-
Aos efectos do cálculo da renda neta anual, tomarase da Declaración do Imposto sobre a Renda a cantidade que figure no apartado ¿Base Liquidable Xeral sometida a gravamen".
As unidades familiares deberán aportar a fotocopia compulsada da renda do exercicio anterior.-
As unidades familiares exentas desta obriga deberán acreditar a súa situación achegando a seguinte documentación:
* Certificado negativo da Axencia Tributaria onde figure que non fixo a declaración da renda do exercicio anterior,ou ben declaración xurada no mesmo sentido.-
* Para os membros activos laboralmente, certificado da empresa dos ingresos obtidos durante o ano anterior, no caso contrario certificado de vida laboral.
*Certificación expedida polo organismo competente (INEM, XUNTA, SEGURIDADE SOCIAL, ...)se recibise alguha prestación ou pensión (RISGA, PNC, viuvez, orfandad, xubilación....)
A renda familiar deberá ser acreditada por todos os membros que figuren empadroados e residan no memos enderezo e que obteñan ou non ingresos de calquera natureza.
A efectos do cálculo dos fillos a cargo da unidade familiar, tomarase os que vivindo no mesmo domicilio, sexan menores de 18 anos, así coma os maiores desta idade e menores de 25 en situación de desemprego non subsidiado, e os maiores de idade que estean discapacitados física e psíquicamente, sempre que os seus recursos non superen o importe anual dunha PNC.
Se a lista de solicitantes fose maior cas dispoñibilidades económicas para o exercicio, tomaranse as puntuacións máis altas ata o límite do crédito dispoñible para estas axudas.-
5.- PROCEDEMENTO DE CONCESION
Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o equipo de servicios sociais do concello procederá ó estudio e valoracion das solicitudes. Este equipo formulará a proposta de concesión ou denegación das axudas, en atención ás presentes Bases reguladoras.-
Posteriomente, a proposta de resolución de concesión ou denegación debidamente motivada das solicitudes presentadas xunto con toda a documentacion, se remitirá á Xunta de Goberno Local, a fin de que este órgano, previo informe de fiscalización da Intervención, dicte a resolución definitiva.
6.- ABONO DA AXUDA.
Os beneficiarios das axudas, previa presentación do NIF, recibirán o importe da axuda concedida previa presentación da factura correspondente, factura que será unica e exclusivamente de libros ou material didactico complementario.
7.- DISPOSICION FINAL.
Para o non regulado nestas bases estarase o disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
A presente Ordenanza entrará en vigor o día seguinte da sua publicación no Boletín Oficial da Provincia e estará en vigor hasta sua modificación ou derogación.