Coirós - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS
ARTIGO 1.- FUNDAMENTO E NORMATIVA APLICABLE.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co previsto nos artigos 15 a 19 do texto refundido da Lei reguladora de facendas locais (TRLFL), aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, o Concello de Coirós establece a taxa pola expedición de documentos administrativos, a que se refire o art. 20.4.a) do citado texto refundido, que se rexirá pola presente ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ao previsto no art. 57 do RD lexislativo aludido.
ARTIGO 2.- FEITO IMPOÑIBLE.
1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, por instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes dos que entenda a Administración ou as autoridades municipais.
2. Para estes efectos entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular ou que redunde no seu beneficio, aínda que non mediara unha solicitude expresa do interesado.
3. Non estarán suxeitas a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para cumprir coas obrigas fiscais, as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, e os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole.
ARTIGO 3.-SUXEITOS PASIVOS.
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades as que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que soliciten, provoquen ou en interese das cales redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.
ARTIGO 4.- RESPONSABLES.
Serán responsables solidarios ou subsidiarios da débeda tributaria, xuntos cos debedores principais, as persoas e entidades a que se refiren os artigo 42 e 43 da Lei xeral tributaria.
ARTIGO 5.- EXENCIÓNS E BENEFICIOS FISCAIS.
De conformidade co disposto no art. 9 do TRLFL non se recoñece beneficio tributario ningún, agás os que sexan consecuencia do que establecen os tratados ou acordos internacionais ou que se prevexan en normas con rango de lei.
ARTIGO 6.- COTA TRIBUTARIA.
1. A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa sinalada na presente ordenanza segundo a natureza do expediente a tramitar e de conformidade coas seguintes tarifas:
1.1- Oficinas Xerais:
1.1.1.- Certificados e informes:
Certificados de empadroamento do padrón vixente: 1 euro
Certificados de empadroamento de padróns anteriores ao de 1996: 5 euros.
Informes de convivencia e residencia: 5 euros.
Certificados de documentos ou acordos municiais do ano en curso: 3 euros.
Certificados de documentos ou acordos municipais de anos anteriores: 5 euros.
Outras certificacións ou informes non especificados: 3 euros.
1.1.2.- Fotocopias:
De 1 a 10 páxinas: 0 euros.
De 11 a 30 páxinas: 1 euros.
De 31 a 50 páxinas: 2 euros.
De mas de 50: 1 euro máis por cada tramo de vinte páxinas.
1.1.3.- Compulsas:
De 1 a 10 páxinas: 0 euros.
De 11 a 30 páxinas: 1 euros.
De 31 a 50 páxinas: 2 euros.
De mas de 50: 1 euro máis por cada tramo de vinte páxinas.
1.2.- Servizos urbanísticos:
1.2.1.- Tramitación de expedientes de licenzas:
De obra maior: 50 euros.
De obra menor: 10 euros.
De primeira ocupación de vivendas:
De 0 a 100 de edificación: 90 euros.
De 101 a 200 de edificación: 120 euros.
De 201 a 500 de edificación: 200 euros.
De máis de 500 de edficación: 300 euros.
De primeira ocupación de naves, instalacións industriais ou comerciais:
Cota fixa por unidade: 100 euros
Ademais, por cada 200 metros de edificación: 50 euros
De segregación ou agrupación de parcelas: 80 euros.
De actividades suxeitas a incidencia ambiental: 100 euros
De locais de pública concorrencia: 100 euros.
De actividades non suxeitas a incidencia ambiental: 50 euros
De ampliación de prazo de licenzas: 30 euros.
De transmisión de licenzas: 50 euros.
1.2.2.- Expedición de certificacións ou informes:
Certificación, por escrito, de cualificación ou clasificación urbanística: 50 euros.
Certificación ou informe que requira saída dos servizos técnicos: 80 euros
Certificación ou informe que non requira saída dos servizos técnicos: 30 euros
1.2.3.- Tramitación de outros expedientes:
De declaración de ruína: 150 euros.
De demolicións: 100 euros.
Iniciado a instancia de parte que requiran visita de comprobación dos servizos técnicos municipais: 100 euros.
De aprobación de proxecto de urbanización: 500 euros.
De aprobación de estudios de detalle: 500 euros.
De plan de sectorización, parcial ou especial: 750 euros.
1.3.- Punto de información catastral:
Certificación literal:
- De inmobles situados no termo municipal de Coirós: 10 euros, ata cinco fincas, resto 2 euros máis por cada finca.
- De inmobles situados fora do termo municipal de Coirós: 15 euros, ata cinco fincas, resto 4 euros máis por cada finca.
Certificación negativa:
- De inmobles situados no termo municiipal de Coirós: 10 euros.
- De inmobles situados fora do termo municipal de Coirós: 15 euros.
Certificación descritiva e gráfica:
- De inmobles situados no termo municiipal de Coirós: 15 euros.
- De inmobles situados fora do termo municipal de Coirós: 20 euros.
Certificación descritiva e gráfica con lindeiros:
- De inmobles situados no termo municiipal de Coirós: 15 euros, máis 2 euros máis por lindeiro.
- De inmobles situados fora do termo municipal de Coirós: 20 euros, máis 4 euros máis por lindeito.
1.4.- Outros:
Tramitación de expedientes de vodas civís: 100 euros.
Calquera outra tramitación dun expediente non contemplado nos apartados anteriores, asimilarase, de ser posible, a un deles e se lle aplicará a mesma cota.
2. A cota das tarifas corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou do expediente de que se trate, dende o seu inicio ata a súa resolución final, incluída a certificación e/ou a notificación ao interesado do acordo.
3. As cotas tributarias indicadas no apartado 1 deste artigo aplicaráselles unha redución do 100%, no caso de que os contribuíntes, persoas físicas que teñan escaseo de recursos económicos ou persoas xurídicas sen ánimo de lucro ou con fins sociais ou benéficos, sempre que así o acredite un informe dos Servizos Sociais do Concello e previa solicitude individualizada en cada caso.
ARTIGO 7.- PERÍODO IMPOSITIVO E DEVENGO.
1. Nace o dereito a percibir a taxa e a obriga de contribuír cando se presente a solicitude da tramitación do documento o expediente.
2 Nos expedientes que se inicien de oficio o nacemento do dereito a percibir a taxa prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que motiven a actuación municipal .
3. A obriga de contribuír, unha vez xurdida, non se verá afectada en modo algún pola renuncia ou desestimento do solicitante nin pola terminación do expediente en resolución desfavorable ou denegatoria.
ARTIGO 8.- NORMAS DE XESTIÓN.
1. As taxas reguladas na presente ordenanza esixiranse en réxime de autoliquidación, cando medie solicitude do interesado, e no suposto de que se inicie o expediente de oficio, por liquidación practicada pola administración municipal.
2. No primeiro dos supostos, os suxeitos pasivos están obrigados a practicar autoliquidación Non se tramitará o expediente se non queda acreditado o pago íntegro da taxa.
As solicitudes recibidos polos condutos aos que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común que non veñan debidamente reintegrados, será admitidos provisionalmente, pero non se poderá darlle curso sen que se emende a deficiencia, de forma que se requerirá ó interesado para que no prazo de dez días hábiles abone as cotas correspondentes co apercebimentos de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teranse por non presentados os escritos e serán arquivados sen mais.
3. Cando os servizos municipais comproben que se realizou unha construción ou obra, ou se está exercitando calquera actividade sen ter tramitado o oportuno expediente de ser necesario, considerarase o acto de comprobación como a iniciación do expediente, con obriga do suxeito pasivo de aboar a taxa establecida sen prexuizo da imposición da sancións que correspondan.
4. O pago da autoliquidación, presentada polo interesado ou da liquidación inicial notificada pola Administración municipal terá carácter provisional e será a conta da liquidación definitiva que proceda, se esta fora necesaria.
ARTIGO 9.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.
Para todo o relativo a cualificación de infraccións tributarias e a imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto na Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
DISPOSICIÓN DEROGATORIA.
A partir da entrada en vigor desta ordenanza quedan derogadas as disposicións de igual ou menor rango que se opoñan a esta ordenanza.
DISPOSICIÓN FINAL.
A presente ordenanza fiscal, aprobada inicialmente polo Pleno do Concello na Sesión celebrada o día 15 de novembro de 2012, entrará en vigor no momento da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.