Cabana de Bergantiños - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, CULTURAIS E LOCAIS SOCIAIS MUNICIPAIS

Publicación provisional: 17/10/2012 BOP Nº: 198
Publicación definitiva: 11/12/2012 BOP Nº: 235
Aplicable dende: 12/12/2012

Artigo 1º.- Fundamento e réxime xurídico.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, este Concello establece a taxa pola utilización das instalacións deportivas, culturais e locais sociais municipais, de conformidade co establecido nos artigos 57 e 20 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

Artigo 2º.- Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta taxa a utilización das seguintes instalacións municipais: pavillón polideportivo municipal, campo de fútbol de Neaño, albergue xuvenil, auditorio municipal (incluída a sala de actividades do piso supeior), local dos maiores de Neaño, locais sociais de Canduas, Cesullas, Borneiro, Anos, Nantón, Corcoesto, Cundís, O Esto, Rioboo e Silvarredonda, con motivo de adestramentos, partidos, espectáculos, actos culturais, deportivos e sociais.

Artigo 3º.- Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35 da Lei xeral tributaria (LXT), que soliciten a utilización ou utilicen as instalacións ás que se refire o artigo 2º da presente ordenanza.

Artigo 4º.- Responsables.

Responden solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas ás que se refire o artigo 42 da LXT.

Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades ou síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da LXT.

Artigo 5º.- Cota tributaria.

A cota tributaria ou taxa pola utilización das instalacións municipais deportivas e culturais será a resultante de aplicar as seguintes tarifas:

Epígrafe 1.- utilización do pavillón polideportivo municipal

 

Empadroados

Non empadroados

adestramento eq federados

1,50 €/h

3,00 €/h

adestramento eq non federados, asociac e clubes

6,00 €/h

9,00 €/h

activ dptvas e culturais con taquilla

180 €

180 €

activ dptvas e culturais sen taquilla

100 €

100 €

Maratóns con taquilla

225 €

225 €

Maratóns sen taquilla

180 €

180 €

Epígrafe 2.- utilización do campo de herba artificial de Neaño

 

Hora/fracción

Encontro

Maratóns

campo fútbol Neaño

30 €/h (máx 2 h.)

30 €

15 €/h

(*) os adestramentos e encontros inclúen o dereito de emprego dos vestiarios e duchas.

Epígrafe 3.- utilización de instalacións culturais

 

Fixo

Hora/fracción

Albergue xuvenil

100 €

10 €/h

Auditorio Mpal

100 €

10 €/h

Sala de actividades

100 €

10 €/h

Epígrafe 4.- utilización de locais sociais

 

Fixo

Hora/fracción

Local Maiores de Neaño

100 €

10 €/h

Local social de Canduas

100 €

10 €/h

Local social de Cesullas

100 €

10 €/h

Local social de Anos

100 €

10 €/h

Local social de Borneiro

100 €

10 €/h

Local social de Nantón

100 €

10 €/h

Local social de Rioboo

100 €

10 €/h

Local social de Cundíns

100 €

10 €/h

Local social de Corcoesto

100 €

10 €/h

Local social de O Esto

100 €

10 €/h

Local social de Silvarredonda

100 €

10 €/h

 

Artigo 6º.- Exencións e bonificacións.

- Considerarase que os equipos, asociacións e clubes están empadroados cando polo menos a metade máis un dos seus membros figuren inscritos no padrón municipal de habitantes do Concello. Deberase acreditar como mínimo unha vez ó ano.

- Está exento do pagamento da taxa o Concello de Cabana de Bergantiños, nas actividades organizadas por este.

- Estarán exentas así mesmo:

* as asociacións sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do concello de Cabana de Bergantiños.

* actos gratuítos organizados por entidades sen fin de lucro e con fins benéficos en colaboración co Concello.

* actividades organizadas polos centros de ensiño público do concello para actos propios da súa finalidade educativa, e en horario e período escolar.

* actividades levadas a cabo polas entidades que teñan concertado convenios de promoción deportiva co Concello para actos propios da finalidade do convenio.

* os equipos federados do municipio, así como asociacións e clubes empadroados no concello para calquera tipo de uso do campo de fútbol de Neaño (adestramentos, encontros e maratóns)

Artigo 7º.- Devengo e período impositivo

A taxa devengarase no momento no que se autorice a utilización das instalacións deportivas, culturais e sociais.

Artigo 8º.- Normas de xestión.

1.- O réxime xeral de declaración e ingreso será o de autoliquidación (adxúntase modelo).

2.- As solicitudes para a utilización das instalacións deportivas, culturais e sociais de uso público realizaranse por escrito dirixido ao Sr. Alcalde, preséntandose no rexistro xeral e concretarase a data, a hora, a actividade que se desenvolverá e demais circunstancias de interese. Estas solicitudes serán resoltas por decreto da alcaldía unha vez o técnico do departamento que corresponda comprobe a dispoñibilidade das instalacións e locais.

3.- A obriga de pagamento da taxa orixínase no momento no que se autorice a utilización da instalación. O ingreso farase en calquera das entidades bancarias nas que o concello ten conta aberta. Un xustificante do mesmo deberá ser presentado no momento de facer uso das instalacións ó encargado das mesmas ou persoa que faga entrega da chave do local.

4.- Cando, por causas non imputables ao obrigado ao pago, non sexa posible a utilización das instalacións autorizadas, procederá a devolución do importe correspondente.

5.- No caso de coincidir varias solicitudes darase preferencia ás actividades organizadas polo concello, e entre as solicitudes particulares terán preferencia as asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Cabana de Bergantiños e os empadroados no concello

6.- As débedas pola presente taxa poderán esixirse pola vía de prema.

Artigo 9º.- Infraccións e sancións.

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancions, ademáis do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demáis normativa aplicable.

Disposición derrogatoria

Coa entrada en vigor desta ordenanza queda derrogada a anterior Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización das instalacións deportivas municipais e pola prestación de servizos culturais e deportivos, cuia última modificación foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión de 26 de xullo de 2007.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 27 de setembro de 2012; entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.