Zas - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA ENTRADA DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DAS BEIRARRÚAS E VÍAS MUNICIPAIS E RESERVAS DE VÍAS PÚBLICAS PARA APARCAMENTO EXCLUSIVO, PARADA DE VEHÍCULOS E CARGA E DESCARGA DE MERCADORÍAS DE CALQUERA CLASE (TAXA DE VAOS)

Publicación provisional: 02/11/2011 BOP Nº: 208
Publicación definitiva: 21/12/2011 BOP Nº: 241
Aplicable dende: 13/12/2012

ARTIGO 1.-FUNDAMENTO E NATUREZA.

No uso das potestades conferidas pola Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de bases de réxime local (LBRL), e ao abeiro do previsto nos artigos 15 a 19, en relación cos artigos 20 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (TRLFL), este Concello establece as taxas por entrada de vehículos a través de vías públicas para aparcamento, carga, descarga, ou calquera outra actividade de interese particular que se rexerá polo disposto na presente ordenanza fiscal, e na demais normativa das facendas locais.

ARTIGO 2.-FEITO IMPOÑIBLE.

Constitúe o feito impoñible desta taxa, a utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local para a entrada, saída ou paso de vehículos de calquera tipo a través das beirarrúas ou vías municipais, a reserva da vía pública para aparcamentos exclusivos, parada de vehículos, carga e descarga de mercadoría ou produtos de calquera clase e calquera outra reserva de espazos públicos nos que se prohibe estacionar os vehículos a outros usuarios.

ARTIGO 3.-SUXEITOS PASIVOS.

1. Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 de la Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria (LXT), a favor dos cales se outorguen as licenzas para gozar do aproveitamento especial, ou os que se beneficien do aproveitamento, se se producise o goce sen a oportuna autorización

2. Terán a condición de substitutos do contribuínte da taxa, no caso de utilización privativa ou o aproveitamento especial por entradas de vehículos ou carruaxes a través de beirarrúas, os propietarios/as das fincas e locais a que dean acceso as ditas entradas de vehículos, os que poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.

ARTIGO 4.-RESPONSABLES.

1. Responderán solidariamente da débeda tributaria as persoas ou entidades as que se refire o artigo 42 da LXT.

2. Responderán de forma subsidiaria da débeda tributaria as persoas ou entidades as que se refire o artigo 43 da LXT.

ARTIGO 5.-COTA TRIBUTARIA.

1. A contía desta taxa quedará fixada de acordo coas seguintes tarifas tarifas en función da lonxitude e do tipo de reserva e uso:

EPÍGRAFE

IMPORTE (€)

EPÍGRAFE 1. VAOS

1. VAOS DE OBRAS

2. VAOS PERMANENTES:

2. 1. Garaxes (públicos ou privados)

2.1. Garaxes:( públicos ou privados)

Ata 3 prazas:

De 4 a 6 prazas:

De 7 a 12 prazas:

De 13 a 25 prazas:.

De 26 a 35 prazas:

De 36 a 50 prazas:

De máis de 50 prazas

2.2. Entradas/saídas dos inmobles con uso distinto ao anterior:

20 € o metro lineal ao mes

Ata tres metros lineais * 60 € ano

Ata tres metros lineais * 100 € ano

Ata tres metros lineais * 150 € ano

Ata tres metros lineais* 190 € ano

Ata tres metros lineais* 230 € ano

Ata tres metros lineais* 260 € ano

Ata tres metros lineais* 300 € ano

* Por cada metro lineal ou fracción adicional: 20 €

Ata 3 metros liniais: 120 € ao ano

Por cada metro lineal ou fracción adicional: 30 €

EPÍGRAFE 2: CARGA E DESCARGA:

15 € por hora e metro o ano.

COMPRA DE SINAL:

40 €

2. Para estes efectos establécese o seguinte:

Vaos de obras: Son aquelas reservas que impiden o estacionamento diante das saídas/entradas dos valados ou lugares delimitados para os efectos onde se realizan obras de calquera clase, para garantir o transporte, carga e descarga de materiais de obra, tendo vixencia tan só de 8.00 a 20.00 horas, de luns a venres, de xeito que, fóra deste horario, carecen de eficacia algunha:

Vaos permanentes ou a tempo completo: Son aquelas reservas que impiden o estacionamento diante das saídas/entradas dos inmobles durante as 24 horas do día.

Carga e descarga: Reservas de espazos nas vías e terreos de uso público, vía pública para aparcamentos exclusivos, parada de vehículos, carga e descarga de mercadoría ou produtos de calquera clase e calquera outra reserva de espazos públicos nos que se prohibe estacionar os vehículos a outros usuarios. Os horarios quedarán fixados nas licenzas que se expidan e para utilizar as reservas fixadas pola Policía Local e ao abeiro do que dispoña a Ordenanza xeral de circulación, estacionamento e utilización de vía pública, no caso de existir. En defecto de horario establecido pola ordenanza, establécese o seguinte horario máximo, dentro do cal se pode solicitar a licenza:

De 8.00 a 11.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas de luns a venres. O sábado o horario será de 8.00 a 11.00 horas; fóra deste horario carecen de eficacia algunha:

3. As cotas serán irredutibles agás nos casos previstos expresamente na presente ordenanza.

ARTIGO 6.-EXENCIÓNS E BENEFICIOS FISCAIS.

Non se concederá nin bonificación nin exención algunha na exacción da presente taxa, agás as previstas en normas con rango legal.

ARTIGO 7.-NORMAS DE XESTIÓN.

1.-As persoas ou entidades interesadas na concesión dalgún aproveitamento regulado nesta ordenanza fiscal, deberán solicitar previamente a correspondente licenza detallando na solicitude a extensión e carácter do aproveitamento e acompañando os documentos que sexan necesarios en cada caso

2.-Unha vez tramitada a solicitude polo servizo competente, xuntamente coa notificación do acto administrativo de concesión practicarase a liquidación da taxa pola Tesouraría Municipal, a cal acompañarase á citada notificación. O pago da mesma no lugar que se sinale ao efecto polo Concello, será requisito imprescindible para poder retirar a licenza. A taxa de exercicios sucesivos notificarase colectivamente, mediante a exposición pública do padrón no taboleiro de anuncios do Concello e no Boletín Oficial da Provincia. Enténdese que a persoa que obtén a concesión está notificada da súa inclusión no padrón para o cobro das cotas anuais.

3.-Unha vez autorizada a ocupación no caso de vaos permanentes ou carga e descarga entenderase prorrogada para os períodos impositivos seguintes, mentres non se presente a declaración de baixa polo interesado ou polos seus herdeiros no caso de falecemento ou non sea revocada pola Administración municipal.

4.-Deberán presentar a oportuna declaración en caso de alteración da titularidade, uso ou goce dos aproveitamentos ou calquera outro elemento da licena outorgada no prazo de dez días dende que se produza o feito. Os que incumpran tal obriga, e sen prexuízo das sancións que procedan seguirán pagando o tributo.

5.-Cando se produzan novos aproveitamentos permanentes ou para carga e descarga despois do comezo do ano natural, a liquidación practicarase polo período de tempo comprendido entre o día 1 do semestre en que naza a obrigación de contribuír e o 31 de decembro do mesmo ano.

6.-Unha vez autorizados os aproveitamentos especias previstos na presente ordenanza, os titulares dos mesmos deberán colocar a placa correspondente, segundo o modelo que se estableza.

7. O Concello poderá revogar as autorizacións nos seguintes casos:

a) Por seren destinadas a fins distintos para os que foron outorgadas.

b) Por incumprir as condicións relativas a horarios, número de metros autorizados ou carecer da sinalización adecuada.

c) Por circunstancias motivadas polo tráfico, a seguridade víal, cambios e circunstancias que afecten as vías públicas e que fagan que non se poida seguir gozando do aproveitamento ou que sexa incompatible coas novas necesidades.

d) Por cese do uso da actividade da empresa

e) Por non conservar en perfecto estado a placa, e en xeral, por incumprimento de calquera das obrigas impostas nesta ordenanza ou na licenza na que se conceda o aproveitamento.

8. Cando por causas non imputables ao suxeito pasivo, o dereito á utilización ou ao aproveitamento do dominio público non se realice, procederá a devolución do importe correspondente.

9. De ter lugar o aproveitamento sen ter solicitado licencia, ou excedendo do autorizado, este Concello procederá a iniciar o expediente e a liquidar as cantidades correspondentes, sen prexuízo de aplicar as sancións que correspondan.

ARTIGO 8.-PERIÍODO IMPOSITIVO E DEVENGO.

1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie o uso privativo ou o aproveitamento especial.

2 .Con carácter xeral a taxa devéngase o un de xaneiro de cada ano e o período impositivo coincidirá co ano natural agás nos supostos de inicio na utilización privativa ou o aproveitamento especial, suposto no que a taxa ratearase por semestres naturais incluíndo aquel en que se produza a feito, e nos demais previstos neste artigo.

3. No caso de inicio no aproveitamento especial ou na utilización privativa en data distinta ao un de xaneiro, as cotas calcularanse proporcionalmente ao número de semestres que restan para rematar o ano, incluído o do comezo do aproveitamento ou utilización privativa.

4. No caso de cese no aproveitamento especial ou na utilización privativa, debe comunicarse a administración antes do 31 de decembro do ano en que se produza dito cese. Noutro caso, continuarán pagando a taxa.

5. Nos supostos de cambios de titularidade manténdose a licenza inicial, a cota será irredutible e o obrigado ao pagamento será o que figure como titular da autorización a primeiro día do período impositivo.

6. No caso dos vaos de obras devengo será mensual e irredutible por fraccións inferiores ao mes.

ARTIGO 9.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

Para todo o relativo a cualificación de infraccións tributarias e a imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto na LXT.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA.

Queda derrogada a Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola reserva da vía pública para carga e descarga de mercadorías de calquera clase, e prohibición de estacionamento (vaos permanentes) publicada definitivamente no BOP n.º 110 de 14/06/2010.

DISPOSICIÓN FINAL.

A presente ordenanza fiscal, aprobada inicialmente polo Pleno do Concello na sesión celebrada o día 25 de outubro de 2011, entrará en vigor no momento da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.