Cee - ORDENANZA REGULADORA DAS TAXAS POR RECIBIR ENSINO NA ESCOLA DE MÚSICA DE CEE

Publicación provisional: 10/08/2006 BOP Nº: 183
Publicación definitiva: 29/09/2006 BOP Nº: 225
Aplicable dende: 21/09/2012

Artigo 1º.-Fundamento e natureza

Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 de la Ley 7185 de 2 de abril, Reguladora de las Bases del Régimen Local e de acordo co previsto no artigo 20.4,v) del RDL 2/2004 Regulador de las Haciendas Locales, establece a Taxa por ensinos especiais en establecementos docentes das Entidades Locais, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do Real Decreto citado.

Artigo 2º.-Feito Impoñible.-

Constitúe o feito impoñible deste tributo, a prestación polo Concello de Cee dos servicios da escola de música. Prestaranse os servicios de ensinanza de linguaxe musical, utilización de instrumentos musicais e outras actividades análogas relacionadas coa ensinanza das artes musicais, nas instalacións da Escola Municipal de Música de Cee.

Artigo 3º.-Devengo

A taxa se considerará devengada ,nacendo a obrigación de contribuír coa iniciación da prestación do servicio,que será no momento en que se formalice a correspondente matrícula.

Artigo 4º.-Suxeitos pasivos

Serán suxeitos pasivos contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades as que se refire o artigo 35 da Ley General Tributaria, que soliciten ó servizo para as persoas beneficiarias do servizo.

Artigo 5º.- Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas as que se refiren os artigos 41 da Ley General Tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades ou síndicos, sociedades ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeneral, nos supostos y co alcance que sinala ó art. 43 da Ley General Tributaria.

Artigo 6º.- Tarifas.-

Á cuantía das Taxas regulada nesta Ordenanza Fiscal será la fixada na tarifa seguinte:

 *Matrícula anual por cada alumno:20 euros

 *Cota mensual:

1/. MUSICA ACTIVA:

· Nenos de 4, 5 e 6 ano: 20€/mes

· Nenos de 7 anos sen instrumento: 20€/mes

· Nenos de 7 anos con instrumento: 30 €/ mes

2/. MODALIDADE B. De 1º a 6º curso: 35 euros ó mes. Por cada instrumento a maiores: 15 euros ó mes.

3/. MODALIDADE A. Adultos con ensinanza non regrada, con unha hora de linguaxe musical e unha clase de instrumento: 35 euros ó mes. Por cada instrumento a maiores: 15 euros ó mes.

4/ LINGUAXE MUSICAL : 15€/mes

Á tarifa anteriormente sinalada, se lle engadirán en todo caso, as taxas ou prezos públicos que poidan fixar en uso da súa competencia a Administración da Comunidade Autónoma e que baixo ningún concepto se considerarán ingresos deste Concello.

Artigo 7º.-Normas de Xestión.-

1.- A taxa por matrícula esixirase en réxime autoliquidación, no momento de presentar a solicitude de matricula.

2.-Os interesados na prestación deste servizo deberán presenta-la solicitude de matrícula non prazos que se fixen cada ano polo Concello.A matrícula será abonada no momento da presentación da solicitude.

3.-A cota mensual é obrigatoria dende o día 1 o 5 de cada mes, ou aquel en que teña lugar a reincorporación ou alta, debendo satisfacerse nas contas abertas a nome do concello en calquera entidade colaboradora ou, no seu caso, na Tesourería da Corporación ( en casos excepcionais e a criterio da Tesoureira), e será liquidada por períodos trimestrais.

4.- En calquera momento e a requirimento da Intervención, o responsable das actividades poderá esixir ós suxeitos pasivos da taxa os xustificantes das liquidacións efectuadas, que non consten na Intervención deste Concello.

Articulo 8º.-Exencións e bonificacións.-

Non se poderán recoñecer outros beneficios fiscais na presente taxa que os expresamente previstos en normas con rango de lei os derivados dos tratados internacionais ou de convenios de traballo vixentes neste Concello.

Artigo 9.-Infraccións e sancións.-

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Ley General Tributaria e demais normativa aplicable.

DISPOSICION FINAL.

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a rexer a partir do curso escolar 2012-2013, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.