Rianxo - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA ACTIVIDADE DE CONTROL E VERIFICACIÓN DA APERTURA DE ESTABLECEMENTOS
Artigo 1º. - Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e os artigos 133.2º e 142 da Constitución Española, e de conformidade co artigo 20.2 do Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado por Rd. Lexislativo 2/2004, do 05 de marzo, este concello establece a taxa pola actividade de control e verificación da apertura de establecementos, previo ou posterior ao inicio da actividade segundo sexa por licenza/autorización ou por comunicación previa ou declaración responsable, cuxo réxime xurídico ven recollido na presente ordenanza fiscal, aprobada en desenvolvemento do artigo 57 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Artigo 2º. - Feito impoñible
1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, tendente a verificar se os establecementos industriais e mercantís reúnen as condicións de tranquilidade, sanidade, salubridade e calquera outra esixencia pola normativa aplicable, como presuposto necesario e previo para presentar polo promotor da actividade a comunicación previa ou declaración responsable ou ben para o outorgamento polo concello da licenza de apertura segundo corresponda.
2. Para tal efecto, terán a consideración de apertura:
a) A iniciación por vez primeira do establecemento para dar comezo as actividades.
b) A variación ou ampliación da actividade desenvolta no establecemento aínda que continúe o mesmo titular
c) A ampliación do establecemento e calquera alteración que se leve a cabo no local e que afecte ás condicións sinaladas no parágrafo 1º deste artigo, esixindo unha nova verificación.
3. Asemade, se entenderá por establecemento industrial ou mercantil toda edificación habitable, estea ou non aberta ó público, que non se destine exclusivamente a vivenda e que ademais:
3.1.- Se dedique ó exercicio de algunha actividade empresarial fabril, artesán da construcción, comercial e de servizos que estea suxeita ao Imposto Sobre Actividade Económicas.
3.2.- Que aínda sen desenvolver aquelas actividades sirvan de auxilio ou complemento destas, ou teñan relación con elas en forma que lles proporcione beneficios ou aproveitamento como por exemplo, sedes sociais, axencias, delegacións ou sucursais, escritores oficinas, despachos ou estudios.
Artigo 3º. - Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4º da Lei Xeral Tributaria, titulares da actividade que se pretende desenvolver ou, no seu caso, se desenvolve en calquera establecemento industrial ou mercantil.
Artigo 4º. - Responsables
Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas aos que se refires os artigos 42 da Lei Xeral Tributaria.
Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades, e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o art. 43 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5º. - Base Impoñible
Constitúe a base impoñible a cota do Imposto Sobre Actividades Económicas que corresponda ao establecemento obxecto da licenza ou comunicación previa ou declaración responsable.
Artigo 6º. - Tipo de gravame e cota tributaria
1. O tipo de gravame resulta da aplicación sobre a base impoñible da cota tributaria.
2. A cota tributaria pola actividade de verificación e control da apertura de establecementos será do 75% da cota do IAE.-
3. En calquera caso, o mínimo será de 30€, agás industrias que será de 60€.
Artigo 7º. - Devengo
1.- Devengarase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. Entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da solicitude de licenza de apertura ou comunicación previa ou declaración responsable.
2.- Cando a apertura tivera lugar sen haber obtido a oportuna licenza da Taxa ou presentada a comunicación previa ou declaración responsable devengarase cando se inicie a actividade municipal conducente a determinar se o establecemento reúne as condicións esixibles, con independencia de que o resultado do expediente sexa a autorización da apertura, a conformidade da comunicación previa ou declaración responsable coa normativa aplicable, ou a orden de peche se aquela non se pode autorizar.
3.- A obriga de contribuír tampouco se verá afectada pola denegación da licenza solicitada, pola disconformidade coa comunicación previa ou declaración responsable nin pola posterior renuncia ou desistimento do solicitante.
Artigo 8º. - Declaración. Liquidación e Ingreso
Os interesados deberán especificar na solicitude de licenza ou na comunicación previa ou declaración responsable a actividade ou actividades a desenvolver no local acompañando a alta no Imposto Sobre Actividades Económicas.
Practicada a liquidación da Taxa comunicarase ao suxeito pasivo para o seu ingreso nas entidades colaboradoras, nos prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recadación.
Artigo 9º. - Infraccións e sancións
A cualificación das infraccións tributarias así como as sancións que correspondan reguláranse polo que establece o art. 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria
Disposición final.
A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.