Laxe - ORDENANZA FISCAL Nº 29, REGULADORA DO PREZO PUBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS NO MUSEO DO MAR DE LAXE

Publicación provisional: 27/11/2012 BOP Nº: 226
Publicación definitiva: 14/02/2013 BOP Nº: 31
Aplicable dende: 15/02/2013

ARTÍCULO 1. FUNDAMENTO E OBXECTO.

No uso das facultades concedidas polos ártígos 133.2 e 142 da Constitución e polo artígo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artígos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Laxe establece a contía por prestación de servizos no Museo do Mar , a que se refire o artigo 20. 4 w) do propio Real Decreto Lexislativo, que se rexirá pola presente Ordenanza Fiscal.

ARTÍCULO 2. FEITO IMPONIBLE.

Constitúe o feito imponible deste prezo público á prestación dos servizos seguintes: Entrada, visita e uso das instalacións do Museo do Mar.

ARTÍCULO 3. BENEFICIOS FISCAIS.

Aplicaranse os beneficios fiscais previstos en normas con rango de lei e nos tratados internacionais.

ARTÍCULO 4. OBRIGADOS TRIBUTARIOS.

1. E suxeito pasivo, en concepto de contribuinte, a persoa física ou xurídica e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que solicite a utilización das instalacións ou a prestación dos servizos suxeitos e quen as empreguen aínda sen haber obtido a preceptiva autorización.

2. Serán responsables solidarios da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.

3. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores e liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.

ARTÍCULO 5. BASE IMPONIBLE.

A cuota tributaria determinarase mediante o sistema de cuotas fixas, conforme ás tarifas fixadas no artigo seguinte.

ARTÍCULO 6. CONTÍA.

Entrada, visita e utilización das instalaciones do Museo do Mar

1. Entrada xeral: 1,50 Euros

2. Contía reducida: 1 Euros

A contía reducida a que se refire o apartado anterior será de aplicación nos seguintes casos:

2.1. Menores de catorce años, titulares de carné xoven e maiores de sesenta y cinco anos.

2.2. Grupos escolares de centros que non pertezan ó Concello de Laxe, en visita previamente concertada.

3. Contía cero: 0 euros

3.1. Contía cero ás visitas realizadas no Día dos Museos.

3.2. Contía cero para as visitas de discapacitados físicos ou psíquicos.

3.3. Contía cero para as visitas patrocinadas polo Concello previa resolución que así o declare.

3.4. Contía cero para os guías turísticos no desenvolvemento das súas tarefas, trala presentación do seu carné.

3.5. Público en xeral aqueles outros días que, en cada caso concreto, autorice o alcalde, podendo os portavoces dos distintos grupos políticos da corporación facer propostas en tal sentido.

3.6. Visitas realizadas por estudantes.

Para a aplicación da contía cero non se inclúen aqueles eventos que se celebren temporalmente no museo e conten con acceso controlado, independientemente e suxeito ó pagamento dun suplemento.

Para a utilización singular ou excepcional das instalacions a contía fixarase pola Xunta de Goberno para cada caso concreto atendendo ó custo do servizo solicitado.

As visitas as instalacións por parte de grupos de escolares deberán ser concertadas co Concello de Laxe efectuando a comunicación cunha antelación mínima de quince días sobre a data prevista. Durante a visita os alumnos deberán ir acompañados por un educador cada veinticinco estudiantes, como mínimo.

ARTÍGO 7. DEVENGO

Devengase a contía e xurde a obriga de contribuir dende que se solicita a prestación dos servizos regulados nesta Ordenanza. Nos supostos xerais de entrada ó Museo, entenderase solicitada no momento de persoarse no acceso manifestando verbalmente a petición. Nos supostos en que a media solicitude expresa, devengarase a contía no momento da súa presentación.

ARTÍGO 8. NORMAS DE XESTIÓN.

1. A xestión e recadación da contía corresponde ó Museo do Mar que presta os servizos.

2. No suposto de entradas para visita das instalacións, o pagamento esixirase e acreditarase por medio de boleto ou ticket que se obterá e expedirá no acceso ós edificios e abonarase antes de ingresar nas instalacións. Cando medie autorización previa, ó solicitar a súa concesión aboarase o custo estimado da contía en concepto de depósito previo. Poderase establecer a obriga de autoliquidar o custo e ingresar simultáneamente a cantidade resultante. A resolución que se dicte aprobará a liquidación provisional ordenando a imputación a mesma do depósito constituido ou devolución total ou parcial do mesmo si así procede. As cuotas teñen carácter irreducible.

A Xunta de Goberno Local poderá autorizar a celebración de convenios nos cales se reduza ata o cen por cen do custo da entrada a aboar polos visitantes do Museo no momento de acceder a él, quedando obrigada a entidade coa que se celebre o convenio. O Convenio que se celebre determinará a garantía que debe prestar a Entidade para garantir o pagamento.

ARTÍGO 9. INFRACCIONS e SANCIONS TRIBUTARIAS.

Para a calificación das infracciones tributarias, así como das sancións que as mesmas corresponden en cada caso, estarase ó disposto nos artigo 178 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición Final.-

A presente Ordenanza entrará en vigor a partir do día seguinte da súa publicación no taboleiro de anuncios, na web municipal ou no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa. O alcalde, Asdo, Antonio Carracedo Sacedón, O secretario, Asdo, Froilán Pallín Seco.