Carnota - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO PREZO PUBLICO POLA PRESTACION DOS SERVIZOS DA ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA DE CARNOTA
Artigo 1. Fundamento e natureza.
Artigo 2.- Concepto .
O prezo público regulado nesta Ordenanza constitúe unha prestación patrimonial de caracter público que será satisfeita polos usuarios/as que voluntariamentesoliciten a prestación dos servizos da Escola Municipal de Música.
Artigo 3 . Persoas obrigadas ao pagamento.
Estarán obrigadas ao pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza as persoas físicas ou xurídicas dos servizos prestados na Escola Municipal de Música. Se as persoas usuarias fosen menores de idade, estarán obrigados ao pagamento os seus pais/nais ou titotes/as, que formalizarán a correspondente solicitude de matricula.
Artigo 4. Contia.-
1.- Segundo o artigo 44 do real Decreto Lexislativo 2 / 2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, o importe dos prezos públicos deberá cubrir, como mínimo o custo do servizo prestado ou da actividade realizada.
2.- Ao establecer o importe do prezo público regulado nesta ordenanza, o Concello de Carnota acóllese ao citado precepto legal, por considerar, que as ensinanzas impartidas na Escola Municipal de Musica contribúen á formación integral do individuo.
3.- As tarifas do prezo públicos que se regula na presente ordenanza son as que se reflicten a continuación :
Matricula ...............................10 €
Cotas mensuaís :
- música e movemento /Iniciación musical (de 3 a 6 anos) .......20€/mes
- Curso de linguaxe musical + un instrumento ..........................33€/mes
- Curso de linguaxe musical + dous instrumentos......................45€/mes
- Linguaxe Musical / Musica activa ..........................................20€/mes
- Instrumento .........................................................................20€/mes
Curso de Verán ........................................................................40€/mes
- Agrupacións Musicais e Corais : 5€ mensuaís para todos aqueles participantes que non asistan a clases individuais.
4.- Os importes indicados no punto anterior para cada concepto poderán ter un incremento por ano academico, segundo o incremento do IPC anual.
Artigo 5. Nacemento da obriga de pagamento.
A obriga de pagamento do prezo público nace no momento en que se inicia a prestación do servizo e entenderase como tal a formalización da correspondente matricula no rexistro xeral do Concello ou na oficina muinicipal habilitada para tal efecto.
Artigo 6 .- Exencións e bonificacións.
1.- a partir da entrada en vigor desta ordenanza, aplicaranse as seguintes exencións e bonificacións :
a) Os /as usuarios que pertenzan a familias cuxos ingresos anuais, rateados por meses,sexan inferiores ao salario minimo interprofesional vixente estarán exentas do pagamento das cotas mensuais.
b) Os usuarios/as que pertenzan a familias con ingresos anuais netos inferiores a 3610 euros por cada membro da unidade familiar, terán dereito a uha reduccion do 50 por 100 das cotas mensuais. Entenderase por ingresos anuais netos por membro da unidade familiar o resultado de dividir a suma dos ingresos totais da unidade familiar polo número de persoas que a compoñen.
c) Os usuarios/as que pertenzan a unha amilia numerosa terán dereito a unha reducción do 50 por 100 nas cotas mensuais.
d) As persoas que sexan o 2º ou 3º membro da unidade familiar en estar matriculados na Escola Municipal de Música aplicaráselles unha reduccion do 30% e do 50 %, respectivamente, nas cotas mensuais.
e) Reducción do 25 por 100 aos alumnos censados no municipio de Carnota.
2.- Se nunha mesma persoa concorren máis de unha das circunstancias referidas no apartado 1 deste artigo, o usuario/a deberá optar pola aplicación de unha das bonificacións das que puidera beneficiarse.
3.-As exencións e bonificacións previstas no apartado 1 deste artigo concederanse por pedimento da persoa interesada, que deberá achegar, xunto ca solicitude correspondente e no momento de efectuar a matricula , a seguinte documentación para os efectos deacreditar a concorrencia das circunstancias que dean dereito á ecención ou bonificación :
a) Libro de Familia: copia compulsada das follas de todos os membros da unidade familiar.
b) Se é o caso, copia compulsada do titulo de familia numerosa.
c) Se é o caso, certificación da Axencia Estatal da Administración Tributaria na que consten as rendas de todos os membros da unidade familiar.
d) De ser o caso, certificación ou resolución acreditativa de discapacidade de grao igual ou superior ao 33%.
Artigo 7.- Normas de xestión.
Todos os actos de xestión economica da administración da Escola Municipal de Musica serán previamente fiscalizados por Intervención que dictará as normas e instruccións precisas para elo.
No momento de efectuar a matricula na Escola Municipal de Música, deberase acreditar o pagamento do importe correspondente a este concepto. Asi mesmo
Para formalizar a matricula será requisito imprescindible estar ao dia nos pagamentos correspondentes aos cursos anteriores.
Coa solicitude de matricula deberá incluirse o número de conta corrente para a domiciliacion dos pagos das cotas mensuais, que será obrigatoria.
O pagamento das cotas mensuais é obrigatorio dende o pimeiro dia do curso ou dende a data en que teñ alugar a reincorporación ou a alta do usuario/a, como consecuencia dunha baixa previamente comunicada.
As baixas deberán ser comunicadas entre os dias 1 e 10 de cada mes. No caso contrario, a baixa será efectiva no mes seguinte á solicitude.
As altas ou reincorporcións de usuarios como consecuencia dunha baixa previamente comunicada efectuaranse entre os dias 1 e 10 de cada mes.
Artigo 8 . Prazos de pagamento.
Os pagos por domiciliación se realizarán dentro dos dez primeiros dias de cada mes. As debedas non satisfeitas nos periodos citados esixiranse pola via do constrinximento, de acordo co disposto no Real Decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación, e levara aparexada a baixa automática do deudor na Escola Municipal de Musica .
Disposición Derogatoria.-
A presente Ordenanza deroga a Ordenanza fiscal reguladora aprobada polo pleno da Corporación en sesion de 26 de abril de 2010,(BOP 05/05/2010)