Frades - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR DISTRIBUCIÓN DE AUGA E SANEAMENTO, INCLUIDOS OS DEREITOS DE ENGANCHE, COLOCACIÓN E UTILIZACIÓN DE CONTADORES
Artigo 1. Fundamento e réxime.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da constitución e polo artigo 106 da lei 7/1985, de 2 de abril reguladora das bases do réxime local e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 e 20 a 27 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que aproba o Texto Refundido regulador das facendas locais, este concello establece a taxa pola distribución de auga, incluídos dereitos de enganche, colocación e utilización de contadores.
Artigo 2. Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible desta taxa a actividade municipal desenrolada con motivo da distribución de auga potable a domicilio, o enganche de liñas á rede xeral e a colocación e utilización de contadores, así como o servizo de sumidoiros e depuración de augas residuais.
Artigo 3. Suxeitos pasivos.-
Son suxeitos pasivos da taxa en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da lei xeral tributaria, que soliciten ou resulten beneficiados polos servizos a que se refire esta ordenanza.
Terán consideración de substitutos do contribuínte os propietarios das vivendas ou locais ás que se provea do servizo, as cales poderán repercutir, no seu caso, as costas sobre os respectivos beneficios.
Artigo 4. Responsables.-
Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas ou entidades a que se refire o artigo 42 da lei xeral tributaria.
Serán responsables subsidiarios das obrigas tributarias as persoas ou entidades nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da lei xeral tributaria.
TITULO I: Abastecemento de auga.
Artigo 5. Base impoñible e base liquidable.-
A base do presente tributo estará constituída por:
Nas acometidas á rede xeral: o feito da conexión á rede por cada vivenda, local ou industria.
No subministro ou distribución de augas: os metros cúbicos de auga consumida no inmoble onde estea instalado o servizo.
Na colocación e utilización de contadores: o custo do contador, a súa instalación e mantemento.
Artigo 6.- Cota tributaria:
a) A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a establecida nas seguintes tarifas:
Usos domésticos, agrícolas, gandeiros e comerciais | |
Cota fixa trimestral | 3 euros/abonado trimestre |
Consumo | |
De | 0,30 €/m3 |
De | 0,40 €/m3 |
Máis de 60 m3/abonado trimestre | 0,60€/m3 |
Usos industriais | |
Cota fixa trimestral | 4,50 €/abonado trimestre |
Consumo | |
De | 0,35 €/m3 |
De | 0,50 €/m3 |
Máis de 60 m3/abonado trimestre | 0,70 €/m3 |
Usos para obras: | |
Cota fixa trimestral | 5 €/abonado trimestre |
Consumo | |
De | 0,40 €/m3 |
De | 0,55 €/m3 |
Máis de 60 m3/abonado trimestre | 0,75 €/m3 |
Dereitos de acometida á rede municipal de | 324,55€ |
Subministro e instalación de contador, válvula de corte, válvula antirretorno e racores necesarios para a conexión | 100,00 € |
Para diámetros diferentes a | Realizarase un estudio específico. |
As tarifas veranse incrementadas, no seu caso, co correspondente IVE.
b) Xestión de cobro a impagados: 5,10 €/ud.
c) Desprecintado de contador: 20,15 €/ud.
Artigo 7.-Devengo.
A obriga de contribuír nacerá no momento de prestarse o servizo previa a correspondente solicitude ou desde que se utilice este sen obter a previa autorización, debendo depositarse previamente o pago correspondente ó enganche e contadores.
Artigo 8.-Exencións e bonificacións.
De conformidade co disposto no artigo 9 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Facendas Locais, non se recoñece beneficio tributario algún, salvo os expresamente previstos nas normas con rango de lei ou os derivados da aplicación dos tratados internacionais.
Artigo 9.-Normas de xestión.
1.- Os solicitantes de acometida de enganche farán constar ó fin a que destinan a auga, advertíndose que calquera infracción ou aplicación diferente de aquela para a que se solicita, será sancionado cunha multa na cantidade que resulte da liquidación do fraude, sen prexuízo de retirarlle o abastecemento de auga. Tódalas concesións, responden a unha póliza ou contrato subscrito polo particular e o Concello que se fará por duplicado exemplar.
2.- A concesión do servizo outorgarase mediante acto administrativo, previa solicitude do interesado no concello, e quedará suxeito ás disposicións da presente ordenanza e as que se fixasen no oportuno contrato. Será por tempo indefinido en tanto as partes non manifesten por escrito a súa vontade de rescindir o contrato e por parte do subministrador se cumpran as condicións prescritas nesta ordenanza e o contrato que queda dito.
3.- Ningún abonado pode dispoñer da auga máis que para aquilo que Ile foi concedida salvo causa de forza maior, quedando terminantemente prohibido, a cesión de balde ou a rebenta de auga.
4.- 0 Concello por providencia do señor alcalde, pode, sen outro trámite, cortar o abastecemento de auga a un abonado cando negue a entrada ó domicilio para o exame das instalacións, cando ceda a título de balde e onerosamente a auga a outra persoa, cando non pague puntualmente as cotas de consumo, cando exista rotura de precintos, selos ou outra marca de seguridade posta polo Concello.
5.- 0 cobro da taxa por consumo farase mediante recibos trimestrais previa aprobación e publicación do correspondente Padrón. Os dereitos de enganche e de contadores faranse efectivos unha vez aprobada a solicitude.
6.-As débedas por esta taxa poderán esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento, de acordo co Regulamento xeral de recadación.
7.-En caso de que por escaseza de caudal, augas sucias, sequías, xeadas, reparacións, etc., o Concello tivera que suspender total ou parcialmente o subministro, o concello quedara exímido de toda responsabilidade por danos, prexuízos ou calquera outros conceptos, entendéndose neste sentido que a concesión faise a título precario.
Artigo 10. Infraccións e Sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así coma das sancións que ós mesmos correspondan en cada caso, estarase ó disposto no artigo 77 e seguintes da lei xeral tributaria.
TITULO II: Servizo de Saneamento.
Artigo 11:
O Concesionario, refírese ao adxudicatario da xestión do Servizo Municipal e está facultado para a prestación dos seguintes servizos relacionados co saneamento:
a) Utilizar a rede pública para a captación, canalización das augas residuais ata as estacións de depuración.
b) A execución das instalación, ampliacións, substitucións, reparacións, reformas e melloras das redes e acometidas de saneamento.
c) Limpeza da rede xeral de sumidoiros, levando os residuos ás instalacións previstas e autorizadas para tal fin.
Artigo 12: Actividades Prohibidas:
1.Queda totalmente prohibido verter directa ou indirectamente á rede de saneamento pública calquera dos seguintes produtos:
a) En xeral, todo tipo de sustancias coas concentracións referidas no anexo número 2 do Regulamento de Actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas ou en aquelas disposicións globais vixentes en cada momento que resulten de aplicación, e que o concesionario porá a disposición dos aboados para a súa eventual consulta.
b) En particular, produtos inflamables ou explosivos, baixo calquera estado físico e en cantidade algunha, e sustancias tóxicas que poidan construír riscos para a saúde dos operarios do servizo de mantemento ou provocar molestias públicas.
c) Sustancias ou corpos capaces de causar a obstrución dos colectores, pola súa propia natureza ou por reacción química.
d) Disolvente orgánicos ou pinturas, sustancias químicas tales como carburo cálcico, sulfuros, cianuros, formaldegidos, etc., nas concentracións marcada pola lei.
e) Materias graxas ou aceites nos que a concentración exceda de 250 ppm (partes por millón).
f) En ningún caso, se poderán utilizar verquidos que afecten a acuíferos que conteñan sustancias das expresadas na relación primeira do anexo ao título II do RDPH.
2. Cando o concesionario deba encargarse da xestión das estacións de depuración de residuais, e en relación co inventario de vertidos industriais que deberá redactarse ao efecto, quedarán determinadas as sustancias que poden perturbar a boa marcha da instalación da depuración e os tratamentos particulares que deberán realizar, e no seu caso, o abonado industrial, para que Ile sexa permitido o verquido na rede de saneamento pública.
3. Os danos e prexuízos que puideran derivarse do verquido prohibido definido en este artigo serán imputados totalmente ao causante do mesmo, sen prexuízo das responsabilidades de tipo legal en que puidera incorrer.
Artigo 13: Cota tributaria.
2. A acometida tipo de 160 milímetros y una distancia de 5 metros: 400,00 € Para lonxitude e diámetro distinto farase un presuposto específico.
3. A cota tributaria a esixir pola prestación dos servizos de sumidoiros e depuración determinarase en función da cantidade de auga, medida en metros públicos, usada na finca.
A tal efecto aplicarase a seguinte tarifa:
a) Servizo de sumidoiros.
Por cada metro cúbico facturado en abastecemento: 0,1091 €/m3
b) Servizo de depuración de augas residuais:
¿ Aboados con servizo municipal de abastecemento.
* Doméstico: 7 €/ab./trimestre
* Industrial e outros: 20 €/ab./trimestre
¿ Aboados que non o sexan do servizo municipal de abastecemento.
* Doméstico: 3,42 €/ab. mes
* Industrial e outros: 12,00 €/ab. mes
3. As tarifas indicadas veranse incrementadas co I.V.E. correspondente.
En ningún caso poderá tomarse un consumo de auga que sexa inferior ó mínimo facturable por abastecemento.
A cota resultante da consideración deste consumo terá o carácter de mínima esixible.