Curtis - ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES DE ACTIVIDADES E APERTURA DE ESTABLECEMENTOS

Publicación provisional: 18/06/2012 BOP Nº: 114
Publicación definitiva: 13/08/2012 BOP Nº: 153
Aplicable dende: 13/08/2012

TÍTULO I.- A COMUNICACIÓN PREVIA E A DECLARACIÓN RESPONSABLE

ART. 1º

É obxecto da presente ordenanza a adopción de medidas de simplificación administrativa nos procedementos de autorización e control das actividades que se desenvolvan no Concello de Curtis, no marco das competencias municipais recoñecidas no art. 84 da lei de bases de réxime local, e conforme o establecido no Real Decreto-Lei 19/2012, de 25 de maio, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servicios.

ART. 2º

O desenvolvemento dunha actividade comercial, industrial ou de servizos estará suxeito á presentación dunha comunicación previa ou unha declaración responsable no Concello, agás nos casos que o Real Decreto-Lei 19/2012 require que se solicite e obteña unha licenza de apertura ou de actividade, ou unha licenza de obras.

As declaracións responsables e as comunicacións previas permitirán o exercizo dun dereito ou ben o inicio dunha actividade dende o día da súa presentación, sen prexuizo das facultades de comprobación que ten atribuidas esta administración. Porén, a comunicación previa poderá presentarse dentro do prazo máximo de quince días posterior ao inicio da actividade.

ART. 3º

Entenderase como comunicación previa aquel documento mediante o que os interesados poñen en coñecemento os seus datos identificadores e demáis requisitos esixibles para o exercizo dun dereito ou o inicio dunha actividade.

Entenderase como declaración responsable o documento suscrito por un interesado en que manifesta baixo a súa responsabilidade, que cumpre cos requisitos establecidos na normativa vixente para acceder ao recoñecemento dun dereito ou o inicio dunha actividade e, que dispón da documentación que así o acredita e que se compromete a manter o seu cumprimento durante o desenvolvemento da actividade

Os requisitos aos que se refire o parágrafo anterior deberán estar recollidos de maneira expresa, clara e precisa nos modelos oficiais que se incorporan como anexo a esta ordenanza.

A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se acompañe a unha declaración responsable ou a unha comunicación previa ou a non presentación ante a Administración de calquera delas, determinará a imposibilidade de continuar coa actividade afectada dende o intre no que se teña constancia de tales feitos.

Así mesmo, a resolución da Administración pública que declare tales circunstancias poderá determinar a obriga do interesado de restituir a situación xurídica ao intre previo ao inicio da actividade sen prexuizo das responsabilidades civís, penais e administrativas.

ART. 4º

Estarán sometidas ao trámite de comunicación previa ou declaración responsable as actividades comerciais minoristas e a prestación de determinados servicios previstos no anexo do Real Decreto-Lei 19/2012, realizados a través de establecimentos permanentes, situados en calquera parte do terrotorio navional e, cuxa superficie útil de espisición e venda ó público non sexa superior a 300 metros cadrados.

Art. 5º

Estarán sometidas ao trámite de comunicación previa as actividades enumeradas no anexo do Real Decreto-Lei 19/2012 nos seguintes grupos:

- GRUPO 651

- GRUPO 653

- GRUPO 654

- GRUPO 656

- GRUPO 657

- GRUPO 755

- GRUPO 833

- GRUPO 834

- GRUPO 861

- GRUPO 862

Estarán sometidos ao trámite de declaración responsable as actividades enumeradas no anexo do Real Decreto-Lei 19/2012 nos seguintes grupos:

- GRUPO 452

- GRUPO 454

- GRUPO 641

- GRUPO 642

- GRUPO 643

- GRUPO 644

- GRUPO 645

- GRUPO 647

- GRUPO 652

- GRUPO 659

- GRUPO 691

- GRUPO 971

- GRUPO 972

- GRUPO 973

- GRUPO 975

ART. 6º.-

1.- A comunicación previa deberá incluir

* O nome, enderezo, teléfono do titular ou titulares

* O nome, dirección, teléfono do representante

* A situación exacta do local da actividade

* A descripción da actividade, superficie do local e indicación do grupo ou epígrafe fiscal a que pertenza a actividade

* Fotocopia da póliza do seguro de responsabilidade civil

A comunicación previa deberá vir acompañada de plano de situación en cartografía municipal da actividade, plano do local coas súas instalacións e unha acreditación suscrita por técnico competente que certifique que a actividade cumpre a normativa aplicable. A acreditación farase no modelo aprobado polo Concello incluido nos anexos da presente ordenanza.

No caso dos cambios de titularidade deberán achegarse datos que permitan a identificación do expediente de autorización da actividade cuxo cambio estase a solicitar, ou a certificación municipal emitida tras a comprobación posterior é presentación no seu día da comunicación ou declaración responsable. Así mesmo deberá achegar fotocopia do título que ampare a transmisión do local ou establecemento e autorización asinada polo anterior titular da actividade.

2.- A declaración responsable debe incluir:

* O nome, enderezo e teléfono do titular ou titulares

* O nome, enderezo e teléfono do representante

* A situación exacta do local da actividade

* A descripción da actividade, superficie do local e indicación do grupo ou epígrafe fiscal a que pertenza a actividade

* Fotocopia da póliza de seguro de responsabilidade civil

* Declaración baixo a súa responsabilidade de que a actividade vai desenvolverse de acordo coa normativa aplicable e que o local cumpre a normativa urbanística que lle sexa de aplicación en cada caso.

A declaración responsable deberá vir acompañada de documentación técnica, suscrita por técnico competente en que se describan as características do local e da actividade e se xustifique o cumprimento da normativa urbanísitica e a de aplicación xeral. Esta documentación deberá incluir como mínimo memoria xustificativa do cumprimento da normativa aplicable, plano de emprazamento da cartografía oficial, planos de plantas con situación de instalacións e maquinaria, planos de seccións con situación da maquinaria, planos de alzado e esquema unifamiliar da instalación eléctrica.

Así mesmo virá acompañada da certificación de execución das instalacións e medidas correctoras das instalacións segundo o modelo aprobado polo Concello incluido no anexo desta ordenanza.

ART. 7

Cando se presente unha comunicación ou unha declaración responsable deberán aboarse as taxas correspondentes pola actividade inspectora levada a cabo por esta Administración.

ART. 8

1.- O Concello comprobará os datos facilitados polos interesados e examinará a documentación técnica achegada para comprobar que se axusta á normativa aplicable. No caso de que non se presente a documentación prevista nesta ordenanza, nas actividades suxeitas á comunicación previa ou declaración responsable, o Concello ordeará o inmediato peche da actividade, ata que se proceda á presentación de dita documentación.

Examinada a documentación presentada, se fosen observadas deficiencias de escasa entidade o Concello requeriralle ao titular da actividade para que achegue nova documentación que enmende ditas deficiencias, concedéndolle para iso o correspondente prazo. O mesmo réxime será de aplicación aos supostos de comunicación previa nos que a actividade xa está a desenvolverse.

2.- No suposto de que non sexan enmendadas as deficiencias no prazo legalmente concedido, procederase a ordenar o peche do establecemento

3.- No caso de que a documentación sexa correcta os técnicos municipais cursarán visita de inspección ao local para comprobar se se axusta á documentación presentada e a normativa aplicable.

ART. 9

1.- Unha vez recibida a comunicación ou declaración responsable o titular da actividade poderá comezar a exercela, sen prexuizo de que os técnicos municipais cursen as visitas de inspección precisas para comprobar que se axusta á normativa aplicable. A comunicación previa poderá presentarse dentro dun prazo de quince días posterior ao inicio da actividade

2.- O incumprimento dos requisitos sinalados na lexislación vixente ou nesta ordenanza determinará a imposibilidade de seguir exercendo a actividade dende o intre en que se teña constancia destes feitos, sen prexuizo das responsabilidades civís, penais e administrativas en que poda incorrer o interesado.

A resolución que declare estas circunstancias poderá determinar a obriga do interesado a restituir a situación xurídica ao intre previo ao inicio da actividade

3.- En todo caso, o titular da actividade será o único responsable das molestias ou prexuizos que poda causar.-

ART. 10

Nos casos en que sexa precisa a realización de obras de construcción ou acondicionamento do local, deberá solicitarse a oportuna licenza a achegar a documentación técnica esixible con independencia de que se trate dunha actividade suxeita á comunicación previa ou a declaración responsable, a excepción das obras ligadas ó acondicionamento dos locais para desenvolver a actividade comercialcando non requiran a redacción dun proxecto de obra de conformidade coa Lei 38/1999, de 5 de novembro, de Ordenación da Edificación. Estas obras poderán incluirse na correspondente comunicación previa ou declaración responsable da actividade achegando para iso unha memoria descritiva das obras que se van realizar, o orzamento por capítulos, plano de situación en cartografía oficial

Rematadas as obras o titular da actividade notificarao ao Concello aportando o certificado final de obra e os boletíns dos instaladores autorizados para que se podan cursar as correspondentes visitas de inspección.

ART. 11

No suposto de actividades suxeitas ao réxime de comunicación previa ou declaración responsable regulado na presente ordenanza, a Administración realizará as comprobacións oportunas e emitirá un acta de inspección do técnico municipal para que quede constancia de que a actividade se axusta á documentación achegada e á normativa aplicable.

ART. 12

Nestes procedementos o Concello deberá proceder a efectuar a inspección nun prazo máximo de tres meses dende a presentación da comunicación ou declaración responsable.

O vencemento deste prazo sen terse notificado a acta de inspección lexitima ao interesado que tivese presentada a solicitude para entendela estimada por silencio administrativo, agás nos supostos nos que unha norma con rango de lei por causas xustificadas de interese xeral ou unha norma de dereito comunitario europeo estableza o contrario.

En ningún caso se entenderán adquiridos dereitos en contra do disposto na lexislación e o planeamento vixente.

ART. 13

Nos casos en que se exerza unha actividade sen a debida presentación da comunicación ou declaración responsable, ou cando non cumpra a normativa aplicable ordearase o peche do establecemento.

TÍTULO II.- A LICENZA DE APERTURA OU DE ACTIVIDADE

ART. 14

1.- Deberá solicitarse a pertinente licenza de apertura ou de actividade para aquelas actividades que teñan impacto no patrimonio histórico-artístico ou que impliquen o uso privativo ou de ocupación dos bens de dominio público

2.- En todo caso, estarán suxeitas ó réxime de licenza previa as actividades non contempladas no anexo do Real Decret-Lei 19/2012.

ART. 15

Nos supostos nos que debe solicitarse a licenza de apertura ou de actividade, esta tramitarase de acordo co procedemento establecido pola normativa aplicable en cada caso e concederase xunto coa licenza urbanística cando sexa preciso a realización de obras de construcción ou de acondicionamento.

O Concello notificará aos titulares da actividade que acheguen toda a documentación técnica que sexa preciso para enmendar as deficiencias que os técnicos municipais atopen na documentación inicialmente presentada

Finalizadas as obras, de ser o caso os titulares da actividade notificaranlle ao Concello o seu remate achegando o certificado final de obra, boletín dos instaladores e as autorizacións sectoriais que sexan preceptivas, para que os técnicos municipais cursen as correspondentes visitas de inspección

En caso de que a actividade se axuste á documentación autorizada coa licenza de apertura ou actividade e cumpra a normativa aplicable concederase a licenza de funcionamento.

Non poderá comezar a exercerse unha actividade en tanto non se conceda a pertinente licenza ou autorización de funcionamento

DISPOSICIÓN FINAL ÚNICA

Todos aqueles aspectos non regulados na presente ordenanza, rexeranse polo disposto no Real Decreto-Lei 19/2012, de 25 de maio, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servicios.

A Xunta de Goberno Local poderá adaptar, modificar ou ampliar os modelos normalizados incluidos nos anexos desta ordenanza. Os modelos modificados serán obxecto de publicación na correspondente páxina web do Concello.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA ÚNICA

Os promotores dos expedientes que a entrada en vigor da presente ordenanza se atopasen en tramitación neste Concello e se refiran a actuacións que entren no ámbito de aplicación da comunicación previa ou declaración responsable poderán acollerse a ditos procedementos presentando para iso a documentación prevista nesta ordenanza.

ANEXO I. MODELO DE COMUNICACIÓN PREVIA

INTERESADO

Nome e apelidos _____________________________________________________________

DNI _______________________________________________________________________

ENDEREZO ________________________________________________________________

MUNICIPIO ________________________________________________________________

TELÉFONO ________________________________________________________________

REPRESENTANTE

No suposto de cambios de titularidade dunha actividade anterior indicarase a continuación o nome do anterior titular que deberá asinar conxuntamente co solicitante este impreso, achegándose fotocopia do título en que se conteña a transmisión.

DATOS PERSOAIS________________________________________________________

ENDEREZO______________________________________________________________

EXPOÑO: Que de conformidade coa ordenanza municipal de actividades e o resto de normativa aplicable, veño a efectuar COMUNICACIÓN PREVIA na que declaro que a actividade que vou levar a cabo consiste en _______________________________________________________________________________________________________________________________

sita en _________________________________________________________________________________________________

coa denominación comercial de ___________________________________________________________________________

cumpre con toda a normativa preceptiva segundo se acredita na certificación de técnico competente que se adxunta a esta solicitude. Esta actividade ten pagados os tributos municipais correspondentes.

AUTORIZA: Aos efectos da normativa de protección de datos de carácter persoal, ao Concello de Curtis a comprobación telemática con outras administración públicas dos datos e demáis circunstancias relativas ao exercizo da actividade a desenvolver.

COMUNICA: Que iniciará a actividade a partir do día ______________________

O que asino de xeito responsable

En Curtis, a _______ de _____________ de _______

Asdo o interesado Asdo o representante Asdo O anterior titular

SR. ALCALDE DO CONCELLO DE CURTIS

Advírteselle que consonte o disposto no apartado 4 do art. 7 bis da lei 30/1992 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ¿a inexactitude, falsidade ou omisión de carácter esencial en calquera dato manifestación ou documento que se achegue ou incorpore a unha declaración responsable ou a unha comunicación previa, ou a non presentación ante a Administración competente da comunicación previa determinará a imposibilidade de continuar co exercizo do dereito ou da actividade afectada dende o momento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuizo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que houbera lugar"

Asemade a resolución da Administración Pública que declare tales circunstancias poderá determinar a obriga do interesado de restituir a situación xurídica ao momento previo ao recoñecemento ao exercizo do dereito ou ao inicio da actividade correspondente.

Consonte o disposto na lei orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal os seus datos serán tratados de xeito confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros do Concello de Curtis. En calquera momento poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición comunicándoo por escrito presentado no rexistro do Concello.

ANEXO II. MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE

INTERESADO

Nome e apelidos _____________________________________________________________

DNI _______________________________________________________________________

ENDEREZO ________________________________________________________________

MUNICIPIO ________________________________________________________________

TELÉFONO ________________________________________________________________

REPRESENTANTE

Nome e apelidos _____________________________________________________________

DNI _______________________________________________________________________

ENDEREZO ________________________________________________________________

MUNICIPIO ________________________________________________________________

TELÉFONO ________________________________________________________________

No suposto de cambios de titularidade dunha actividade anterior indicarase a continuación o nome do anterior titular que deberá asinar conxuntamente co solicitante este impreso, achegándose fotocopia do título en que se conteña a transmisión.

DATOS PERSOAIS________________________________________________________

ENDEREZO ______________________________________________________________

EXPOÑO: Que de conformidade coa ordenanza municipal de actividades e o resto de normativa aplicable, veño a efectuar DECLARACIÓN RESPONSABLE na que declaro que a actividade que vou levar a cabo consiste en__________________________________________________________________________________________________________________________

sita en _________________________________________________________________________________________________

coa denominación comercial de ___________________________________________________________________________

cumpre con toda a normativa preceptiva segundo se acredita na certificación de técnico competente que se adxunta a esta solicitude. Esta actividade ten pagados os tributos municipais correspondentes.

AUTORIZA: Aos efectos da normativa de protección de datos de carácter persoal, ao Concello de Curtis a comprobación telemática con outras administración públicas dos datos e demáis circunstancias relativas ao exercizo da actividade a desenvolver.

O que asino de xeito responsable

En Curtis, a _______ de _____________ de _______

Asdo o interesado Asdo o representante Asdo O anterior titular

SR. ALCALDE DO CONCELLO DE CURTIS

Advírteselle que consonte o disposto no apartado 4 do art. 7 bis da lei 30/1992 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ¿a inexactitude, falsidade ou omisión de carácter esencial en calquera dato manifestación ou documento que se achegue ou incorpore a unha declaración responsable ou a unha comunicación previa, ou a non presentación ante a Administración competente da comunicación previa determinará a imposibilidade de continuar co exercizo do dereito ou da actividade afectada dende o momento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuizo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que houbera lugar"

Asemade a resolución da Administración Pública que declare tales circunstancias poderá determinar a obriga do interesado de restituir a situación xurídica ao momento previo ao recoñecemento ao exercizo do dereito ou ao inicio da actividade correspondente.

Consonte o disposto na lei orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal os seus datos serán tratados de xeito confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros do Concello de Curtis. En calquera momento poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición comunicándoo por escrito presentado no rexistro do Concello.

ANEXO III. ACREDITACIÓN TÉCNICA DE ACTIVIDADE

TITULAR _________________________________________________________________________

DNI _________________________________________________________________________

ENDEREZO

_________________________________________________________________________

MUNICIPIO

_________________________________________________________________________

TELÉFONO _________________________________________________________________________

TÉCNICO COMPETENTE _________________________________________________________________________

DNI _________________________________________________________________________

ENDEREZO _________________________________________________________________________

TELÉFONO _________________________________________________________________________

DATOS DA ACTIVIDADE

DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE____________________________________________

_________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________

Referencia catastral do inmoble _________________________________________________________________________

USO SEGUNDO O PXOM __________________________________________________

CLASIFICACIÓN DO SOLO ________________________________________________

ORDENANZA PXOM _____________________________________________________

Conformidade ou disconformidade da edificación con respecto ao PXOM ________________________________________

Cumpre toda a normativa urbanística e ordenanzas municipais de aplicación _____________

DATOS ESPECÍFICOS DA ACTIVIDADE

Altura do local____________________________

Superficie construida______________________________

Superficie útil_________________________________________

Carga ponderada _______________________________________

Potencia mecánica ________________________________

Aforo total _________________________________

Nivel de illamento acadado con respecto ás vivendas estremeiras __________________ db

RELACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE QUE DISPÓN A ACTIVIDADE

ELÉCTRICA ___________________________ CLIMATIZACIÓNFORZADA ________________________

GAS ____________________ CONTRAINCENDIOS _____________ OUTRAS ________

PLANOS QUE SE DEBEN ACHEGAR

* Plano de emprazamento de planimetría municipal a escala 1:500 ou 1:1000 no que figure onde se atope situada a actividade

* Plano de planta a escala non menor de 1:100 con situación de instalación e maquinaria

* Plano de sección a escala, non menor de1:100 con situación de instalación e maquinaria

* Esquema unifilar da instalación eléctrica

* Plano de alzado a escala non menor de 1:100

AUTORIZACIÓNS SECTORIAIS PRECEPTIVAS PREVIAS Á INSTALACIÓN

_____________________________________________

___________________________________________________

___________________________________________________

AUTORIZACIÓNS SECTORIAIS PRECEPTIVAS PARA O FUNCIONAMENTO DA ACTIVIDADE

______________________________________________

____________________________________________________

____________________________________________________

CERTIFICACIÓN TÉCNICA DO CUMPRIMENTO DA NORMATIVA DE APLICACIÓN

D/DNA __________________________________________ técnico director das instalacións e medidas correctoras en posesión do título de ________________________________________________________________________________________

co número de colexiado ____________________________

ACREDITO:

1.- Que a instalación da actividade foi realizada baixo a miña dirección

2.- Que se teñen adoptado con eficacia as medidas correctoras necesarias para dar cumprimento a toda a normativa técnica de aplicación, PXOM, así como garantido que non se produzan molestias á veciñanza

3.-Que a actividade e as instalacións executadas axústanse ao descrito na presente documentación

4.- Que o illamento acústico do local é suficiente para garantir o cumprimento do disposto na lexislación de aplicación

5.- Que a actividade cumpre o disposto na vixente normativa contraincendios e na vixente normativa técnica sectorial correspondente

6.- Que a actividade cumpre o establecido na lei 7/97 e o Decreto 35/2000 para a mellora da accesibilidade e supresión das barreiras arquitectónicas

Por iso declaro que as instalacións e as medidas correctoras están totalmente executadas e preparadas para funcionar. Así mesmo manifiesto, baixo xuramento ou promesa, que é certo que teño actuado coa máxima obxectividade posible, tomando en consideración tanto o que poda favorecer como o que poda causar prexuizo o meu cliente e coñezo as sancións administrativas e penais en caso de incumprir o meu deber como técnico.

Curtis, _________ de ___________ de _________

ASDO O TÉCNICO

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CURTIS

Advírteselle que consonte o disposto no apartado 4 do art. 7 bis da lei 30/1992 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ¿a inexactitude, falsidade ou omisión de carácter esencial en calquera dato manifestación ou documento que se achegue ou incorpore a unha declaración responsable ou a unha comunicación previa, ou a non presentación ante a Administración competente da comunicación previa determinará a imposibilidade de continuar co exercizo do dereito ou da actividade afectada dende o momento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuizo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que houbera lugar"

Asemade a resolución da Administración Pública que declare tales circunstancias poderá determinar a obriga do interesado de restituir a situación xurídica ao momento previo ao recoñecemento ao exercizo do dereito ou ao inicio da actividade correspondente.

Consonte o disposto na lei orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal os seus datos serán tratados de xeito confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros do Concello de Curtis. En calquera momento poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición comunicándoo por escrito presentado no rexistro do Concello.

ANEXO IV. MODELO DE CERTIFICACIÓN DE EXECUCIÓN DAS INSTALACIÓNS E MEDIDAS CORRECTORAS DAS ACTIVIDADES SUXEITAS A DECLARACIÓN RESPONSABLE

D/DNA __________________________________________________________ con nº de colexiado ____________________

pertencente ao COLEXIO OFICIAL DE _______________________________________________________________________

técnico facultativo competente e director das instalacións e medidas correctoras referentes a actividade solicitada de

_______________________________________________________________________

CERTIFICO:

1º.- Que a instalación da actividade foi realizada baixo a miña dirección

2º.- Que a actividade e as instalacións executadas axústanse ao descrito na documentación pertencente ao expediente

_______________________________________________________________________________________________________

3º.- Que se teñen adoptado con eficacia todas as medidas correctoras impostas polo permiso de instalación e que as mesmas son suficientes para garantir que non se produzan molestias á veciñanza

4º.- Que cumpre as ordenanzas municipais e toda a normativa técnica de aplicación

5º.- Que o illamento acústico do local é suficiente para garantir o cumprimento do disposto na lexislación de aplicación

6º.- Que a actividade cumpre o establecido na normativa sectorial correspondente

7º.- Que a actividade cumpre o establecido na lei 7/1997 e decreto 35/2000 para a mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas

8º.- Que a actividade dispón das preceptivas autorizacións de instalacións e subministracións sectoriais para apertura ao público e para o funcionamento da actividade

Por iso declaro que as instalacións e as medidas correctoras están totalmente executadas e preparadas para funcionar. Así mesmo manifesto, baixo xuramento ou promesa, que é certo que teño actuado coa máxima obxectividade posible, tomando en consideración tanto o que poda favorecer como o que poda causar prexuizos ao meu cliente e coñezo as sancións administrativas e penais no caso de incumprir o meu deber como técnico.

TITULAR DA ACTIVIDADE

NOME ____________________________________________________________________

ENDEREZO ________________________________________________________________

MUNICIPIO ________________________________________________________________

TELÉFONO ________________________________________________________________

DATOS DA ACTIVIDADE:

ENDEREZO ________________________________________________________________

REFERENCIA CATASTRAL ________________________________________________

TIPO DE ACTIVIDADE ____________________________________________________

SUPERFICIE DO LOCAL __________________________________________________

AFORO ________________________________________________________________

Resumo indicativo das instalacións existentes (baixa tensión, potencia instalada, climatización, potencia térmica, contraincendios .... Etc)

_________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________

En Curtis, a _____________ de _________ de _________

Asdo O TÉCNICO Asdo O SOLICITANTE

SR. ALCALDE.-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CURTIS