Monfero - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES E POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS

Publicación provisional: 16/04/2012 BOP Nº: 71
Publicación definitiva: 11/06/2012 BOP Nº: 109
Aplicable dende: 12/06/2012

Artigo 1 - Fundamento e Natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido la Lei reguladora das facendas locais, este concello establece a Taxa por tramitación de expedientes e por expedición de documentos administrativos que se rexerá polo presente Ordenanza Fiscal.

Artigo 2 - Feito impoñíble

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, dos expedientes e para a expedición dos documentos administrativos que se indican no artigo 6 desta ordenanza.

2. Entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fose provocada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediase solicitude expresa polo interesado.

3. Non estará suxeita a esta Taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais, así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación de servizos ou realización de actividades de competencia municipal e a utilización privativa ou o aproveitamento especial de bens do dominio público municipal, que estean gravados por outra Taxa Municipal ou polos que se esixa un prezo público por este Concello.

Artigo 3 - Suxeito pasivo

Son suxeitos pasivos desta laxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades as que se refire o artigo 33 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, que soliciten, provoquen ou en cuxo interese redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 4 - Responsábeis

1. Responderán da débeda tributaria, xunto cos deudores principais, outras persoas ou entidades. A estes efectos, consideraranse debedores principais os obrigados tributarios do parágrafo 2 do artigo 35 da Lei 58/2003, de 17 de de-cembro, Xeral tributaria.

2. Agás precepto legal expreso en contra, a responsabilidade será sempre subsidiaria.

Artigo 5 - Cota Tributaria

1.- A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.

2.- A cota de tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, desde a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ao interesado do acordo recaído.

3.- As cotas resultantes por aplicación das anteriores tarifas incrementaranse nun 50% cando os solicitados solicitasen con carácter de urxencia a tramitación dos expedientes que motivasen o devengo.

Artigo 6 - Tarifas

A taxa á que se refire esta ordenanza rexirase polas seguintes tarifas:

1.- Certificacións de acordos de órganos municipais ou de expedientes administrativos con máis de cinco anos de antigüidade: 20,00 €

A partir de cinco folios, por unha cara, 5,00 € máis por cada folio.

2.- Certificados de empadroamento para os que sexo necesario consultar padróns de habitantes anteriores ao 1 de maio de 1.996: 20,00 €.

3.- Bastanteos de poderes para a participación en procesos de selección de contratistas: 50,00 €.

4.- Expedientes iniciados a instancia de parte relativos a infraccións legais (urbanísticas, prevención de incendios, etc) que requiran un informe técnico de inspección con traslado ao lugar dos feitos: 100,00 €.

5.- Celebración de vodas civís:

- Se algún dos contraentes está empadroado no Concello de Monfero cunha antigüidade mínima continuada dun ano: 20,00 €

- Noutros casos: 100,00 €

6.- Licencias de segregación de parcelas: 60,00 €

Artigo 7 - Devengo

1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicie a tramitación do expediente ou pola que se solicite a expedición do documento administrativo suxeito ao tributo.

2. Ademais, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provexan a actuación municipal de oficio ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado mais redunde no seu beneficio.

Artigo 8 - Declaración e ingreso

1. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación. O ingreso realizarase nas contas bancarias autorizadas polo Concello.

Os/as interesados/as na expedición dun documento administrativo ou na tramitación dun dos expedientes suxeitos a taxa presentarán, xunto coa solicitude, a acreditación de ter efectuado o ingreso que corresponda no impreso de autoliquidación debidamente cumprimentado.

2. Os escritos presentados persoalmente no Rexistro de Entrada do Concello e os recibidos polos condutos aos que fai referencia o artigo 66 da Lei de Procedemento Administrativo, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente mais non poderá dárselles curso sen que se subsanen a deficiencia, para esta finalidade requirirase ao interesado para que, no prazo de dez días abone as cotas correspondentes e así o acredite ante o Concello, co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teránse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.

Artigo 9 - Infraccións e sancións

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal, aprobada definitivamente, entrará en vigor e será de plena aplicación ao día seguinte ao da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.