Vimianzo - ORDENANZA REGULADORA DO REXISTRO MUNICIPAL DE PARELLAS DE FEITO DO CONCELLO DE VIMIANZO

Publicación provisional: 05/06/2012 BOP Nº: 105
Publicación definitiva: 30/07/2012 BOP Nº: 143
Aplicable dende: 17/08/2012

ÍNDICE

TÍTULO I. CONCEPTOS

ARTIGO 1. CREACIÓN, NATUREZA E OBXECTO

ARTIGO 2. RÉXIME XURÍDICO

ARTIGO 3. CONCEPTO DE PARELLA DE FEITO

ARTIGO 4. ÁMBITO DE APLICACIÓN

ARTIGO 5. REQUISITOS PERSOAIS

ARTIGO 6. TIPOS DE SOLICITUDES AO REXISTRO

TÍTULO II. SOLICITUDES AO REXISTRO DE PARELLAS DE FEITO

ARTIGO 7. LEXITIMACIÓN

ARTIGO 8. REQUISITOS COMÚNS ÁS SOLICITUDES DE INSCRICIÓN

ARTIGO 9. REQUISITOS DAS SOLICITUDES DE CANCELACIÓN

ARTIGO 10. REQUISITOS DAS SOLICITUDES DE INCORPORACIÓN OU MODIFICACIÓN DE PACTO

ARTIGO 11. REQUISITOS DAS SOLICITUDES DE CERTIFICACIÓN

TÍTULO III. PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN DO REXISTRO

ARTIGO 12. ADMISIÓN DA SOLICITUDE

ARTIGO 13. CORRECCIÓN DE DEFECTOS

ARTIGO 14. CUALIFICACIÓN DAS SOLICITUDES

TÍTULO IV. DAS INSCRICIÓNS

ARTIGO 15. FORMA E CONTIDO DA INSCRICIÓN NO REXISTRO

ARTIGO 16. EFICACIA DA INSCRICIÓN

ARTIGO 17. CANCELACIÓN DA INSCRIPCIÓN

ARTIGO 18. CORRECCIÓN DE ERROS

TÍTULO V. DA PUBLICIDADE REXISTRAL

ARTIGO 19. PUBLICIDADE DO REXISTRO

ARTIGO 20. PUBLICIDADE DOS EXPEDIENTES

TÍTULO VI. DA COORDINACIÓN CON OUTROS REXISTROS

ARTÍCULO 21. REXISTROS MUNICIPAIS

DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA

DISPOSICIÓN FINAL PRIMEIRA

DISPOSICIÓN FINAL SEGUNDA

TÍTULO I. CONCEPTOS

ARTIGO 1. Creación, Natureza e Obxecto

Esta Ordenanza do Municipio de Vimianzo ten como obxecto a organización e funcionamento do Rexistro Municipal de Parellas de Feito.

O Rexistro Municipal de Parellas de Feito ten carácter administrativo e nel inscribiranse as parellas de feito estables daquelas persoas que o soliciten expresamente.

O Rexistro será formado pola Secretaría, correspondéndolle a súa xestión e custodia.

ARTIGO 2. Réxime Xurídico

Este Rexistro Municipal de Parellas de Feito rexerase pola presente Ordenanza e polas demais normas de aplicación, especialmente polo Decreto 248/2007, de 20 de decembro, polo que se crea e regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, a Orde de 25 de xaneiro de 2008, pola que se aproban os modelos de documentos susceptibles de presentación ante o Rexistro de Parellas de feito de Galicia e a Resolución de 11 de febreiro de 2008, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba o Modelo de Inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia e a Lei 2/2006, de 14 de xuño, de Dereito Civil de Galicia.

ARTIGO 3. Concepto de Parella de Feito

Considérase parella de feito a unión de dúas persoas maiores de idade, capaces, que convivan coa intención ou vocación de permanencia nunha relación de afectividade análoga á conxugal e que a inscriban no correspondente Rexistro de Parellas de Feito, expresando a súa vontade de equiparar os seus efectos aos do matrimonio., sendo ambos residentes neste Municipio e que cumpran os requisitos esixidos nesta Ordenanza.

ARTIGO 4. Ámbito de Aplicación

Terán acceso ao Rexistro do Concello aquelas parellas de feito que cumpran cos requisitos establecidos na presente Ordenanza e cando ambos membros estean empadroados no Municipio, se ben, en todo caso, a constitución de parella de feito só se entenderá efectuada a partir da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia

ARTIGO 5. Requisitos Persoais

A inscrición no Rexistro de Parellas de Feito deste Concello é voluntaria. Para adquirir carácter constitutivo será necesaria a inscrición do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

Para efectuar a inscrición da parella de feito deberán concorrer os seguintes requisitos:

¿ Ser maiores de idade.

¿ Non ter relación de parentesco en liña recta por consanguinidade ou adopción, nin colateral por consanguinidade ou adopción ata o terceiro grado

¿ Manifestar a vontade de constitución de parella de feito.

¿ Non estar ligados por matrimonio.

¿ Non formar parella de feito debidamente formalizada con outra persoa.

¿ Non estar incapacitados xudicialmente para rexer a súa persoa.

¿ Ter un dos membros da parella a veciñanza civil galega.

¿ Acreditar o empadroamento dos membros da parella no Municipio.

ARTIGO 6. Tipos de Solicitudes ao Rexistro

As Solicitudes ao Rexistro poderán ser de catro tipos:

¿ Solicitude de inscrición da parella de feito.

¿ Solicitude de cancelación da inscrición.

¿ Solicitude de incorporación ou modificación de pacto.

¿ Solicitude de certificación da inscrición, cancelación ou incorporación de pacto.

TÍTULO II. SOLICITUDES AO REXISTRO DE PARELLAS DE FEITO

ARTIGO 7. Lexitimación

A solicitude deberá efectuarse conxuntamente polos dous membros da parella.

Poderán actuar por medio de representante, debendo acreditarse dia representación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna, ou mediante declaración en comparecencia persoal do interesado.

ARTIGO 8. Requisitos Comúns das Solicitudes de Inscrición

As solicitudes de inscrición como parella de feito presentaranse no modelo oficial e deberán conter as seguintes mencións:

1. Nome e apelidos de cada un dos membros da parella.

2. DNI de cada un dos solicitantes que teñan nacionalidade española ou designación do documento equivalente noutro suposto.

3. Data de nacemento de cada un.

4. Nacionalidade de cada un.

5. Estado civil de cada un.

6. Fillos e Fillas de cada un, comúns ou non comúns.

7. Domicilio da parella.

8. Lugar e data da presentación da solicitude.

Ademais, deberán acompañarse os seguintes documentos acreditativos:

1. Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade de ambos membros da parella ou, no caso de nacionalidade distinta á española, do documento equivalente no seu país.

2. Certificado de empadroamento de ambos membros da parella no Municipio.

3. Acreditación do estado civil de ambos membros da parella mediante certificación do Rexistro civil ou equivalente no caso de estranxeiros. Esta acreditación poderá substituírse, excepcionalmente, por declaración xurada da persoa interesada, na que se fará constar, ademais do cumprimento do requisito de inexistencia de vínculo matrimonial, o compromiso de presentar ante o rexistro a acreditación do estado civil tan pronto como sexa posible ou desapareza a causa que impedía presentar esta acreditación ou que a demoraba considerablemente. En todo caso, se no prazo dun ano non se presentase a documentación correspondente, terase por desistida á parella na súa petición, arquivándose esta previa resolución.

4. Declaración de vontade de constituír unha parella de feito, ben mediante comparecencia persoal de ambos membros ante o encargado ou encargada do Rexistro, ben mediante o outorgamento de escritura pública ou acta notarial.

5. Declaración responsable de ambos de non ter constituída parella de feito con outra persoa.

6. No seu caso, sentencia xudicial de nulidade ou divorcio, ou certificado literal de matrimonio no que conste algún destes extremos.

7. Declaración responsable de non ter relación de parentesco en liña recta por consanguinidade ou adopción nin colateral por consanguinidade ou adopción ata o terceiro grado.

8. Declaración responsable de non estar incapacitados aos efectos de prestar o seu consentimento para constituír unha parella de feito.

9. Fotocopia compulsada do libro de familia, ou equivalente, nos casos nos que houbese fillos ou fillas comúns ou de calquera dos membros da parella.

10. Xustificante do pago da taxa regulada no epígrafe 6º da Ordenanza fiscal núm. 1, reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos, publicada no BOP nº 300, do 31/12/2007.

As solicitudes de inscrición poderán ir acompañadas dun pacto regulador das relacións económicas e patrimoniais da parella, o cal deberá establecerse en escritura pública e aparecer indicado na propia solicitude.

ARTIGO 9. Requisitos das Solicitudes de Cancelación

As solicitudes de cancelación da inscrición de parella poderán ser conxuntas ou individuais.

As solicitudes conxuntas conterán datos identificativos de cada un dos membros da parella, o lugar, a data e a sinatura de ambos.

As solicitudes individuais deberán ir acompañadas, ademais, do documento que acredite a comunicación fidedigna á outra parte, salvo nos casos de morte ou declaración de falecemento dun dos membros da parella, ou matrimonio entre os propios membros da parella.

ARTIGO 10. Requisitos das Solicitudes de Incorporación ou Modificación de Pacto

As solicitudes de incorporación de pacto, cando non se presentasen no momento da inscrición da parella, e as solicitudes de modificación de pacto presentado anteriormente, deberán conter datos identificativos da parella, o lugar, data e a sinatura de ambos e deberán acompañarse da escritura pública que conteña o pacto regulador das relacións económicas e patrimoniais.

ARTIGO 11. Requisitos das Solicitudes de Certificación

As solicitudes de certificación da inscrición, cancelación ou incorporación de pacto deberán conter os datos identificativos da persoa do solicitante e o motivo da certificación. Cando o solicitante sexa unha persoa distinta dalgún dos dous compoñentes da parella inscrita deberá indicar se é persoa con interese lexítimo, cál é o seu interese e acreditalo documentalmente.

TITULO III. PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN DO REXISTRO

ARTIGO 12. Admisión da Solicitude

Ao presentarse unha solicitude ante o Rexistro farase constar nela a data e a hora da presentación.

Ao solicitante ou solicitantes expediráselles un xustificante da presentación, admitíndose como tal unha copia selada da solicitude presentada.

A data de entrada no Rexistro determinará o inicio do cómputo do prazo para resolver, que será de tres meses a contar desde a data en que a solicitude tivese entrada no Rexistro, sen prexuízo das posibles interrupcións de prazo.

ARTIGO 13. Corrección de Defectos

Se a solicitude presentada contivese algún defecto corrixible, ou se non se aportase algún dos documentos necesarios, o encargado do Rexistro requirirá ao solicitante para que corrixa a falta no prazo de 10 días hábiles. Este prazo poderá ser ampliado ata en 5 días máis, de oficio o a petición do interesado ou interesada, cando a corrección ou a achega de documentos ou datos requiridos presenten dificultades especiais. O encargado ou encargada do rexistro poderá ampliar ata un máximo de tres meses o prazo no caso de persoas estranxeiras que teñan necesidade de solicitar a documentación aos seus países de orixe.

No escrito de requirimento poñerase de manifesto ao interesado ou interesada que, de non cubrilo nos seus propios termos, terase por desistida á parella na súa petición, arquivándose esta previa resolución.

O arquivo dunha solicitude non impide á mesma parella volver a presentar unha solicitude máis adiante.

ARTIGO 14. Cualificación das Solicitudes

O encargado ou encargada do rexistro cualificará as solicitudes presentadas, a acreditación dos requisitos esixidos pola lei e a legalidade dos dereitos e obrigacións contidos nos pactos que aporta a parella solicitante, e efectuará unha proposta de resolución acordando practicar ou denegar a inscrición ou no seu caso arquivar a solicitude.

Para a cualificación das solicitudes presentadas o rexistro poderá dirixirse en calquera momento aos solicitantes en demanda de aclaracións, co fin de posibilitar a inscrición solicitada.

TÍTULO IV. DAS INSCRICIÓNS

ARTIGO 15. Forma e Contido da Inscrición no Rexistro

As inscricións axustaranse ao modelo que aprobe a Dirección Xeral de Xustiza da Consellería competente en materia de xustiza. Existirá, en todo caso, unha única ficha rexistral por cada parella inscrita que conterá todos os datos relativos á parella.

A inscrición expresará:

¿O lugar e a data de presentación da solicitude.

¿O nome completo dos dous compoñentes da parella.

¿O número do seu documento nacional de identidade ou, no seu caso, do documento equivalente no país de nacionalidade.

¿A data de nacemento de ambos.

¿O domicilio de cada un dos integrantes da parella.

¿O domicilio da parella de feito que sinalen.

¿O estado civil de cada un dos membros da parella.

¿Os fillos e fillas de cada un, comúns ou non comúns.

¿A existencia ou a ausencia de pacto regulador das relacións económicas e patrimoniais e, no seu caso, a data do pacto e unha breve recensión do modelo de pacto.

¿A data da resolución que acorda a inscrición da constitución da parella.

¿A data de notificación da resolución.

¿A data de resolución da cancelación e, no seu caso, con indicación da causa de extinción.

¿A data e o contido do achegamento dun novo pacto que modifique ou substitúa ao anterior.

¿E calquera outra mención de relevancia que afecte ao contido da relación de parella de feito.

Todos os datos e documentos que afecten a unha mesma parella quedarán incorporados e relacionados cun único número de expediente.

Todas as inscricións e cancelacións conterán a sinatura, autógrafa ou dixital, do titular do órgano competente para acordalas.

ARTIGO 16. Eficacia da Inscrición

Presumirase a validez, salvo proba en contrario, de todas as informacións contidas na ficha rexistro na forma determinada nos asentos correspondentes.

A inscrición ou cancelación producirá efectos desde a data da resolución. En caso de discordancia entre a data da resolución que conste na ficha rexistro e a data que conste na resolución orixinal coa sinatura autógrafa do órgano competente prevalecerá esta última.

Inscrito ou anotado no rexistro calquera extremo dos contidos no artigo 15 desta Ordenanza, non poderá inscribirse ou anotarse ningún outro de igual, anterior ou posterior data que se lle opoña ou sexa incompatible, salvo resolución en contra dos xulgados ou tribunais.

ARTIGO 17. Cancelación da Inscrición

As inscricións extínguense por cancelación.

A cancelación terá lugar:

1. A petición de ambos membros da parella. A petición deberá facerse por escrito con indicación do lugar e data e a sinatura de ambos.

2. A petición dun dos membros da parella. A petición deberá constar por escrito con indicación do lugar e data e a sinatura da persoa que solicita a cancelación. A solicitude deberá ir acompañada de documento que acredite suficientemente a notificación da vontade de extinguir a parella ao outro membro.

3. Pola morte ou declaración de falecemento dun dos membros da parella; neste caso será suficiente coa presentación por parte do membro supervivente da parella, ou de calquera outra persoa interesada, de correspondente certificado de defunción ou declaración xudicial de falecemento.

4. Por matrimonio entre os propios membros da parella. Neste caso deberá aportarse en correspondente certificado do Rexistro Civil. A data de extinción da parella que constará neste caso no Rexistro de Parellas de Feito será a do día inmediatamente anterior á do matrimonio contida na certificación matrimonial.

5. Por matrimonio de calquera dos compoñentes da parella; neste caso, a persoa que contraia matrimonio deberá instar a cancelación da súa inscrición como parella de feito acreditando a comunicación fidedigna ao outro membro da parella e achegando o correspondente certificado do Rexistro Civil. A data de extinción da parella será a do día inmediatamente anterior á do matrimonio contida na certificación matrimonial.

A cancelación das inscricións será acordada mediante resolución do titular da delegación provincial.

Naqueles casos nos que se atope plenamente xustificado o falecemento dun dos integrantes da parella de feito ou o matrimonio dun ou de ambos, poderá practicarse a cancelación da inscrición de oficio ou a instancia de parte interesada.

A data da cancelación por extinción da parella de feito será a que determine o momento en que se disolve o réxime económico patrimonial do pactado pola parella.

ARTIGO 18. Corrección de erros

O rexistro poderá rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados e interesadas, os erros materiais existentes nos seus actos, de conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.

TÍTULO V. DA PUBLICIDADE REXISTRAL

ARTIGO 19. Publicidade do Rexistro

O rexistro expedirá certificacións da inscrición ou de calquera outro extremo dos contidos no rexistro a instancia dos membros da parella de feito, de quen acredite un interese lexítimo e dos xulgados e tribunais de xustiza.

A solicitude de certificación deberá precisar o obxecto desta así como o motivo polo que se solicita a certificación.

As certificacións serán expedidas e asinadas pola persoa encargada do Rexistro de Parellas de Feito e terán validez durante o prazo de tres meses desde a data da súa expedición.

As resolucións que acorden a inscrición da parella terán validez aos efectos de acreditar a vixencia da inscrición durante dous meses a contar a partir da data da resolución, transcorrido ese prazo perderán os seus efectos acreditativos.

As certificacións referidas aos pactos poderán indicar a existencia ou a ausencia de pacto, a data do último pacto validamente incorporado, e a indicación do tipo de réxime económico patrimonial ao que se acollese a parella. Cando a solicitude versase sobre algún dos extremos ou estipulacións contidas no pacto, a certificación limitarase a transcribir aquela parte do contido do pacto que sexa suficiente para dar cumprimento á solicitude presentada. Se se solicitase o contido completo do pacto, transcribirase integramente con indicación do lugar e da data da sinatura do pacto.

ARTIGO 20. Publicidade dos expedientes

A consulta directa dos expedientes arquivados no rexistro soamente poderá efectuarse, ademais dos propios membros da parella, por terceiros que acrediten un interese lexítimo, así como polos órganos xudiciais.

A expedición de certificacións e a consulta de documento contidos nos expedientes quedará limitada a aquelas persoas que acrediten un interese lexítimo.

Todos os datos que constan no Rexistro de Parellas de Feito están suxeitos á normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.

TITULO VI. DA COORDINACIÓN CON OUTROS REXISTROS

ARTIGO 21. Rexistro Municipal

O Rexistro Municipal da localidade de Vimianzo, deberá comunicar ao Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, as inscricións practicadas, con indicación dos pactos subscritos polos membros da parella, así como as cancelacións das inscricións practicadas ou as modificacións que afecten ao domicilio da parella ou os pactos.

A constitución da parella de feito entenderase efectiva a partir da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

A remisión feita polo Concello deberá contar co consentimento previo e expreso de ambos integrantes da parella.

O Concello deberá remitir unha copia daquela parte do expediente que resulte necesaria e suficiente para proceder á inscrición da parella, con inclusión do consentimento expreso ou manifestación do encargado ou encargada do rexistro municipal de que ambos membros da parella consentiron ante dito rexistro municipal.

Cando o Rexistro de Parellas de Feito observe, á vista do expediente municipal, que non está acreditado o cumprimento de todos os requisitos legais ou falta algunha mención das contidas na presente Ordenanza e no Decreto 248/2007, de 20 de decembro, polo que se crea o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, o notificará á parella para que no prazo propio da fase de corrección de defectos complete a documentación pendente.

DISPOSICIÓNS

DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA

Apróbanse, xunto con esta Ordenanza, o modelos que figuran nos anexos I a IX.

DISPOSICIÓN FINAL PRIMEIRA

A Orde de 25 de xaneiro de 2008 aproba os Modelos de Documentos susceptibles de presentación ante o Rexistro de Parellas de Feito:

1. Solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito.

2. Declaración de vontade de constituír unha parella de feito.

3. Declaración xurada de non ter constituído parella de feito con outra persoa.

4. Declaración xurada de non ter relación de parentesco.

5. Declaración xurada de non estar incapacitado xudicialmente.

6. Solicitude de cancelación da inscrición.

7. Solicitude de modificación de inscrición.

8. Solicitude de certificación.

Estos modelos se reproducen nos anexos I a IX adaptados ao Concello de Vimianzo.

DISPOSICIÓN FINAL SEGUNDA

A presente Ordenanza será obxecto de publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia de a Coruña, entrando en vigor unha vez que transcorrese o prazo establecido no artigo 65.2 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases do Réxime Local.

ANEXO I. MODELO DE SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NO REXISTRO DE PARELLAS DE FEITO DE VIMIANZO

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

No rexistro de parellas de feito do Concello de Vimianzo

Nome e apelidos

DNI ou equivalente

Nacionalidade

Data de nacemento

Estado Civil

Domicilio

Fillos/as

Nome e apelidos

DNI ou equivalente

Nacionalidade

Data de nacemento

Estado Civil

Domicilio

Fillos/as

Domicilio da parella

Fillos/as comúns

Pacto regulador das relacións económicas e patrimoniais da parella: si/non

En caso afirmativo:

- data da escritura pública

- breve descrición do contido do pacto:

As persoas que abaixo asinan SOLICITAN a inscrición como parella de feito no Rexistro de Parellas de Feito do Concello de Vimianzo, regulado polo Regulamento publicado no BOP de _______ e a comunicación da inscripción que se practique ao Rexistro de Parellas de Feito de Galicia para os efectos previstos na pola Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, polo Decreto 248/2007, de 20 de decembro, polo que se crea e regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia consonte os documentos acreditativos dos requisitos previstos no artigo 8 do Regulamento Municipal e 11 do devandito Decreto que se achegan con esta solicitude.

E para que asi conste asinan esta solicitude en Vimianzo, ___ de _________ de ______.

Sinatura Sinatura

Os solicitantes declaran que foron informados de que os datos recollidos neste formulario pasarán a formar parte dun ficheiro de datos de carácter persoal para os efectos previstos nas normas reguladoras do Rexistro de Parellas de Feito do Concello de Vimianzo, no Decreto 248/2007, de 20 de decembro, polo que se crea e regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, e na Lei 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

ANEXO II. DECLARACIÓN DE VONTADE DE CONSTITUCIÓN DE PARELLA DE FEITO

DECLARACIÓN DE VONTADE DE CONSTITUCIÓN DE PARELLA DE FEITO

Nome e apelidos

DNI ou equivalente

Domicilio

Nome e apelidos

DNI ou equivalente

Domicilio

Os abaixo asinantes recoñecen

Que ambos son maiores de idade, capaces e conviven coa intención ou vocación de permanencia nunha relación de afectividade análoga á conxugal polo que expresan e conscientemente

DECLARAN

A súa vontade de constituír unha parella de feito e equiparar os seus efectos aos do matrimonio nos termos recollidos na Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia.

E para que así conste e para os efectos do cumprimento do requisito previsto na disposición adicional terceira da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de ereito civil de Galicia, na redacción dada pola Lei 10/2007, do 28 de xuño, asinan esta declaración no seguinte lugar e data

Vimianzo, ___ de _________ de ______.

Sinatura Sinatura

ANEXO III DECLARACIÓN XURADA SOBRE INEXISTENCIA DOUTRA PARELLA DE FEITO FORMALIZADA

DECLARACIÓN XURADA SOBRE INEXISTENCIA DOUTRA PARELLA DE FEITO FORMALIZADA

Nome e apelidos

DNI ou equivalente

Domicilio

DECLARA

Que cumpre co requisito de non ter constituída outra parella de feito acollida a normativa municipal ou autonómica ningunha, segundo o exixido polo artigo 5 e) do Decreto 278/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

E para que así conste para os efectos sinalados anteriormente, asina esta declaración xurada no seguinte lugar e data:

Vimianzo, ___ de _________ de ______.

Sinatura

ANEXO IV DECLARACIÓN XURADA DE NON PARENTESCO

DECLARACIÓN XURADA DE NON PARENTESCO

Nome e apelidos

DNI ou equivalente

Domicilio

DECLARA

Que cumpre co requisito de non ter relación de parentesco en liña recta por consanguinidade ou adopción nin colateral por consanguinidade ou adopción ata o terceiro grao respecto de ____________________________________________________________ con DNI/documento equivalente _________________________ e membro da parella de feito que se pretende constituír.

E para que así conste e para os efectos do cumprimento do requisito previsto no artigo 5 b) do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, asina esta declaración xurada no seguinte lugar e data:

Vimianzo, ___ de _________ de ______.

Sinatura

ANEXO V DECLARACIÓN XURADA DE NON ESTAR INCAPACITADO XUDICIALMENTE

DECLARACIÓN XURADA DE NON ESTAR INCAPACITADO XUDICIALMENTE

Nome e apelidos

DNI ou equivalente

Domicilio

DECLARA

Que cumpre co requisito de non estar incapacitado xudicialmente para os efectos de prestar o seu consentimento para constituír unha parella de feito.

E para que así conste e para os efectos do cumprimento do requisito previsto na disposición adicional terceira da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, na redacción dada pola Lei 10/2007, do 28 de xuño, asina esta declaración xurada no seguinte lugar e data:

Vimianzo, ___ de _________ de ______.

Sinatura

ANEXO VI. SOLICITUDE DE CANCELACIÓN

SOLICITUDE DE CANCELACIÓN DA INSCRICIÓN

No rexistro de parellas de feito do Concello de Vimianzo

Nome e apelidos

DNI ou equivalente

Domicilio

Nome e apelidos

DNI ou equivalente

Domicilio

Comparece/n e di/n que se atopa/n inscrito/a/s como parella de feito no rexistro de parellas de feito de Vimianzo en virtude de resolución de Alcaldía de __________ de ______ de _____ cos efectos previstos na disposición adicional terceira da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, e por medio deste documento

SOLICITA/N

A cancelación da mencionada inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Vimianzo, e que así se faga constar na correspondente folla, e que se comunique ao Rexistro de Parellas de Feitos de Galicia, sinalándose como causa ______________________________________________________________________.

e achegando a documentación exixida polo artigo 17 do Regulamento Municipal.

E para que asi conste asinan esta solicitude en Vimianzo, ___ de _________ de ______.

Sinatura Sinatura

ANEXO VII. SOLICITUDE DE MODIFICACIÓN

SOLICITUDE DE MODIFICACIÓN DA INSCRICIÓN

No rexistro de parellas de feito do Concello de Vimianzo

Nome e apelidos

DNI ou equivalente

Domicilio

Nome e apelidos

DNI ou equivalente

Domicilio

Comparece/n e di/n que se atopa/n inscrito/a/s como parella de feito tal e como se recolle na disposición adicional terceira da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, e por medio deste documento

SOLICITA/N

A modificación da súa inscrición para facer constar:

- A achega de pacto regulador das condicións económicas da parella de feito contido no documento de data _____________ que se acompaña con esta solicitude.

- A modificación do pacto vixente polo contido no documento de data _________________ do que se acompaña a esta solicitude.

- Outras modificacións:

E para que asi conste asinan esta solicitude en Vimianzo, ___ de _________ de ______.

Sinatura Sinatura

ANEXO VIII. MODELO DE INSCRICIÓN NO REXISTRO DE PARELLAS DE FEITO DE VIMIANZO

INSCRICIÓN

En virtude do disposto na Resolución de Alcaldía de _________________ núm____________ recaída no expediente núm. __________ logo de solicitude dos membros da parella de feita presentada o día ___________________ e despois do cumprimento dos requisitos establecidos pola Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, polo Decreto 248/2007, de 20 de decembro, polo que se crea e regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, e da Ordenanza reguladora do rexistro municipal de parellas de feito do Concello de Vimianzo, publicada no BOP de ____________, procede acordar a inscrición como parella de feito cos datos que a seguir se sinalan:

Nome e apelidos

DNI ou equivalente

Nacionalidade

Data de nacemento

Estado Civil

Domicilio

Fillos/as

Nome e apelidos

DNI ou equivalente

Nacionalidade

Data de nacemento

Estado Civil

Domicilio

Fillos/as

Domicilio da parella

Fillos/as comúns

Pacto regulador das relacóns económicas e patrimoniais da parella: si/non

En caso afirmativo:

- data da escritura pública

- breve descrición do contido do pacto:

Os datos ou mencións posteriores á inscrición (modificación, cancelación, outros) que deban figurar nesta folla faranse constar no reverso desta por orde cronolóxica, e continuar, se for preciso, en follas complementarias.

Vimianzo, ___ de _________ de ______.

O/A Secretario/a

ANEXO VIII. SOLICITUDE DE CERTIFICACIÓN

SOLICITUDE DE CERTIFICACIÓN

Nome e apelidos

DNI ou equivalente

Domicilio

Nome e apelidos

DNI ou equivalente

Domicilio

Comparece/n e di/n que se atopa/n inscrito/a/s como parella de feito tal e como se recolle na disposición adicional terceira da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, e por medio deste documento

SOLICITA/N

Que se expida certificación do Rexistro de Parellas de Feito de Vimianzo en que consten os seguintes extremos:

___________________________________________________________________________________________________

E todo isto para os efectos de:

___________________________________________________________________________________________________

E para que asi conste asinan esta solicitude en Vimianzo, ___ de _________ de ______.

Sinatura Sinatura