Carnota - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLOS SERVIZOS CULTURAIS E DEPORTIVOS.
Artigo 1.º.-Fundamento.
De conformidade co previsto no artigo 41, en relación co 127, ámbolos dous do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e demais normativa concordante de aplicación este Concello establece o prezo público pola prestación de servizos culturais e deportivos polo Concello de Carnota.
Artigo 2.º. Concepto.
O prezo público regulado nesta ordenanza constitúe un ingreso de dereito público que se satisfará polos usuarios que voluntariamente soliciten os servizos culturais e deportivos prestados polo Concello de Carnota.
Artigo 3.º.-Obrigados ao pagamento.
Está obrigado ao pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza quen se beneficie dos servizos deportivos e culturais municipais prestados polo Concello e especificados no artigo 4.º da presente ordenanza.
Artigo 4.º.-Tarifas.
O prezo público que se debe pagar ó Concello polos servizos deportivos e culturais, cinguirase ás seguintes tarifas:
4.1 ) Escolas Deportivas.
a) Escola deportiva de psicomotricidade: 10€/mes.
b) Escola deportiva de fútbol: 10€/mes
c) Escola deportiva de patinaxe: 10€/mes
d) Escola deportiva de deportes de raqueta: 10€/mes
e) Escola deportiva de ximnasia de mantemento para adultos: 10€/mes
f) Outras escolas deportivas: 10€/mes
4.2 Curso de inglés.
a) curso de inglés, por trimestre: 30€
4.3 curso de informática por trimestre: 30,00€
4.4. Cursos e obradoiros organizados polo Concello.
O prezo das matrículas cubrirá o 100% do custo total do curso ou actividade, segundo o estudio de custos presentado polo Departamento de Cultura na súa proposta, correspondendo ao órgano competente a aprobación individualizada de cada prezo á vista da proposta presentada. Sen embargo, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico dos servicios correspondentes, o órgano competente poderá fixar un prezo que non cubra o custo do mesmo, sempre que nos ornamentos exista consignación presupostaria para a cobertura da diferenza existente.
4.5. Visitas guiadas polo Concello.
a) Visitas guiadas, por persoa: 3,00 €.
4.6. Viaxes e excursións organizados polo Concello.
O prezo será fixado polo órgano competente de xeito que, polo número dos solicitantes, se cubra o custo total do mesmo. Sen embargo, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico do servizo correspondente, o órgano competente poderá fixar un prezo que non cubra o custo do mesmo, sempre que nos ornamentos exista consignación presupostaria para a cobertura da diferenza existente.
4.7. Campamentos e actividades de tempo libre.
O prezo será fixado polo órgano competente de xeito que, polo número dos solicitantes, se cubra o custo total do mesmo. Sen embargo, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico dos servizos correspondentes, o órgano competente poderá fixar un prezo que non cubra o custo do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación presupostaria para a cobertura da diferenza existente.
4.8 Alquiler de pistas polideportivas.
a) Alquiler do pavillón polideportivo, 10 euros/hora; 40 euros/día.
b) Alquiler do campo de fútbol de Lombáns, 20 euros/hora; 80 euros/día.
Artigo 5.º.-Normas de xestión.
1. A obriga do pagamento do prezo público xorde dende que se inicia a prestación do servizo deportivo ou cultural enumerado no artigo anterior. Sen embargo, o Concello, de conformidade coa habilitación prevista no artigo 46 do RDL. 2/2004, de 5 de marzo, esixirá o depósito previo do seu importe total.
2. O ingreso do prezo público farase en calquera das entidades bancarias nas que o Concello ten conta aberta. Non se prestará o servizo solicitado sen a presentación do xustificante de ter ingresado o correspondente prezo público.
3. No caso de existir varias solicitudes coincidentes e estas superen o número de prazas existentes para cada actividade darase preferencia aos particulares empadroados no Concello de Carnota e no seu caso ás entidades que teñan a súa sede social no Concello.
4. En casos excepcionais a Xunta de Goberno Local, previo informe dos servizos correspondentes, poderá acordar a exención total ou parcial das tarifas exportas.
Artigo 6.º.-Bonificación.
A partir da vixencia da presente Ordenanza só se aplicarán as bonificacións expresamente contempladas:
1. os usuarios/as que teñan condición de familia numerosa (50% da cuota tributaria).
2. Persoas que padezan discapacidade en grao igual ou superior ó 33% (50% da cuota tributaria).
3. Persoas que teñan a condición de pesionista ou xubilado (50% da cuota tributaria).
Si o usuario/a concorre os requisitos previstos para a súa aplicación, deberá optar pola aplicación dunha entre as distintas bonificacións das que puidera beneficiarse.
En todo caso, a oficina que efectúe as correspondentes liquidacións, esixirá ó usuario, a documentación que acredite a concorrencia dos requisitos establecidos para aplicar a bonificación.
Artigo 7.º.-Delegación na Xunta de Goberno Local.
No suposto de que o servizo ou actividade cultural ou deportiva a prestar polo Concello, non se encontre tarifada na presente Ordenanza ou resulte necesaria a modificación ou actualización das contías, delégase na Xunta de Goberno Local, conforme os artigos 47 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e 23.2 b) da Lei 7/85, de 2 de abril, o establecemento da tarifa ou a actualización da mesma, a proposta do servizo técnico correspondente co previo informe do interventor municipal.
Disposición derradeira.
A presente ordenanza, unha vez aprobada definitivamente, será publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse l, e manterase en vigor mentres non se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.