Vilasantar - REGULAMENTO DO PROGRAMA DE PRÉSTAMO DE CAMAS ARTICULADAS E GRÚA DO CONCELLO DE VILASANTAR
FUNDAMENTACIÓN E XUSTIFICACIÓN
No concello de Vilasantar máis do 40% da poboación é maior de 60 anos, o que implica que se dea un aumento das persoas con dependencia que precisan uns coidados específicos debido ás súas limitacións funcionais.
Por tal motivo a demanda de prestacións e servizos para cubrir as necesidades destas persoas por parte dos seus coidadores/as perante os servizos sociais aumentou considerablemente. Unha das peticións mais común nestes casos é a de axudas técnicas e adaptación funcional do fogar.
Entre o tipo de axudas técnicas mais necesarias para estas persoas son as camas articuladas e a grúa, dado que o seu uso simplifica o traballo dos coidadores ao mesmo tempo que mellora a calidade de vida das persoas dependentes.
Dende hai varios anos neste concello dispoñemos de dúas camas articuladas mecánicas que nos foron cedidas polo Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC) e outra que nos cedeu un particular. Ademais o concello comprou unha grúa eléctrica e recentemente unha cama articulada eléctrica. Posiblemente nun futuro próximo farase preciso aumentar o número de camas ou grúas. Todas estas fóronse prestando ata a data segundo a demanda e a necesidade e baixo o compromiso escrito de devolvelas en bo uso unha vez non se necesitaran.
Debido ao aumento da demanda e dadas as circunstancias sociais expostas é preciso establecer un regulamento deste servizo para que o programa funcione correctamente.
BASE XURÍDICA
-Lei Xeral de Sanidade. Lei 14/1986 de 25 de Abril.
-Estatuto de Autonomía de Galicia. Lei Orgánica 1/1981 d 6 de Abril.
-Decreto 240/1995, do 28 de xullo polo que se regulan os Servizos Sociais de Atención Primaria.
-Lei 13/2008, do 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia.
-Lei 39/2006, de 14 de decembro de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.
-Decreto 15/2010, de 4 de febreiro polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e da elaboración do Programa Individual de Atención.
-Orde do 22 de xaneiro de 2009, que regula o Servizo de Axuda no Fogar.
-Regulamento e Ordenanza Municipal do Servizo de Axuda no Fogar do concello de Vilasantar.
OBXECTIVOS XERAIS
-Facilitar a permanencia no fogar das persoas dependentes cando estes ou os seus familiares así o decidan.
-Aportar estas axudas técnicas para que os coidadores simplifiquen a súa labor.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
-Garantir que haxa unhas axudas técnicas que preveñan varios problemas de saúde dos usuarios do servizo tales como: problemas cutáneos, musculoesqueléticos, respiratorios, cardiovasculares etc.
-Procurar a mellora da calidade de vida tanto do coidador/a como da persoa dependente.
BENEFICIARIOS
Serán beneficiarios deste servizo as persoas que o soliciten e que padezan limitacións funcionais graves, polo que precisen axuda de outra persoa para realizar as actividades básicas da vida diaria e que lles resulta necesaria unha axuda técnica deste tipo, cama articulada e/ou grúa, para facilitarlles as actividades de aseo, alimentación, mobilización e prevención de riscos para a saúde da persoa coidadora, sempre que estean empadroados no concello de Vilasantar.
REQUISITOS DE ACCESO AO PROGRAMA
-Acreditar unha limitación funcional grave mediante: certificado médico, recoñecemento da situación de dependencia nos graos e niveis que se especifican na lei da dependencia, etc.
-Estar empadroado e ter residencia efectiva no concello de Vilasantar.
DOCUMENTACIÓN
-Presentar unha solicitude no Rexistro Xeral do concello (anexo I).
-Fotocopia do DNI da persoa solicitante e/ou do usuario do servizo.
-Informe médico, resolución da dependencia, certificado de discapacidade ou calquera outro xustificante que acredite a súa limitación funcional.
-Xustificante de ingresos da unidade familiar.
METODOLOXÍA A SEGUIR
1-O solicitante presentará unha solicitude no Rexistro Xeral do concello. A traballadora social poderá realizar a solicitude de oficio sempre que a urxencia do caso así o requira. 2-Realizarase un informe social (anexo II) sobre se o solicitante reúne os requisitos establecidos neste regulamento así como das súas circunstancias socioeconómicas e familiares. Polo que para a súa elaboración teranse en conta tanto os ingresos do solicitante así como de todos os membros da unidade familiar cos que conviva, atendendo ao seguinte criterio de valoración:
-Se os ingresos da unidade familiar son iguais ou inferior ao IMPREM: 25 puntos.
-Se os ingresos da unidade familiar son iguais ou inferiores ao 150% do IPREM: 20 puntos.
-Se os ingresos da unidade familiar son iguais ou inferiores ao 250% do IPREM: 15 -Se os ingresos da unidade familiar son iguais ou inferiores ao 300% do IPREM: 10 -Se os ingresos da unidade familiar son iguais ou inferiores ao 400% do IPREM: 5
Valorarase e daráselle prioridade á situación de limitación funcional da persoa dependente segundo o seguinte criterio:
-Se precisa axuda para todas as actividades básicas da vida diaria e ten problemas de mobilidade total con axuda de terceira persoa: 25 puntos.
-Se precisa axuda para algunhas das actividades básicas da vida diaria e ten mobilidade reducida con axuda de terceira persoa: 15 puntos.
( segundo certificados e outros informes médicos presentados).
2. Unha vez elaborado o informe social coa puntuación obtida e coa valoración da solicitude. A Xunta de Goberno Local aprobará ou rexeitará a solicitude. Ou resolverase por Resolución da Alcaldía en casos graves e urxentes. E comunicaráselle ao solicitante.
3. Se a resolución é favorable a demanda será satisfeita dependendo dos recursos dispoñibles nese momento. De non dispoñer de cama e /ou grúa pasará a formar parte dunha lista de espera por estrita orde de puntuación.
4. 0 solicitante asinará un compromiso de devolver a cama en bo uso cando xa non a necesite.(Anexo III) e a familia farase cargo do traslado da cama tanto ao solicitala como ao devolvela sempre que sexa posible segundo as indicacións dos servizos sociais do concello.
FINANCIAMENTO
Tendo en tonta que estas axudas técnicas son un apoio básico na atención ás persoas con limitacións funcionais non se cobrará ningunha tarifa económica pola prestación deste servizo.
En Vilasantar 14 de abril de 2010.
A alcaldesa,
Manuela García Freire.
ANEXO I
SOLICITUDE
Solicitante ( en caso de ser distinto do beneficiario):
D/Dª......................................................................................................................
Con DNI n°.......................... e con domicilio en........................................................
Tfno. de contacto................. e relación co beneficiario..............................................
Beneficiario:
D/ Dª......................................................................................................................
Con DNI n°............................ e con domicilio en......................................................
Tfno. de contacto....................
Documentación que acbega:
_Fotocopia do DNI da persoa solicitante e/ou do usuario do servizo.
_Informe médico, resolución da dependencia, certificado de discapacidade ou calquera outro xustificante que acredite a súa limitación funcional.
_Xustificante de ingresos da unidade familiar.
Vilasantar a........... de.................... de 20_
Asdo. O interesado/a
ALCALDESA DO CONCELLO DE VILASANTAR
ANEXO II
INFORME SOCIAL
DATOS PERSONAIS DO BENEFICIARIO/A:
NOME E DNI:
DATA DE NACEMENTO
ENDEREZO
E.C.
TFONO:
DATOS ECONOMICOS DA UNIDADE FAMILIAR: (segundo baremo)
Puntuación da situación económica ........................
DATOS DE SAÚDE: (segundo baremo)
Puntuación sobre a limitación funcional do usuario do servizo.................
VALORACIÓN DO RECURSO SOLICITADO E DA NECESIDADE OBSERVADA
Puntuación total:......................
PROPOSTA:
Asdo.: A traballadora social.
ANEXO III
DECLARACIÓN
D/Dª............................................................. con DNI n°............................ recolle a cama articulada ou grúa para o usuario/a............................................................................................................
E esta consta de..................................................................................................................
O día..................................................
Disporá desta axuda técnica para o seu uso quedando obrigado a comunicar calquera variación da situación actual ao departamento de servizos sociais.
Será responsable do seu mantemento mentres esta permaneza no seu domicilio, asumindo o custe de calquera deterioro que non sexa propio do seu uso.
Farase cargo do traslado da cama/grúa tanto na recollida como na devolución segundo as indicacións oportunas do departamento dos servizos sociais.
Vilasantar a............... de........................... de 20_
Conforme Asdo.:....................................................