Cabana de Bergantiños - ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DO EXERCICIO DE ACTIVIDADES DE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS E REALIZACIÓN DE DETERMINADAS OBRAS PREVIAS

Publicación provisional: 02/04/2013 BOP Nº: 62
Publicación definitiva: 20/05/2013 BOP Nº: 94
Aplicable dende: 06/06/2013

Exposición de motivos.

A Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello de 12 de decembro de 2.006, relativa aos servizos no mercado interior e a Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, que incorpora ao Dereito español aquela, pretenden facilitar a liberdade de establecemento dos comerciantes e a libre prestación de servizos simplificando os procedementos. Igualmente a Lei 25/2009, do 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio e a nivel autonómico a Lei 1/2010, de 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva, veñen a establecer a comunicación previa e/ou a declaración responsable como mecanismos ordinarios de intervención no ámbito local xunto ás licenzas, o que implica unha importante modificación do tradicional réxime de control das actividades por parte dos Concellos.

O Real Decreto 2009/2009, de 23 de decembro, modificou o Regulamento de servizos das corporacións locais de forma que o seu artigo 22.1 que suxeitaba a licenza a apertura de establecementos industriais e mercantís quedou redactado do seguinte xeito: ¿a apertura de establecementos industriais e mercantís poderá suxeitarse aos medios de intervención municipal, nos termos previstos na lexislación básica en materia de réxime local e na Lei 17/2009, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio".

Posteriormente, a Lei 2/2011, de 4 de marzo, de Economía Sostible, volve a modificar a Lei 7/1985, Reguladora de Bases de Réxime Local, engadíndose un novo artigo 84.bis que establece que ¿con carácter xeral, o exercicio de actividades non se someterá á obtención de licenza ou outro medio de control preventivo".

Recentemente a Lei 12/2012, de 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos, avanza un paso mais eliminando todos os supostos de autorización ou licenza municipal previa, motivados na protección do medio ambiente, da seguridade ou da saúde públicas, ligados a establecementos comerciais e outros que se detallan no anexo da citada Lei, sempre que teñan unha superficie non superior a 300 metros cadrados. Esta flexibilización dos controles previos municipais se estende tamén a todas as obras ligadas ao acondicionamento de estes locais que non requiran da redacción de proxecto de obra de conformidade coa Lei 38/1999, de 5 de novembro, de ordenación da edificación.

Así pois, é preciso establecer e regular a través dunha ordenanza municipal os procedementos de comunicación necesarios, así como a forma de verificación posterior do cumprimento dos requisitos precisos para o exercicio da actividade, concretando igualmente as actividades que quedan excluídas destas formas de comunicación previa e que polo tanto seguen estando suxeitas a previa licenza municipal.

En primeiro lugar, hai que ter en conta que o propio artigo 84.bis da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local, xa establece os criterios polos que certas actividades poden someterse a licenza ou control preventivo, como son aquelas que afecten a protección do medio ambiente ou do patrimonio histórico - artístico, a seguridade ou a saúde públicas, ou que impliquen o uso privativo e ocupación dos bens de dominio público.

Sen embargo esta afirmación debe ser agora matizada polas previsións da Lei, 12/2012, de 26 de decembro de medidas urxentes de liberalización do comercio e determinados servizos que, como xa quedou dito, elimina todos os supostos de autorización ou licenza municipal previa, motivados na protección do medio ambiente, da seguridade e saúde públicas, ligados a establecementos comerciais e outros que se detallan no anexo da citada Lei cunha superficie útil de exposición e venda ao público que non supere os 300 m.

En segundo lugar, tamén debe terse en conta que seguen en vigor as normas que regulan procedementos especiais para autorización de certas actividades, como son o Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas ou o Decreto da Xunta 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental; nestas normas esíxese que se abran períodos de información pública dado que se trata de actividades que lle afectan á tranquilidade e saúde dos veciños, e se require que outras Administracións concedan a súa autorización previamente á concesión da licenza municipal.

Por outra banda, se ben se entende que o réxime de autorización previa en materia de licenzas urbanísticas non está contemplado na Directiva 2006/123/CE xa que, as particularidades propias do ámbito urbanístico e as razóns de interese xeral impedirían que con carácter xeral se establecera un réxime de comunicación previa para todas as actividades suxeitas a licenza urbanística, o certo é que o seu carácter de requisito previo que condiciona a liberdade de establecemento xustifica que a regulación que se efectúe das mesmas module o grao de intervención administrativa nesta materia.

Así, o feito de que estas licenzas se atopen excluídas da Directiva de servizos, non significa que nese ámbito non poidan tentarse aplicar os mecanismos da comunicación previa ou da declaración responsable para a posta en funcionamento de actividades sometidas a estes réximes, coa finalidade de non deixar sen contido material a transposición da Directiva 2006/123/CE, tal e como ven a confirmar o contido da recente lei 12/2012, de 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos.

O artigo 17.1 da lei 17/2009 do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, determina que ¿As administracións públicas revisarán os procedementos e trámites aplicables ao establecemento e a presentación de servizos co obxecto de impulsar a súa simplificación", en virtude desta facultade outorgada ás administracións públicas estímase procedente establecer un réxime xurídico simplificado de declaración responsable ou de comunicación previa para aquelas actuacións ou intervencións con escasa ou nula entidade técnica ou construtiva, e nas que non sexa necesaria a presentación de proxecto técnico que determine a necesidade dunha previa autorización ou licenza urbanística para poder levarse a cabo.

De igual modo a Lei 13/2010, de 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, creou a través do seu artigo 8 o Rexistro Galego de Comercio, establecendo a obriga para os Concellos de remitir á dirección xeral competente en materia de comercio extracto dos acordos dos seus órganos de goberno relativos ás licenzas de apertura de establecementos comerciais outorgadas ou, no seu caso, ás comunicacións previas ou declaracións responsables recibidas, así como a súa modificación. Tal normativa foi desenvolta polo recente Decreto 118/2012, do 20 de abril, que regula especificamente o Rexistro Galego de Comercio, establecendo no artigo 15 un listado detallado de todos os datos que teñen que ser comunicados polos Concellos respecto ás licenzas de apertura concedidas ou as comunicacións previas ou declaracións responsables recibidas. A presente ordenanza pretende establecer os modelos normalizados a cubrir polos solicitantes de licenza, comunicación previa ou declaración responsable, que conteñan todos os datos referidos no artigo 15 do Decreto 118/2012.

Finalmente, se ben é certo que as entidades locais carecen por si mesmo da facultade de tipificación de infraccións e sancións sen que conten coa correspondente habilitación legal, establécese na presente ordenanza un réxime sancionar ao entender que tal habilitación legal se deriva da previsión contida no artigo 139 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora de Bases de Réxime Local, que recoñece que para a axeitada ordenación da relacións de convivencia de interese local e o uso dos seus servizos (...) os entes locais poderán, en defecto de normativa sectorial específica, establecer os tipos e as infraccións e impoñer sancións polo incumprimento de deberes, prohibicións ou limitacións contidos nas correspondentes ordenanzas, de acordo cos criterios establecidos nos artigos seguintes.

Sen esquecer que o artigo 113.4 da Lei 13/2010 de 17 de decembro, de comercio interior de Galicia, recoñece a competencia sancionadora dos Concellos no que atinxe á licenza de apertura e igualmente o réxime sancionador previsto nos artigos 216 e seguintes da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

CAPÍTULO PRIMEIRO.-DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1.º.-Obxecto e fins.

1. É obxecto da presente ordenanza establecer e planificar os procedementos de comunicación necesarios para o exercicio das actividades que se desenvolvan no concello de Cabana de Bergantiños no marco das competencias municipais recoñecidas no artigo 84 da Lei de bases de réxime local, así como os de verificación posterior do cumprimento dos requisitos previstos na lexislación sectorial, precisos para o exercicio das mesmas polos interesados.

A presente ordenanza dítase para dar cumprimento, neste eido municipal, ao mandato contido na Disposición Adicional 8a da Lei 2/2011 de economía sostible, e ten por obxecto regular os procedementos de intervención municipal para habilitar, ou, no seu caso autorizar, o exercicio de actividades e a prestación de servizos que pola súa menor entidade e incidencia urbanística e medioambiental, someteranse, respectivamente, á presentación dunha declaración responsable ou comunicación previa, consonte ao determinado na Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, lei 12/2012, de 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos e demais normativa estatal e autonómica de transposición da Directiva de Servizos 2006/123 CE.

2. As súas finalidades xenéricas residen en acadar unha simplificación dos procedementos administrativos e na eliminación de obstáculos para facer efectivas, no eido das actividades de ámbito local, as liberdades de establecemento e prestación de servizos en exercicio de dereitos preexistentes. Asemade, páutanse e planifícanse os procedementos de comunicación necesarios así como os de verificación posterior do cumprimento dos requisitos esixidos para o exercicio da actividade que se prevén na lexislación urbanística, medioambiental e sectorial de aplicación, ademais de xustificárense os supostos de concorrencia de interese xeral para o mantemento da licenza previa municipal de actividade ou apertura.

3. A presente ordenanza fixa, en particular, as condicións, requisitos e procedementos que deberán observarse para a eficacia das declaracións responsables do inicio de actividades comerciais polo miúdo, incluídas as correspondentes instalacións e obras ligadas ao acondicionamento dos locais comerciais, e, en xeral, dos servizos e das actividades económicas inocuas por non estaren sometidas a avaliación ambiental ou autorización sanitaria, así coma para a eficacia das comunicacións dos cambios de titularidade tanto de licenzas urbanísticas como dos títulos xurídicos habilitantes para o desenvolvemento de actividades e a prestación de servizos.

Artigo 2.º.-Ámbito de aplicación.

1. O ámbito de aplicación da presente ordenanza cínxese territorialmente ao termo municipal do Concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña).

2. Dende o punto de vista obxectivo regúlanse e quedan pautados os supostos, os requisitos e os procedementos de comunicación e verificación posterior para o inicio das seguintes actividades e obras:

2.1. O inicio ou apertura, incluídas as instalacións e acondicionamentos correspondentes que non precisen proxecto de obra segundo a Lei 38/1999, do 5 de novembro de ordenación da edificación, de calquera actividade comercial de carácter inocuo, polo miúdo e realizada en establecementos permanentes cunha superficie útil de exposición e venda ao público non superior a 300 metros cadrados, previstas no art. 2 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, de comercio interior de Galicia e no anexo da lei 12/2012, de 26 de decembro , así como, en xeral, das actividades económicas inocuas que non se atopen incluídas no eido do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental ou calquera outra cautela ambiental previa, que non estean sometidas á tramitación propia da normativa de espectáculos públicos e actividades recreativas, que non requiran o oportuno informe da Consellería de Sanidade, ou que estean excluídas do eido de aplicación da normativa de transposición da Directiva de Servizos.

Exclúense especificamente aquelas actividades que desenvolvéndose ou non en establecementos comerciais de menos de 300 metros cadrados, sen embargo teñan impacto no patrimonio histórico - artístico ou no uso privativo e ocupación dos bens de dominio público que estarán suxeitas a licenza previa.

2.2. Os cambios de titularidade de licenzas de apertura/actividade como os das de actividades declaradas responsablemente, que se efectúan ao abeiro do disposto no artigo 13 do Regulamento de servizos das corporacións locais e/ou do artigo 28.4 da devandita Lei de comercio interior de Galicia ou norma que a substitúa.

3. As restantes actividades, instalacións e obras non incluídas no ámbito de aplicación da presente ordenanza regulado no seu capítulo II, quedan suxeitas ao procedemento de licenza previa, agás disposición legal en contrario, polos motivos de interese xeral que se expresan nesta ordenanza.

4. As licenzas previas que, de acordo co presente artigo, non sexan esixibles, substitúense polas declaracións responsables, ou ben por comunicacións previas, de conformidade co establecido no artigo 71.bis da Lei 30/1992, de 26 de Novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, relativas ao cumprimento das previsións legais establecidas na normativa vixente. En todo caso, o declarante deberá estar en posesión do xustificante de pago do tributo e/ou taxa correspondente cando sexa preceptivo.

5. As declaracións responsables e comunicacións previas permitirán o exercicio dun dereito ou ben o inicio dunha actividade dende o día da súa presentación, sen prexuízo das facultades de comprobación que ten atribuídas esta administración.

6. A presentación da declaración responsable, ou da comunicación previa, co conseguinte efecto de habilitación a partir dese para o exercicio material da actividade, non prexulgará en modo algún a situación e efectivo acomodo das condicións do establecemento á normativa aplicable, nin limitará o exercicio das potestades administrativas de comprobación,inspección, sanción e en xeral de control que a administración municipal, autonómica ou estatal lle estean atribuías polo ordenamento sectorial aplicable en cada caso.

Artigo 3.º.-Definicións.

Aos efectos da aplicación da presente ordenanza defínese como:

1. Declaración responsable: documento subscrito por un suxeito interesado no que manifesta, baixo a súa responsabilidade, que cumpre cos requisitos establecidos na normativa vixente para acceder ao recoñecemento dun dereito ou facultade ou para o seu exercicio, que dispón da documentación que así o acredita e que se compromete a manter o seu cumprimento durante o período de tempo inherente a dito recoñecemento ou exercicio. Tales requisitos recóllense de xeito expreso e preciso na presente ordenanza e reflíctense nos correspondentes modelos normalizados de declaración responsable incorporados como anexo I.

2. Comunicación previa: documento polo que os interesados poñen en coñecemento do Concello de Cabana de Bergantiños os seus datos identificadores e demais requisitos esixibles para o exercicio dun dereito ou inicio dunha actividade, de conformidade co establecido no artigo 70.1 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común.

3. Licenza: acto administrativo regrado, expreso ou tácito, polo que o Concello autoriza, previa comprobación das condicións establecidas pola normativa aplicable, actos de ocupación, construción, edificación, uso do solo ou subsolo ou o exercicio de actividades.

4. Obras menores: obras e instalacións de técnica simple e escasa entidade construtiva e económica que non supoñan alteración do volume, do uso, das instalacións e servizos de uso común e do número de vivendas e locais, sen que poidan afectar ao deseño exterior, á cimentación, á estrutura ou ás condicións de habitabilidade ou seguridade dos edificios ou instalacións de tódalas clases.

Abranguen as pequenas obras de simple conservación, reparación, decoración e ornato que non precisan de proxecto técnico e non implican un orzamento elevado.

5. Obras maiores: obras ou instalacións que non estean incluídas na categoría de obras menores. Necesitan de proxecto técnico e abranguen, basicamente, os conceptos de obra nova ou nova edificación, primeira utilización dos edificios, as obras de restauración estructural, de ampliación, e de reestruturación, así como as de conservación, rehabilitación e restauración sempre que afecten a elementos estruturais, e as obras de demolición ou derrube.

6. Ós efectos da presente Ordenanza considerarase como superficie útil de exposición e venda ao público, a prevista no artigo 30 da Lei 13/2010, de 17 de decembro, de Comercio Interior de Galicia, e en todo caso exclusivamente aquela zona claramente diferenciada doutras zonas do local mediante elementos fixos ou desmontables, computándose a estes efectos todas as superficies tanto cubertas como descubertas que se destinen a exposición e/ou venda.

7. Os requisitos aos que se refiren os parágrafos 1 e 2 do presente artigo deberán estar recollidos de maneira expresa, clara e precisa nos modelos oficiais de comunicación previa e declaración responsable que se incorporan como anexos a esta ordenanza.

8. A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se acompañe a unha declaración responsable ou a unha comunicación previa, ou a non presentación dista, cando fora procedente, ante esta Administración municipal, determinará a imposibilidade de continuar o exercicio do dereito ou actividade afectada desde o intre no que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas ás que houbera lugar.

CAPÍTULO SEGUNDO.-AMBITO DE APLICACIÓN

Artigo 4.º.-Declaración responsable de aperturas comerciais, de actividades inocuas e das instalacións e obras de acondicionamento de locais comerciais.

Quedan suxeitas ao réxime de declaración responsable regulado na presente ordenanza todos aqueles servizos e actividades, que se refiran a usos permitidos ou compatibles segundo as ordenanzas do planeamento xeral que se atope en vigor, que non estean suxeitos a comunicación previa ou a licenza, tales como:

A apertura de comercios, polo miúdo, en establecementos permanentes, para o exercicio de actividades inocuas, o exercicio de profesións liberais e colexiadas, os servizos de carácter financeiro, de transportes, de seguros, academias, oficinas administrativas e institucionais, así coma, en xeral, as actividades económicas que non se exclúan expresamente no seguinte punto e sempre e cando no interior do local onde se desenvolvan non se dispoña de instalacións ou aparellos que, polo seu funcionamento, puideran seren merecedoras da súa cualificación como actividades molestas, insalubres, nocivas ou perigosas ou suxeitas a incidencia ambiental.

Considéranse expresamente incluídas no ámbito de aplicación do réxime de declaración responsable pautado na presente ordenanza os servizos e as actividades comerciais incluídas no anexo da lei 12/2012, de 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos, sempre que non se dalgún dos supostos de comunicación previa previstos no artigo seguinte.

Non será esixible licenza ou autorización previa para a realización das obras ligadas ao acondicionamento dos locais para desempeñar a actividade cando non requiran da redacción dun proxecto de obra de conformidade coa Lei 38/1999, de 5 de novembro, de Ordenación da Edificación e cuxa súa superficie útil de exposición e venda ao público non sexa superior a 300 metros cadrados.

En todo caso se estará ao previsto no artigo 6 da presente Ordenanza.

Artigo 5.º.-Comunicación previa de aperturas comerciais , de actividades inocuas e das instalacións e das instalacións e obras de acondicionamento de locais comerciais.

1. Quedan suxeitas ao réxime de comunicación previa regulado na presente ordenanza todos aqueles servizos e actividades seguintes:

1.1. cambios de titularidade.

1.2. Locais comerciais ou de servizos cunha superficie construída menor de 100 m, excepto peixerías, carnicerías ou semellantes.

1.3. Academias de ensino ate 150 m de superficie construída, agás academias de baile, música ou canto.

1.4. Oficinas e despachos profesionais sempre e cando a súa superficie construída non supere os 150 m.

1.5. Oficinas ou locais pertencentes a entidades sen ánimo de lucro, sempre que non desenvolvan actividades mercantís ou industriais e sempre que a súa superficie non supere os 150 m.

1.6. Aparcadoiros de vehículos ao ar libre.

En todo caso se estará ao previsto no artigo 6 da presente Ordenanza.

2. Cambios de titularidade:

Abrangue tódolos supostos de transmisión da titularidade de licenzas urbanísticas e/ou apertura así como da titularidade de actividades declaradas responsablemente ou obxecto de comunicación previa, que se efectúen ao abeiro do disposto no artigo 13 do Regulamento de servizos das Corporacións Locais e/ou do artigo 28.4 da Lei 13/2010, de 17 de decembro, de comercio interior de Galicia, ben sexa por traspaso, sucesión, fusión, absorción, cambio de nome, transformación de fórmula xurídico-mercantil ou semellante, tanto inter-vivos como mortis-causa, sempre que se cumpra cos seguintes requisitos:

O local ou instalación en cuestión ten que se corresponder e axustar en canto ao seu acondicionamento, instalacións e distribución ao que obtivo licenza de primeira ocupación ou apertura inicial e cumprir a instalación con tódalas medidas correctoras esixidas nos títulos xurídicos habilitantes de obras e de actividade.

Artigo 6.º.-Actividades excluídas do réxime de declaración responsable e comunicación previa.

Quedan excluídas expresamente do procedemento de declaración responsable e comunicación previa e sometidas a licenza de apertura ou actividade previa, segundo proceda, as seguintes:

1. As instalacións, obras de acondicionamento e actividades suxeitas ao trámite de incidencia, efectos ou impacto ambientais ou a calquera clase de avaliación ambiental.

2. Actividades que requiran de informe da consellería titular da competencia en materia de sanidade para ao seu exercicio, que en todo caso a súa obtención será previa a concesión licenza municipal.

3. Todas as actividades e instalacións relacionadas no Decreto 160/2005, do 2 de xuño, que modifica o Decreto 294/2004, do 18 de novembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia, suxeitas á regulamentación e ao procedemento previsto no Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas, aprobado polo Real decreto 2816/1982, de 27 de agosto. Inclúense entre estas os servizos prestados por empresas de ocio e espectáculos tales como cinemas, teatros, circos, ludotecas, parques infantís ou similares e tamén, os hoteis, así como as cafeterías, bares, restaurantes e hostalería en xeral.

4. As que atinxan, se desenvolvan ou impliquen uso privativo ou ocupación de bens demaniais de uso ou servizo público e a venda ambulante ou en feiras e mercados tradicionais que se desenvolven no espazo público.

5. As que atinxan ou se desenvolvan en edificacións que estean incursas nun expediente de reposición da legalidade urbanística.

6. As actividades expresamente excluídas do ámbito de aplicación da Directiva 2006/13/CE ou as actividades comerciais para as que se esixa licenza previa en aplicación da Lei 13/2010, de 17 de decembro, do comercio interior de Galicia ou de calquera outra lei ou disposición regulamentaria de carácter xeral con competencias sectoriais na actividade ou servizo de que se trate.

7. As obras vencelladas ao acondicionamento dos locais que requiran dun proxecto de obra consonte á Lei 38/1999, de 5 de novembro de ordenación da edificación ou norma que no futuro a substitúa, as cales se seguirán regulando, en canto á esixencia de licenza previa, requisitos xerais e competencia para o seu outorgamento, pola normativa vixente. As actividades que se pretendan desenvolver nestes locais estarán igualmente suxeitas a licencia previa de actividade.

8. As obras vencelladas ao acondicionamento dos locais que non requirindo dun proxecto de obra consonte á Lei 38/1999, de 5 de novembro de ordenación da edificación ou norma que no futuro a substitúa, se leven a cabo en locais cuxa superficie útil de exposición e venda ao público sexa superior aos 300 m ou en locais non destinados a exposición e venda ao público independentemente da súa superficie. As actividades que se pretendan desenvolver nestes locais estarán igualmente suxeitas a licenza previa de actividade.

9. As obras e actividades que teñan impacto no patrimonio histórico artístico por afectar a edificacións declaradas BIC, catalogadas ou inventariadas.

CAPÍTULO III.-REQUISITOS E DOCUMENTACIÓN

Artigo 7.-Requisitos xerais.

Tanto para a comunicación previa como para a declaración responsable terá que achegarse a seguinte documentación:

1. Instancia correspondente que, obrigatoriamente, deberá utilizar o modelo normalizado.

2. Fotocopia do NIF/NIE do/a solicitante e, no seu caso, do/a representante.

3. Escritura de sociedade, poder ou documentación acreditativa da representación, cando proceda, en orixinal ou copia compulsada.

4. Xustificante acreditativo do pagamento das taxas e tributos correspondentes que sexan preceptivos.

5. Ficha de datos para comunicación ao Rexistro Galego de Comercio conforme ó modelo normalizado que figura na presente ordenanza anexo VI.

Artigo 8.-Requisitos e documentación específica das declaracións responsables para prestación de servizos, apertura de establecementos comerciais e actividades inocuas, instalacións e obras de acondicionamento de locais comerciais.

Deberá achegarse a declaración responsable, obrigatoriamente, no modelo normalizado, que se inclúe no anexo I desta ordenanza e que abrangue, ademais da documentación xeral relacionada no artigo 7, a seguinte:

1. Declaración responsable da certeza do manifestado na instancia normalizada, que incluirá a manifestación explícita do cumprimento dos requisitos esixibles consonte á normativa vixente.

2. Compromiso de cumprimento dos requisitos normativamente esixidos e mantemento de tódalas medidas correctoras precisas para o correcto exercicio da actividade durante todo o período de tempo a el inherente.

3. Compromiso de acomodación ás esixencias derivadas da nova normativa que de xeito sucesivo vaia entrando en vigor, previa obtención das autorizacións que, no seu caso, resulten necesarias para tal finalidade, ao tratarse dunha actividade continuada.

4. Indicación da data de inicio da actividade e, no seu caso das instalacións e/ou obras de acondicionamento, con presunción de inicio no mesmo día de presentación da instancia no seu defecto.

5. Achega da documentación técnica que acredita o cumprimento dos requisitos indicados e que se concreta na seguinte:

5.1. Nos supostos de actividades sen obras.

5.1.1. Proxecto de actividade subscrita por técnico competente que deberá incluír como mínimo a seguinte documentación:

- Memoria descritiva da actividade a realizar

¿ Aspectos básicos da actividade.

¿ Cadro de superficies.

¿ Repercusión sobre o medio ambiente.

¿ Potencia instalada.

- Descrición dos tipos, cantidades, composición e, de ser ocaso, almacenamento dos residuos xerados pola actividade e medidas para a súa xestión.

- Descrición de verquidos.

- Descrición de emisións á atmósfera.

- Estudo acústico que garanta que o local e as instalacións cumpren coa normativa vixente en materia de protección contra a contaminación acústica.

- Xustificación de medidas de protección contra incendios aplicando a normativa que lle sexa de aplicación segundo os casos e tipo de local en base ao seguinte:

¿ Cumprimento do R.D. 2267/2004, de 3 de decembro, polo que se aproba o Reglamento de seguridad contra incendios en los establecimientos industriales.

¿ Cumprimento do CTE DB-SI.

- Xustificación do cumprimento do Reglamento electrotécnico de baja tensión.

- Xustificación das condicións hixiénico sanitarias do local, debéndose de mencionar as condicións de abastecemento de auga, saneamento, iluminación, ventilación, etc., así coma o número, disposición e condicións dos aseos, en particular o cumprimento do Decreto 486/97 de 14 de abril polo que se aproba as ¿Disposiciones mínimas de seguridad y salud aplicables a los lugares de trabajo".

- Xustificación do cumprimento da normativa en vigor sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas

- Cumprimento do código técnico nos documentos básicos que lle sexan de aplicación, en todo caso xustificar o cumprimento do DB-HS e DB-SU.

- O proxecto contará alomenos cos seguintes planos.

¿ Situación e emprazamento.

¿ Estados inicial e reformado do local (planta de distribución, alzados, seccións...)

¿ Planta de instalacións de electricidade, fontanería e saneamento con especial atención as medidas contra incendios e recorridos de evacuación.

¿ Calquera outros que permitan unha maior comprensión da actividade a realizar.

5.1.2. Certificado de seguridade e solidez das instalacións, subscrito por técnico competente e visado polo correspondente colexio profesional. No caso de edificacións cunha antigüidade inferior a seis anos poderase sustituir este documento, pola certificación final de obra asinada por técnico competente.

5.1.3. Certificados de empresas homologadas:

5.1.3.1. Certificación do cumprimento da normativa sobre protección contra a contaminación acústica realizado por empresa homologada.

5.1.3.2. Certificado das instalacións contra incendios realizado por empresa homologada.

5.1.3.3. Outros certificados que segundo a actividade resulten preceptivos.

5.1.4 Contrato/s con empresa/s de recollida e xestión de residuos debidamente homologadas (no caso da xeración de residuos que esixan o devandito tratamento).

5.2. Nos supostos de actividades con simultánea execución da instalación ou das obras de acondicionamento suxeitas a declaración responsable.

Ademais da documentación sinalada no punto 5.1 deberase achegar a seguinte documentación:

a) O proxecto conterá a descrición das obras a realizar así como o seu orzamento detallado.

b) Autorizacións e rexistros sectoriais que resulten necesarios para o exercicio da actividade (estradas, augas, ferrocarril, patrimonio, costas...). Deberán aportarse en orixinal ou copia compulsada.

c) Á finalización das obras achegarase certificado final de obra asinado por técnico competente consonte o modelo previsto no Anexo III da presente ordenanza.

Artigo 9.º.-Requisitos e documentación específica das comunicacións previas para prestación de servizos, apertura de establecementos comerciais e actividades inocuas instalacións e obras de acondicionamento de locais comerciais.

Deberá achegarse a comunicación previa, obrigatoriamente, no modelo normalizado, que se inclúe no anexo II desta ordenanza e que abrangue, ademais da documentación xeral relacionada no artigo 7, a seguinte:

1.-Comunicación previa da intención de iniciar unha determinada actividade ou servizo garantindo a certeza do manifestado na instancia normalizada, que incluirá a manifestación explícita do cumprimento dos requisitos esixibles consonte á normativa vixente.

2. Compromiso de cumprimento dos requisitos normativamente esixidos e mantemento de tódalas medidas correctoras precisas para o correcto exercicio da actividade durante todo o período de tempo a el inherente.

3. Compromiso de acomodación ás esixencias derivadas da nova normativa que de xeito sucesivo vaia entrando en vigor, previa obtención das autorizacións que, no seu caso, resulten necesarias para tal finalidade, ao tratarse dunha actividade continuada.

4. Indicación da data de inicio da actividade e, no seu caso das instalacións e/ou obras de acondicionamento, con presunción de inicio no mesmo día de presentación da instancia no seu defecto.

5. Achega da documentación técnica que acredita o cumprimento dos requisitos indicados e que se concreta na seguinte:

5.1. Nos supostos de actividades sen obras.

5.1.1. Plano de situación do local e do inmoble onde se pretenden levar a cabo as actividades.

5.1.2. Descrición da actividade e superficie do local indicando en todo caso o grupo ou epígrafe fiscal a que pertenza a actividade.

5.1.3. Plano de planta do local que reflicta a distribución do mesmo coas súas instalacións e mobiliario.

5.1.4. Acreditación subscrita por técnico competente que certifique a correcta execución das instalacións e que a actividade cumpre a normativa aplicable. Esta acreditación realizarase con arranxo ao modelo anexo III desta ordenanza.

5.2. Nos supostos de actividades con simultánea execución da instalación ou das obras de acondicionamento suxeitas a comunicación previa.

Ademais da documentación sinalada no punto 5.1 deberase achegar a seguinte documentación:

a) Descrición das obras a realizar así como o seu orzamento detallado.

b) Autorizacións e rexistros sectoriais que resulten necesarios para o exercicio da actividade (estradas, augas, ferrocarril, patrimonio, costas...). Deberán aportarse en orixinal ou copia compulsada.

Artigo 10.º.-Documentación específica da comunicación dos cambios de titularidade.

Deberá achegarse a comunicación no modelo normalizado que se inclúe no anexo IV desta ordenanza e que abrangue ademais da documentación relacionada no artigo 7, a seguinte:

1. Copia compulsada ou referencia exacta do título xurídico habilitante cuxa titularidade se transmite (licenza de actividade de apertura ou posta en funcionamento, comunicación previa ou declaración responsable).

2. Fotocopia do NIF/NIE do/a anterior titular e do/a novo/a titular.

3. Documento acreditativo de alta do local na recollida do lixo e do Imposto de Bens Inmobles.

4. Sinatura do/da anterior e do/da novo/a titular en transmisións inter-vivos, ou, no seu caso, a documentación acreditativa da transmisión mortis-causa.

CAPÍTULO IV.-PROCEDEMENTO E RÉXIME XURÍDICO

Artigo 11.º.-Procedemento para tramitación das declaracións responsables e comunicacións previas e réxime xurídico de aplicación.

1. Formalización e presentación.

1.1. Tanto as declaracións responsables, as comunicacións previas como as comunicacións do cambio de titularidade reguladas na presente ordenanza, deberán formalizarse obrigatoriamente no impreso normalizado incluído no anexo correspondente.

1.2. Presentaranse debidamente cumprimentados no rexistro do Concello, nas oficinas desconcentradas que se poidan determinar, en calquera dos rexistros ou por calquera medio válido consonte ao artigo 38 da lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, incluído o portelo único, por vía electrónica.

1.3. A data que conste no selo do rexistro de entrada correspondente segundo o disposto no parágrafo precedente, presumirá a data de inicio da actividade agás que na instancia se signifique outra data distinta.

1.4. Cando deban realizarse diversas actuacións relacionadas coa mesma actividade comercial ou de servizos prevista no anexo da lei12/2012 ou no mesmo local en que se desenvolve tal actividade, tramitarase unha única declaración responsable que abranga tanto a actividade como a instalación e acondicionamento no seu caso.

1.5. A correcta e completa formalización, segundo os requisitos esixidos nos artigos reguladores, da declaración responsable ou da comunicación previa habilita para o exercicio inmediato da actividade ou prestación de servizo e no seu caso para a execución da instalación ou as obras de acondicionamento declaradas responsablemente sen necesidade de ditar resolución administrativa expresa confirmatoria ou habilitante. No suposto de comunicacións de cambio de titularidade a habilitación para continuar executando a obra ou desenvolvendo a actividade queda suxeita ás condicións e medidas correctoras impostas na licenza ou declaración responsable que se transmite.

1.6. A persoa declarante ou a nova titular, ademais da manifestación responsable da certeza do declarado, deberá posuír no local comercial, a disposición do persoal técnico municipal e da policía local, a documentación que se determina na presente ordenanza e facilitará o acceso ao local e ás instalacións ao devandito persoal municipal para as inspeccións, verificacións e comprobacións oportunas.

2. Emenda ou mellora da declaración ou comunicación.

Recibida a declaración responsable, comunicación prevía ou comunicación do cambio de titularidade, se o servizo tramitador aprecia insuficiencia emendable nos datos achegados ou na documentación presentada requirirá á persoa declarante/comunicante ou ao novo suxeito titular a súa emenda no prazo de dez días hábiles con advertencia expresa de que, de non facelo, teráselle por desistido/da da súa petición, previa resolución que deberá ser ditada no termos previstos no artigo 42 da lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A persoa declarante/comunicante ou o novo suxeito titular poderán instar unha ampliación do prazo se no termo concedido non puidera emendar a deficiencia.

A ampliación deberá solicitarse obrigatoriamente a través do modelo normalizado recollido no anexo V desta ordenanza e sempre antes do vencemento do prazo outorgado. Neste caso, entenderase concedida sen necesidade de ditar resolución administrativa confirmatoria por un prazo de cinco días.

3. Efectos xurídicos e consecuencias.

3.1. A presentación da declaración responsable ou comunicación previa, co conseguinte efecto habilitante a partir do intre da súa presentación para o inicio da actividade e no seu caso da instalación ou acondicionamento, non prexulgará de xeito algún a situación e efectivo acomodo das condicións do establecemento á normativa aplicable, nin limitará o exercicio das competencias municipais de comprobación, control, inspección e sancionadoras.

3.2. As declaracións responsables ou comunicacións previas, incluídas as de cambio de titularidade, que se acheguen incompletas, incorrectas ou erróneas non producirán efectos xurídicos.

Tampouco producirán efectos xurídicos as declaracións responsables ou comunicacións previas relativas ao desenvolvemento de actividades que infrinxan o réxime de usos previstos no plans territoriais ou urbanísticos vixentes.

3.3. Autorizacións sectoriais. As actuacións que se pretendan realizar en terreos ou bens que esixindo a intervención do concello precisen ademais de autorizacións sectoriais doutras administración consonte coa normativa sectorial de aplicación, deberán achegarse polo interesado. No caso de que non conte coa devandita autorización o procedemento de tramitación da solicitude por parte do concello quedará en suspenso ata que se notifique a este a resolución recaída.

No caso de autorizacións sectoriais que resulten preceptivas e previas á solicitude de declaración responsable, deberán achegarse polo interesado. En defecto da devandita autorización previa, a tramitar polo interesado, as solicitudes de declaración responsable non serán admitidas e, no seu caso, non se poderá entender iniciado o procedemento.

3.4. En ningún caso entenderanse adquiridas por silencio administrativo facultades ou autorizacións en contra da lexislación ou do planeamento urbanístico aplicable.

A declaración responsable ou a comunicación previa non eximen da obtención das licenzas e autorizacións que esixa calquera norma sectorial nin do deber de presentación doutras declaracións, comunicacións ou inscricións en rexistros que a devandita normativa impoña para o desenvolvemento da actividade ou a prestación do servizo de que se trate.

3.5. Só poderá utilizarse o procedemento de declaración responsable e comunicación previa para as actividades, instalacións e obras de acondicionamento relacionadas nos artigos 4 e 5 desta norma, nos supostos e coas condicións e requisitos que se establecen na presente ordenanza e na lexislación de desenvolvemento e transposición da Directiva 2006/123/CE. As restantes obras, actividades e servizos quedarán suxeitas ao procedemento de licenza municipal previa por mor da súa incidencia urbanística, medioambiental ou de interese xeral, e serán tramitadas consonte á lexislación que sexa de aplicación segundo a actividade de que se trate.

3.6. O sistema de acceso á libre prestación de actividades e servizos e o particular réxime procedimental que se pauta pola presente ordenanza non exonera, aos prestadores de servizos e titulares das actividades, nin aos promotores de instalacións e obras de acondicionamento, das obrigas de carácter tributario, fiscal, administrativo e de orde civil que se establecen no ordenamento xurídico vixente.

Tampouco poderán ser invocadas as declaracións responsables nin as comunicacións previas para diminuíren ou excluíren a responsabilidade civil ou penal en que puideran ter incorrido os titulares no exercicio das actividades autorizadas coa presentación da declaración ou da comunicación.

3.7. As declaracións responsables e as comunicacións previas producirán efectos entre o Concello e os suxeitos solicitantes e non alterarán as situacións xurídicas entre estes e as demais persoas.

3.8. Os efectos habilitantes inmediatos para o inicio das actividades e prestación de servizos, ou mesmo para a execución de instalacións e obras de acondicionamento, que xeran as declaracións responsables ou comunicacións previas regulados pola presente ordenanza, deixarán a salvo, sempre, o dereito de propiedade e entenderase que autorizan o desenvolvemento da actividade sen prexuízo de terceiros.

En todo caso, serán de tracto sucesivo e, nas condicións sinaladas nesta ordenanza, as declaracións responsables e comunicacións posteriores deixarán sen efecto as anteriores sempre que as actividades ou servizos se desenvolvan efectivamente.

3.9. Carecerán de efectos xurídicos as declaracións responsables ou as comunicacións previas que pretendan levar a cabo unha ocupación do dominio público ou desenvolver unha actividade que leve consigo un uso común especial daquél así como aquelas que teñan impacto sobre bens do patrimonio histórico-artístico.

3.10. A modificación ou ampliación dunha actividade suxeita a declaración responsable ou obxecto dunha comunicación previa requirirá a presentación da nova solicitude correspondente, segundo o caso, debendo achegase ou dispor da documentación técnica referida aos aspectos afectados pola modificación.

3.11. As autorizacións declaradas ou comunicadas poderán ser transmisibles, pero o anterior e o novo titular deberán comunicalo por escrito ao Concello, nos termos sinalados na presente ordenanza. De non facelo, ámbolos quedarán suxeitos ás responsabilidades que se poidan derivar do desenvolvemento da actividade.

3.12. Consonte co disposto na alínea 4 do artigo 71.bis da lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se achegue ou incorpore a unha declaración responsable ou a unha comunicación previa, ou a súa falta de presentación ante a Administración competente, determinará a imposibilidade de continuar co exercicio do dereito ou da actividade afectada desde o momento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que houbera lugar.

Asemade, a resolución da Administración Pública que declare tales circunstancias poderá determinar a obriga do interesado de restituír a situación xurídica ao momento previo ao recoñecemento ao exercicio do dereito ou ao inicio ou reanudación da actividade correspondente, así como a imposibilidade de instar un novo procedemento co mesmo obxecto durante un período de tempo determinado, todo isto consonte aos termos establecidos nas normas sectoriais de aplicación.

3.13. A mesma consecuencia determinada no apartado anterior acontecerá:

a) Nas declaracións responsables, cando a instalación, obra de acondicionamento, actividade ou o servizo que se pretendan desenvolver ou prestar non se atopen incluídas dentro das que son obxecto da devandita declaración segundo o artigo 4 desta ordenanza.

b) Nas comunicacións previas, cando a instalación, obra de acondicionamento, actividade ou servizo que se pretenda desenvolver ou prestar non se atopen incluídas dentro das que son obxecto da devandita comunicación segundo o artigo 5 desta ordenanza.

c) Nas comunicacións de cambio de titularidade, cando non exista título xurídico habilitante anterior obxecto de transmisión ou falte a sinatura do/a anterior titular, e tamén no caso de que a actividade non se atope incluída entre as que son susceptibles de transmisión por tratarse dunha licenza que atinxa ás cualidades do suxeito, ao exercicio de actividades sobre bens de dominio público ou cando o número das licenzas outorgables fose limitado.

Nestes supostos, na resolución de ineficacia ditada polo órgano competente a proposta do servizo tramitador lembrarase a obriga de cesamento da actividade ou servizo irregularmente declarado ou comunicado, dando por concluído o expediente coa remisión ao servizo de disciplina urbanística competente para a adopción das medidas procedentes para garantir o cesamento efectivo e inmediato da actividade, con clausura e precinto, no seu caso, do local ou da actividade ou servizo por parte da Policía Local, adopción das medidas sancionadoras e/ou de reposición da legalidade urbanística que poidan corresponder e no seu caso, requirimento á persoa solicitante para que solicite a oportuna licenza, declaración responsable ou comunicación previa segundo proceda.

3.14. Naqueles supostos nos que se comunique de forma previa ou se declaren responsablemente instalacións ou obras de acondicionamento xuntamente coa actividade, non poderá ser iniciada esta ata o total remate da instalación ou obra, o que se certificará por técnico competente mediante a cumprimentación do anexo III.

Nestes supostos de declaración conxunta as obras e instalacións deberán estar rematadas e iniciarse a actividade ou a prestación do servizo no prazo máximo de tres meses contados dende o día seguinte á presentación da declaración ou comunicación.

3.15. Considerarase en todo caso como instalación, obra de acondicionamento ou actividade ilegal, non autorizada ou carente de título xurídico habilitante, a desenvolvida ao abeiro dunha declaración responsable ou dunha comunicación de cambio de titularidade que segundo a regulación prevista resulte ineficaz.

3.16. Os datos contidos nas declaracións responsables e comunicacións de cambio de titularidade, ao igual que os contidos nas licenzas de apertura de establecementos públicos, serán comunicados á Dirección Xeral con competencia en materia de comercio da Xunta de Galicia, para os efectos da súa inscrición no Rexistro Galego de Comercio, naqueles casos en que legalmente proceda.

4. Extinción e caducidade.

4.1. Os dereitos derivados de declaracións responsables ou das comunicacións previas quedarán sen efecto de se incumpriren as condicións a que estivesen subordinadas e extinguiranse no caso de renuncia do/da declarante ou novo/a titular.

4.2. Así mesmo, e previa audiencia da persoa interesada, poderá declararse a caducidade da declaración responsable ou da comunicación previa nos seguintes supostos:

a) Cando non se iniciase o desenvolvemento da actividade económica ou urbanística, ou a prestación do servizo, de que se trate no prazo de tres meses contados desde a data de inicio sinalada ou no seu defecto desde a data de presentación da instancia.

b) Cando se interrompa o desenvolvemento da actividade ou a prestación do servizo por tempo superior a seis meses.

A declaración da caducidade extinguirá os dereitos derivados da declaración responsable ou da comunicación previa impedindo o seu exercicio.

CAPÍTULO V.-INSPECCIÓN, VERIFICACIÓN E CONTROL POSTERIOR DE ACTIVIDADES, OBRAS E SERVIZOS

Artigo 12.º.-Réxime de control posterior e verificación da actividade declarada ou comunicada.

1. O Concello, ademais da verificación inicial da instancia e da documentación achegada por parte do interesado, poderá realizar, a través dos servizos técnicos e/ou da policía local, as actividades de comprobación, control e inspección que sexan necesarias das actividades e obras suxeitas aos réximes de declaración responsable ou comunicación pautados na presente ordenanza, consonte ao previsto no artigo 71 bis da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Publicas e do Procedemento Administrativo Común, e ditara, de ser procedente, a resolución que declare a omisión de carácter esencial, a inexactitude ou a falsidade, en calquera dato, manifestación ou documento que se achegue ou incorpore a unha declaración responsable ou comunicación previa, así como a non presentación destas ante o Concello.

2. A concorrencia de supostos de omisión, inexactitude ou falsidade de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se achegue ou incorpore a unha declaración responsable ou a unha comunicación previa, ou a non presentación ante a Administración competente da declaración responsable ou da comunicación previa, determinara, con carácter xeral, a imposibilidade de continuar co exercicio do dereito ou da actividade afectada dende o intre en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que houbera lugar.

3. A resolución administrativa que declare tales circunstancias disporá, sen mais tramite, o cesamento inmediato da actividade e a clausura do establecemento e poderá determinar a obriga do interesado de restituír a situación xurídica ao momento previo ao exercicio do dereito ou actividade correspondente, así como a imposibilidade de instar un novo procedemento co mesmo obxecto durante un período de tempo determinado. Todo isto nos termos establecidos nas normas sectoriais que resultaran de aplicación.

4. No suposto de infracción das disposicións da presente ordenanza, a resolución administrativa que declare tal circunstancia e a ineficacia da comunicación debera ditarse no prazo tres meses a contar da solicitude, e decretara, no seu caso, a suspensión das obras se estas fosen iniciadas.

5. En todo caso, a resolución extemporánea por ser ditada unha vez transcorrido o prazo de tres meses, que declare a ineficacia das licenzas comunicadas, será plenamente valida e eficaz, e non haberá lugar a indemnización ao favor do comunicante, no suposto de que iniciada a execución das obras se ordenase posteriormente a suspensión de actividades ou a demolición do realizado, por mor do silencio negativo ¿contra legem" en materia urbanística.

6. No exercicio da función inspectora permanente das actividades e servizos, o Concello poderá tamén ordenar a execución de medidas correctoras para manter as condicións de tranquilidade, seguridade,e salubridade e as demais impostas nos títulos habilitantes ou pola lexislación urbanística e sectorial de aplicación.

Artigo 13.º.-Das labores de inspección e verificación.

1. O procedemento de verificación do cumprimento da presente ordenanza constará das seguintes fases:

1.1. Control inicial da solicitude e documentación polo rexistro e órgano xestor.

1.2. Comprobacións por parte dos servizos técnicos municipais e policía local.

1.3. Verificacións polo persoal técnico dos servizos de disciplina.

2. O persoal adscrito aos servizos municipais de urbanismo e/ou os axentes da policía local serán os encargados da verificación e comprobación de que as actividades, servizos e usos do solo se axustan ao previsto nesta ordenanza e á documentación técnica achegada xunto coa comunicación previa ou declaración responsable.

3. O persoal adscrito a inspección e vixilancia de actividades, no exercicio das súas funcións, terá a consideración de axente da autoridade e estará capacitado, con este carácter, para requirir e examinar toda clase de documentos relativos a actividade ou obra, para comprobar a adecuación das actividades e servizos a normativa urbanística e sectorial aplicable e para reclamar de tódalas partes relacionadas coa actividade e servizo inspeccionado, cos colexios profesionais correspondentes e con calquera outro organismo oficial con competencia na materia, canta información, documentación e axuda material precise para o adecuado cumprimento das súas funcións.

4. Os Servizos Técnicos Municipais estarán autorizados para acceder, previa identificación, sen previo aviso e en calquera momento a predios, locais, e demais instalacións e establecementos abertos ao publico ou nos que se desenvolvan actividades ou servizos comunicados ou licenciados, suxeitos a súa actuación inspectora ou de comprobación, a fin de comprobar o cumprimento do disposto na presente ordenanza.

5. Cando para o exercicio desas funcións inspectoras fose precisa a entrada nun domicilio solicitarase a oportuna autorización xudicial, en caso de oposición ou ausencia do titular ou morador.

6. Os feitos constatados polo persoal adscrito as funcións da inspección e vixilancia no exercicio das competencias propias gozaran de valor probatorio e presunción de veracidade, sen prexuízo das probas que en defensa dos respectivos dereitos ou intereses poidan sinalar ou achegar os propios administrados.

7. Efectuado o control posterior, emitirase informe que poderá ser:

a) Favorable: cando se comprobase a corrección cualitativa da documentación técnica presentada, e que a actividade axústase á mesma. Neste caso remitirase unha copia ao interesado para que poida ter constancia.

b) Con deficiencias: cando fosen emitidos informes técnicos nos que se evidencien incumprimentos normativos subsanables mediante a imposición de condicións para adaptar, completar ou eliminar aspectos que non supoñan unha modificación substancial.

Neste caso darase un prazo a determinar polos servizos técnicos de entre 10 a 30 días ao titular para que presente nova comunicación, onde sinale que foron realizados os axustes requiridos. De non presentarse tal comunicación ou non subsanar as deficiencias observadas, ditarase resolución determinando a imposibilidade de continuar co exercicio do dereito ou da actividade afectada desde o momento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que houbera lugar.

c) Desfavorable: cando foran emitidos informes técnicos que evidencien incumprimentos normativos que excedan dos sinalados no apartado anterior, tanto na documentación técnica presentada como na actividade implantada.

Neste caso comunicarase esta circunstancia ó solicitante indicando que debe de absterse de executar a súa actuación, arquivándose o expediente sen máis trámite, todo elo sen prexuízo, no seu caso, da tramitación dos correspondentes procedementos de reposición da legalidade urbanística.

2 Asemade poderán ser requiridos para achegar ao Concello copia autentica da documentación técnica acreditativa da concorrencia dos requisitos establecidos na normativa vixente para acceder ao recoñecemento dun dereito ou facultade ou para o seu exercicio.

Artigo 14.º.-Denuncias.

1. Calquera persoa física ou xurídica poderá denunciar, diante o Concello e por escrito, as actividades e servizos que se executen infrinxindo as disposicións da presente ordenanza ou da normativa reguladora do libre acceso a prestación de servizos.

2. De resultaren temerariamente infundados os feitos denunciados, o Concello poderá requirir ao denunciante os gastos que se orixinen pola inspección que o Concello execute.

CAPÍTULO V.-REXIME SANCIONADOR

Artigo 15.º.-Infraccións e sancións.

1. Teñen a consideración de infraccións administrativas as accións e omisións que vulneren as normas contidas na presente Ordenanza, así como a desobediencia dos mandatos e requirimentos da Administración municipal ou dos seus axentes distados en aplicación da mesma.

2. As infraccións clasifícanse en moi graves, graves e leves, de conformidade coa tipificación establecida nos artigos seguintes.

Artigo 16.º.-Tipificación das infraccións.

1. Considéranse infraccións moi graves:

a) A falsidade ou omisión de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento incorporada as solicitudes tramitadas nesta ordenanza.

b) Aquelas conductas infractoras que determinen especiais situacións de perigo ou grave risco para a seguridade e integridade física das persoas, ou para os bens.

2. Considéranse infraccións graves:

a) O exercicio da actividade ou a modificación substancial dos establecementos e das súas instalacións sen contar co correspondente título habilitante que faculte para o inicio das obras, exercicio da actividade ou recoñecemento de dereitos.

b) O exercicio da actividade incumprindo os requisitos esixidos na normativa vixente e que de maneira expresa relaciónanse na comunicación previa ou declaración responsable.

c) O incumprimento da orden de suspensión da actividade.

d) O mal estado dos establecementos públicos en materia de seguridade ou salubridade, incumprindo as esixencias normativas vixentes en cada momento.

e) A adicación dos establecementos a actividades distintas ás declaradas ou comunicadas á Administración.

f) O incumprimento das medidas correctoras establecidas, ou do requirimento efectuado para a execución das mesmas.

g) O incumprimento das condicións de seguridade que serviron de base á apertura do establecemento ou inicio da actividade e non constituían infracción moi grave.

3. Considéranse infraccións leves:

a) As accións ou omisións tipificadas como infraccións graves cando pola súa escasa significación, transcendencia ou prexuízo ocasionado a terceiros, non deban ser calificadas como tales.

b) Calquera incumprimento do establecido na presente Ordenanza e nas leis e disposicións regulamentarias ás que se remita, sempre que non estea tipificado como infracción moi grave o grave

Artigo 17.º.-Persoas responsables.

1. Son responsables das infraccións, atendendo as circunstancias concorrentes, os que realicen as condutas infractoras, e en particular:

a) promotores das obras

b) propietario dos terreos

c) titular das actividades ou encargados da súa explotación técnica e económica

d) técnicos redactores de proxectos ou documentación técnica e directores de obra

2. Cando no cumprimento das obrigas establecidas na presente Ordenanza corresponda a varias persoas conxuntamente, responderán solidariamente das infraccións que se cometan e das sancións que se impoñan.

3. No caso de extinción de persoas xurídicas poderá esixirse subsidiariamente a responsabilidade aos administradores das mesmas.

4. Cando os responsables das infraccións sexan técnicos para cuxo exercicio profesional requiran de colexiación, os feitos poranse en coñecemento do correspondente colexio profesional para que adopte as medidas que considere procedentes.

5. Cando con ocasión da tramitación dos expedientes administrativos que se instrúan por infracción urbanística despréndanse indicios do carácter de ilícito penal dos feitos, o órgano instrutor do expediente porao en coñecemento do Ministerio Fiscal aos efectos da esixencia da responsabilidades oportunas, suspendendo a tramitación do expediente en tanto non recaia resolución do Ministerio Fiscal ou resolución xudicial firme.

Artigo 18.º.-Sancións.

1. A comisión das infraccións tipificadas na presente Ordenanza conlevará, en defecto de normativa sectorial específica, a imposición das seguintes sancións:

a) Infraccións moi graves: multa de ata 3.000 €.

b) Infraccións graves: multa de ata 1.500 €.

c) Infraccións leves: multa de ata 750 €.

2. Para graduar as multas atenderase primordialmente a gravidade da materia, a entidade económica dos feitos constitutivos da infracción, a súa reiteración por parte da persoa responsable e o grao de culpabilidade de cada un dos infractores.

Cando concorra algunha circunstancia agravante, a sanción imporase sempre na contía superior á terceira parte de seu máximo. Se concorre algunha circunstancia atenuante e ningunha agravante, imporase na contía mínima.

3. Terá a consideración de circunstancia atenuante da responsabilidade a paralización das obras ou o cese na actividade ou uso, de modo voluntario, tras a inspección e a pertinente advertencia polo axente da autoridade, e como circunstancia agravante o incumprimento dos requirimentos efectuados pola Administración para a paralización das obras ou actividades e a restauración do orden urbanístico, a obstrución á función inspectora e aquelas outras que se determinen na normativa sectorial.

4. Na fixación das sancións de multa terase en conta que, en todo caso, o cumprimento da sanción non resulte máis beneficioso para a persoa infractora que o cumprimento das normas infrinxidas.

Artigo 19.º.-Outras medidas.

Sen prexuízo das sancións pecuniarias previstas, a comisión das infraccións tipificadas na presente Ordenanza poderá conlevar as seguintes sancións accesorias:

a) Suspensión temporal das actividades e clausura temporal dos establecementos de un a tres meses para as infraccións graves, e de tres a seis meses para as infraccións moi graves.

b) Impedir definitivamente a actividade e ordenar a reposición dos bens afectados ao estado anterior ao incumprimento de aquela.

c) A imposibilidade de instar un novo procedemento co mesmo obxecto durante o prazo de 6 meses para as infraccións moi graves e 3 meses para as graves.

Artigo 20.º.-Reincidencia e reiteración.

1. Considerarase que existe reincidencia cando se cometa no termo dun ano máis dunha infracción da mesma natureza cando así teña sido declarado por resolución firme.

2. Entenderase que existe reiteración nos casos en que se cometa máis dunha infracción de distinta natureza no termo dun ano cando así teña sido declarado por resolución firme.

Artigo 21.º.-Medidas provisionais.

1. Poderán adoptarse medidas de carácter provisional cando sexan necesarias para garantir a eficacia da resolución que puidera recaer, as esixencias dos intereses xenerais, o bo fin do procedemento e evitar o mantemento dos efectos da infracción.

2. As medidas provisorias poderán consistir na clausura dos establecementos ou instalacións, a suspensión de actividades e suspensión de autorizacións, cuxa efectividade manterase ata que se acredite o cumprimento das condicións esixidas ou a subsanación das deficiencias detectadas.

3. Asemade poderán adoptarse as medidas de execución forzosa previstas nos artigos 93 e seguintes da lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo común.

Artigo 22.º.-Prescrición das infraccións e sancións e caducidade do procedemento.

Serán de aplicación en defecto de normativa sectorial específica, as normas xerais que regulan o procedemento administrativo sancionador coas especialidades aplicables as Entidades Locais, especificamente serán aplicables as disposicións do Real Decreto 1398/1993, de 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do Procedemento para o Exercicio da Potestade Sancionadora.

Artigo 23.º.-Infraccións en materia de urbanismo e protección do medio rural.

As infraccións e sancións tipificadas na presente ordenanza entenderanse sen prexuízo das reguladas na Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia ou en calquera outra norma sectorial que resulte de aplicación e que recoñeza competencia sancionadora ao Concello.

Disposicions

Disposición adicional primeira. Modelos normalizados.

1. Os correspondentes modelos de declaración responsable e comunicación de cambio de titularidade, manteranse permanentemente publicados e actualizados na paxina web municipal.

2. Os anexos que se incorporan a esta ordenanza non teñen carácter regulamentario e o seu contido poderá ser adaptado, modificado ou ampliado por resolución da Alcaldía ou órgano delegado.

Disposición adicional segunda. Tramitación electrónica.

O Concello, no prazo de un ano dende a regulación do rexistro telemático municipal, incorporara dous novos procedementos telemáticos para as tramitacións previstas na presente ordenanza.

Disposición adicional terceira. Obrigas tributarias.

As obrigas tributarias derivadas das actuacións que se autoricen polos procedementos aquí regulados rexeranse pola ordenanza fiscal correspondente.

Disposición transitoria única.

Os promotores dos expedientes que á entrada en vigor da presente ordenanza se atopasen en tramitación neste Concello, e se refiran a actividades suxeitas ao réxime de comunicación previa ou declaración responsable, poderán acollerse a estes procedementos, presentando para elo a documentación prevista na presente ordenanza.

Disposición final.

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicado o texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia, e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985 Reguladora das Bases de Réxime Local.

ANEXOS

Inclúe esta ordenanza os seguintes anexos:

I.-Modelo de impreso para o exercicio de actividades en réxime de declaración responsable.

II.-Modelo de impreso para o exercicio de actividades en réxime de comunicación previa.

III.-Modelo de certificación técnica da correcta execución das instalacións e de que a actividade cumpre a normativa aplicable ás actividades suxeitas a comunicación previa.

IV.-Modelo de impreso para comunicación previa de cambio de titularidade.

V.-Modelo de impreso para solicitude de ampliación de prazos para achega de documentación.

VI.-Modelo de ficha de datos para comunicación ao Rexistro Galego de Comercio.

En Cabana de Bergantiños a 12 de marzo de 2013.

O alcalde

José Muíño Domínguez

ANEXO I.-MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE

INTERESADO

Nome e apelidos/razón social

DNI/CIF

Enderezo para os efectos de notificacións

Código postal

Teléfono

Municipio

Provincia

Correo electrónico:

Fax

REPRESENTANTE (cando proceda)

Nome e apelidos/razón social

DNI/CIF

Enderezo para os efectos de notificacións

Código postal

Teléfono

Municipio

Provincia

Correo electrónico:

Fax

EXPOÑO:

Que de conformidade coa Ordenanza municipal reguladora do exercicio de actividades e o resto de normativa aplicable veño a efectuar DECLARACIÓN RESPONSABLE pola que manifesto que a actividade que vou levar a cabo no local sito en ________________________________________________________________________, cunha superficie de ____________ m, consistente en ___________________________________________________________, con denominación comercial ___________________________________________, cumpre con todos os requisitos estabecidos na normativa vixente, que dispoño da documentación que así o acredita e que me comprometo a manter o seu cumprimento durante o exercicio da actividade.

Cabana de Bergantiños, ____ de _____ de 20___

Asinado.

DOCUMENTACIÓN QUE ACHEGA:

¿ Fotocopia do NIF/NIE do/a solicitante e, no seu caso, do/a representante.

¿ Escritura da sociedade, poder ou documento acreditativo da representación expresa para este acto en orixinal ou copia compulsada (se procede).

¿ Xustificante do ingreso da autoliquidación da taxa (obra/acondicionamento e actividade) que corresponda.

¿ Ficha de datos para comunicación ao Rexistro Galego de Comercio conforme ao modelo do anexo VI da ordenanza.

A persoa solicitante DECLARA BAIXO A SÚA RESPONSABILIDADE que é certo canto subscribe e que achega a seguinte documentación que así o acredita:

SEN OBRAS:

¿ Proxecto de actividade subscrito por técnico competente que deberá incluir como mínimo a seguinte documentación:

¿ Memoria descritiva da actividade a realizar:

- Aspectos básicos da actividade.

- Cadro de superficies.

- Repercusión sobre o medio ambiente.

- Potencia instalada.

¿ Descripción dos tipos, cantidades, composición e, de ser o caso, almacenamento dos residuos xerados pola actividade e medidas para a súa xestión.

¿ Descripción de verquidos.

¿ Descrición de emisións á atmósfera.

¿ Estudo acústico que garanta que o local e as instalacións cumpren coa normativa vixente en materia de protección contra a contaminación acústica.

¿ Xustificación de medidas de protección contra incendios aplicando a normativa que lle sexa de aplicación segundo os casos e tipo de local en base ao seguinte:

- Cumprimento do RD 2267/2004, de 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de seguridade contra incendios nos establecementos industriais.

- Cumprimento do CTE DB-SI.

¿ Xustificación do cumprimento do Regulamento electrotécnico de baixa tensión.

¿ Xustificación das condicións higiénico sanitarias do local.

¿ Xustificación do cumprimento da normativa vixente en materia de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

¿ Cumprimento do código técnico nos documentos básicos que lle sexan e aplicación, en todo caso xustificar o cumprimento do DB-HS e DB-SU.

¿ Planos (obrigatorios):

- Situación e emprazamento.

- Estados inicial e reformado do local (planta de distribución , alzados, seccións..).

- Planta de instalacións de electricidade, fontanería, saneamento con especial atención ás medidas contra incendios e recorridos de evacuación.

¿ Certificado de seguridade e solidez das instalacións ou certificado final de obra:

¿ Certificados de empresas homologadas:

¿ Certificado do cumprimento da normativa sobre protección contra a contaminación acústica realizado por empresa homologada.

¿ Certificado das instalacións contra incendios realizado pola empresa homologada.

¿ Outros certificados que segundo a actividade resulten necesarios.

¿ Contrato/s con empresas de recollida e xestión de residuos debidamente homologadas (só no caso de residuos que esixan o devandito tratamento).

CON OBRAS (ademais da anteriormente sinalada):

¿ Descrición das obras que se pretenden levar a cabo e orzamento detallado das mesmas.

¿ Autorizacións e rexistros sectoriais que resulten necesarios para o exercicio da actividade (estradas, augas, ferrocarril, patrimonio, costas¿) en orixinal ou copia compulsada.

¿ Comprométese a achegar unha vez finalizadas as obras, certificado final conforme ao modelo do Anexo III da Ordenanza Municipal reguladora de actividades.

EN TODO CASO:

¿ Que cumprirá cos requisitos normativamente esixidos e manterá todas as medidas correctoras precisas para o correcto exercicio da actividade durante todo o período de tempo a el inherente.

¿ Que ao tratarse dunha actividade continuada, se acomodará ás esixencias derivadas da nova normativa que vaia entrando en vigor, previa obtención das autorizacións que, no seu caso, resulten necesarias para tal finalidade.

AUTORIZA aos efectos da normativa de protección de datos de carácter persoal, a esta Administración, á comprobación telemática con outras Administracións Públicas dos datos declarados e demais circunstancias relativas ao exercicio da actividade a desenvolver

COMUNICA que iniciará a actividade en data ____/____/____

No caso de non indicar unha data de inicio, tomarase como tal a que conste no selo de rexistro de entrada correspondente.

Cabana de Bergantiños, ____ de ____ de ____

Sinatura de quen solicita

ANEXO II.-MODELO DE COMUNICACIÓN PREVIA

INTERESADO

Nome e apelidos/razón social

DNI/CIF

Enderezo para os efectos de notificacións

Código postal

Teléfono

Municipio

Provincia

Correo electrónico:

Fax

REPRESENTANTE (cando proceda)

Nome e apelidos/razón social

DNI/CIF

Enderezo para os efectos de notificacións

Código postal

Teléfono

Municipio

Provincia

Correo electrónico:

Fax

INTERESADO

EXPOÑO:

Que de conformidade coa Ordenanza municipal reguladora do exercicio de actividades e o resto de normativa aplicable veño a efectuar COMUNICACIÓN PREVIA pola que manifesto que a actividade que vou levar a cabo no local sito en _________________________________________________________________________ cunha superficie de ______________________ m, consistente en ______________________________________________________________________, con denominación comercial __________________________________________, cumpre con todos os requisitos establecidos na normativa vixente, segundo se acredita na certificación de técnico competente que se achega con esta solicitude.

Cabana de Bergantiños, _____ de _______ de 20____

Asinado:

DOCUMENTACIÓN QUE ACHEGA:

¿ Fotocopia do NIF/NIE do/a solicitante e, no seu caso, do/a representante.

¿ Escritura da sociedade, poder ou documento acreditativo da representación expresa para este acto en orixinal ou copia compulsada (se procede).

¿ Xustificante do ingreso da autoliquidación da taxa (obra/acondicionamento e actividade) que corresponda.

¿ Ficha de datos para comunicación ao Rexistro Galego de Comercio conforme ao modelo do Anexo VI da ordenanza.

A persoa solicitante DECLARA BAIXO A SÚA RESPONSABILIDADE que é certo canto subscribe e que achega a seguinte documentación que así o acredita:

SEN OBRAS:

¿ Plano de situación do local onde se pretenden levar a cabo as actividades.

¿ Memoria descritiva da actividade e superficie do local indicando en todo caso o grupo ou epígrafe fiscal a que pertenza a actividade.

¿ Plano de planta do local que reflicta a distribución do mesmo coas súas instalacións e mobiliario.

¿ Acreditación subscrita por técnico competente que certifique a correcta execución das instalacións e que a actividade cumpre a normativa aplicable de conformidade co modelo normalizado do Concello de Cabana de Bergantiños. (Anexo III)

CON OBRAS (ademais da anteriormente sinalada):

¿ Descrición pormenorizada das obras que se pretenden levar a cabo e orzamento detallado.

¿ Autorizacións e rexistros sectoriais que resulten necesarios para o exercicio da actividade (estradas, augas, ferrocarril, patrimonio, costas¿), orixinal ou copia compulsada.

¿ Declaración de que non iniciará o exercicio da actividade antes da finalización das obras comunicadas.

EN TODO CASO:

¿ Que cumprirá cos requisitos normativamente esixidos e manterá todas as medidas correctoras precisas para o correcto exercicio da actividade durante todo o período de tempo a el inherente.

¿ Que ao tratarse dunha actividade continuada, se acomodará ás esixencias derivadas da nova normativa que vaia entrando en vigor, previa obtención das autorizacións que, no seu caso, resulten necesarias para tal finalidade.

AUTORIZA aos efectos da normativa de protección de datos de carácter persoal, a esta Administración, á comprobación telemática con outras Administracións Públicas dos datos declarados e demais circunstancias relativas ao exercicio da actividade a desenvolver

COMUNICA que iniciará a actividade en data ____/____/____

No caso de non indicar unha data de inicio, tomarase como tal a que conste no selo de rexistro de entrada correspondente.

Cabana de Bergantiños, ____ de ____ de 20__

Sinatura de quen solicita

ANEXO III

Modelo de certificación da correcta execución das instalacións e de que a actividade cumpre a normativa aplicable

CERTIFICACIÓN (a cumprimentar polo/a técnico/a)

D./D.ª _________________________________________________________________, con DNI ________________, e n.º de colexiado/a ____________________, pertencente ao Colexio Oficial de __________________________________, técnico/a competente director/a das instalacións e medidas correctoras referentes á actividade de __________________________________, a levar a cabo en _____________________, baixo o meu leal saber e entender CERTIFICO:

1.-Que a instalación da actividade foi realizada/revisada baixo a miña supervisión.

2.-Que as instalacións foron correctamente executadas.

3.-Que se teñen adoptado con eficacia todas as medidas correctoras necesarias segundo a normativa vixente e/ou impostas na licenza de obras, se fose preceptiva.

4.-Que se cumpre a normativa urbanística, as ordenanzas municipais e toda a normativa técnica de aplicación.

5.-Que o illamento acústico do local é suficiente para garantir o cumprimento da normativa sobre ruídos e vibracións.

6 .-Que o local cumpre a normativa en materia de protección contra incendios.

7.-Que a actividade cumpre o establecido na normativa sectorial correspondente.

8.-Que a actividade cumpre o establecido na Lei 8/1997 e Decreto 35/2000, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

Por iso declaro que as instalacións e as medidas correctoras están totalmente executadas e preparadas para funcionar.

TITULAR DA ACTIVIDADE (a cumprimentar polo/a técnico/a)

Nome e apelidos /razón social

DNI/CIF

Enderezo para os efectos de notificacións

Código postal

Teléfono

Municipio

Provincia

Correo electrónico:

Fax

DATOS DA ACTIVIDADE

Referencia catastral do local (de ser o caso):

Cualificación do solo

Superficie util do local (exposición e venda):

Lugar ou enderezo do local:

Descrición da actividade

Resumo indicativo das instalacións existentes (baixa tensión, potencia mecánica instalada (KW), climatización, potencia térmica, contra incendios, gas e instalacións semellantes)

Cabana de Bergantiños, ____ de ____ de 20____

Asinado

O técnico O solicitante

ANEXO IV.-COMUNICACIÓN DE CAMBIO DE TITULARIDADE

¿ De declaración de licenza de apertura de local

¿ De declaración responsable

¿ De comunicación previa.

DATOS DA LICENZA, COMUNICACIÓN PREVIA OU DECLARACIÓN RESPONSABLE OBXECTO DA TRANSMISIÓN

N.º de expediente

Data de outorgamento

Actividade autorizada

Situación do local

Referencia catastral

NOVO/A TITULAR

Nome e apelidos/razón social

DNI/CIF

Enderezo para os efectos de notificacións

Código postal

Teléfono

Municipio

Provincia

Correo electrónico:

Fax

REPRESENTANTE (cando proceda)

Nome e apelidos/razón social

DNI/CIF

Enderezo para os efectos de notificacións

Código postal

Teléfono

Municipio

Provincia

Correo electrónico:

Fax

ANTIGO/A TITULAR

Nome e apelidos/razón social

DNI/CIF

Enderezo para os efectos de notificacións

Código postal

Teléfono

Municipio

Provincia

Correo electrónico:

Fax

REPRESENTANTE (cando proceda)

Nome e apelidos/razón social

DNI/CIF

Enderezo para os efectos de notificacións

Código postal

Teléfono

Municipio

Provincia

Correo electrónico:

Fax

COMUNICAN AO CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS, a transmisión do título administrativo indicado, de conformidade co disposto no artigo 13 do Regulamento de Servizos das Corporacións Locais, para os oportunos efectos.

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR:

¿ Copia compulsada do título administrativo que se transmite (licenza, comunicación previa ou declaración responsable).

¿ Fotocopia do NIF/NIE do/a antigo/a titular e do novo/a titular e, no seu caso, do/a representante.

¿ Xustificante do ingreso da autoliquidación da taxa que corresponda.

¿ Documento acreditativo de alta na recollida do lixo e do Imposto de Bens Inmobles.

¿ Escritura da sociedade, poder ou documento acreditativo da representación expresa para este acto (se procede).

AUTORIZAN aos efectos da normativa de protección de datos de carácter persoal, a esta Administración, á comprobación telemática con outras Administracións Públicas dos datos declarados e demais circunstancias relativas ao exercicio da actividade a desenvolver.

ADVÍRTESELLE que as licenzas quedarán sen efecto se incumpren as condicións ás que estiveran subordinadas.

O/a novo/a titular COMUNICA que continuará o desenvolvemento da actividade autorizada a partires da data ____/____/___.

No caso de non indicar unha data de inicio, tomarase como tal a que conste no selo de rexistro de entrada correspondente.

ADVÍRTESELLE QUE consonte co disposto no apartado 4 do artigo 71.bis da citada lei 30/1992, ¿a inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se achegue ou incorpore a unha declaración responsable ou a unha comunicación previa, ou a non presentación ante a Administración competente da declaración responsable ou da comunicación previa, determinará a imposibilidade de continuar co exercicio do dereito ou da actividade afectada dende o momento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que houbera lugar.

Asemade, a resolución da Administración Pública que declare tales circunstancias poderá determinar a obriga do interesado de restituír a situación xurídica ao momento previo ao recoñecemento ao exercicio do dereito ou ao inicio da actividade correspondente, así como a imposibilidade de instar un novo procedemento co mesmo obxecto durante un período de tempo determinado, todo elo conforme aos termos establecidos nas normas sectoriais de aplicación."

Cabana de Bergantiños, _____/_____/_____

SINATURA ANTIGO/A TITULAR SINATURA NOVO/A TITULAR

ANEXO V.-SOLICITUDE DE AMPLIACIÓN DO PRAZO OUTORGADO PARA A

ACHEGA DE DOCUMENTACIÓN

INTERESADO

DNI/CIF

Nome e apelidos/razón social

Enderezo para os efectos de notificacións

Código Postal

Municipio

Provincia

Teléfono

Correo electrónico:

Fax

REPRESENTANTE (cando proceda)

DNI/CIF

Nome e apelidos/razóns social

Enderezo a efectos de notificacións

Código postal

Municipio

Provincia

Teléfono

Correo electrónico:

Fax

SOLICITA, ao abeiro do disposto no artigo 49 da Lei 30/92, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, a ampliación do prazo outorgado para a achega de documentación no expediente que se identifica:

EXPEDIENTE N.º _________________________________________________________

TRAMITADO EN SOLICITUDE DE:

¿ Declaración responsable

¿ Comunicación de cambio de titularidade

¿ Comunicación previa.

A presente solicitude de ampliación, correctamente formalizada sempre antes do vencemento do prazo outorgado, entenderase concedida por un novo prazo que non exceda da metade do inicialmente fixado, sen necesidade de resolución confirmatoria, salvo precepto en contrario.

Cabana de Bergantiños, ____ de ____ de ____

Sinatura de quen solicita

ANEXO VI.-FICHA DE DATOS PARA COMUNICACIÓN AO REXISTRO GALEGO DE COMERCIO

1.a. Datos relativos á persoa comerciante

DNI/CIF

Nome e apelidos/razón social ou denominación

Domicilio social

Código postal

Municipio

Provincia

Teléfono

Correo electrónico:

Fax

Páxina web:

1.b Datos relativos ao establecemento comercial

DNI/CIF

Denominación o rótulo:

Enderezo:

Código Postal

Municipio

Provincia

Teléfono

Correo electrónico:

Fax

Páxina web:

Superficie de venda (en m):

Superficie destinada a almacén/outros usos:

Información laboral (indicar o n.º de traballadores)

Persoal asalariado: persoal non asalariado:

1.c Datos que pode facilitar o comerciante de carácter voluntario e ós efectos de publicidade e información.

Asociación/es de comerciantes das que sexa asociado/a:

Convenio colectivo e sector ao que está adherida:

Adhesión a un sistema de solución extraxudicial de conflictos:

Sinatura de código de boas prácticas no ámbito da franquicia:

Documentación relativa aos medios para fomentar a igualdade de xénero entre o persoal:

Constancia rexistral do nome do dominio (para comercios de venda a distancia):

Seguros de responsabilidade civil profesional dos comerciantes:

Outros datos de interese público

Cabana de Bergantiños, _____ de _____ de 20___

 

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

 

A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local :

¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."

Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.