Muxía - REGULAMENTO DE DEPÓSITO, CARGA E TRANSPORTE DE MADEIRA PROCEDENTE DE TALA E OUTROS

Publicación provisional: 26/03/2013 BOP Nº: 59
Publicación definitiva: 28/05/2013 BOP Nº: 100
Aplicable dende: 28/05/2013

Obxecto.

Este regulamento ten por obxecto a regulación básica de operacións de depósito, carga e transporte de madeira procedente de tala por vías e espazos municipais.

Autorizacións.

As actividades descritas serán obxecto de autorización municipal previa.

As persoas físicas ou xurídicas (que deberán estar legalmente autorizadas para iso) que queiran realizar estas actividades no termo municipal de Muxía, deberán solicitar autorización no concello cunha antelación mínima de 10 días.

Na solicitude manifestarán as datas de realización (de inicio e fin) dos traballos, os lugares nos que se levarán a cabo, as vías municipais que pretende utilizar, os lugares previstos para o depósito da madeira e os vehículos que intervirán nas tarefas.

Deberán presentar fianza por importe de 500 €, cuxo xustificante axuntarán á instancia da autorización

Así mesmo presentarán as autorizacións legalmente esixibles doutras AAPP para as mencionadas actuacións.

Obrigas.

Finalizados os traballos, o solicitante comunicará ó concello a realización destes e solicitará a devolución da fianza.

Comprobada polo concello a inexistencia de danos nos bens municipais procederase á devolución da fianza. En caso contrario (existencia de danos) procederase á incautación da fianza sendo o alcalde o órgano competente para iso.

Cando se teña coñecemento dun dano ou deterioro nos bens municipais, pola actividade obxecto deste regulamento; o concello requirirá ao autor ou coautor para que arranxe o dano ou deterioro, no prazo máximo de 8 días naturais, incautándose en caso contrario a fianza.

Todo o exposto sen prexuízo da imposición das sancións que procedan e do exercicio das accións precisas para o resarcimento dos danos non cubertos co importe da fianza.

Os autorizados deberán comunicar ao concello o dano que produzan e repararano inmediatamente.

Prohibicións.

Os depósitos de restos de madeira, de poda e de ramas non poderán invadir a zona de circulación de vehículos ou persoas.

Tampouco poderán menoscabar a funcionalidade das cunetas, gabias,canalizacións, etc. nin supoñer riscos para os usuarios das vías.

Os lugares de depósito de madeira serán, en todo caso, os autorizados polo concello.

Responsabilidade.

Son responsables solidarios das infraccións, as persoas físicas ou xurídicas que as cometan como autores ou coautores.

Son infraccións as accións ou omisións que supoñan incumprimento das obrigas, prohibicións ou requisitos deste regulamento.

Infraccións e sancións.

As infraccións clasificaranse en:

- Moi graves:

¿ Realizar actividades obxecto deste regulamento sen as correspondentes autorizacións.

¿ Producir danos nos bens municipais.

¿ Non comunicar ao concello a produción de danos nos seus bens e non proceder a súa reparación no prazo ordenado.

- Graves:

¿ Falseamento dos datos respecto das actividades obxecto deste regulamento.

- Leves:

¿ As infraccións non tipificadas como graves ou moi graves.

Sancións.

As infraccións serán sancionadas con multas de:

¿ De 30 a 90 € as leves.

¿ De 91 a 150 € as graves.

¿ De 151 a 300 € as moi graves.

As infraccións moi graves e graves poderán dar lugar á anulación da autorización, caso no cal, no prazo dun ano, a persoa física ou xurídica afectada non poderá volver ser autorizada para exercer a actividade obxecto deste regulamento no concello de Muxía.

Para a clasificación da infracción e determinación da contía da sanción, terase en conta:

¿ A existencia da intencionalidade ou reiteración.

¿ A natureza e gravidade dos danos ocasionados.

¿ A reincidencia no período dun ano.

Non se concederá nova autorización a persoas físicas ou xurídicas incursas en expediente aberto de infracción, ata a conclusión deste e /ou liquidación dos importes pendentes.

Disposición final.

Este regulamento entrará en vigor unha vez sexa publicado no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

 

O regulamento dispón a súa entrada en vigor unha vez sexa publicado no B.O.P., pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das Bases do Réxime Local establece que:

¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."