Camariñas - ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA LICENCIA POLA TENENCIA DE ANIMAIS POTENCIALMENTE PERIGOSOS, DO SEU REXISTRO, E DA SECCIÓN LOCAL DO REXISTRO DE ANIMAIS DE COMPAÑÍA

Publicación provisional: 09/06/2004 BOP Nº: 130
Publicación definitiva: 09/06/2004 BOP Nº: 130
Aplicable dende: 26/06/2004

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Lei 50/1999, de 23 de decembro, dictada ó amparo do Artigo 149.1.29 da Constitución Española, que atribúe ó Estado as competencias en materia de seguridade pública, asigna no Artigo 3º ós Concellos a competencia para conceder a Licencia Administrativa que habilite para a tenencia de animais potencialmente perigosos. Ademais, no seu Artigo 6, establece que en cada Concello existirá un Rexistro de animais potencialmente perigosos.-

A Lei 1/1993, de 13 de abril, da Comunidade Autónoma de Galicia, de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade impón a súa vez ós Concellos a obriga de recollida dos animais abandonados e no Artigo 27 do Decreto 15371998 que a desenrola obriga a censar a nivel municipal a tódolos animais da especie canina.-

A Comunidade Autónoma de Galicia, desenvolve ambas Leis de forma harmónica, no Decreto 90/2002, sendo unha das competencias propias que se lle recoñecen no Artigo 3.2 da citada Lei 50/1999 en cuio amparo se aproba tamén esta Ordenanza.-

En consecuencia, e de conformidade coas disposicións citadas, e o amparo da Lei 7/1985, reguladora das Bases de Réxime Local, Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia , a Corporación aprobou esta Ordenanza:

CAPÍTULO 1.- DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1º .- Obxecto.-

1.- É obxecto da presente Ordenanza, a regulación da concesión e renovación das licencias administrativas para a tenencia de calesquera animais clasificados como potencialmente perigosos, ós que se refire o Decreto 90/2002, de 28 de febreiro, polo que se regula la Tenencia de Animais Potencialmente Perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a regulación do Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos e a inscrición na Sección Local do Rexistro Galego de Animais de Compañía e das Taxas pola concesión e renovación das Licencias e Inscricións indicadas.-

2.- Quedan excluídos da aplicación da presente Ordenanza os cans e animais pertencentes ás Forzas Armadas, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Corpos da Policía das Comunidades Autónomas, Policía Local e empresas de seguridade con autorización oficial.-

Artigo 2º .- Definición de Animal Potencialmente Perigoso.-

1.- Considéranse animais potencialmente perigosos todos os que, pertencendo á fauna salvaxe, sendo utilizados como animais domésticos ou de compañía, con independencia da súa agresividade, pertencen a especies ou razas que teñan capacidade de causa-la morte ou lesións ás persoas ou a outros animais e danos a cousas.-

2.- En particular, terán a calificación de potencialmente perigosos os animais domésticos ou de compañía que regulamentariamente se determinen pola Comunidade Autónoma de Galicia, en particular os pertencentes á especie canina definidos no Artigo 2.2 do Decreto 90/2002, de 28 de Febreiro, polo que se regula la Tenencia de Animais Potencialmente Perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os Rexistros Galegos de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos e de Adestradores Caninos.-

3.- En todo caso, aqueles cans que manifesten unha marcada agresividade natural ou inducida mediante adestramento, malos tratos ou calquera outro medio. Esta agresividade será apreciada pola autoridade competente, de oficio, ou previa notificación ou denuncia, e despois dun informe dun adestrador ou veterinario designado ó efecto.-

 

CAPÍTULO II.- DA LICENCIA MUNICIPAL

Artigo 3º .- Licencia Municipal.-

1.- A tenencia no municipio de animais clasificados como potencialmente perigosos requirirá a obtención, con carácter previo á adquisición do animal, da correspondente Licencia Municipal, que se expedirá no Concello de residencia habitual do propietario.

2.- Están obrigados á obtención de Licencia Municipal para a tenencia de animais clasificados como potencialmente perigosos os propietarios ou tenedores dos mesmos incluídos no Padrón de Habitantes, así como os establecementos ou asociacións, con sede neste municipio, que alberguen animais potencialmente perigosos ós que se refire o Decreto 90/2002 de 28 de febreiro da Comunidade Autónoma Galega e se adiquen á súa explotación, cría, comercialización ou adestramento, incluídos os centros de adestramento, criadeiros, centro de recollida, residencia, centros recreativos e establecementos de venda colocados neste municipio.-

3.- Os propietarios de animais potencialmente perigosos non aveciñados neste municipio deberán acreditar, cando se encontren residindo temporalmente no mesmo e mentres permaneza o animal no termo municipal, a tenencia da licencia no municipio de orixe.-

4.- Nos casos de inscrición de animais como consecuencia de haber efectuado anteriores ataques a persoas, animais ou cousas, o Concello, unha vez coñecida a resolución ou sentencia, de oficio ou a instancia de calquera interesado directo, e previa tramitación de expediente administrativo con audiencia do interesado, requirirá ó propietario mediante resolución da Alcaldía, ó obxecto de que no prazo dun mes proceda á solicitude de licencia, efectuándose en caso contrario a retirada e depósito do animal de conformidade co establecido no artigo 9º desta Ordenanza.-

Artigo 4º .- Requisitos para a obtención da Licencia.-

1.- Para a obtención da Licencia administrativa con destino á tenencia de calesquera animais clasificados como potencialmente perigosos será necesario o cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Ser maior de idade e non estar incapacitado para proporciona-los coidados necesarios ó animal.

b) Non haber sido condenados por delictos de homicidio, lesións, torturas contra liberdade ou contra a integridade moral, a liberdade sexual e a saúde pública, de asociación con banda armada ou de narcotráfico, así como non estar privado por resolución xudicial do dereito á tenencia de animais potencialmente perigosos.

c) Non haber sido sancionado por infraccións graves ou moi graves con algunha das sancións accesorias das prevista no apartado 3 do artigo 13 da Lei 50/1999 de 23 de decembro, sobre o réxime xurídico de animais potencialmente perigosos. Non

obstante, non será impedimento para a obtención ou, no seu caso, renovación da licencia, haber sido sancionado coa suspensión temporal da mesma, sempre que, no

momento da solicitude, a sanción de suspensión anteriormente imposta fora cumprida integramente.

d) Dispoñer de certificado de aptitude psicolóxica e de capacidade física para a tenencia de animais potencialmente perigosos.

e) Acreditar a formalización dun seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros que poidan causar os seus animais na contía mínima de 125.000 Euros.

2.- Os requisitos esixidos deberán manterse vixentes durante todo o período da tenencia do animal; a perda dos mesmos dará lugar á revisión da Licencia nos termos recollidos no artigo 8º desta Ordenanza.-

3.- No caso de que a licencia sexa para animais salvaxes en catividade, esixirase ademáis do previsto no apartado 1 deste artigo, unha memoria descriptiva das instalacións e medidas de seguridade utilizadas para impedir a fuxida dos animais conforme ó artigo 3.4 do Decreto 90/2002.-

Artigo 5º .- Vixencia das licencias.-

1.- As licencias terán unha vixencia de cinco anos. Transcurrido este período deberán de ser obxecto de renovación, por período de igual duración, mediante a presentación da mesma documentación esixida para a súa obtención e sinalada no artigo anterior.-

2.- A licencia perderá a súa vixencia no momento en que o seu titular deixe de cumprir calquera dos requisitos establecidos no artigo anterior.-

Artigo 6º .- Acreditación .-

1.- A tenencia da Licencia Municipal de animais potencialmente perigosos acreditarase mediante entrega de certificación relativa á mesma, e mediante a entrega dunha tarxeta acreditativa expedida polo Concello, onde se fagan constar os seguintes datos:

a) Nº de Licencia Municipal

b) Data de exedición da Licencia Municipal.

c) Data de caducidade da vixencia da Licencia.

d) Nome e apelidos do titular.

e) D.N.I. do titular.

f) Enderezo do titular.

g) Fotografía actualizada do titular.

h) Selo do Concello

Artigo 7º .- Órgano competente para a concesión das Licencias Municipais.-

1.- As licencias Municipais para a tenencia de animais potencialmente perigosos concederanse mediante resolución do órgano que teña atribuída a competencia en materia de Licencias, previa acreditación da incorporación da documentación esixida na presente ordenanza.

Artigo 8º .- Revisión, perda de licencias e depósito de animais.-

1.- A perda de calquera dos requisitos esixidos no artigo 4º desta Ordenanza, dará lugar á revisión das licencias municipais concedidas e a súa retirada, previa tramitación de expediente contradictorio.-

2.- A retirada da licencia dará lugar á perda do dereito á tenencia do animal e a obriga do interesado de proceder, no prazo máximo de dez días a contar dende a recepción do requirimento, a súa entrega e depósito no establecemento adecuado ó efecto ata a obtención da mesma, salvo que o animal sexa obxecto de entrega a outro propietario ou sacrificio nos termos establecidos nos artigos 58,59 e 60 do Decreto 153/1998 da Comunidade Autónoma de Galicia.-

3.- En caso de incumprimento da obriga de depósito procederase a súa execución subsidiaria polo Concello, ou a Comunidade Autónoma, a través dos seus servicios ou mediante empresa contratada, sendo os gastos que tal actuación conleva a cargo e conta do antigo titular da licencia.-

4.- O Concello poderá retirar dos espacios públicos e depositar de oficio en establecemento axeitado, sen necesidade de previo requirimento, a aqueles animais potencialmente perigosos nos que se aprecie unha situación de abandono ou perigosidade para os usuarios das vías e espacios de uso común ou circulen por estes sen a debida protección ou control do seu propietario ou tenedor.-

5.- Igualmente, o Concello poderá retirar e depositar en establecemento axeitado a aqueles animais potencialmente perigosos que non dispoñan da correspondente tarxeta de identificación no municipio de orixe mentres non se acredite tal circunstancia polo titular do mesmo.-

6.- A falta de licencia municipal para a tenencia de animais potencialmente perigosos dará lugar a un único requirimento municipal para a súa obtención no prazo de dez días e á retirada e depósito dos animais, nos termos establecidos neste artigo.-

CAPÍTULO III.- DO REXISTRO MUNICIPAL

Artigo 9º .- Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.-

1.- Créase o Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos, no que se inscribirán os animais potencialmente perigosos que teñan a súa residencia habitual neste Concello.-

2.- O Rexistro terá un tratamento infomatizado, no que se farán constar, de conformidade co establecido no artigo 4.2 do Decreto 90/2002, como mínimo, os seguintes datos:

Datos do animal:

* Número do microchip.

* Nome do animal.

* Especie.

* Raza (no caso de cans).

* Sexo.

* Características externas (descripción da capa, tipo e cor da pel...).

* Data de nacemento.

* Aptitude (función do animal): compañía, garda, defensa, caza,...etc.

* Causa de inclusión no Rexistro (sinalar supostos artigo 2.2 do Decreto 90/2002).

* Enderezo habitual do animal.

* Data de adquisición do animal.

* Forma de adquisición do animal (cría, doazón, traspaso, venda, outras).

* Observacións.

* Datos do propietario, tenedor ou posuidor:

* D.N.I.

* Nome e apelidos.

* Enderezo habitual.

* Teléfonos de contacto.

* Licencia administrativa: número, data de expedición e Concello de expedición.

2.- A identificación definitiva con microchip dos animais potencialmente perigosos é obrigatoria sen execepcións.-

3.- O rexistro municipal é un rexistro de carácter público, ó que terán acceso as Administracións Públicas e autoridades competentes, así como aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten ter interese lexítimo no coñecemento dos datos obrantes no mesmo. A estes efectos considerarase, en todo caso, interese lexítimo o que ostenta calquera persoa física ou xurídica que desexe adquirir un animal destas características, así como aquelas que sufriran calquera tipo de agresión polo animal e desexen exerce-las accións correspondentes en calquera vía xurisdiccional, para o que deberán acreditar previamente a interposición da correspondente denuncia.-

4.- En todo caso, o uso e tratamento dos datos contidos no Rexistro será de acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos Persoais.-

Artigo 10º .- Inscrición no Rexistro.-

1.- Os titulares da licencia municipal están obrigados a efectuar a inscripción do animal no Rexistro Municipal do Concello de residencia habitual do animal, no prazo de quince días contados a partir da obtención da licencia, tal e como se recolle no artigo 6.2 da Lei 50/1999 e 4.1 do Decreto 90/2002.-

2.- Tamén será obrigatoria, a instancia do interesado, a inscrición no rexistro municipal cando se efectúe o traslado dun animal potencialmente perigoso a este municipio, sexa con carácter permanente ou por período superior a tres meses, debendo proceder á inscrición no prazo máximo de dez días a contar dende o inicio da residencia no municipio.-

3.- Estimarase que se efectuou un traslado de animal potencialmente perigoso, salvo acreditación expresa en contrario polo interesado, nos casos de cambio de residencia do titular do mesmo, en cuio caso será preciso a acreditación da obtención da licencia no municipio de orixe anterior, procedendo a renovación da licencia nos casos previstos na presente Ordenanza.-

4.- Das inscricións que se efectúen no Rexistro municipal de animais potencialmente perigosos darase traslado o órgano correspondente da Comunidade Autónoma de Galicia.-

5.- Igualmente, nos casos de cambio de residencia dende o municipio, sen prexuízo da obriga do interesado de dar conta do traslado do animal, notificarase ó Concello do municipio de nova residencia a titularidade por parte do interesado dun animal potencialmente perigoso.-

Artigo 11º .- Acreditación da inscrición no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.-

1.- A inscripción no Rexistro acreditarase mediante a entrega dunha copia da resolución correspondente, e mediante a entrega dunha tarxeta acreditativa, expedida polo Concello, onde se fagan constar os seguintes extremos:

* Número do microchip e data de alta do animal no Rexistro.

* Nome, especie, raza, sexo, capa e data de nacemento do animal.

* Enderezo do animal.

* Nome e apelidos do propietario.

* Licencia do propietario (número, data de expedición e Concello de expedición).

* D.N.I. do propietario.

Artigo 12º .- Baixa no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.-

1.- A baixa no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos efectuarase a instancia do interesado, previa acreditación da venda, traspaso, cesión ou morte do animal (esta última certificada por veterinario ou autoridade competente).-

2.- Igualmente, procederase á baixa no Rexistro no caso de traslado da residencia habitual do animal a municipio distinto e así quede acreditado, xa sexa a instancia do interesado ou de oficio polo Concello.-

3.- Farase figurar no Rexistro como de titularidade municipal aqueles animais depositados nas súas instalacións como consecuencia de recollida dos mesmos da vía pública ou por perda da licencia do seu anterior titular.-

Artigo 13.- Comunicacións do propietario do animal ó Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.-

1.- O propietario do animal deberá comunicar ó Rexistro calqueira variación dos datos que figuran nel, no prazo de 15 días desde que se produza a modificación.-

2.- Deberá de comunicarse ó Rexistro a venda, traspaso ou doazón do animal.

3.- Calqueira incidente producido no animal ó longo da súa vida, coñecidos polas autoridades administrativas ou xudiciais, faranse constar na folla rexistral de cada animal.-

No caso de agresións recollerase, como mínimo, a seguinte información: data da denuncia e descripción dos feitos.-

4.- A sustracción ou perda do animal deberá de ser comunicada polo titular do animal ó Rexistro no prazo máximo de 48 horas desde que teña coñecemento de tal feito, tal e como recolle o artigo 8.6 do RD 287/2002.-

5.- Os propietarios de animais potencialmente perigosos deberán de comunicar ó Rexistro a realización de castracicón ou esterilización do animal, no seu caso, remitindo copia da certificación veterinaria correspondente que acredite este feito.-

Artigo 14º .- Sección Local do Rexistro Galego de Identificación de animais de compañía.-

1.- Ó amparo dos principios de lealdade institucional, cooperación e colaboración previstos no artigo 4 da Lei 30/1992, establécese unha Sección Local da Sección do Rexistro de Identificación de Animais de Compañía, limitada ós cans residentes no termo municipal, que se formará cos datos que ó efecto se remitan polo Rexistro Galego. -

2.- Cos datos contidos na Sección do Rexistro, formarase, en data 31-12 de cada ano, o Censo ó que se refire o artigo 27 do Decreto 153/1998.-

Artigo 15º .- Circulación e permanencia do can en vías públicas e locais.-

1.- Nas vías públicas e nos espacios naturais protexidos os cans irán suxeitos con cadea ou correa.-

2.- Os cans guía poderán circular libremente nos transportes públicos urbanos, sempre que vaian acompañados polo seu dono e cumpran as condicións hixiénicas, sanitarias e de seguridade que prevén as Ordenanzas.-

3.- Queda expresamente prohibida a entrada ou estancia de animais domésticos en toda clase de locais destinados á fabricación, almacenamento, transporte, venda ou manipulación de alimentos.-

4.- Queda asemade prohibida a entrada ou estancia de animais domésticos en restaurantes, bares, cafeterías e similares.-

5.- Prohíbese a circulación ou a estancia de cans e outros animais nas piscinas públicas e locais de espectáculos públicos, deportivos e culturais e nos recintos escolares.-

6.- Os titulares destes locais deberán colocar na entrada dos establecementos e en lugar visible o sinal identificativo desta prohibición.-

7.- Quedan exentos das prohibicións anteriores os cans guía que acompañen a persoas invidentes.-

8.- Nos ríos do municipio prohíbese a circulación e permanencia de cans durante o período de baño e nos horarios de uso da mesma.-

9.- Queda prohibido deixar as deposicións fecais dos cans nas vías públicas. Os propietarios de cans son responsables de recoller convenientemente os excrementos e depositalos, ou ben en bolsas de lixo domiciliario, ou ben naqueles lugares que a autoridade municipal destine expresamente a esta finalidade.-

10.- Queda expresamente prohibido que os cans accedan ás zonas de xogo infantil das prazas e parques do municipio.-

11.- Prohíbese lavar animais na vía pública e fontes, así como darlles de beber auga amourados ás billas das fontes públicas.-

12.- Conforme ó establecido no Artigo 112 apartado 5 do Decreto 90/2002, de 28 de febreiro da Comunidade Autónoma de Galicia, os cans catalogados como potencialmente perigosos terán que circular polas vías públicas e en lugares e espacios de uso público en xeral, atados con cadea ou correa non extensible, de lonxitude non superior a dous metros, provistos da correspondente buceira homologada e axeitada para a súa raza.-

CAPÍTULO IV.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

Artigo 16.- Infraccións.-

1.- As infraccións que se cometan contra o disposto nesta Ordenanza clasifícanse en moi graves, graves e leves.-

2.- Terán a consideración de infraccións administrativas moi graves, as previstas no Artigo 13.1 da Lei 50/1999, de 23 de decembro, do Estado, así como as establecidas no Artigo 22 da Lei 1/1993, de 13 de abril, da Comunidade Autónoma de Galicia.-

3.- Terán a consideración de infraccións administrativas graves, as previstas no Artigo 13.2 da Lei 50/1999, de 23 de decembro, do Estado, así como as establecidas no Artigo 21 da Lei 1/1993, de 13 de abril, da Comunidade Autónoma de Galicia.-

4.- Son infraccións administrativas leves o incumprimento de calquera das obrigas establecidas nesta Ordenanza, na Lei 50/1999, de 23 de decembro do Estado e na Lei 1/1993, de 13 de abril, da Comunidade Autónoma de Galicia non comprendidas nos párrafos anteriores e cuia competencia corresponda ó Concello, conforme ó previsto no Artigo 20.3 a) do Decreto 90/2002, de 28 de febreiro, da Comunidade Autónoma de Galicia.-

Artigo 17º .- Sancións.-

1.- As infraccións tipificadas no artigo anterior serán sancionadas con multas cuias contías serán as fixadas no Artigo 13.5 da Lei 50/1999 do Estado e no Artigo 24 da Lei 1/1993 da Comunidade Autónoma de Galicia.-

2.- En todo caso, as infraccións graves e moi graves tipificadas no Artigo anterior desta Ordenanza, poderán levar aparelladas como sancións accesorias a confiscación, decomiso, esterilización ou sacrificio dos animais potencialmente perigosos, a clausura do establecemento e a suspensión temporal ou definitiva da licencia para tenencia de animais potencialmente perigosos ou do certificado de capacitación do adestrador.-

Artigo 18º .- Responsable.-

1.- Considéranse responsables das infraccións os que por acción ou omisión participasen na comisión das mesmas, ó propietario ou tenedor dos animais, ou, no seu caso, ó titular do establecemento, local ou medio de transporte no que se produzan os feitos, e neste último suposto, asemade, o encargado do transporte.-

Artigo 19º .- Procedemento Sancionador.-

1.- O procedemento sancionador aplicable rexerase polo establecido na Lei 50/1999, de 23 de decembro, así como na Lei 30/92 de 26 de novembro e normas de desenvolvemento.-

Artigo 20º .- Exercicio da Potestade Sancionadora.-

1.- Os órganos competentes para sancionar, de acordo cos Artigos 24.2 da Lei 1/1993, de 13 de abril, da Comunidade Autónoma de Galicia serán:

a) Por infraccións leves, o Alcalde.

b) Por infraccións graves, o Director Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente.

c) Por infraccións moi graves, o Conselleiro de Medio Ambiente.

2.- A incoación e tramitación dos expedientes polas infraccións tipificadas como leves correspóndelle ó Concello.-

Non obstante , o Alcalde poñerá en coñecemento de xeito fidedigno, do Director Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, toda acción ou omisión que poida ser tipificable como infracción grave ou moi grave.-

3.- Cando as circunstancias de perigo así o aconsellen, o Alcalde poderá proceder á retirada ou custodia dun animal potencialmente perigoso, a cargo do propietario, como medida de carácter provisional durante a tramitación dun expediente sancionador.-

DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA

1.- Quedan excluídos da obriga de obtención de licencia municipal, aqueles exemplares caninos que foran obxecto de adestramento baixo a supervisión directa de organismos públicos ou privados que utilicen estes animais cunha finalidade social.

DISPOSICIÓN FINAL

1.- A presente Ordenanza entrará en vigor coa súa publicación íntegra no Diario Oficial correspondente e co transcurso do prazo establecido ó artigo 65.2 da Lei 7/85 de 2 de abril, continuando en vigor ata a súa derrogación expresa polo Concello.