Carballo - Ordenanza Fiscal nº 28, reguladora das taxas por actividades e servizos relacionados co control animal.

Publicación provisional: 14/06/2013 BOP Nº: 113
Publicación definitiva: 06/08/2013 BOP Nº: 148
Aplicable dende: 07/08/2013

Artigo 1º. - Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo art. 106 da Lei 7/1985 do 2 de abril reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nas artigos 15 e 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, por o que se aproba o texto refundido da Lei reguladora da Facendas locais, o Concello de Carballo, acorda a imposición e establece a Taxa por actividades e servizos relacionados co control animal, que se regulará pola presente Ordenanza fiscal segundo o previsto no artigo 57 da citada Lei.

Artigo 2º. - Feito impoñible.

1.- Constitúe o feito impoñible da presente taxa tanto a prestación dos servizos de hixiene pública para a xestión das competencias municipais en materia de control animal, como a realización municipal de aquelas actividades que, provocadas por accións e omisións do suxeito pasivo, mesmo efectuadas sen contravención ás disposicións contidas na normativa municipal reguladora da protección e tenza de animais, se dirixan á execución dos actos materiais necesarios para a preservación ou restablecemento das condicións de salubridade ou seguridade preexistentes á produción da acción e omisión, sempre que o concreto servizo atope a súa incardinación dentro das tarifas que se detallan no artigo 5º da presente norma.

2. - Aos efectos desta taxa, é indiferente que o servizo se preste por xestión municipal directa ou por concesionario.

Artigo 3º. - Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, que teñan a condición de propietarios ou responsables dos animais sobre os que recaian os servizos que constitúan o seu feito impoñible e se atopen expresamente tarificados no artigo 5º.

Artigo 4º. - Cota tributaria.

A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, a contía da cal se determinará:

a) Por sinalamento específico nas tarifas correspondentes, que se conteñen no artigo seguinte da presente Ordenanza.

b) Por adición das cotas parciais, correspondentes a cada unha das fases en que sexa fraccionada a prestación do servizo, ou realización da actividade, e tarificadas de xeito desagregado no artigo seguinte.

Artigo 5º. - Tarifa.

As tarifas vixentes analizadas nos seus diferentes epígrafes son as seguintes:

TARIFA Nº 1: Pola retirada de vía pública ou domicilio, de animais considerados vagabundos previstos na Ordenanza Municipal Reguladora da Limpeza, Salubridade e Hixiene no T.M. de Carballo:

Epígrafe 1.1.- Pola retirada de cans vagabundos (ou cadavres), por cada animal individualmente considerado: 40 €

TARIFA Nº 2: Por estanza en canceira municipal, comprendendo exclusivamente depósito, manutención, hixiene e atención veterinaria.

Epígrafe 2.1.- Cans vagabundos ou capturados como tales, por día: 5 €

Epígrafe 2.2.- Cans mordedores, sometidos a observación polas autoridades sanitarias competentes, por día: 4 €

TARIFA Nº 3: Por sacrificio humanitario dos animais.

Epígrafe 3.1.- Sacrificio humanitario de cans os posuidores dos cales non os queiran seguir tendo e que manifesten o seu desexo nese sentido, por animal incluíndo tratamento cadáver en planta incineradora: 50 €.

Epígrafe 3.2.- Sacrificio humanitario de cans que non fosen retirados ou reclamados nos prazos previstos na O Ordenanza Municipal Reguladora da Limpeza, Salubridade e Hixiene no t.m. de Carballo, por cada animal (incluíndo tratamento cadáver en planta incineradora): 60 €.

TARIFA Nº 4: Identificación e vacinación.

Epígrafe 4.1.- Identificación voluntaria, con colocación de microchip e rexistro no REGIAC: 30 €.

Epígrafe 4.2.- Identificación de oficio, con colocación de microchip e rexistro no REGIAC: 35 €.

Epígrafe 4.3.- Vacina: 20 €.

TARIFA Nº 5: Adopción.

Epígrafe 5.1.- Trámites de adopción. (Inclúe: xestión administrativa, vacinación e desparasitación, colocación de microchip e rexistro en REGIAC): 50 €.

TARIFA Nº 6: Rexistro de animais potencialmente perigosos.

Epígrafe 6.1.- Tramitación de autorización e licenza municipal para tenencia de cans perigosos e inscrición no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos por solicitude do interesado: 8 €.

Epígrafe 6.2.- Tramitación de autorización e licenza municipal para tenencia de cans perigosos e inscrición de oficio no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos: 12 €.

Artigo 6º. - Obriga de contribuir: deivindicación.

Devíndicase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicia a actividade municipal que constitúe o feito impoñible.

Artigo 7º. - Liquidación e ingreso.

O cobramento das tarifas referidas nos números 1 ao 6 do artigo 5, efectuarase de forma directa polo concesionario do servizo, que rendirá contas detalladas das liquidacións efectuadas ao Concello, indicando os datos completos dos contribuintes, a data de ingreso e os epígrafes das tarifas aboadas, cunha periodicidade trimestral, debendo render as respectivas contas a trimestre vencido dentro dos 20 primeiros días naturais do mes seguinte ao do vencimento de cadanseu trimestre.

Artigo 8º. - Supostos de depósito previo.

1.- Cando a prestación do servizo ou a realización da totalidade ou parte dos actos materiais en que se concreta a intervención administrativa se produza a petición obrigada de parte, consonte ao establecido no artigo 26.1.b) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aprobou o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o contribuínte quedará obrigado a depositar, no momento da súa solicitude, o importe íntegro da cota correspondente á tarifa aplicable, requisito sen o cal non continuará a Administración Municipal na execución dos actos materiais precisos para ultimar o servizo ou actividade.

2.- O anterior será especialmente aplicable aos supostos nos que a actuación administrativa se concretara no depósito e custodia de animais, tras a súa retirada da vía pública ou domicilios particulares, nos termos establecidos polos artigos 71, 73, 74, 77, 79, y 81 da Ordenanza Municipal Reguladora da Limpeza, Salubridade e Hixiene no t.m. de Carballo, a devolución ao titular dos cales só se efectuará tras a constitución do depósito mencionado no apartado anterior, por cando sen ela non continuará a Administración Municipal coa execución dos actos materiais tendentes á devolución dos animais depositados: identificación dos titulares, exame da documentación acreditativa de propiedade, exame dos animais para determinar a súa recensión e censado, exame veterinario, e entrega dos animais con uso dos medios humanos e materiais necesarios para levalos a cabo.

Artigo 9º. - Infraccións e sancións tributarias.

A imposición de sancións non suspenderá, en ningún caso, a liquidación e cobramento das cotas percibidas.

Artigo 10º. - Compatibilidade das sancións.

A exacción das taxas que pola presente Ordenanza se establecen, non exclúe o pagamento das sancións ou multas que procedesen por infracción da Ordenanza Municipal Reguladora da Limpeza, Salubridade e Hixiene no T.M. de Carballo e demais normativa vixente.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA.

Aos procedementos iniciados antes da entrada en vigor da presente Ordenanza non lles resultará de aplicación a mesma, salvo naqueles actos ou trámites nos que aínda non se tivera producido a súa retribución tributaria, aos que lles será de plena aplicación. En tales supostos, xirarase a oportuna liquidación ao suxeito pasivo -incluindo os casos nos que o servizo ou actividade estivese suxeito ao depósito previo-, abríndolle o prazo voluntario de pagamento nos termos previstos na normativa tributaria vixente.

DISPOSICIÓN FINAL.

A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor ao día seguinte ao da publicación da súa aprobación definitiva no B.O.P.