Lousame - N.º 11. ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR SERVIZO DE SUMIDOIROS E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS.

Publicación provisional: 10/06/2013 BOP Nº: 109
Publicación definitiva: 05/08/2013 BOP Nº: 147
Aplicable dende: 06/08/2013

Artigo 1. Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto no artigo 20.4.r) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por documentos que expida a Administración ou as autoridades locais a instancia de parte, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, redactada de co disposto no artigo 16 do dito RDL 2/2004.

Artigo 2. Feito impoñible.

1.- Constitúe o feito impoñible da taxa:

a) A prestación dos servizos de evacuación de excretas, negras e residuais a través da rede de sumidoiros municipal, e o seu tratamento para depuralas se os vertidos se realizan a través de acometida á rede desde un inmoble.

b) A actividade municipal técnica e administrativa tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autorizar as acometidas á rede municipal de sumidoiros.

2.- Non estarán suxeitas á taxa os predios urbanos derruídos, os declarados ruinosos nin os que teñan a condición de solar ou terreo.

3.- Quedarán exentas do abono da taxa de conexión as vivendas e locais do núcleo en que se estableza por primeira vez a rede de sumidoiros e canalización de pluviais. Vivendas e locais que se constrúan, unha vez establecido o servizo, están obrigadas ó abono da taxa de conexión.

Artigo 3. Suxeito pasivo.

1.-Son suxeitos pasivos en concepto de contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e mailas entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria que sexan:

a) Cando se trate da concesión de licenza de acometida á rede xeral: o propietario, usufrutuario ou titular do dominio útil da vivenda ou local.

b) No caso de prestación do servizo: os ocupantes ou usuarios das fincas do término municipal beneficiarias de ditos servicios, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufructuarios, habitacionistas ou arrendatarios, incluso en precario.

3.-En todo caso, terán a consideración de substitutos do contribuínte, o propietario do inmoble quen poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do SERVIZO.

Artigo 4. Responsables.

Responderán solidaria e subsidiariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que fan referencia os artigos 41, 42 e 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

Artigo 5. Cota tributaria.

1. Taxa de conexión:

a) Segundo o establecido no artigo 2.3, quedarán exentos do abono da taxa de conexión os titulares de vivendas e locais do núcleo en que se estableza por primeira vez a rede de sumidoiros, depuración e canalización de pluviais.

b) Os titulares de vivendas e locais que se constrúan ou renoven, unha vez establecido o servizo, están obrigados a aboar a taxa de conexión que se fixa en 30,05 €, sendo os traballos de acometida a seu cargo.

2. Os usuarios do servizo aboarán anualmente a cantidade de 12,02€.

Artigo 6. Exencións e bonificacións.

Non se concederá exención nin bonificación algunha na presente taxa agás a establecida no artigo 2.3.

Artigo 7. Devengo.

Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible, entendéndose iniciada a mesma:

a) Na data de presentación da oportuna solicitude da licenza de vertido esporádico sen enganche á rede, se o suxeito pasivo a formúlase expresamente.

b) Dende que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiros municipal. O devengo por esta modalidade da taxa producirase con independencia de que se obtivera ou non a licenza pertinente e sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que pode instruírse para a súa autorización.

c) Dende que se inicie a prestación do servizo de depuración. A estes efectos enténdese por inicio da prestación do servizo a conexión á rede de sumidoiros obxecto de facturación.

Artigo 8. Declaración, liquidación e ingreso.

a) A inclusión inicial no padrón de contribuíntes efectúase de oficio e terá efectividade dende que se emita a ficha de conexión a cada usuario do servizo polos servizos municipais.

b) No suposto de licenza de acometida, cando se conceda a correspondente licenza.

Artigo 9. Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que correspondan en cada caso; estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei xeral tributaria.

Disposición derrogatoria única.

A partir da data de entrada en vigor da presente ordenanza fiscal quedará derrogada a Ordenanza fiscal nº 12, reguladora da taxa por servizo de sumidoiros, depuración de augas residuais e canalización de pluviais, publicada definitivamente no BOP nº 27 do 2 de febreiro de 2001.

Disposición final.

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación Municipal en sesión de data 16 de maio de 2013.

Comezará a rexer ó día seguinte da súa publicación no BOP de A Coruña e permanecerá en vigor ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.