Frades - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS

Publicación provisional: 12/07/2013 BOP Nº: 132
Publicación definitiva: 26/08/2013 BOP Nº: 161
Aplicable dende: 27/08/2013

Artigo 1. Fundamentos e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, de conformidade co disposto nos artigos 15 ó 19, 57 e concordantes do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais e artigos 35, 41, 42 e 43 da Lei 58/2003 de 17 de decembro Xeral Tributaria: establécese a taxa pola expedición de documentos e apertura de expedientes que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2. Feito impoñible.

1.-Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, dos documentos ou expedientes a que se refire o artigo 5 desta Ordenanza dos que entenda ou coñeza a Administración municipal. A este efecto enténdese tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fose provocada polo particular.

2.- Constitúe tamén feito impoñible aquela actuación que redunde en beneficio dun particular, aínda que non mediase solicitude expresa do interesado.

Artigo 3. Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35 da citada Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou provoquen a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 4. Responsables.

Responderán solidaria e subsidiariamente deste tributo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 41, 42 e 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Artigo 5. Cota tributaria.

A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa seguinte tarifa:

1. Expediente iniciado a instancia de parte relativo a infraccións legais que requiran un informe técnico: 30,00 euros. Se require saída ó campo: 50,00 euros.

2. Certificación do Servizo de urbanísmo: 30,00 euros. Se require saída ó campo: 50,00 euros.

3. Certificados de acordos municipais: 3,00 euros.

4. Certificación catastral literal: 3,00 €. Certificación catastral descriptiva e gráfica: 5,00 euros.

Artigo 6. Exencións e bonificacións.

Concederase exención subxectiva previo informe dos servizos sociais municipais en caso de emergencia social.

Artigo 7. Devengo.

1.-Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír, cando se inicia a actividade municipal que constitúe o feito impoñible.

2.-Nos casos ós que se refire o número 2 do artigo 2.º, o devengo producirase cando teñan lugar as circunstancias que deriven na actuación municipal de oficio ou cando esta comece sen a previa solicitude do interesado, pero redunde no seu beneficio.

Artigo 8. Liquidación e ingreso.

1.A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, procedendo ó ingreso nas entidades financeiras autorizadas polo concello.

2. Os escritos recibidos polos conductos a que fai referencia o artigo 38.4 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións públicas e Procedemento Administrativo Común , que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non poderá dárselles curso sen que se emende a deficiencia, para o que se requirirá ó interesado para que no prazo de dez días abone as cotas correspondentes, co apercibimento de que transcorrido o devandito prazo sen efectualo teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.

Artigo 9. Infraccións e sancións.

En todo o relativo a infraccións tributarias e a súa cualificación, así como ás sancións que a estas correspondan en cada caso, aplicaranse as normas contidas nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Disposición derogatoria.

Coa entrada en vigor da presente ordenanza fiscal queda derogada calquera outra Disposición Municipal que entre a contradiga.

Disposición final.

A presente ordenanza fiscal, aprobada definitivamente, entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no BOP, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derogación expresa.