Muros - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Publicación provisional: 10/07/2013 BOP Nº: 130
Publicación definitiva: 03/09/2013 BOP Nº: 167
Aplicable dende: 20/09/2013

Artigo 1. Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos do 15 ao 20 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, este Concello establece a taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar, que constitúe un servizo público municipal que se presta de acordo co establecido na Lei 13/2008 do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos comunitarios e o seu financiamento, Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar, Regulamento municipal e disposicións da presente Ordenanza.

Artigo 2. Concepto

É obxecto desta ordenanza a regulación do servizo de axuda no fogar desenvolvido polo Concello de Muros.

Artigo 3. Obrigados ao pagamento

Están obrigadas ao pagamento do prezo público regulado na presente Ordenanza os seguintes:

As persoas recoñecidas como dependentes ao abeiro da Lei 39/2006 de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en situación de dependencia,e teñan resolución do Plan Individualizado de Atención (PIA) no que se lle recoñeza o citado servizo (calquera que sexa a modalidade do mesmo) sexan dadas de alta no servizo municipal dacordo co estipulado no Regulamento Municipal do servizo de axuda no fogar.

As persoas que accedan ao servizo de axuda no fogar por libre concorrencia e que sexan dadas de alta no servizo municipal dacordo co estipulado no Regulamento Municipal do servizo de axuda no fogar.

Se o/a beneficiario/a carece de capacidade para obrar, dita obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal, ou no seu caso, sobre quen exerza de feito o seu coidado..

Artigo 4. Contía a pagar

Pola prestación do servizo establécese un custo de 12,00€/hora.

Servizo das persoas dependentes valoradas, con dereito de atención recoñecido, usuarias do servizo de axuda no fogar:

No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido sexa igual ou inferior ao indicador de rentas de efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obligación de participar no coste do servizo.

Nos demais supostos, para facer efectiva a obriga das persoas usuarias de participar no custo do servizo, aplicarase a táboa establecida polo Decreto 99/2012, na cal se expresa o copagameto en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado. A táboa vixente segundo o artigo 61 do Decreto 99/2012 é a seguinte:

GraoI

Grao II

GraoIII

Nivel I

Nivel II

Nivel I

Nivel II

Nivel I

Nivel II

Nivel I

Capacidade económica (IPREM)

20 horas

30 horas

40 horas

55 horas

70 horas

90 horas

Inferior ou igual ao 100% do IPREM

0,00%

0,00%

0,00%

0,00%

0,00%

0,00%

Maior do 100% e menor ou igual ao 115€ do IPREM

4,52%

6,56%

8,59%

11,42%

14,47%

18,09%

Maior do 115% e menor ou igual ao 125% do IPREM

5,41%

7,84%

10,28%

13,66%

17,31%

21,64%

Maior do 125% e menor ou igual ao 150% do IPREM

5,55%

8,05%

10,54%

14,01%

17,76%

22,19%

Maior do 150% e menor ou igual ao 175% do IPREM

5,65%

8,19%

10,73%

14,26%

18,07%

22,59%

Maior do 175% e menor ou igual ao 200% do IPREM

5,72%

8,30%

10,87%

14,45%

18,31%

22,89%

Maior do 200% e menor ou igual ao 215% do IPREM

5,81%

8,42%

11,03%

14,66%

18,58%

23,23%

Maior do 215% e menor ou igual ao 250% IPREM

6,03%

8,75%

11,46%

15,24%

19,31%

24,14%

Maior do 250% e menor ou igual ao 300% IPREM

6,24%

9,05%

11,86%

15,76%

19,97%

24,97%

Maior ao 300% e menor ou igual ao 350% IPREM

6,42%

9,30%

12,19%

16,20%

20,53%

25,66%

Maior do 350% e menor ou igual ao 400% IPREM

6,54%

9,48%

12,42%

16,51%

20,93%

26,16%

Maior do 400% e menor ou igual ao 450%IPREM

6,63%

9,62%

12,60%

16,75%

21,22%

26,53%

Maior do 450% e menor ou igual ao 500% IPREM

6,70%

9,72%

12,74%

16,93%

21,45%

26,82%

Superior ao 500% do IPREM

6,76%

9,80%

12,84%

17,07%

21,63%

27,04%

Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao e nivel correspondente, a cantidade por pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.

En ningún caso o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento poderá exceder do 65% do custo do servizo determinado en termos de prezo/hora.

Servizo das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar de libre concorrencia.

Para o servizo de axuda no fogar en réxime de libre concorrencia para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, establécese dentro dos límites establecidos no artigo 62 do Decreto 99/2012, a seguinte táboa de copagamento en porcentaxe sobre a capacidade económica:

CAPACIDADE ECONÓMICA

PARTICIPACION NO CUSTE DO SERVIZO DE SAF BÁSICO

Menor do 0,80 do IPREM

0

Maior do 0,80 e menor ou igual ao1,50 IPREM

20%

Maior do 1,50 e menor ou igual ao 2 IPREM

40%

Maior do 2 e menor ou igual ao2,50 IPREM

60%

Maior do 2,50 IPREM

80%

Sen perxuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de destructuración familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.

En calquera caso, establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.

Artigo 5. Determinación da capacidade económica das persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido usuarias do servizo de axuda no fogar.

A capacidade económica das persoas dependentes valoradas con deretio recoñecido de atención mediante o servizo de axuda no fogar calcularase atendendo á súa renda e, no seu caso, ao seu patrimonio. Teranse en conta ademais, a renda e o patrimonio do cónxuxe e a existencia de persoas convivintes económicamente dependentes.

O resultado do cálculo da capacidade económica correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido nos servizos de axuda no fogar constará na resolución do Plan Individualizado de Atención que se resolva en cada caso de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, de 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

Artigo 6. Determinación da capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar de libre concorrencia.

No servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivencia distintas ás referidas no artigo anterior, o Concello regulará o cómputo da capacidade económica dacordo cos seguintes criterios:

Computarase a renda de tódalas persoas residentes na mesma unidade de convivencia. A estos efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso que se refiren no artigo 6.2 da Lei 35/2006, de 28 de novembro, do imposto sobre a rendas das persoas físicas.

Computarase así mesmo o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. A estos efectos enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico dos que sexan titulares, determinados conforme as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, de 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravámenes de natureza real que diminuan o seu valor, así como das duedas e obligacións persoais das que deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do imposto sobro o patrimonio, ao respeto da vivenda habitual e de outros bens e dereitos.

A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual e dividindo o resultado de dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.

O establecido no primeiro parágrafo deste artículo será de aplicación a outros servizos cofinanciados pola Xunta de Galicia susceptibles, pola súa natureza e a tipoloxía da poboación destinataria, de ser obxecto de un sistema de participación das persoas usuarias na súa financiación.

Artigo 7. Exencións e bonificacións.

Agás o establecido no artigo 4, non poderán recoñecerse respecto a esta taxa outros beneficios que os expresamente previstos en normas con rango de Lei ou derivados de tratados internacionais, nos termos establecidos no artigo 9 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

Artigo 8. Obriga de pago.

A obriga de pagamento nace dende o día que se inicie a prestación do servizo.

1. Os prezos públicos contemplados nesta ordenanza satisfaranse con carácter posterior á prestación do servizo e con carácter específico, durante a primeira quincena do mes seguinte.

2. Por parte do concello, elaborarase un recibo individual có importe correspondente ao servizo prestado no mes anterior, que se remitirá á entidade bancaria elixida pola persoa beneficiaria, para que se efectúe o pagamento.

Artigo 9. Normas de xestión.

Unha vez aprobada a alta no servizo, e iniciada a prestación efectiva do mesmo, aprobarase a liquidación de alta no servizo na que constarán os datos precisos para a determinación do importe correspondente á mensualidade que se indique nela.

Como norma xeral, o pagamento desta taxa realizarase polas persoas beneficiarias do servizo mediante domiciliación bancaria.

Artigo 10. Infraccións e sancións.

As infraccións e sancións rexeranse, no relativo aos pagos, pola Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e polo Real Decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, e no resto das materias, polo disposto na Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a actual Ordenanza reguladora do prezo público do servizo de axuda no fogar aprobada polo Pleno do Concello en data 29 de abril de 201 e publicada no Boletín Oficial da Provincia número 127 de data 7 de xullo de 2010.

Disposición derradeira

A presente Ordenanza aprobada polo Pleno da Corporación en sesión realizada o 27 de xuño de dous mil trece, entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente e publicada no Boletín Oficial da Provincia e teña transcorrido o prazo sinalado no artigo 65.2 e 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, continuando vixente ata que se acorde a súa modificación ou derogación.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

 

A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2  da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:

Artigo 70.2: ¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."

Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.