Rianxo - ORDENANZA NON FISCAL REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA ORGANIZACIÓN DE CURSOS, OBRADOIROS, PROGRAMAS E ACTIVIDADES SOCIAIS FESTIVAS E CULTURAIS POLO CONCELLO DE RIANXO

Publicación provisional: 20/05/2013 BOP Nº: 94
Publicación definitiva: 09/07/2013 BOP Nº: 129
Aplicable dende: 10/07/2013

Artigo 1.º.-Concepto.

De conformidade co previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, ámbolos dous do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, no exercicio da potestade regulamentaria recoñecida a este Concello, na súa calidade de Administración Pública de carácter territorial, e dentro das competencias recoñecidas aos Concellos, artigos 4 e 25 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime Local, establécese o prezo público pola organización de cursos, obradoiros, programas e actividades sociais, festivas e culturais que se rexerán pola presente ordenanza.

Artigo 2.º.-Obxecto.

Constitúen o obxecto do prezo público que se está a regular a asistencia a cursos e obradoiros e a participación en actividades e programas (comprendendo entre outras excursións, cursos e actividades culturais, visitas a centros ou institucións de interese cultural ou medioambiental, viaxes, comidas convivenciais ou actuacións musicais) que sexan aprobados como tales pola Xunta de Goberno Local e organizadas polo Concello de Rianxo dentro do ámbito das súas competencias.

Artigo 3.º.-Obrigados ó pago.

Estarán obrigados ó pago do prezo público regulado na presente ordenanza, os solicitantes do servizo, se son maiores de idade ou menores emancipados e, noutro caso, os pais ou representantes legais.

Artigo 4.º.-Contía.

A contía do prezo público deberá cubrir como mínimo o custo da actividade realizada. Cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, a entidade poderá fixar prezos públicos por debaixo do límite previsto no apartado anterior. Nestes casos deberase consignar nos orzamentos do Concello as dotacións oportunas para a cobertura da diferenza resultante que houbera.

Conforme ó previsto no artigo 47 do Real decreto lexislativo 2/2004 e o artigo 23.2.b) da Lei 7/1985, delégase na Xunta de Goberno Local o establecemento individualizado e exacto e, no seu caso a periodicidade do devengo, do prezo público de cada un dos cursos, obradoiros, programas ou actividades que se pretenda realizar, á vista das propostas debidamente formuladas polos departamentos correspondentes que necesariamente deberán incluír o informe do responsable do departamento no que se faga constar o custo real do curso, obradoiro, programa ou actividade a realizar debidamente detallado e desglosado. No importe das tarifas entenderase incluído o IVE que, no seu caso, proceda aboar.

Artigo 5.º.-Xestión e cobro.

A obrigación de pago do prezo público regulado nesta ordenanza, nace desde que se realiza a solicitude ou inscrición nos cursos, obradoiros, actividades e programas.

Unicamente se considerará anulada unha inscrición ou matrícula, e polo tanto procederase á devolución do prezo público:

 Por anulación do curso, obradoiro, programa ou actividade por causa imputable á Administración.

 Cando o interesado notifique por escrito ó Concello a anulación da súa inscrición con anterioridade o remate do prazo establecido para a inscrición na correspondente actividade no acordo de aprobación da mesma.

O pago efectuarase da seguinte forma:

Como regra xeral, cando se trate de actividades de devengo único, o pago do prezo público efectuarase ó formular a solicitude ou inscrición nas entidades bancarias colaboradoras establecidas ao efecto. Xunto coa presentación da solicitude acreditarase ter aboado a autoliquidación comprensiva do importe total a pagar por inscrición.

A Xunta de Goberno Local poderá acordar outro sistema de pago no caso de actuacións ocasionais: musicais, teatrais que supoñan realizar pago en metálico en concepto de entrada.

1. Cando se trate de servizos de devengo periódico, unha vez aboada a autoliquidación correspondente á primeira cota, confeccionaranse as correspondentes listas cobratorias pola área de xestión tributaria ou entidade coa que se concerte este servizo sobre a base do informe do o en responsable da actividade no que se fará constar:

 Identificación da actividade que se trata.

 Nome, apelidos e N.I.F. do participante ou, no caso de menores, do pai/nai ou representante legal obrigado ó pago.

 Importe da cota con copia do acordo da Xunta de Goberno Local que a estableza.

 Relación das altas, baixas ou variacións que se produzan en cada período de devengo.

3. O cobro do prezo público de devengo periódico regulado nesta ordenanza efectuarase mediante recibo estendido polo Concello dentro dos quince primeiros días de cada período, establecéndose como norma xeral a domiciliación bancaria.

4. As débedas por cotas devengadas e non satisfeitas nos prazos establecidos recadaranse conforme os procedementos xerais do Regulamento xeral de recadación e disposicións concordantes.

5. A Xunta de Goberno Local poderá acordar, a proposta do departamento responsable de cada actividade, a expulsión do usuario do servizo no caso de impago de dúas cotas así como no suposto de reincidencia no impago das mesmas.

DISPOSICIÓN FINAL.

A presente ordenanza entrará en vigor e será de aplicación a partir do día seguinte a súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia manténdose en vigor en tanto non sexa derrogada ou modificada expresamente.