Cambre - Ordenanza reguladora do uso dos locais municipais de ensaio musical

Publicación provisional: 10/06/2013 BOP Nº: 109
Publicación definitiva: 29/07/2013 BOP Nº: 142
Aplicable dende: 14/08/2013

Preámbulo

O artigo 25 da Lei de bases de réxime local 7/1985, de 2 de abril, no seu apartado primeiro, faculta aos municipios a promover, para a xestión dos seus intereses e dentro das súas competencias, toda clase de actividades e prestar cantos servizos públicos contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal e, no seu apartado segundo, letra m), sinala que o municipio exercerá, en todo caso, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidadesa Autónomas, actividades ou instalacións culturais ou deportivas, ocupación do tempo libre e turismo.

Co obxectivo de fomentar a produción e creación musical, especialmente da mocidade artista local, o Concello de Cambre pon a disposición de instrumentistas, solistas, grupos ou agrupacións musicais de calquera estilo ou tendencia, dous locais de ensaio, un local de gravación, un pequeno almacén, unha oficina, unha cabina de gravación e un hall (sala de espera e distribuidor), sitos na urbanización da Barcala.

Locais municipais de ensaio: disposicións xerais

Artigo 1.- Descrición

1.1.- Os locais de ensaio son un espazo que o Concello de Cambre pon á disposición de solistas e grupos musicais formados por xente moza, para o ensaio e a práctica das artes musicais.

1.2.- Os locais de ensaio pertencen ao Concello de Cambre, que exercerá as súas competencias a través do departamento de xuventude, dado que os seus usuarios principais son a mocidade do municipio.

1.3.- O equipamento que conforma os locais de ensaio ocupa unha superficie de máis de 140 m2 e están integrados polos seguintes locais:

- 2 locais de ensaio:

¿ nº1: 30,25 m2

¿ nº2: 22,25 m2

- 1 local de gravación de 28,40 m2

- 1 pequeno almacén: 9,75 m2

- 1 oficina: 9,45 m2

- 1 cabina de gravación: 6,45 m2

- hall, sala de espera e distribuidor: 35 m2

1.4.- Os locais de ensaio atópanse nun baixo no que hai outros locais municipais cos que comparten determinados servizos (baños, entrada principal, sala para xuntanzas, etc...), no seguinte enderezo: Rúa Río Barcés nº 3 - semisotano, na urbanización da Barcala.

Artigo 2.- Función

A finalidade única destes locais é a de servir como local de ensaio de artes musicais.

Artigo 3.- Usuarios

3.1.- Poderá utilizar estes locais a mocidade que, en solitario ou formando parte dun grupo musical, reúna os seguintes requisitos:

3.1.1.- Requisitos que deberá reunir o grupo musical:

- practicar as artes musicais

- contar, como mínimo, cun dos compoñentes empadroado no Concello de Cambre

3.1.2.- Requisitos que deberá reunir o solista:

- practicar as artes musicais

- estar empadroado no Concello de Cambre

3.2.- Os grupos musicais e solistas que non reunisen os anteriores requisitos poderán utilizar estes locais nas horas que queden libres, segundo a puntuación obtida conforme ao artigo 7 desta ordenanza.

Artigo 4.- Representantes e menores de idade

4.1.- Cada solista, no seu caso, ou grupo nomeará un representante, maior de idade, que actuará como portavoz del e será, ante o Concello de Cambre, o responsable do grupo ante calquera incidencia.

4.2.- Os solistas ou compoñentes do grupo menores de idade contarán con autorización expresa dos seus titores legais para participar nas actividades que se desenvolvan nos locais.

Artigo 5.- Participación na xestión

5.1.- Crease o COLE (comité organizador dos locais de ensaio), un órgano de participación e corresponsabilidade nas actividades xuvenís. A súa función principal será canalizar a participación dos grupos musicais, recollendo as súas propostas e suxestións con relación aos locais de ensaio.

5.2.- O dito comité estará formado por:

- Alcalde ou concelleiro no que delegue, que presidirá as xuntanzas.

- Os responsables do departamento de Xuventude ou funcionarios en quen deleguen.

- Un compoñente de cada grupo.

- Solistas.

5.3.- O COLE reunirase, como mínimo, dúas veces ao ano, para dar conta aos grupos das valoracións das súas solicitudes e para que, confirmadas estas, escollan horario e día. Tamén se reunirá cando sexa convocado polo alcalde ou concelleiro delegado ou a petición de, polo menos, un 10% dos grupos e/ou solistas.

Solicitudes: presentación e valoración

Artigo 6.- Presentación

6.1.- As solicitudes para o uso dos locais presentaranse conforme ao modelo que consta como anexo I e a elas achegarase a seguinte documentación:

- Unha relación dos compoñentes do grupo, segundo o anexo II.

- Fotocopias dos DNIs de todos os compoñentes do grupo.

- Volante de empadroamento do membro ou membros do grupo ou solista, empadroado ou empadroados en Cambre.

- Autorización dos titores legais dos solistas ou compoñentes do grupo menores de idade, no seu caso, conforme ao modelo que se achega como anexo III, achegando fotocopia do DNI da persoa que autoriza.

6.2.- As solicitudes irán dirixidas ao señor alcalde ou concelleiro delegado e presentaranse no rexistro xeral municipal ou por calquera dos medios que se establecen no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6.3.- O órgano competente poderá requirir aos interesados para que emenden ou melloren a súa solicitude, achegando a documentación que considere conveniente, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das adminsitracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 7.- Valoración das solicitudes

7.1.- As solicitudes serán valoradas atendendo aos seguintes criterios:

1º) Terán preferencia os grupos musicais que reúnan os requisitos establecidos no artigo 3 desta ordenanza, cuxas solicitudes se avaliarán polo departamento de xuventude conforme aos seguintes criterios:

- Empadroados (máximo 20 puntos):

¿ De 91% a 100% dos compoñentes do grupo empadroados: 20 puntos

¿ De 81% a 90% dos compoñentes do grupo empadroados: 18 puntos

¿ De 71% a 80% dos compoñentes do grupo empadroados: 16 puntos

¿ De 61% a 70% dos compoñentes do grupos empadroados:14 puntos

¿ De 50% a 60% dos compoñentes do grupo empadroados: 12 puntos

¿ Un só membro do grupo empadroado: 10 puntos.

- Menores de 35 anos (máximo 10 puntos):

¿ De 91% a 100% dos compoñentes do grupo menores de trinta e cinco anos: 10 puntos.

¿ De 81% a 90% dos compoñentes do grupo menores de trinta e cinco anos: 8 puntos.

¿ De 71% a 80% dos compoñentes do grupo menores de trinta e cinco anos: 6 puntos.

¿ De 61% a 70% dos compoñentes do grupo menores de trinta e cinco anos: 4 puntos.

¿ De 50% a 60% dos compoñentes do grupo menores de trinta e cinco anos: 2 puntos.

- Media de idade (máximo 5 puntos):

¿ Valorarase de 0 a 5 puntos, outorgándoselle 5 puntos ao grupo ou grupos, de existir empate, coa menor media de idade.

- Número de compoñentes (máximo 5 puntos):

¿ Valorarase de 0 a 5 puntos, outorgándoselle 5 puntos ao grupo ou grupos, de existir empate, con maior número de compoñentes.

- No caso de empate resolverase mediante sorteo público.

2º) Seguidamente, outorgaráselle o uso aos solistas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 3.

Valorarase a idade de 0 a 10 puntos, outorgándoselle 10 puntos ao solista con menor idade.

No caso de empate resolverase mediante sorteo público.

3º) Por último, de existir horas libres, outorgaráselle o uso a aqueles grupos e solistas que non cumpran os requisitos establecidos no artigo 3.

Dentro destes, primarán os grupos fronte aos solistas.

No caso dos grupos, valorarase:

a) De 0 a 10 puntos o número de compoñentes empadroados no Concello de Cambre, outorgándoselle 10 puntos ao grupo ou grupos, de existir empate, con maior número de empadroados.

b) De 0 a 5 puntos a media de idade, outorgándolle 5 puntos ao grupo ou grupos, de existir empate, coa menor media de idade.

c) De 0 a 5 puntos o número de compoñentes, outorgándoselle 5 puntos ao grupo ou grupos, de existir empate, con maior número.

d) En caso de empate, resolverase mediante sorteo público.

No caso dos solistas, terán preferencia os empadroados e, para o resto, resolverase por sorteo.

7.2.- Por esta orde, o uso dos locais será autorizado segundo o establecido nos artigos seguintes, creándose unha lista de espera cos solicitantes que non obteñan autorización.

Autorizacións

Artigo 8.- Características das autorizacións

8.1.- Necesariedade: O uso dos locais de ensaio, requirirá da previa obtención da correspondente autorización municipal, de acordo co procedemento previsto nesta ordenanza.

8.2.- Duración limitada: As autorizacións terán unha duración máxima, incluídas as prórrogas, de dous anos.

8.3.- Única: Requirirase unha autorización por cada grupo ou solista, sen prexuízo de que as solicitudes se resolvan no mesmo acto.

8.4.- Competencia: O outorgamento das autorizacións será competencia do alcalde ou concelleiro delegado.

8.5.- Intransferibles: As autorizacións serán intransferibles, de conformidade co establecido, con carácter básico, no artigo 92.2 da Lei 33/2003, de 3 de novembro, de patrimonio das administracións públicas.

Artigo 9.- Outorgamento

9.1.- Para a entrada en funcionamento dos locais de ensaio, o alcalde ou concelleiro delegado aprobará, mediante resolución publicada no taboleiro de anuncios, no BOP e na páxina web oficial deste concello, as bases da convocatoria que rexerán o outorgamento das autorizacións de uso, de conformidade co establecido na presente ordenanza.

Para tal efecto, dende a última publicación abrirase un prazo de presentación de solicitudes de 15 días naturais, que serán avaliadas conforme ao establecido no artigo 7.

9.2.- Logo desta primeira adxudicación, semestralmente, procederase á revisión das autorizacións concedidas, tendo en conta as presentadas durante este período. Desta forma, elaborarase unha nova relación de aspirantes coa puntuación correspondente a cada un deles e, coa participación do COLE, reestruturaranse os horarios.

9.3.- As autorizacións terán unha duración de seis meses, prorrogables previa solicitude á que achegará unha declaración responsable conforme ao modelo que consta como anexo IV ata un máximo de dous anos.

Así mesmo, tamén se prorrogará a inclusión na lista de espera por un período máximo de dous anos, previa solicitude á que achegará unha declaración responsable conforme ao modelo que consta como anexo IV.

9.4.- Na revisión semestral non se alterará a puntuación acadada polos autorizados e polos incluídos na lista de espera, salvo que presenten novas solicitudes.

Artigo 10.-Contido

10.1.- De conformidade co disposto, con carácter básico e supletorio respectivamente, nos artigos 84.1 e 92.7 da Lei 33/2003, de 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, ninguén poderá utilizar os locais de ensaio sen autorización previa e expresa, que conterá, como mínimo, os seguintes extremos:

¿ O réxime de uso do ben ou dereito (persoas autorizadas, días, horarios e períodos).

¿ Liquidación da taxa que corresponda, se fora o caso.

¿ A garantía que hai que prestar, se é o caso.

¿ Compromiso de utilizar o ben segundo a súa natureza e de entregalo no estado no que se recibe.

¿ O compromiso de previa obtención á súa costa de cantas licenzas e permisos requira o uso do ben ou actividade que hai que realizar sobre el.

¿ A asunción da responsabilidade derivada da ocupación, con mención, no seu caso, da obrigatoriedade de formalizar a oportuna póliza de seguro, aval bancario, ou outra garantía suficiente.

¿ A aceptación da revogación unilateral, sen dereito a indemnizacións, por razóns de interese público cando resulten incompatibles coas condicións xerais aprobadas con posterioridade, produzan danos no dominio público, impidan a súa utilización para actividades de maior interese público ou menoscaben o uso xeral.

¿ A reserva por parte do concello cedente da facultade de inspeccionar o ben obxecto de autorización, para garantir que este é usado de acordo cos termos da autorización.

¿ O prazo e réxime de prórroga que, en todo caso, requirirá a previa autorización.

¿ As causas de extinción.

10.2.- A autorización condicionarase ao ingreso da taxa que corresponda, constitución da fianza e presentación da póliza de seguro de responsabilidade civil, no seu caso.

10.3.- Acreditado o anterior, faráselle entrega ao representante das chaves para acceder aos locais, que terá a custodia e garda delas e será responsable da súa perda. A chave resultará intransferible a outras persoas ou grupos e non poderá facerse copia dela.

10.4.- Calquera outra actividade musical diferente dos ensaios musicais (presentacións, concertos, gravacións e similares) deberá contar coa autorización expresa do alcalde ou concelleiro delegado e quedará subordinada aos ensaios programados.

Artigo 11.- Extinción das autorizacións

Sen prexuízo do disposto noutros artigos desta ordenanza e demais normativa aplicable, as autorizacións extinguiranse automaticamente polas seguintes causas:

1. Transcurso do prazo.

2. Renuncia expresa e escrita do titular.

3. Causas sobrevidas de interese público.

4. Falta de pagamento das exaccións correspondentes dentro do prazo fixado na correspondente ordenanza fiscal, se fora o caso.

5. Presentación dunha nova solicitude.

6. Non usar os locais tendo horarios autorizados ou incumprir os horarios autorizados.

7. Como sanción accesoria.

Artigo 12.- Fin de uso e devolución da fianza

Unha vez concluído o uso do local, o Concello de Cambre poderá practicar cantas comprobacións considere oportunas para os efectos de constatar o cumprimento das obrigas dos usuarios.

Unha vez comprobado o cumprimento das obrigas establecidas nesta ordenanza, así como a inexistencia de danos e perdas nos inmobles e mobles cedidos, e a non comisión de ningunha infracción, o responsable do departamento de xuventude emitirá un informe ao respecto, propoñendo ao órgano competente a devolución da fianza que se tivese constituído.

No caso de que o resultado da comprobación fose desfavorable para os autorizados, o informe describirá os incumprimentos ou infraccións que se tivesen cometido. Darase traslado dese informe ao autorizado, concedéndoselle un prazo de dez días para alegacións, transcorrido o cal ditarase a correspondente resolución polo órgano competente respecto da reposición dos bens, concedéndoselle un prazo para facelo.

En caso de incumprimento, incautarase a fianza constituída ata cubrir os danos causados e a sanción imposta, no seu caso.

Para o caso de que non se esixise fianza ou fose insuficiente, o concello poderá levar a cabo as reparacións dos bens, mediante execución subsidiaria por conta do autorizado. En caso de impago, e de conformidade co establecido no artigo 97 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o importe dos gastos, danos e perdas, sancións e demais responsabilidades a que houber lugar esixirase mediante constrinximento sobre o patrimonio, segundo as normas reguladoras do procedemento recadatorio en vía executiva, e cantos mecanismos permita a lexislación ata a súa total satisfacción.

Artigo 13.- Fianza

O Concello de Cambre poderá esixir aos autorizados a constitución dunha fianza en calquera das formas legalmente admitidas. A fianza, cun importe que se determinará atendendo á superficie do inmoble, o seu equipamento, actividade a desenvolver, número de usuarios e continuidade de uso, responderá do bo cumprimento das obrigas de uso e da restitución, no seu caso, do inmoble ou mobles situados no seu interior, á situación anterior ao momento da cesión. Así mesmo, garantirá a indemnización dos danos e perdas, cando deban responder os usuarios dos que efectivamente se produzan, así como do pagamento das sancións que poidan impoñerse en virtude da aplicación da presente ordenanza.

Artigo 14.-Responsabilidade por danos

Os autorizados dos locais obxecto de utilización, responderán dos danos e perdas que polo seu dolo ou neglixencia se ocasionen neles.

Se fosen varios os grupos e/ou solistas autorizados e non se puidese identificar ao causante/s dos danos sufridos nos inmobles, responderán solidariamente do pagamento das indemnizacións que procedesen. No caso de que o importe desas indemnizacións se detraia das fianzas constituídas, reterase proporcionalmente, en función do número de grupos e/ou solistas que teñan autorizado o uso do inmoble.

Os autorizados que non constituíran fianza, e que deban responder solidariamente con outras asociacións ás que si se lles esixise garantía, participarán na porcentaxe que lles correspondese achegando a suma en metálico.

No caso de que se causasen danos nos inmobles, producidos pola actuación de persoas físicas identificadas, será responsable directo ante o Concello de Cambre o grupo a que pertenza o causante do dano, sen prexuízo da posibilidade que poida ter este de repetir.

Artigo 15.-Extravío de obxectos

O Concello de Cambre non se responsabilizará do extravío de diñeiro ou doutros obxectos que se produza durante os tempos de uso dos inmobles polos usuarios. En todo caso, se os usuarios os trouxesen consigo, quedarán baixo a garda e responsabilidade exclusiva dos seus propietarios.

Funcionamento, horarios e libro de control dos locais

Artigo 16.- Funcionamento

16.1.- Unha vez dentro dos locais deberá pecharse a porta de acceso a estes por cuestións de seguridade e control de persoas non autorizadas.

16.2.- O grupo da derradeira hora debe abandoar o local nun máximo de 15 minutos, unha vez rematado o seu tempo de ensaio.

Artigo 17.- Horarios

17.1.- Os horarios de uso dos locais irán dende as 09:00 horas ata as 00:00 horas, todos os días do ano, laborais ou festivos, e de luns a domingo.

17.2.- Na asignación de horarios, cada grupo escollerá, segundo a puntuación acadada conforme ao artigo 7, un bloque de 3 horas semanais. Unha vez que todos os grupos escollan esas tres horas, poderán volver escoller se precisan máis tempo de ensaio, sempre en bloques de tres horas.

Artigo 18.- Libro de control

Cada local contará cun libro de control onde cada grupo deberá asinar a súa presenza, o estado en que atopou o local ou calquera incidencia que desexe destacar.

Deberes e dereitos

Artigo 19.- Obrigas e prohibicións para os autorizados

1. Respectar os horarios e días asignados. Os horarios de remate do ensaio son inflexibles, pois afectan ao grupo que ensaia a continuación.

2. Só poden entrar nos locais de ensaio os compoñentes do grupo autorizados. Excepcionalmente, poderá autorizarase a presenza de persoas alleas.

3. Manter un comportamento axeitado nas instalacións. Non se permite a celebración de festas nin outros actos que non estean relacionados cos propios ensaios.

4. Cubrir o libro-folla de control ao que se refire o artigo 18.

5. Comunicar o antes posible ao departamento de Xuventude calquera incidencia provocada ou detectada nos locais.

6. Unha vez rematado o ensaio, recoller o material, desconectar todo da rede eléctrica e deixar todo listo para a súa utilización polo seguinte grupo.

7. Manter limpos os locais, levando a cabo a limpeza básica e deixando o local nas mesmas condicións no que se atopou.

8. Cada grupo será responsable de repoñer o material por eles danado ou aboar o seu importe integro.

9. Cada grupo designará a un compoñente para asistir ás accións formativas que puidera convocar o concello para a mellor utilización do equipamento existente nos locais de ensaio.

10. Non poden consumirse alimentos, bebidas alcohólicas, tabaco nin substancias ilegais.

Artigo 20.- Dereitos dos autorizados

1.- Utilizar os locais de ensaio conforme ao establecido na autorización.

2.- Participar na xestión dos locais, a través do COLE.

3.- Desfrutar do equipamento existente nos locais de ensaio.

Artigo 21.- Deberes do concello

1.- Realizar o control adecuado dos locais de ensaio.

2.- Seguimento do libro de control.

3.- Mantemento, limpeza e conservación dos locais.

4.- Xestionar e coordinar o uso dos locais.

5.- Canalizar a participación dos grupos a traves do COLE

Artigo 22.- Dereitos do concello

1. Controlar e supervisar o uso dos locais.

2. Revogar unilateralmente o uso do local ou modificar as condicións de uso, sen dereito a indemnizacións, por razóns de interese público cando resulten incompatibles coas condicións xerais aprobadas con posterioridade, produzan danos no dominio público, impidan a súa utilización para actividades de maior interese público ou menoscaben o uso xeral.

3. Esixir, de acordo coa programación do concello, unha actuación ao ano aos grupos que utilizan o local.

4. Realizar fotografías ou gravacións dos ensaios e actuacións dos grupos co fin de difundilas e utilizalas para memorias, difusión de actividades, utilización na páxina web e similares.

Réxime sancionador

Artigo 23.- A infracción das obrigas e demais normas de obrigado cumprimento establecidas nesta ordenanza, serán obxecto dun procedemento sancionador nos termos do artigo 127 e seguintes da Lei 30/1992, de 26 de novembro, reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e do Regulamento sancionador de desenvolvemento da citada lei, aprobado por Real Decreto 1398/1993 de 4 de agosto.

Artigo 24.- Infraccións

24.1.- Considerarase infracción calquera incumprimento do estipulado na presente ordenanza e clasificaranse, de acordo co artigo 140 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, en moi graves, graves e leves.

24.2.- Terán a condición de falta moi grave:

¿ A reiteración, por terceira vez, de faltas graves.

¿ A perturbación relevante da convivencia no local, que afecte de maneira grave, inmediata e directa á tranquilidade ou ao exercicio de dereitos lexítimos doutras personas, ao normal desenvolvemento de actividades de toda clase conformes coa normativa aplicable ou á salubridade ou ornato públicos, sempre que se trate de condutas non subsumibles nos tipos previstos no capítulo IV da Lei 1/1992, de 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.

¿ O impedimento do uso dun servizo público por outra ou otras personas con dereito á súa utilización.

¿ O impedimento ou a grave e relevante obstrucción ao normal funcionamento das actividades realizadas na instalación.

¿ Os actos de deterioramento grave e relevante de equipamentos, infraestruturas, instalacións ou elementos dun servizo público.

¿ O impedimento do uso dun espazo público por outra ou outras personas con dereito á súa utilización.

¿ Os actos de deterioración grave e relevante de espazos públicos ou de calquera das súas instalacións e elementos, sean mobles ou inmobles, non derivados de alteracións da seguridade cidadá.

24.3.- As demais infraccións clasificaranse en graves e leves, de acordo cos seguintes criterios:

¿ A intensidade da perturbación ocasionada na tranquilidade ou no pacífico exercicio dos dereitos doutras personas ou actividades.

¿ A intensidade da perturbación causada á salubridade ou ornato públicos.

¿ A intensidade da perturbación ocasionada no uso dun servizo ou dun espazo público por parte das personas con dereito a utilizalos.

¿ A intensidade da perturbación ocasionada no normal funcionamento dun servizo público.

¿ A intensidade dos danos ocasionados aos equipamentos, infraestruturas, instalacións ou elementos dun servizo ou dun espazo público.

¿ A reiteración, por terceira vez, dunha infracción leve terá a consideración de grave.

Artigo 25.- Sancións

25.1.- De acordo co artigo 141 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, as multas por infracción da presente ordenanza terán como límite:

¿ Infraccións leves: multa de ata 750 euros.

¿ Infraccións graves: multa de ata 1.500 euros.

¿ Infraccións moi graves: multa de ata 3.000 euros.

Así mesmo, poderá impoñerse como sanción accesoria:

¿ Infraccións leves: extinción da autorización.

¿ Infraccións graves e moi graves: extinción da autorización e prohibición de acceder ao local durante un período máximo de cinco anos a todos os compoñentes do grupo ou solistas.

25.2.- Para a gradación da sanción a aplicar teranse en conta as seguintes circunstancias:

- A reiteración de infraccións ou reincidencia.

- A existencia de intencionalidade do infractor.

- A transcendencia social dos feitos.

- A gravidade e natureza dos danos ocasionados.

Artigo 26.- Prescrición das faltas

26.1.- As faltas prescribirán:

¿ As leves aos 15 días.

¿ As graves aos 30 días.

¿ As moi graves aos 60 días.

26.2.- O prazo de prescrición comezará a contarse dende que a falta se comete e, unha vez iniciado o expediente, quedará paralizado o prazo de prescrición.

Disposición final

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicado integramente o seu texto no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

ANEXOS

ANEXO I

SOLICITUDE USO LOCAL MUNICIPAL DE ENSAIO MUSICAL DE CAMBRE

NOME DO GRUPO:

REPRESENTANTE:

DNI:

DATA NACEMENTO:

TLF1:

ENDEREZO:

TLF2:

CORREO ELECTRÓNICO:

Nº TOTAL DE MEMBROS:

ESTILO MUSICAL:

SOLICITA

- O uso do Local Municipal de Ensaio Musical, MANIFESTANDO que coñece e acepta as normas de uso dos mesmos e comprometéndome, como representante do grupo, a asumir as responsabilidades que puideran existir polo uso incorrecto do local ou do material existente.

Achégase como documentación complementaria:

- listado de compoñentes do grupo (anexo II)

- copia dos DNI de tódolos membros (acompaña ao anexo II)

- volantes de empadroamento (acompaña ao anexo II)

- historial do grupo ou dossier

¿ NO CASO DE MENORES, ademais:

- autorizacións nai/pai/titor (anexo III)

- copia do DNI da persoa que autoriza ao menor

- Prórroga do uso o local

Achégase como documentación complementaria:

- Declaración Responsable (anexo IV).

Ademais, os horarios e días preferentes para ensaiar son: (marcar de 1 a 7, por orde de prioridade)

Horarios

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

SABADO

DOMINGO

Sala 1

Sala 2

Sala 1

Sala 2

Sala 1

Sala 2

Sala 1

Sala 2

Sala 1

Sala 2

Sala 1

Sala 2

Sala 1

Sala 2

09,00 - 12,00

12,00 - 15,00

15,00 - 18,00

18,00 - 21,00

21,00 - 00,00

Cambre,................ de................................... de 20...........

O/A representante

Asdo.

Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Cambre

ANEXO II

LISTADO DE COMPOÑENTES DO GRUPO

NOME DO GRUPO:

N.º

Nome e apelidos

Tlf.

DNI

E/NE

Data nac.

Correo electrónico

AVISO IMPORTANTE: Non esquezas cumplimentalo dorso desta folla

Coñecemos e aceptamos as normas de uso dos Locais Municipais de Ensaio Musical e comprometémonos, como membros do grupo, a asumir as responsabilidades que puideran existir polo uso incorrecto do local e/ou do material existente.

Sinatura de todos os membros

(poñer o nº de DNI debaixo da sinatura)

DOCUMENTACIÓN A ACOMPAÑAR:

- copia dos DNI de todos os membros

- volante de empadroamento de todos os membros (só veciños/as de Cambre)

ADVÍRTESELLE QUE:

1.º-En cumprimento da L.O. 15/1999, de Protección de Datos de Caracter Persoal, informámoslle que os datos persoais obtidos mediante a cumprimentación desta folla, e a documentación que poida achegar a ela, serán incorporados para o seu tratamento ao Ficheiro de Participantes de Actividades Xuvenís do Concello de Cambre. A recollida e tramitación dos seus datos teñen coma finalidade realizar unha correcta xestión nas actividades nas que vostede participa, levar o rexistro de participantes nas actividades xuvenís municipais e remitirlle información xuvenil do seu interese. Ademais, coma interesado/a, poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, polos motivos indicados na citada LO 15/1999, presentado a solicitude no rexistro do Concello de Cambre.

2.º-Nos locais municipais de ensaio musical poderían realizarse fotografías e/ou vídeos por parte do Concello para a elaboración de memorias fotográficas, exposicións e/ou para a divulgación dos programas do Departamento de Xuventude do Concello de Cambre. No caso de que non permitas a utilización da túa imaxe, ou a dos menores ou incapacitados ao teu cargo, cos fins antes mencionados, deberá deixar constancia mediante escrito presentado no rexistro xeral do Concello. No caso contrario, entendemos que expresamente autorizas a captación da túa imaxe no sentido do disposto no artigo ¿Segundo dos" da Lei Orgánica 1/1982, de 5 de maio, de protección civil do dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.

ANEXO III

AUTORIZACIÓNS COMPOÑENTES DO GRUPO MENORES DE IDADE

(debe acompañar copia do DNI da persoa que autoriza)

AUTORIZACIÓN PARA O USO DO LOCAL DE ENSAIO DE CAMBRE PARA MENORES DE IDADE

(por cada menor de idade do grupo)

Don/a.................................................................................................... con DNI......................................

teléfono..............................., nai/pai/titor do/a menor

que forma parte do grupo musical.............................................. AUTORIZO a que participe nos ensaios do grupo musical do que forma parte, no Local Municipal de Ensaio Musical de Cambre, nas condicións, días e horarios que o Concello de Cambre determine, facéndome RESPONSABLE dos posibles danos que puidera ocasionar.

........................................................................., ............... de............................................... de 20...........

Asdo. (pai, nai, titor)

ADVÍRTESELLE QUE:

1º) En cumprimento da L.O. 15/1999, de Protección da Datos da Caracter Persoal, informámoslle que os datos persoais obtidos mediante a cumprimentación desta folla, e a documentación que poida achegar a ela, serán incorporados para o seu tratamento ao Ficheiro de Participantes de Actividades Xuvenís do Concello de Cambre. A recollida e tramitación do seus datos teñen coma finalidade realizar unha correcta xestión nas actividades nas que vostede participa, levar o rexistro de participantes nas actividades xuvenís municipais e remitirlle información xuvenil do seu interese. Ademais, coma interesado/a, poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, polos motivos indicados na citada LO 15/1999, presentado a solicitude no rexistro xeral do Concello de Cambre.

2º) Así mesmo, advírteselle que nos locais municipais de ensaio musical poderían realizarse fotografías e/ou vídeos por parte do Concello para a elaboración de memorias fotográficas, exposicións e/ou para a divulgación dos programas do Departamento de Xuventude do Concello de Cambre. No caso de que non permitas a utilización da túa imaxe, ou a dos menores ou incapacitados ó teu cargo, cos fins antes mencionados, deberá deixar constancia mediante escrito presentado no rexistro xeral do Concello. No caso contrario, entendemos que expresamente autorizas a captación da túa imaxe no sentido dos disposto no artigo ¿Segundo dos" da Lei Orgánica 1/1982, do 5 de maio, de protección civil do dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.

ANEXO IV

DECLARACIÓN RESPONSABLE

USO LOCAIS MUNICIPAIS DE ENSAIO MUSICAL

NOME DO GRUPO:

REPRESENTANTE:

DNI:

DATA NACEMENTO:

TLF1:

ENDEREZO:

TLF2:

CORREO ELECTRONICO:

DECLARO RESPONSABLEMENTE

 Que os datos e requisitos que constan nos arquivos do Concello de Cambre, presentados na anterior solicitude para o uso de locais municipais de ensaio musical, non sufriron cambios que afecten á puntuación que se outorga segundo o artigo 7 da ordenanza reguladora do uso dos locais municipais de ensaio.

Cambre, ............. de................................... de 20.........

O/A representante

Asdo.

Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Cambre

ADVÍRTESELLE QUE, de conformidade co disposto no apartado 4 do artigo 71.bis da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ¿a inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se achegue ou incorpore a unha declaración responsable ou unha comunicación previa, ou a non presentación ante a Administración competente de declaración responsable ou comunicación previa, determinará a imposibilidade de continuar co exercicio do dereito ou da actividade afectada dende o momento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que houbese lugar.

Asemade, a resolución da Administración Pública que declare tales circunstancias poderá determinar a obriga dos interesado de restituír a situación xurídica ao momento previo ao recoñecemento ou ao exercicio do dereito ou ao inicio da actividade correspondente".

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

 

 

 

A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:

 

¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."

 

Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.