Laracha A - Ordenanza fiscal nº 13, reguladora da taxa por rede de sumidoiros

Publicación provisional: 31/01/2005 BOP Nº: 24
Publicación definitiva: 31/01/2005 BOP Nº: 24
Aplicable dende: 19/07/2013

Artigo 1º. - Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004 polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello da Laracha establece a ¿taxa por expedición de documentos administrativos"

Artigo 2º. - Feito impoñible

1. -Constitúe o feito impoñible da taxa:

a)      A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autorizar a acometida á rede de sumidoiros municipal.

b)      A prestación dos servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, a través da rede de sumidoiros municipal, e o seu tratamento para depuralas.

            2. - Non estarán suxeitas á taxa as fincas derruídas, declaradas ruinosas ou que teñan a condición de solar ou terreo

Artigo 3º. - Suxeito pasivo.

1. - Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria que sexan:

a)      Cando se trate da concesión de licenza de acometida á rede, o propietario, usufrutuario ou titular do dominio útil da finca.

b)      No caso de prestación de servizos do número 1.b) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios das fincas do termo municipal beneficiarios destes servizos, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufrutuarios, habitacionistas ou arrendatarios, incluído en precario.

            2. - En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou  locais o propietario destes inmobles, quen poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servizo

Artigo 4º. - Responsables

O réxime de responsabilidades axustarase ao previsto nos artigos 41 a 43 da Lei 58/2003 xeral tributaria.

Artigo 5º. - Cota tributaria

As tarifas a aplicar serán as que se indican a continuación:

1.- Rede de sumidoiros para uso doméstico:

Cota fixa de servizo: 6,00 € ao trimestre

Ata 30 metros cúbicos ao trimestre: 0,11 €/metro cúbico

De 31 ata 60 metros cúbicos ao trimestre: 0,30 €/metro cúbico

De 61 metros cúbicos ao trimestre en diante: 0,60 €/metro cúbico

2.- Rede de sumidoiros para uso comercial ou industrial:

Cota fixa de servizo: 15,00 € ao trimestre

Ata 30 metros cúbicos ao trimestre: 0,16 €/metro cúbico

De 31 ata 60 metros cúbicos ao trimestre: 0,40 €/metro cúbico

De 61 metros cúbicos ao trimestre en diante: 0,60 €/metro cúbico

Considerarase auga para uso doméstico, a estes efectos, a que se realice en comercios ou industrias cando non supere nun trimestre os 15 metros cúbicos.

3.- Depuración para uso doméstico:

Cota fixa de servizo: 6,00 € ao trimestre

Ata 30 metros cúbicos ao trimestre: 0,11 €/metro cúbico

De 31 ata 60 metros cúbicos ao trimestre: 0,30 €/metro cúbico

De 61 metros cúbicos ao trimestre en diante: 0,60 €/metro cúbico

4.- Depuración para uso comercial ou industrial:

Cota fixa de servizo: 15,00 € ao trimestre

Ata 30 metros cúbicos ao trimestre: 0,16 €/metro cúbico

De 31 ata 60 metros cúbicos ao trimestre: 0,40 €/metro cúbico

De 61 metros cúbicos ao trimestre en diante: 0,60 €/metro cúbico

Considerarase auga para uso doméstico, a estes efectos, a que se realice en comercios ou industrias cando non supere nun trimestre os 15 metros cúbicos"

Artigo 6º. - Exencións e bonificacións

Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da presente taxa

Artigo 7º. - Devengo

1. - Devengarase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible, entendéndose iniciada esta:

a)      Na data de presentación da oportuna solicitude da licenza de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente

b)      Desde que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiros municipal. O reporto por esta modalidade da taxa producirase con independencia de que se obtivese ou non a licenza de acometida e sen prexuízo da autorización do expediente administrativo que pode instruírse para a súa autorización.

                   2. - Os servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais e da súa depuración teñen carácter obrigatorio para todas as fincas do municipio que teñan fachada a rúas, prazas ou vías públicas en que exista rede de sumidoiros, sempre que a distancia entre a rede e a finca non exceda de cen metros, e devengarase a taxa aínda cando os interesados non procedan a efectuar a acometida á rede.

Artigo 8º. - Declaración, liquidación e ingreso

1. - Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta e baixa no censo de suxeitos pasivos da taxa, no prazo que media entre a data en que se produza a variación na titularidade da finca e o último día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións producirán efecto a partir da primeira liquidación que se practique unha vez rematado o prazo de presentación destas declaracións de alta e baixa.

                   A inclusión inicial no censo farase de oficio unha vez concedida a licenza de acometida á rede.

                   2. - As cotas esixibles por esta taxa liquidaranse e recadaranse nos mesmos períodos e nos mesmos prazos que os recibos de abastecemento e consumo de auga.

                   3- No suposto de licenza de acometida, o contribuínte formulará a oportuna solicitude e os servicios tributarios deste concello unha vez concedida aquela, practicarán a liquidación que proceda, que será  notificada para ingreso directo na forma e prazos que sinala o Regulamento xeral de recadación.