Laxe - ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA TRAMITACION DAS LICENCIAS DE ACTIVIDADES

Publicación provisional: 22/04/2013 BOP Nº: 76
Publicación definitiva: 12/06/2013 BOP Nº: 111
Aplicable dende: 13/06/2013

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Directiva 2006/123/CE aprobada polo Consello Europeo con data 12 de decembro de 2006 e a súa transposición ao ordenamento español na Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio; asemade, a Lei 25/2009, do 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio e; a normativa autonómica, a Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva, establecen a comunicación previa ou declaración responsable como mecanismo ordinario de intervención no ámbito local xunto ás licenzas, o que implica unha importante modificación do réxime de control das actividades polos Concellos.

Así mesmo, a Lei 2/2011, do 4 de marzo, de economía sostible reforma a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, que agora dispón no seu novo artigo 84 bis o seguinte:

¿Sen prexuízo do disposto no artigo anterior, con carácter xeral, o exercicio de actividades non se someterá á obtención de licenza ou outro medio de control preventivo. Non obstante, poderán someterse a licenza ou control preventivo aquelas actividades que lIe afecten á protección do medio ambiente ou do patrimonio histórico-artístico, a seguridade ou a saúde públicas, ou que impliquen o uso privativo e ocupación dos bens de dominio público, sempre que a decisión de sometemento estea xustificada e resulte proporcionada. En caso de existencia de licenzas ou autorizacións concorrentes entre unha entidade local e algunha outra administración, a entidade local deberá motivar expresamente na xustificación da necesidade da autorización ou licenza o interese xeral concreto que se pretende protexer e que este non se encontra xa cuberto mediante outra autorización xa existente."

A Lei de economía sostible engade un artigo 84 ter á Lei de bases de réxime local coa seguinte redacción:

«Cando o exercicio de actividades non precise autorización habilitante e previa, as entidades locais deberán establecer e planificar os procedementos de comunicación necesarios, así como os de verificación posterior do cumprimento dos requisitos precisos para o exercicio da mesma polos interesados previstos na lexislación sectorial.»

O artigo 42 da Lei de economía sostible reforma o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e concretamente a letra i) do artigo 20.4.°, que agora establece que se cobrarán as correspondentes taxas polo outorgamento das licenzas de apertura de establecementos, así como pola realización da actividade de verificación do cumprimento dos requisitos establecidos na lexislación sectorial cando se trate de actividades non suxeitas á autorización ou control previo.

Finalmente, a disposición adicional oitava da Lei de economía sostible, en materia de avaliación da normativa existente sobre licenzas locais de actividade, establece entre outros, que no prazo de doce meses tras a entrada en vigor da presente lei e no ámbito das súas competencias, as entidades locais adaptarán a súa normativa ao previsto no artigo 84.bis da Lei de bases de réxime local.

Así pois, é preciso regular o procedemento de comunicación nunha nova ordenanza e establecer as actividades que quedan excluídas deste mecanismo de control que con carácter xeral se establece no artigo 84 bis da Lei de bases do réxime local para as actividades.

Hai que ter en conta que o propio artigo 84.bis xa establece os criterios polos que certas actividades quedan excluídas desta declaración responsable, como son a protección do medio ambiente e do patrimonio histórico-artístico, a seguridade ou a saúde públicas, ou que impliquen o uso privativo e a ocupación dos bens de dominio público.

Tamén debe terse en conta que seguen en vigor as normas que regulan procedementos especiais para autorización de certas actividades, como son o Real decreto 2816/1982, do 27 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas ou o Decreto 133/2008, do 12 de xuño, da Xunta de Galicia, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental; nestas normas esíxese que se abran períodos de información pública dado que se trata de actividades que afectan á tranquilidade e saúde dos veciños, e se require que outras Administracións concedan a súa autorización previamente á concesión da licenza municipal.

Polo tanto, a comunicación previa ou a declaración responsable non é aplicable ás seguintes actividades, que deben quedar suxeitas ao procedemento de solicitude e concesión previa de licenza:

1.-As actividades excluídas da Directiva 2006/123 CE.

2.-As que se inclúan no Catálogo de espectáculos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia aprobado por Decreto 292/2004, do 18 de novembro, e modificado por Decreto 160/2005.

3.-As actividades relacionadas no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, da Xunta de Galicia polo que se regula o procedemento de avaliación ambiental.

4.-As que precisen inspección sanitaria previa sobre condicións hixiénico-sanitarias antes do exercicio da mesma.

5.-As que requiran autorización ou informe previo e preceptivo doutra Administración.

TÍTULO I.-DISPOSICIÓNS XERAIS

ARTIGO 1.-Obxecto.

O obxecto desta ordenanza, é a adopción de determinadas medidas de simplificación administrativa en relación cos procedementos de solicitude e outorgamento de licencias de actividade ou apertura de establecementos, en virtude das competencias municipais recoñecidas polo artigo 84.1.b da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, en aplicación dos principios de celeridade e eficiencia na acción administrativa.

ARTIGO 2.-Suxeición a licenza de actividade.

1.-De conformidade coa lexislación urbanística e ambiental vixente, a licenza de actividade esixirase para a instalación, montaxe, exercicio ou explotación, traslado ou modificación substancial de calquera actividade mercantil ou industrial que se pretenda desenvolver no termo municipal de Laxe, tanto no interior de edificacións como en espazos libres, teña ou non finalidade lucrativa. Tamén se esixirá para calquera modificación que se pretenda realizar dos usos existentes, así como para os usos de carácter provisional.

2.-Para a tramitación das licenzas de actividade ou apertura, estarase ao previsto na lexislación estatal e autonómica vixente, sen prexuízo do disposto nesta ordenanza.

3.-O desenvolvemento dunha actividade comercial, industrial ou de servizos estará suxeito á presentación dunha comunicación previa ou unha declaración responsable no Concello, agás nos casos nos que esta ordenanza require que se solicite e obteña unha licenza de apertura ou de actividade.

TÍTULO II.-A COMUNICACIÓN PREVIA E ADECLARACION RESPONSABLE

ARTIGO 3.-A Comunicación previa e a declaracion responsable.

Coa finalidade de simplificar a tramitación administrativa, establécese un procedemento de comunicación previa e declaración responsable, para a implantación inmediata de determinadas actividades, en función do seu carácter inocuo ou o seu escaso risco para o mantemento da seguridade dos bens e persoas. Este procedemento aplicarase aos supostos enumerados nesta ordenanza reguladora.

2.-En virtude deste procedemento entenderase autorizado o inicio da actividade ou a actuación de que se trate, mediante o cumprimento polo interesado/a do acto de comunicación previa ou declaración responsable, segun proceda, do inicio da actividade, para os supostos, nos prazos e cos requisitos previstos nesta ordenanza reguladora.

3.-Este procedemento aplicarase para aquelas actividades ou actuacións delimitadas por esta ordenanza que, polo seu escaso impacto sobre o medio ambiente e a ordenación urbana, e pola súa mínima entidade técnica, sexa suficiente efectuar un control previo e inmediato para autorizar o seu funcionamento

4.-A estos efectos:

Entenderase como comunicación previa aquel documento mediante o que os interesados poñen en coñecemento do Concello os seus datos identificadores e demais requisitos esixibles para o exercicio dun dereito ou o inicio dunha actividade.

Entenderase como declaración responsable o documento subscrito por un interesado en que manifesta, baixo a súa responsabilidade, que cumpre cos requisitos establecidos na normativa vixente para acceder ao recoñecemento dun dereito ou o inicio dunha actividade e, que dispón da documentación que así o acredita e que se compromete a manter os seu cumprimento durante o desenvolvemento da actividade.

5. A inexactitude, falsedade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se acompañe a unha declaración responsable ou a una comunicación previa, ou a non presentación ante a Administración de calquera delas, determinará a imposibilidade de continuar coa actividade afectada dende o intre no que se teña constancia de tales feitos.

Así mesmo, a resolución da Administración pública que declare tales circunstancias poderá determinar a obriga do interesado de restituír a situación xurídica ao intre previo ao inicio da actividade sen prexuízo das responsabilidades civís, penais ou administrativas.

ARTIGO 4.-Ámbito de aplicación do procedemento de Comunicación Previa e declaración responsable.

Bastará a comunicación previa ou declaración responsable ao Concello de Laxe para a realización das seguintes actuacións:

1. Apertura de actividades mercantís ou comerciais exentas de cualificacións ambiental, así como as súas modificacións sempre que concorran as seguintes condicións:

* Que o uso de que se trate non resulte incompatible co plan urbanístico ou as ordenanzas municipais.

* Que non funcionen en horario nocturno, entendendo como tal o comprendido entre as 22.00 e as 8.00 horas.

* Que non dispoñan de instalación musical ou de calquera tipo de aparello ou equipo que sexa susceptible de ser utilizado como instalación musical.

* Que o edificio onde se pretenda exercer a actividade non se suxeite a ningún réxime de protección especial.

* Que a actividade ou calquera das súas instalacións non precisen de autorización específica con carácter previo á licenza de actividade ou apertura, conforme a lexislación ambiental ou sectorial de aplicación, salvo que no momento da solicitude xa obtivese dita autorización.

* Que non se atopen comprendidas no Catálogo de espectaculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia.

* Que, estando exentas de cualificación ambiental conforme ao establecido na lexislación vixente, pertenzan ademais a algún dos tipos de actividades relacionados nos artigos seguintes.

ARTIGO 5.-Actividades sometidas o trámite de comunicación previa.

Estarán sometidas o trámite de comunicación previa as seguintes actividades:

a) Actividades de carácter non mercantil ou industrial das que sexan titulares os órganos da Administración pública.

b) Locais comerciais ou de servizos cunha superficie construída menor de 100 m2.

c) Academias de ensino até 150 m2 de superficie construída, agás academias de baile, música ou canto.

d) Centros destinados ao culto relixioso.

e) Actividades profesionais que se desenvolvan en locais ou establecementos que non excedan de 150 m2 de superficie construída.

f) Oficinas ou locais pertencentes a entidades sen ánimo de lucro, sempre que non desenvolvan actividades mercantís ou industriais.

g) Pensións dunha, dúas e tres estrelas.

h) Garaxes de uso privado non autorizados coa licenza de edificación con capacidade inferior a cinco prazas e unha superficie que non supere os 100 m2.

i) Aparcadoiros e exposición de vehículos ao aire libre sen límite de prazas nin superficie.

j) Cambios de titularidade das actividades relacionadas nos apartados anteriores.

ARTIGO 6.-Procedemento de declaración responsable.

Estaran sometidas o trámite de declaración responsable:

a) Locais comercias ou de servizos, reparación de efectos personais e aparellos domesticos, entre 100 e 400 m2 de superficie e 15 Kw de potencia mecánica instalada. Agas comercio de vehiculos de motor, motocicletas e ciclomotores.

b) Despachos profesionais de máis de 150 m2 ata 400 m2 de superficie e 15 Kw de potencia mecánica instalada.

c) Establecementos hoteleiros ata 25 prazas sen cafetería ou restaurante.

d) Centros docentes, cunha superficie superior a 150 m2, centros de educación infantil, primaria e secundaria, agás os centros incluídos no Decreto 329/2005 da Xunta de Galicia. Aqueles centros docentes que dispoñan de instalacións tales como cociñas, piscinas, depósitos de combustible, etc, que requiran licenza de actividade ou de apertura deberán proceder a formalizar a correspondente solicitude.

e) Actividades industriais, talleres artesanais e similares, sempre que a cunha potencia mecanica isntalada non supere os 15 Kw e a sua superficie non supere os 400 m2.

f) Actividades de almacenamento de obxectos e materiais sempre que a súa superficie sexa menor de 500 m2 e a súa Qs sexa menor de 425 MJ/m2, agás as de produtos químicos ou farmacéuticos, combustibles, lubricantes, fertilizantes, praguicidas, herbicidas, pinturas, vernices, ceras ou pneumáticos.

g) Actividades de almacenamento de produtos petrolíferos, químicos con recipientes de presión ou con produtos químicos que non necesiten proxecto técnico segundo a normativa específica de aplicación.

h) Centros de diagnóstico e laboratorios de análises clínicas sen manipulación de produtos inflamables nin contaminantes.

i) Currais domésticos, entendendo por tales as instalacións pecuarias cuxa capacidade, non superen 9 cabezas de gado vacuno, equino ou porcino, 15 de ovino ou caprino, 15 coellas mai ou 50 aves.

j) Instalacións para cría ou garda de cans, susceptibles de albergar como máximo 5 cans.

k) Actividades de almacenamento de equipos e productos agrícolas, sempre que no conten con sistemas de refrixeración e/ou sistemas forzados de ventilación, que como máximo conteñan 2.000 litros de gasóleo u otros combustibles.

l) Cambios da titularidade das actividades relacionadas nos apartados anteriores.

ARTIGO 7.-Documentación.

1.-Para a Comunicación Previa de novas actividades incluídas no artigo 5 será preciso presentar a seguinte documentación:

* Instancia debidamente cuberta na que se indique:

1. O nome, enderzo, teléfono e, no seu caso, o enderezo de correo electrónico do/a titular ou titulares.

2. O nome, enderezo, teléfono e, no seu caso, o enderezo de correo electrónico do/a representante.

3. A situación exacta do local da actividade.

4. A descrición da actividade, superficie do local e indicación do grupo ou epígrafe fiscal a que pertenza a actividade.

* Plano de situación en cartografñia municipal da actividade.

* Plano do local coas suas instalacions.

* Acreditación subscrita por técnico competente que certifque que a actividade cumpre a normativa aplicable.

* Fotocopia da poliza de seguro de responsablidade civil.

* Xustificacion do aboamento, na tesoureria municipal, das taxas correspondentes.

2.-A declaración responsable para o inicio das actividades comprendidas no art. 6 debe incluir:

* Instancia debidamente cuberta na que se indique

1. O nome, enderezo, teléfono e, no seu caso, o enderezo de correo electrónico do/a titular ou titulares.

2. O nome, enderezo, teléfono e, no seu caso, o enderezo de correo electrónico do/a representante.

3. A situación exacta do local da actividade.

4. A descrición da actividade, superficie do local e indicación do grupo ou epígrafe fiscal a que pertenza a actividade.

5. Fotocopia da poliza de seguro de responsabilidade civil.

* Declaración, baixo a súa responsabilidade, de que a actividade vai desenvolverse de acordo coa normativa aplicable e que o local cumpre a normativa urbanística e a que sexa de aplicación en cada caso.

* Documentación técnica, subscrita por técnico competente, en que se describan as características do local e da actividade e se xustifique o cumprimento da normativa urbanística e a de aplicación xeral. Esta documentación deberá incluír, como mínimo: memoria xustificativa do cumprimento da normativa aplicable.

1) Plano de emprazamento da cartografía oficial.

2) Planos de plantas con situación de instalacións e maquinaria.

3) Planos de seccións con situación de maquinaria, planos de alzado e esquema unifamiliar da instalación eléctrica.

4) Certificación de execución das instalacións e medidas correctoras das instalacións.

* Xustificacion do aboamento, na tesoureria municipal, das taxas correspondentes

3.-Para a tramitación de cambios de titularidade de licenzas de actividade sometidas a comunicación previa ou declaración responsable achegaranse os datos que permitan a identificación do expediente de autorización da actividade cuxo cambio de titularidade estase a solicitar, ou a certificación municipal emitida tras a comprobación posterior á presentación no seu día da comunicación ou declaración responsable. Así mesmo, deberá achegar a seguinte documentación:

* Instancia debidamente cuberta, subscrita tanto polo anterior, como polo/a novo/a titular.

* Declaración subscrita polo/a novo/a titular, asumindo expresamente todas as obrigacións establecidas na licenza e cantas outras resulten esixibles de conformidade coa lexislación aplicable; así mesmo, declarará baixo a súa responsabilidade que non se produciron modificacións na actividade que requiran nova autorización.

* Acreditación do título de transmisión do negocio ou actividade e consentimento do transmitente no cambio de titularidade da licenza, salvo que ese consentimento estea comprendido inequivocamente no propio título.

* Certificado referente á seguridade contra incendios.

* Xustificacion do aboamento, na tesoureria municipal, das taxas correspondentes.

ARTIGO 8.-Comprobación da documentacion.

1. O Concello comprobará os datos facilitados polos interesados/as e examinará a documentación técnica achegada para comprobar se se axusta á normativa aplicable. No caso de que non se presente a documentación prevista nesta ordenanza, nas actividades suxeitas a comunicación previa , o Concello ordenará o inmediato peche da actividade, ata que se proceda á presentación de dita documentación.

No entanto, se examinada a documentación presentada se constata a existencia de deficiencias de escasa entidade o Concello requirirálle o/a titular da actividade que achegue nova documentación que emende as ditas deficiencias, concedéndolle para isto o correspondente prazo de emendas previsto no artigo 71 da Lei 30/92, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O mesmo réxime será aplicable ós supostos de comunicación previa nos que a actividade xa está a desenvolverse.

2. No suposto de que non sexan emendadas as deficiencias, no prazo legalmente concedido, procederase a ordenar o peche do establecemento.

3. No caso de que a documentación sexa correcta, os técnicos municipais cursarán visita de inspección ao local para comprobar se se axusta á documentación presentada e a normativa aplicable.

ARTIGO 9.-Inicio da actividade.

1. Una vez transcurridos 15 días dende o de presentación da comunicación previa ou declaración responsable o/a titular da actividade poderá comezar a exercela, sen prexuízo de que os técnicos municipais cursen as visitas de inspección precisas para comprobar se se axusta á normativa aplicable.

2. O incumprimento dos requisitos sinalados na lexislación vixente ou nesta ordenanza determinará a imposibilidade de seguir exercendo a actividade dende o intre en que se teña constancia destes feitos, sen prexuízo das responsabilidades civís, penais e administrativas, en que poida incorrer o/a interesado/a.

A resolución que declare estas circunstancias poderá determinar a obriga do/a interesado/a de restituír a situación xurídica ao intre previo ao inicio da actividade.

3. En todo caso, o/a titular da actividade será o/a único/a responsable das molestias ou prexuízos que poida causar.

ARTIGO 10.-Realización de obras.

1. Nos casos nos que sexa precisa a realización de obras de construción ou acondicionamento do local, deberá solicitarse a oportuna licenza e achegar a documentación técnica esixible, con independencia que se trate dunha actividade suxeita a comunicación previa ou declaracón responsable.

2. Rematadas as obras o/a titular da actividade notificarao ao Concello aportando o certificado final do técnico/a director/a e os boletíns dos instaladores autorizados para que se poida cursar a pertinente visita de inspección. .

3. Aquelas actuacións de escasa entidade técnica e construtiva, que non precisen a presentación dun proxecto técnico e que non supoñan a necesidade de controlar aspectos urbanísticos, de accesibilidade ou de seguridade, como as de substitución de pavimentos, pintura, tarefas de adecentamento e limpeza dos locais, substitución de sanitarios e semellantes, poderán incluírse na correspondente comunicación previa ou declaración responsable da actividade, achegando para isto, unha memoria descritiva das obras que se van realizar, o orzamento por capítulos, plano de situación en cartografía oficial.

ARTIGO 11.-Inspección e comprobación.

1. No suposto de actividades suxeitas ao réxime de comunicación previa ou declaración responsable regulado na presente ordenanza, a Administración realizará ás comprobacións oportunas e emitirá un acta da inspección do técnico/a municipal para que quede constancia de que a actividade se axusta á documentación achegada e á normativa aplicable.

2. Nestes procedementos o Concello deberá proceder a efectuar a inspección nun prazo máximo de tres meses dende a presentación da comunicación ou a declaración responsable.

3. O vencemento deste prazo sen terse notificado a acta da inspección lexítima ao interesado/a que tivese presentada a solicitude para entendela estimada por silencio administrativo, agás nos supostos nos que unha norma con rango de lei por causas xustificadas de interese xeral ou unha norma de dereito comunitario europeo establezan o contrario.

4. En ningún caso se entenderán adquiridos dereitos en contra do disposto na lexislación e o planeamento vixente.

ARTIGO 12 .-Falta de presentación da comunicación.

Nos casos nos que se exerza unha actividade sen a debida presentación da comunicación previa ou declaración responsable, ou cando non cumpra a normativa aplicable ordenarase o peche do establecemento, sen prexuízo da aplicación do disposto na Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e a súa normativa de desenvolvemento.

TÍTULO III.-A LICENZA DE APERTURA OU DE ACTIVIDADE

ARTIGO 13.-Da licencia de apertura e actividade.

1. Deberá solicitarse a pertinente licenza de apertura ou de actividade para a instalación, montaxe, exercicio ou explotación, traslado ou modificación substancial de calquera actividade mercantil ou industrial que se pretenda desenvolver no termo municipal de Laxe, tanto no interior de edificacións como en espazos libres, asi como para calquera modificación que se pretenda realizar dos usos existentes, ou para os usos de carácter provisional naqueles casos nos que así o esixe a protección do medio ambiente ou do patrimonio histórico-artístico, a seguridade ou a saúde públicas, ou que impliquen o uso privativo ou a ocupación dos bens de dominio público.

2. Enténdese que se encontran nos supostos previstos no parágrafo anterior as seguintes actividades:

a) As excluídas do ámbito de aplicación da directiva 2006/123/CE e, polo tanto non recollidas nos artigos 4 e 5 da presente ordenanza.

b) As que se inclúen no Decreto 292/2004, do 18 de novembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia, modificado por Decreto 160/2005.

c) As que requiran autorización ou informe previo e preceptivo doutra administración (protección do medio ambiente, patrimonio histórico artístico, augas...).

d) As actividades relacionadas no decreto 133/08 que regula o procedemento de avaliación ambiental.

e) As que precisen inspección sanitaria previa sobre condicións hixiénico-sanitarias antes do exercicio da mesma.

f) As estacións base de telefonía móbil e as antenas excluídas do réxime de comunicación previa.

g) As actividades e servizos non suxeitos ao trámite de comunicación previa ou declaración responsable, e, polo tanto, non incluídos nas relacións contidas nesta ordenanza.

ARTIGO 14.-Simultaneidade de licencias de obra e actividade.

1.-Cando se solicite simultaneamente o outorgamento das licenzas de actividade e de obra, non poderá outorgarse esta última sen o previo outorgamento da primeira.

2.-A solicitude de licenza de obra será obxecto de informe técnico verbo da compatibilidade da actividade proxectada co ordenamento e o planeamento urbanísticos.

3.-Para o caso de ser o proxecto contrario á normativa urbanística aplicable, o Concello denegará de modo expreso e motivado as licenzas de obra e actividade. No suposto contrario, o informe técnico estenderase á análise do cumprimento da normativa aplicable ao desenvolvemento da actividade e, previo cumprimento dos demais trámites, elevarase proposta ao órgano competente para o outorgamento ou non das licenzas de actividade e obra.

ARTIGO 15.-Procedemento de ougorgamento da licencia.

Nos supostos nos que debe solicitarse a licenza de apertura ou de actividade, esta tramitarase de acordo co procedemento establecido pola normativa aplicable en cada caso e concederase xunto coa licenza urbanística cando sexa preciso a realización de obras de construción ou de acondicionamento.

Naqueles casos nos que non exista normativa aplicable o porcedemento a seguir sera o seguinte:

15.1.-Iniciación do procedemento.

O procedemento de outorgamento da licenza de actividade iniciarase a solicitude do/a interesado/a, para o que deberá presentar a seguinte documentación:

* Instancia debidamente cuberta na que se indique:

1. O nome, enderezo, teléfono e, no seu caso, o enderezo de correo electrónico do/a solicitante ou solicitantes.

2. O nome, enderezo, teléfono e, no seu caso, o enderezo de correo electrónico do representante.

3. A situación exacta do local da actividade.

4. A descrición da actividade, superficie do local e indicación do grupo ou epígrafe fiscal a que pertenza a actividade.

5. A esta solicitude xuntarase a de licenza de obras no caso de que para o exercicio da actividade sexa preciso acometer obras de algún tipo.

* Proxecto técnico por triplicado asinado por técnico/a competente e visado polo respectivo colexio oficial, no que necesariamente se incluirán os seguintes documentos:

1.-Memoria, que incluirá:

1.1.-Descrición técnica detallada:

Da actividade;

Da maquinaria a instalar.

Da superficie total do local e de cada un dos seus departamentos.

Da situación dos elementos emisores de ruídos ou vibracións (incluirá especificacións técnico- acústicas da fonte emisora, niveis sonoros de emisión máxima, diagrama de actividade e mecanismos de control).

Dos medios e sistemas correctores propostos para a reducción de ruídos e vibracións e a xustificación da obtención dos niveis sonoros máximos admisibles.

Do procedemento de depuración e eliminación de gases e olores.

Da evacuación de augas lixadas e residuos sólidos e das instalacións hixiénico- sanitarias.

1.2.-Xustificación do cumprimento das Normas Básicas da Edificación sobre condicións térmicas, acústicas e de protección contra incendios.

1.3.-Xustificación do cumprimento da normativa urbanística.

2.-Planos:

Do emprazamento da actividade.

De plantas de distribución, sinalando a posición da totalidade da maquinaria instalada, dos medios de extinción de incendios e da posición e características das luces e sinalización de emerxencia.

No seu caso, de plantas de zonificación e sectorización do local ou locais para o cumprimento da norma básica sobre protección contra incendios.

De sección, detallando a situación relativa da actividade respecto dos andares superior e inferior e o destino destes, acotando as alturas libres resultantes da implantación das instalacións e medidas correctoras.

De alzado da fachada.

Das instalacións de electricidade, fontanería, saneamento, ventilación e climatización.

2.-Para o caso de que tamén deba solicitarse licenza de obra, deberase achegar a documentación técnica pertinente, sen prexuízo de que, no seu caso, poida formar parte do proxecto presentado para o outorgamento da licenza de apertura.

3.-Con carácter previo á presentación da solicitude de outorgamento de licenza de actividade, os/as interesados/as poderán consultar ao Concello de Laxe respecto da incidencia ambiental da actividade que se pretenda desenvolver e sobre a documentación técnica a presentar.

4.-Nos supostos de modificación dunha actividade previamente autorizada, a solicitude e documentación anexa debe ir referida á parte ou partes da actividade afectadas pola modificación.

15.2.-Tramitación.

1.-O prazo máximo no que debe resolverse o expediente e notificarse a resolución será de tres meses. Este prazo ampliarase automáticamente polo número de días que, previo requirimento, se lle outorgasen o/a solicitante para a mellora e subsanación de deficiencias da súa solicitude, sen prexuízo da caducidade do expediente por inactividade do solicitante.

2.-Recibida a solicitude e documentación anexa disporase a apertura dun trámite de información pública mediante a publicación no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de editos do Concello dun anuncio no que se fará constar:

* Identificación do/a solicitante.

* Actividade que pretende desenvolverse.

* Lugar de emprazamento da actividade que pretende desenvolverse.

* Así mesmo notificarase persoalmente aos veciños lindeiros do inmoble no que pretenda desenvolverse a actividade.

Exceptúanse do trámite de información pública e notificación persoal a lindeiros as solicitudes para o desenvolvemento de actividades que unicamente xeren ruídos e vibracións e que vaian emprazarse en polígonos ou áreas industriais.

3.-Logo do trámite de información pública os servizos municipais emitirán informe técnico relativo aos seguintes extremos:

* Adecuación e cumprimento da normativa urbanística aplicable e, no seu caso, sobre o cumprimento das Normativa Básica de Edificación.

* Cumprimento das ordenanzas municipais;

* Cumprimento da normativa relativa ao funcionamento da actividade e, en especial, sobre a normativa de ruídos e garantía e eficacia dos sistemas correctores propostos.

* Ao informe técnico unirase informe xurídico emitido polos servizos municipais.

4.-Con carácter simultáneo ás anteriores actuacións, procederase a recabar os informes sectoriais que fosen precisos en atención á natureza da actividade que se pretenda desenvolver.

5.-Durante a tramitación do procedemento o Concello poderá requirir o/a solicitante a presentación da documentación que estimen precisa para a resolución do expediente e, no seu caso, para que procedan á modificación do proxecto naqueles aspectos que se consideren subsanables. Co requirimento outorgarase un prazo para o seu cumprimento que, en ningún caso, poderá exceder da metade do prazo establecido para a resolución do expediente.

15.3.-Resolución.

1.-Evacuado o trámite regulado no apartado 4 do artigo anterior e informadas, no seu caso, as alegacións que se presentasen, o instructor do procedemento elevará ao órgano competente proposta para a resolución do procedemento.

2.-O órgano competente denegará o outorgamento da licenza, de xeito expreso e motivado, cando a actividade pretendida resulte incompatible coa normativa urbanística coa lexislación aplicable o desenvolvemento da actividade no establecemento escollido ou coas ordenanzas municipais. Noutro caso, a resolución de outorgamento conterá os seguintes extremos:

* Titular da licenza.

* Actividade autorizada.

* Situación do establecemento.

* Condicións particulares da licenza, que poderán facer referencia a: superficie do local, aforo máximo autorizado, elementos con incidencia negativa sobre o medio ambiente e medidas correctoras a implantar.

3.-A resolución do expediente de licenza de actividade notificarase a tódolos interesados/as que comparecesen no expediente.

15.4.-Licencia de autorización de funcionamento.

1.-Unha vez executadas as obras e implantada a actividade, o/a titular da licenza de actividade poderá solicitar o outorgamento da licenza de apertura do establecemento, a solicitude dirixirase ao alcalde- presidente do Concello de Laxe e con ela achegarase a seguinte documentación:

* Certificado de fin de instalación conforme á licenza outorgada, asinado por técnico competente e visado polo correspondente colexio profesional.L NCIA DA OA.

* Certificado de fin de obra, asinado pola dirección facultativa da mesma e visado polo correspondente colexio profesional, no seu caso.

* Certificación sobre cumprimento da normativa sobre contaminación acústica e medición de illamento acústico expedida por empresa homologada para efectuar medicións en materia de contaminación acústica e vibracións, de conformidade coa normativa de aplicación.

* Xustificante de estar dado de alta nos padróns da taxa pola prestación do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e do imposto sobre bens inmobles, ou solicitude de alta perante o Concello.

* Copia da alta selada no epígrafe do imposto de actividades económicas que corresponda.

3.-O prazo máximo para a resolución do expediente e notificación da resolución ditada será de tres meses, sen prexuízo da ampliación automática do prazo polo número de días que, previo requirimento, se lle outorgasen o/a solicitante para a corrección de deficiencias, sen prexuízo da eventual caducidade por inactividade do interesado/a.

2.-Unha vez presentada a documentación descrita no artigo anterior, e con carácter previo ao outorgamento da licenza de apertura, os servizos técnicos municipais xirarán visita de comprobación da implantación da actividade de conformidade coa licenza outorgada e coas medidas correctoras impostas, da que levantarán acta.

3.-Unha vez comprobado o axuste da implantación da actividade á licenza outorgada, o órgano competente resolverá verbo do outorgamento da licenza ou autorización de funcionamento ou apertura.

4.-Se da acta de comprobación se desprende que a actividade implantada non se axusta á autorizada ou se efectuou unha deficiente ou incorrecta aplicación das medidas correctoras, o Concello requirirá o/a interesado/a para a adopción das medidas de adecuación pertinentes e ata en tanto non poderá outorgarse a licenza.

5.-Outorgada a licenza de funcionamento ou apertura, ao seu titular faráselle entrega dun documento administrativo de formalización da mesma expedido pola Secretaría da Corporación que deberá figurar en lugar visible no establecemento e no que constarán os seguintes datos: número de licenza; titular da licenza; data de expedición da licenza; actividade autorizada; aforo máximo permitido no local, no seu caso.

6.-As actividades autorizadas deberán comezar a desenvolverse nun prazo máximo de seis meses a contar desde o día seguinte ao de outorgamento da licenza de apertura ou no que estableza a normativa sectorial de aplicación. O incumprimento deste prazo dará lugar á declaración de caducidade da licenza polo Concello, unha vez instruído expediente contraditorio.

ARTIGO 16.-Modificación das licenzas de actividade e apertura.

As licenzas de actividade e apertura deberán modificarse cando se produza unha modificación que, sen ter o carácter de ¿" teña como fin a adaptación da actividade ás modificacións da normativa aplicable, do progreso técnico e científico, ás prescricións relativas á seguridade, saúde e medidas de autoprotección ou outros aspectos de competencia municipal, sen prexuízo da procedencia de sometemento ao procedemento de avaliación de incidencia ambiental, no seu caso.

ARTIGO 17.-Transmisión das licenzas de actividade e apertura.

1.-Os titulares das licenzas de actividade e apertura poderán transmitilas comunicándoo previamente ao Concello e acreditando a transmisión.

* Instancia debidamente cuberta, subscrita tanto polo/a anterior, como polo/a novo/a titular.

* Declaración subscrita polo/a novo/a titular, asumindo expresamente todas as obrigacións establecidas na licenza e cantas outras resulten esixibles de conformidade coa lexislación aplicable; así mesmo, declarará baixo a súa responsabilidade que non se produciron modificacións na actividade que requiran nova autorización.

* Acreditación do título de transmisión do negocio ou actividade e consentimento do transmitente no cambio de titularidade da licenza, salvo que ese consentimento estea comprendido inequivocamente no propio título.

* Certificado referente á seguridade contra incendios.

2.-O Concello tomará razón da referida transmisión e do cambio de titular.

3.-O/a novo/a titular da licenza subrogarase nos dereitos, obrigas e responsabilidades do anterior titular, coa excepción das responsabilidades de orde sancionador.

4.-Unha vez producida a transmisión, o/a novo/a titular poderá solicitar a expedición dun documento administrativo de formalización da licenza de apertura ao seu nome.

ARTIGO 18.-Vixilancia e seguimento.

1.-Correspóndelle ao Concello de Laxe exercer os labores de vixilancia e seguimento do cumprimento das condicións establecidas nas licenzas de actividade outorgadas ao abeiro desta ordenanza durante todo o prazo de desenvolvemento da actividade.

2.-O Concello de Laxe exercerá os labores de vixilancia e seguimento descritas no apartado anterior de conformidade

co réxime establecido no capítulo I do título IV da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia.

ARTIGO 19.-Réxime sancionador.

O incumprimento das obrigas establecidas nesta ordenanza poderá dar lugar á tramitación do correspondente procedemento sancionador, de conformidade co establecido nos Capítulos II, III e IV do Título IV da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, sen prexuízo das responsabilidades civís, penais ou doutra orde a que houbese lugar.

Disposición transitoria única.

Os/As promotores/as dos expedientes que á entrada en vigor da presente ordenanza se atopasen en tramitación neste Concello e se refiran a actuacións que entren no ámbito de aplicación da comunicación previa poderán acollerse a ditos procedementos presentando para elo a documentación prevista nesta ordenanza.

Disposición final.

De conformidade co establecido nos artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, a presente ordenanza entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación completa no Boletín Oficial da Provincia, unha vez aprobada definitivamente polo Pleno da Corporación.

ANEXO

1. Modelo de comunicación previa.

2. Modelo de Declaración responsable.

3. Modelo de Certificación de execución.

4. Modelo de Instancia de Licencia de actividade.

Laxe, 31 de maio de 2013.

O alcalde

Antonio Carracedo Sacedón

missing
missing
missing
missing
missing
missing
missing
missing
missing

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

A ordenanza dispón a súa entrada en vigor ó día seguinte a súa publicación no B.O.P., pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das Bases do Réxime Local establece que:

 ¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo). 

Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."