Sede electrónica Deputación Provincial da Coruña

11:20:28 Domingo 20 de xuño 2021

Información

Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Sección de Servizos Sociais

7/06/21

No Boletín Oficial da Provincia, o día 7 de xuño de 2021, publícase a resolución pola que se aproba a concesión provisional do programa FOIO0A: Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2021.

No caso de que a concesión provisional estea condicionada, deberá emendar os erros que se sinalen na dita resolución de concesión, no prazo de 10 días hábiles (5 días en caso de tramitación de urxencia), contados a partir do día seguinte ao da publicación, polo que o prazo finaliza o 21 de xuño de 2021; se neste prazo non emenda os erros entenderase que desiste da solicitude presentada.

Así mesmo, no prazo sinalado poderá comunicar a desistencia, presentar alegacións, solicitude de reformulación ou de cambio de obxecto nos programas que o permitan; se neste prazo non desiste expresamente, a aportación provincial considerarase aceptada tacitamente.