Sede electrónica Deputación Provincial da Coruña

22:20:51 Martes 26 de outubro 2021

Información

Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Sección de Acción Social, Cultural e Deportes.

27/04/21

No Boletín Oficial da Provincia, o día 27 de abril de 2021, publícase a resolución pola que se aproba a concesión provisional do programa FOCVAA: Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de programas sociosanitarios durante o ano 2021.

 No caso de que a concesión provisional estea condicionada, deberá emendar os erros que se sinalen na dita resolución de concesión, no prazo de 10 días hábiles (5 días en caso de tramitación de urxencia), contados a partir do día seguinte ao da publicación, polo que o prazo finaliza o 11 de maio de 2021; se neste prazo non emenda os erros entenderase que desiste da solicitude presentada.

Así mesmo, no prazo sinalado poderá comunicar a desistencia, presentar alegacións, solicitude de reformulación ou de cambio de obxecto nos programas que o permitan; se neste prazo non desiste expresamente, a aportación provincial considerarase aceptada tacitamente.