Sede electrónica Deputación Provincial da Coruña

23:18:42 Martes 26 de outubro 2021

Información

Servizo de Promoción Económica, Turismo e Emprego

26/04/2021

No Boletín Oficial da Provincia, o día 26 de abril de 2021, publícase a resolución pola que se aproba a concesión provisional do programa FO023B: Convocatoria do programa de socorrismo dirixido a concellos da provincia da Coruña durante o exercicio 2021.

No caso de que a concesión provisional estea condicionada, deberá emendar os erros que se sinalen na dita resolución de concesión, no prazo de 10 días hábiles (5 días en caso de tramitación de urxencia), contados a partir do día seguinte ao da publicación, polo que o prazo finaliza o 10 de maio de 2021; se neste prazo non emenda os erros entenderase que desiste da solicitude presentada.

Así mesmo, no prazo sinalado poderá comunicar a desistencia, presentar alegacións, solicitude de reformulación ou de cambio de obxecto nos programas que o permitan; se neste prazo non desiste expresamente, a aportación provincial considerarase aceptada tacitamente.