Sede electrónica Deputación Provincial da Coruña

08:02:41 Sábado 8 de agosto 2020
Estás en:

Información

Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Sección de Servizos Sociais

31/07/20

No Boletín Oficial da Provincia na páxina web da Deputación do día 14 de abril de 2020, foi publicada a resolución de concesión provisional do programa FOIO0A: Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2020.

No caso de que a concesión provisional estea condicionada, deberá emendar os erros que se sinalen na dita resolución de concesión, no prazo de 10 días hábiles (5 días en caso de tramitación de urxencia), contados a partir do día seguinte ao da publicación, polo que o prazo finaliza o 14 de agosto de 2020; se neste prazo non emenda os erros entenderase que desiste da solicitude presentada.

Así mesmo, no prazo sinalado poderá comunicar a desistencia, presentar alegacións, solicitude de reformulación ou de cambio de obxecto nos programas que o permitan; se neste prazo non desiste expresamente, a aportación provincial considerarase aceptada tacitamente.