Sede electrónica Deputación Provincial da Coruña

02:34:24 Domingo 22 de setembro 2019
Estás en:

Detalle trámite

Presentación recursos administrativos

O procedemento "presentación de recursos administrativos" permite ao cidadán recorrer contra os actos administrativos ditados pola Deputación en calquera materia, sempre que se faga cumprindo as condicións e nos prazos que marca o acto/procedemento obxecto do recurso.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Organismo, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Instancia.
  • Escrito co contido completo do recurso, e outra documentación complementaria.

Nome: Presentación de recursos administrativos.

Unidade tramitadora: Secretaría.

Inicio do procedemento: A instancia de parte ou de oficio.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Presidencia.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Prazo de execución: O prazo establecido na Lei dependendo do recurso que se presente.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.