Miño - Ordenanza nº 21, reguladora do prezo público polos servizos culturais e deportivos

Publicación provisional: 03/11/2005 BOP Nº: 251
Publicación definitiva: 22/12/2005 BOP Nº: 291
Aplicable dende: 08/01/2014

Artigo 1.º Fundamento.

De conformidade co previsto no artigo 41, en relación co 127, ámbolos dous do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislatico 2/2004, de 5 de marzo, e demais normativa concordante de aplicación este Concello establece o prezo público pola prestación de servizos culturais e deportivos polo Concello de Miño.

Artigo 2.º Concepto e réxime dos prezos públicos.

2.1.-O prezo público regulado nesta ordenanza constitúe un ingreso de dereito público que se satisfará polos usuarios que voluntariamente soliciten os servizos culturais e deportivos prestados polo Concello de Miño.

2.2.- O prezo público rexerase polas seguintes normas:

a) Polas normas contidas no RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, da que será supletorio o Título III da Lei de TAXas e Prezos Públicos.

b) Polos acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local, con ocasión da fixación do prezo público, conforme ó artigo 23.2 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases do réxime local.

Artigo 3.º Obrigados ó pagamento

Están obrigados ó pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza quen se beneficie dos servizos deportivos e culturais municipais prestados polo Concello e especificados no artigo 4.º da presente ordenanza.

Artigo 4.º Tarifas.

1 Servizos deportivos municipais

1.1 Natación(traslado): 21,56 euros cuatrimestrais

1.2 Escola de Tenis (Entre a segunda quincena de xullo e o mes de agosto): 13,20 euros quincenais

1.3 Fútbol Sala: 42,35 euros cuatrimestrais

1.4 Aerobic: 53,13 euros cuatrimestrais (18-55 anos)

40,04 euros cuatrimestrais (+55 anos)

1.5 Pilates: 53,13 euros cuatrimestrais (18-55 anos)

40,04 euros cuatrimestrais (+55 anos)

1.6 Ximnasia: 53,13 euros cuatrimestrais (18-55 anos)

40,04 euros cuatrimestrais (+55 anos)

1.7. Volei praia (entre a segunda quincena de xullo e o mes de agosto): 15,00 € quincenais.

1.8. Aquapark:

7,00 € (0-4 anos)

11,00 € (5-12 anos)

12,60 € (+12 anos)

1.9. Kaiak polas fragas do Eume:

17,00 € (–18 anos)

22,00 € (+18 anos)

1.10. Outras escolas deportivas non expresamente tarifadas: 42,35 € cuatrimestrais.

2 Servizos culturais municipais

2.1 Debuxo e pintura:

42,35 euros cuatrimestrais ( 3-18 anos)

53,13 euros cuatrimestrais (+18 anos)

40,04 euros cuatrimestrais (+55 anos)*

2.2 Encaixe de palillos e similares, (bordado, costura, etc.)

53,13 euros cuatrimestrais (+18 anos)

40,04 euros cuatrimestrais (+55 anos)*

2.3 Bailes de Salón

42,35 euros cuatrimestrais ( 16-18 anos)

53,13 euros cuatrimestrais (+18 anos)

40,04 euros cuatrimestrais (+55 anos)*

2.4 Manualidades

42,35 euros cuatrimestrais ( 3-18 anos)

53,13 euros cuatrimestrais (+18 anos)

40,04 euros cuatrimestrais (+55 anos)*

2.5 Cursos de Inglés:

80,00 euros cuatrimestrais

2.6 Outros obradoiros culturais non expresamente tarifados:

42,35 euros cuatrimestrais ( 16-18 anos)

53,13 euros cuatrimestrais (+18 anos)

40,04 euros cuatrimestrais (+55 anos)*

3 Viaxes Culturais “Imos de Paseo” para persoas maiores de 55 anos

3.1 Prezo da viaxe:

7 euros/ viaxe ata maio de 2012

8 euros/viaxe a partir de outubro de 2012

4 Eventos culturais

3.1 Venta de accesorios 5 euros

3.2 Venta de produtos de degustación 1 euros

5 Servizos Sociais municipais

5.1 Apoio ás familias nos períodos vacacionais

50 euros mensuais para os períodos de Nadal e Semana Santa

60 euros mensuais os meses de xullo e agosto.

As cotas deste 5.1 non se reducen polas bonificacións previstas na ordenanza.

As cotas deste 5.1 non se reducen polas bonificacións previstas na ordenanza.

5.2 Xornadas de Convivencia para persoas maiores de 55 anos

Felicitación de Nadal 12 euros

Xuntanza de Maiores 12 euros

No caso das actividades tarifadas anteriormente para as actividades aplicaranse as seguintes reduccións:

a) No caso de matricularse dous irmáns, a bonificación para a familia será do 25% sobre o prezo total

b) No caso de matricularse tres irmáns, a bonificación para a familia será do 50% sobre o prezo total

6 Os prezos por franxas de idade variaran a partir do día 1 de outubro de 2012 quedando a partir de esa data da seguinte maneira:

6. Os prezos por franxas de idade variaran a partir da entrada en vigor da modificación de 04-11-2013, quedando da seguinte maneira:

6.1 Debuxo e pintura:

* 3-18 anos.

* +18 anos.

* A partir de 65 anos.

6.2 Encaixe de palillos e similiares (bordado, costura, etc..):

* +18 anos.

* A partir de 65 anos.

6.3 Bailes de salón

* +18 anos.

* A partir de 65 anos.

6.4 Manualidades

* 3-18 anos.

* +18 anos.

* A partir de 65 anos.

6.5 Outros obradoiros culturais non expresamente tarifados

* 3-18 anos.

* +18 anos.

* A partir de 65 anos.

7. Desprazamentos para actividades culturais e deportivas.

7.1. Actividades de medio día: 4,00 € viaxe.

7.2. Actividades de día completo: 8,00 € viaxe.

Artigo 5.º Normas de xestión.

1. A obriga do pagamento do prezo público xurde desde que se inicia a prestación do servizo deportivo ou cultural enumerado no artigo anterior. Nembargantes, poderase esixir o depósito previo do seu importe.

2. A estos efectos, deberase practicar polo obrigado ó pago a declaración-liquidación (autoliquidación) correspondente, ingresándose o importe do precio público nas entidades bancarias colaboradoras deste concello, e sempre antes de iniciar a actividade.

3. O ingreso do prezo público se fará ben na Tesourería municipal ou en calquera das entidades bancarias nas que o Concello ten conta aberta. Non se prestará o servizo solicitado sen a presentación do xustificante de ter ingresado o correspondente prezo público.

4. Cando por causas non imputables ó obrigado ó pagamento do prezo, non se preste o servicio, procederá a devolución do importe correspondente.

5. No caso de existir varias solicitudes coincidentes darase preferencia no caso dos particulares ós empadroados no Concello de Miño e no caso de entidades ás que teñan a súa sede social no Concello.

6. As débedas por prezos públicos poderán esixirse polo procedemento de apremio.

7. Unha vez prestado o servizo, polo responsable da dependencia correspondente, darase conta do cumprimento, duración e contido deste.

Nun prazo de quice días dende a prestación do servizo, remitirase ós servizos económicos municipais o importe resultante da devandita prestación, xunto coa conta xustificativa correspondente (cotas, entradas, relación de matrículas....).

Artigo 6º . Delegación na Xunta de Goberno Local.

No suposto de que o servizo ou actividade cultural ou deportiva a prestar polo Concello, non se encontre tarifada na presente Ordenanza ou resulte necesaria a modificación ou actualización das contías, delégase na Xunta de Goberno Local, conforme os artigos 47 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e 23.2 b) da Lei 7/85, de 2 de abril, o establecemento da tarifa ou a actualización da mesma, a proposta do servicio técnico correspondente co previo informe do interventor municipal.

Disposición Final

A presente ordenanza, unha vez aprobada definitivamente, será publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse unha vez transcorra o prazo previsto no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e manterase en vigor mentres no se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.