Miño - ORDENANZA Nº 21 REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLOS SERVIZOS CULTURAIS E DEPORTIVOS
Artigo 1.º Fundamento.
Artigo 2.º Concepto e réxime dos prezos públicos.
2.1.-O prezo público regulado nesta ordenanza constitúe un ingreso de dereito público que se satisfará polos usuarios que voluntariamente soliciten os servizos culturais e deportivos prestados polo Concello de Miño.
2.2.- O prezo público rexerase polas seguintes normas:
a) Polas normas contidas no RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, da que será supletorio o Título III da Lei de TAXas e Prezos Públicos.
b) Polos acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local, con ocasión da fixación do prezo público, conforme ó artigo 23.2 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases do réxime local.
Artigo 3.º Obrigados ó pagamento
Artigo 4.º Tarifas.
4.1. O prezo público que se debe pagar ó Concello polos servizos deportivos e culturais municipais, cinguirase ás seguintes tarifas:
TARIFA 1. Servicio de escolas para infancia e xuventude (ata 18 anos).
Tarifa .- Concepto.- Tarifa
1.1.- Escola deportiva de aerobic , por alumno.-
1.1.1.- 2 horas/semana.- 55,00 euros
1.1.2.- 3 horas/semana.- 87,00 euros
1.2.- Escola deportiva de natación , por alumno.-28,00 euros
1.3.- Escola de fútbol por alumno.-55,00 euros
1.4 Escola de teatro por alumno.- 55,00 euros
1.5 Debuxo e pintura.- 55,00 euros
TARIFA 2. Actividades para adultos (> 18 anos).
Tarifa .- Actividade.- Tarifa
2.1.- Escola deportiva de aerobic, por alumno.-
2.1.1.- 2 horas/semana.- 69,00 euros
2.1.2.- 3 horas/semana.- 99 euros
2.2.- Escola de teatro por alumno.- 69,00 euros
2.3.- Encaixe de bolillos.- 69,00 euros
2.4 Debuxo e pintura.- 69,00 euros
TARIFA 3. Actividade terceira idade (de 55 anos en adiante)
3.1 Ximnasia de mantemento.- 52,00 euros
3.2 Escola deportiva de aerobic, por alumno.
3.2.1.- 2 horas/semana.- 52,00 euros
3.2.2.- 3 horas/semana.- 84,00 euros
3.3 Ioga, por alumno.-
3.3.1.- 1,5 horas/semana.- 52,00 euros
3.3.2.- 3 horas/semana.- 99 euros
3.4 Escola de teatro por alumno.- 52,00 euros
3.5 Encaixe de bolillos por alumno.- 52,00 euros
No caso das actividades tarifadas anteriormente, permitiráse aboar a tarifa en dous prazos: un en novembro e outro en febreiro.
As cotas anteriores redúcense pola aplicación das seguintes bonificacións ou reduccións :
a) Por cada alumno matriculado en duas actividades, 25 % de bonificación sobre o prezo total.
b) Por cada alumno matriculado en tres actividades, 50% de bonificación sobre o prezo total.
c) No caso de matricularse dous irmáns, a bonificación para a familia será do 25% sobre o prezo total.
d) No caso de matricularse tres irmáns, a bonificación para a familia será do 50% sobre o prezo total.
4.2 Outros cursos e obradoiros organizados polo Concello:
O prezo das matrículas cubrirá o 100% do custo total do curso ou actividade, segundo o estudio de custos presentado polo Departamento de Cultura na súa proposta, correspondendo ó organo competente a aprobación individualizada de cada prezo á vista da proposta presentada. Sen embargo, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico do Servizos correspondentes, o órgano compatente poderá fixar un prezo que non cubra o coste do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación presupostaria para a cobertura da diferencia existente.
4.3 Viaxes e excursións organizados polo Concello:
O prezo será fixado polo órgano competente de xeito que, polo número dos solicitantes, se cubra o coste total do mesmo. Sen embargo, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico do Servizos correspondentes, o órgano compatente poderá fixar un prezo que non cubra o coste do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación presupostaria para a cobertura da diferencia existente.
4.4. Campamentos e actividades de tempo libre:
O prezo será fixado polo òrgano competente de xeito que, polo número dos solicitantes, se cubra o coste total do mesmo. Sen embargo, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico do Servizos correspondentes, o órgano competente poderá fixar un prezo que non cubra o coste do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación presupostaria para a cobertura da diferencia existente.
Artigo 5.º Normas de xestión.
1. A obriga do pagamento do prezo público xurde desde que se inicia a prestación do servizo deportivo ou cultural enumerado no artigo anterior. Nembargantes, poderase esixir o depósito previo do seu importe.
2. A estos efectos, deberase practicar polo obrigado ó pago a declaración-liquidación (autoliquidación) correspondente, ingresándose o importe do precio público nas entidades bancarias colaboradoras deste concello, e sempre antes de iniciar a actividade.
3. O ingreso do prezo público se fará ben na Tesourería municipal ou en calquera das entidades bancarias nas que o Concello ten conta aberta. Non se prestará o servizo solicitado sen a presentación do xustificante de ter ingresado o correspondente prezo público.
4. Cando por causas non imputables ó obrigado ó pagamento do prezo, non se preste o servicio, procederá a devolución do importe correspondente.
5. No caso de existir varias solicitudes coincidentes darase preferencia no caso dos particulares ós empadroados no Concello de Miño e no caso de entidades ás que teñan a súa sede social no Concello.
6. As débedas por prezos públicos poderán esixirse polo procedemento de apremio.
7. Unha vez prestado o servizo, polo responsable da dependencia correspondente, darase conta do cumprimento, duración e contido deste.
Nun prazo de quice días dende a prestación do servizo, remitirase ós servizos económicos municipais o importe resultante da devandita prestación, xunto coa conta xustificativa correspondente (cotas, entradas, relación de matrículas....).