Toques - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA DE CAMPAMENTOS DE VERAN E NADAL . (NÚMERO 13)

Publicación provisional: 19/11/2013 BOP Nº: 220
Publicación definitiva: 07/01/2014 BOP Nº: 3
Aplicable dende: 01/01/2014

Artigo 1.- Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por participación en campamentos, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2.- Feito impoñible

Constitue o feito impoñible da taxa a participación nos campamentos que organice o concello de Toques .

Artigo 3.- Suxeito pasivo.

Son suxeitos as persoas físicas ou xurídicas que soliciten a participación de nenos/as nos campamentos de verán.

Artigo 4.- Responsables.

1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2.- Serán responsables subsidirarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.- Cota tributaria.

A cota tributaria será a seguinte:

Campamentos de verán: 30 euros por participante.

Campamentos de nadal: 15 euros por participantes .

Nos campamentos tanto de verán como do nadal terán preferencia os nenos/as empadroados no concello de Toques, de forma que os non empadroados queden a resultas das prazas sobrantes.

Artigo 6.- Devengo

Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a prestación dos servizos suxeitos a gravame, entendéndose para estes efectos que a dita iniciación se produce coa solicitude daqueles.

As familias numerosas ou con escasos recursos gozarán dunha reducción que se establece do seguinte modo:

– Do 50% da cuota tributaria, no suposto de que un dos proxenitores atopense en situación de desemprego sin prestación económica.-

– Do 100% da cuota tributaria, no suposto de que os dous proxenitores atopense en situación de desemprego sin prestación económica.-

No caso de nenos/as que non esten empadroados en Toques, estaráse en todo momento a existencia de prazas, tendo prioridade en todo momento os nenos/as que esten empadroados no concello de Toques.-

Artigo 7.- Liquidación e ingreso:

1.- A taxa liquidarase e esixirase no momento da notificación da concesión da praza para participar nos campamentos.-

Artigo 8.- Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 181 e ss. da Lei Xeral Tributaria.

Disposición final

A presente ordenanza unha vez sexa aprobada polo pleno municipal entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 2014, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.-