Toques - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA DE CAMPAMENTOS DE VERAN E NADAL . (NÚMERO 13)
Artigo 1.- Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por participación en campamentos, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.- Feito impoñible
Constitue o feito impoñible da taxa a participación nos campamentos que organice o concello de Toques .
Artigo 3.- Suxeito pasivo.
Son suxeitos as persoas físicas ou xurídicas que soliciten a participación de nenos/as nos campamentos de verán.
Artigo 4.- Responsables.
1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidirarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.- Cota tributaria.
A cota tributaria será a seguinte:
Campamentos de verán: 30 euros por participante.
Campamentos de nadal: 15 euros por participantes .
Nos campamentos tanto de verán como do nadal terán preferencia os nenos/as empadroados no concello de Toques, de forma que os non empadroados queden a resultas das prazas sobrantes.
Artigo 6.- Devengo
Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a prestación dos servizos suxeitos a gravame, entendéndose para estes efectos que a dita iniciación se produce coa solicitude daqueles.
As familias numerosas ou con escasos recursos gozarán dunha reducción que se establece do seguinte modo:
- Do 50% da cuota tributaria, no suposto de que un dos proxenitores atopense en situación de desemprego sin prestación económica.-
- Do 100% da cuota tributaria, no suposto de que os dous proxenitores atopense en situación de desemprego sin prestación económica.-
No caso de nenos/as que non esten empadroados en Toques, estaráse en todo momento a existencia de prazas, tendo prioridade en todo momento os nenos/as que esten empadroados no concello de Toques.-
Artigo 7.- Liquidación e ingreso:
1.- A taxa liquidarase e esixirase no momento da notificación da concesión da praza para participar nos campamentos.-
Artigo 8.- Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 181 e ss. da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final
A presente ordenanza unha vez sexa aprobada polo pleno municipal entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 2014, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.-