Cee - ORDENANZA REGULADORA DE LA TASA POR ENTRADA DE VEHÍCULOS DESDE LA VÍA PÚBLICA A LOS EDIFICIOS, LOCALES Y SOLARES Y DE LAS RESERVAS DE VÍA PÚBLICA PARA APARCAMIENTO, CARGA, DESCARGA Y OTRAS ACTIVIDADES.

Publicación provisional: 23/11/2004 BOP Nº: 270
Publicación definitiva: 29/12/2004 BOP Nº: 298
Aplicable dende: 01/01/2014

ARTIGO 1. FUNDAMENTO E OBXECTO

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 144 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e, de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, o Concello de Cee establece a taxa por utilización privativa ou aproveitamentos especiais por entrada de vehículos desde a vía pública aos edificios, locais e solares e das reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, carga e descarga e outras actividades ás que se refire o artigo 20.3 h) do devandito Real decreto, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal e cuxas normas atenden ao previsto no artigo 57 da Lei reguladora das facendas locais.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

Constitúen o feito impoñible desta taxa a utilización privativa ou o aproveitamento especial das vías municipais nos casos seguintes:

a) Entradas de vehículos en edificios, solares, fábricas, talleres e, en xeral, en inmobles de calquera destino, realizada a través de terreos destinados ao uso público.

b) Reservas permanentes para actividades distintas do acceso a inmobles.

c) Reservas de carácter temporal para diversas actividades de comercio, construción, servizos e subministracións.

ARTIGO 3. BENEFICIOS FISCAIS

Aplicaranse os beneficios fiscais previstos en normas con rango de lei nos tratados internacionais.

ARTIGO 4. SUXEITOS PASIVOS

a) É suxeito pasivo, en concepto de contribuínte, a persoa física ou xurídica e as entidades ás que se refire o artigo 35 da Lei xeral tributaria que empreguen ou aproveiten as entradas ou reservas. Cando se solicite licenza para a utilización ou aproveitamento, entenderase que ten a consideración de suxeito pasivo o solicitante ou a persoa ou entidade que represente. Se o aproveitamento se realizase sen obter a licenza, considérase que ten a condición de suxeito pasivo o propietario do inmoble ou da empresa que utilizase a entrada ou reserva.

b) Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 43 e seguintes da Lei xeral tributaria.

c) Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores e liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 45 da Lei xeral tributaria.

ARTIGO 5. TARIFAS

A contía da taxa é a resultante de aplicar as seguintes tarifas en función do feito impoñible:

a) Entradas en inmobles para garaxes individuais (o destinado a ocupar ata dúas prazas de garaxe): 30,87 euros.

b) Entradas en inmobles destinados a garaxe ou locais para a garda de vehículos:

a) Ata 10 prazas¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.102,90 euros

b) De 11 a 20 prazas¿¿¿¿¿¿¿¿.. 133,77 euros

c) De 21 a 35 prazas¿¿¿¿¿¿¿¿.. 205,80 euros

d) Máis de 35 prazas¿¿¿¿¿¿¿¿. 257,25 euros

c) Carga e descarga

a) Todo o día ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿ 30,87 euros

b) 4 horas ao día¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿ 12,35 euros

c) 1 hora ou fracción/día¿¿¿¿¿¿... ..5,15 euros

d) Reserva e entrada en inmobles para a venda de vehículos ou accesorios, reparación, engraxe ou outros establecementos comerciais¿¿¿¿20,58 euros/metro.

e) Reserva a hoteis, entidades ou particulares para aparcamento exclusivo¿¿.20,58 euros/metro.

ARTIGO 6. NORMAS DE XESTIÓN

a) As cantidades esixibles con arranxo ás tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado cunha periodicidade anual, percibíndose o día primeiro do ano natural. Non obstante, en caso de alta ou de baixa, a cantidade a satisfacer ratearase por trimestres naturais.

b) As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados na presente ordenanza deberán solicitar previamente a correspondente licenza formulando declaración e acompañando un plan detallado do aproveitamento e da súa situación dentro do municipio.

c) Os servizos técnicos deste concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións nos casos que marque a normativa local.

d) Antes de retirar a oportuna licenza, o solicitante debe acreditar o pago mediante recibo bancario. A cantidade resultante, o lugar e forma de pago, etc., deberá reflectirse nunha liquidación que a Tesourería Municipal porá a disposición do autorizado. Esta regulación rexerá no caso de solicitar a autorización por primeira vez ou cando houbese interrupcións na súa concesión.

e) As cotas de remuneración periódica consignaranse nun padrón fiscal que será elaborado anualmente e ao que se lle dará a oportuna publicidade a efectos da súa recadación.

f) As licenzas para realizar estes aproveitamentos solicitaranse por medio de instancia dirixida á Alcaldía.

g) Cando se realicen aproveitamentos sen licenza ou excedendo do autorizado, practicaranse de oficio as liquidacións que correspondan e impoñeranse as sancións que procedan. O pago da taxa non supón a adquisición de dereito a realizar o aproveitamento, podendo a Administración Municipal adoptar as medidas que procedan para evitar a continuación de aqueles que non poidan ser autorizados por non cumprir as condicións requiridas, se ben a actuación municipal neste sentido provocará a baixa na matrícula.

h) Unha vez autorizada a ocupación, entenderase prorrogada mentres non se presente a declaración de baixa polo interesado.

i) A presentación da baixa producirá efectos a partir do día primeiro do trimestre natural seguinte á súa presentación. A non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando a taxa.

l) O período voluntario de cobranza será determinado polo concello e será publicado simultaneamente cos padróns ou listas de cobro correspondentes, ou notificado individualmente cando así proceda.

m) Todas as tarifas son anuais. No caso de que se especifique así se liquidará por metro cadrado.

ARTIGO 7. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS

Para a cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas corresponden en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria.

ARTIGO 8. DISPOSICIÓN FINAL

Esta ordenanza entrará en vigor unha vez aprobada e cumpridos os trámites oportunos de publicidade con efectos desde o 1 de xaneiro de 2014 e producirá efectos en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación.