Pontes de García Rodríguez As - ORDENANZA FISCAL Nº 8, TAXA POR LICENZA DE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS
ARTIGO 1º.- FUNDAMENTO E NATUREZA
No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 144 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decrelo lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a ¿Taxa por licencia de apertura de establecementos" que se rexirá pola presente ordenanza fiscal, cuias normas atenden ao previsto no artigo 58 dp citado RDL 2/2004.
ARTIGO 2º.- FEITO IMPOÑIBLE
1.-Constitue o feito impoñible da Taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, tendente a verificar se os establecementos industriais e mercantis reúnen as condicións de tranquilidade, sanidade e salubridade e calquera outras esixidas polas correspondentes Ordenanzas e Regramentos municipais ou xerais para o seu normal funcionamento, como presuposto necesario e previo para o outorgamento ou para a concesión do cambio de titularidade por este Concello da licenza de apertura a que se refire o artigo 22 do Rexime de servizoss das corporacións locais.
A tal efecto, terán a consideración de apertura:
a) A instalación por primeira vez do establecemento para dar comenzo as súas actividades.
b) A variación ou ampliación da actividade desenrrolada no establecemento ainda que continúe o mesmo titular.
c) A ampliación do establecemento e calquera alteración que se leve a cabo en este e que afecte as condicións sinaladas no número 1 deste artigo, esixindo nova verificación das mesmas.
d) A modificación da titularidade dos establecementos coando conleve a necesaria actividade administrativa prevista no punto 1 do presente artigo.
Enténderase por establecemento industrial ou mercantil toda edificación habitable, esteña ou non aberta ao público, que non se destine exclusivamente a vivenda, e que:
a) Se dedique ao exercicio dalgunha actividade empresarial, fabril, artesana, de construcción, comercial e de servizos que esté suxeita ao Imposto sobre actividades económicas.
b) Ainda sen desenrrolarse aquelas actividades se sirven de auxilio ou complemento para as mesmas, ou teñen relación con elas de forma que lles proporcionen benificios ou aproveitamento, como por exemplo, sedes sociais, axencias, delegacións ou sucursais de entidades xurídicas, escritorios, oficiñas, despacho ou estudos.
ARTIGO 3º.- SUXEITO PASIVO
Son suxeitos pasivos constribuintes as persoas físicas e xurídicas e as entidades as que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, titulares da actividade que se pretente desenrrolar ou, no seu caso, se desenrrole en calquera establecemento industrial ou mercantil.
ARTIGO 4º.- RESPONSABLES
1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas ás que se refire o artigo 42 da Lei xeral tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.
ARTIGO 5º.- BASE IMPOÑIBLE
1.-Constitue a base impoñible da presente taxa a cota de tarifa do Imposto sobre actividades económicas, e no caso de que no establecemento en cuestión se desenrole máis dunha actividade suxeita ao devandito imposto, tomarase como base impoñible a suma das cotas tarifas dos diferentes epígrafes.
2.-Se o suxeito pasivo da taxa tributase no IAE por cota nacional ou provincial, tomarase como base impoñible a cota tarifa municipal que lle correspondese no caso de tributar por cota municipal.
ARTIGO 6º.- COTA TRIBUTARIA
1.- Con carácter xeral, a cota tributaria resultará de aplicar á base impoñible (BI) a seguinte fórmula de cálculo:
a) [(BI) x 2] para establecementos nos que as actividades se tramiten con avaliación da incidencia ambiental.
b) [(BI) x 1] para os demais establecementos mercantís, industriais e comerciais, non comprendidos no apartado anterior.
2.- Cando nun establecemento se exerzan varias actividades, liquidarase a cota íntegra que corresponda a actividade que resulta máis alta e, ademais, o 30 por cento das restantes.
3.- A cota tributaria aplicarase por unidade de local.
4.- Nos casos de variación ou ampliación da actividade a desenvolver no establecemento, da cota que resulta da aplicación dos apartados anteriores deste artigo, deducirase o devengado por este concepto con ocasión da primeira apertura da actividade, sendo a cantidade a ingresar a diferencia resultante.
ARTIGO 7º.- EXENCIONS E BONIFICACIONS
Non se concederán exención nin bonificación algunha na exacción da taxa.
ARTIGO 8º.- DEVENGO
1.- Devengase a taxa e nace a obriga de contribuir, cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. A estes efectos entenderase iniciada dita actividade na data da presentación da oportuna solicitude da licenza de apertura de establecemento, se o suxeito pasivo formúlase expresamente esta.
2.-Cando a apertura tivera lugar sen obter a oportuna licenza, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se o establecemento reúne ou non as condicións esixibles, con independencia da iniciación do expedinte administrativo que poida instruirse para autorizar a apertura do establecemento ou decretar o seu peche, se non fora autorizable dita apertura.
3.- A obriga de contribuir, unha vez nacida, non se verá afectada, en modo algún, pola denegación da licenza solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación das condicións do establecemento, nin pola renuncia ou desistimento do solicitante unha vez concedida a licenza.
ARTIGO 9º.- DECLARACIÓN
1.-As persoas interesadas na obtención dunha licenza de apertura de establecemento industrial ou mercantil presentarán previamente, no Rexistro Xeral, a oportuna solicitude, con espeficación da actividade ou actividades a desenrolar no local, acompañada do contrato de aluguer ou título de adquisición do mesmo e do documento xustificativo da base impoñible desta taxa.
2.-Se despois de formulada solicitude de licenza de apertura se variase ou ampliase a actividade do local ou se alterasen as condicións proxectadas por tal establecemento ou ben se ampliase o local inicialmente previsto, estas modificacións terán que poñerse en coñecemento da Administración Municipal co mesmo detalle e alcance que se esixen na declaración prevista na Ordenanza municipal para a simplificación administrativa no Concello das Pontes.
ARTIGO 10º.- LIQUIDACIÓN E INGRESO
1.-Finalizada a actividade municipal e unha vez ditada a Resolución municipal que proceda sobre a licenza de apertura, practicarase a liquidación correspondente pola taxa, que será notificada o suxeito pasivo para o seu ingreso directo nas arcas municipais utilizando os medios de pago e os prazos que sinala o Regulamento de recadación.
2.-Os servizos técnicos comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións de non atopar diferencias cos pedimentos das licenzas.
3.-Se se desen diferencias, notificaranse as mesmas aos interesados e efectuaranse de ser o caso, as liquidacións complementarias que procedan, concedéndose as autorizacións unha vez que os interesados corrixan as diferencias e realicen os ingresos complementarios que procedan.
ARTIGO 11º.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
1.-En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria.
2.-A falta de licenza de apertura de establecementos será considerada infracción moi grave.
3.-A falta de licenza de variación ou ampliación de actividade ou de ampliación de establecemento será considerada infracción grave.
4.-A falta de notificación nos cambios de titularidade considerase falta grave.
5.-A falta de notificación de calquera alteración que se leve a cabo no establecemento será considerada falta leve.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
A presente Ordenanza fiscal, unha vez aprobada definitivamente polo Pleno do Concello e publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia, comezará a rexer a partir da súa publicación, e continuará vixente mentres non se acorde a súa modificación ou derrogación.