Ponteceso - Ordenanza fiscal núm. 25, reguladora do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar

Publicación provisional: 21/07/2009 BOP Nº: 162
Publicación definitiva: 10/11/2009 BOP Nº: 240
Aplicable dende: 12/03/2014

Art. 1.°.-Fundamento e natureza.

De conformidade co previsto no artigo 41 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece o prezo público pola prestación de servicio de axuda no fogar.

Art. 2.°.-Concepto.

O prezo público regulado nesta ordenanza constitúe unha prestación patrimonial de carácter público que se satisfará pola prestación do servicio de axuda no fogar a través dos servicios sociais municipais, de conformidade coa ordenanza municipal reguladora do devandito servizo.

Art. 3.°.-Feito imponible.

Exíxense o prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar ao que se refire o artigo 4 da Ordenanza reguladora do servizo.

Art. 4.°.-Suxeitos pasivos obrigados ó pagamento.

1. Están obrigados ó pago do prezo público regulado nesta ordenanza as persoas físicas usuarias do servizo de acordo co establecido na Ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar.

Se considera persoa usuaria do servizo aquela para a cal se solicita o servizo. No caso de intervención con familias, entenderase como persoa usuaria un dos membros adultos da unidade de convivencia responsable dos menores que formen parte dela.

2.- Cando por causas non imputables ó obrigado ó pagamento do prezo, o servizo non sexa prestado, procederá á devolución do importe correspondente.

Art. 5.°.-Contía do prezo público.

1. A capacidade económica da persona usuaria do servicio se determinará de acordo có seguinte:

1.1. A determinación da capacidade economtca das persoas usuarias da dependencia se axustará ao disposto no artigo 15 da Ordenanza municipal do servizo de axuda no fogar do Concello de Ponteceso

1.2. A determinación da capacidade económica das persoas usuarias doutros servizos que impliquen copagamento se axustará ao disposto no artigo 16 da Ordenanza municipal do servizo de axuda no fogar do Concello de Ponteceso

2. A contia do precio público regulado nesta Ordenanza se corresponde cunha tarifa de 12,00 €por cada hora de prestación do servizo.

A participación no financiamento do servizo das persoas dependentes con dereito de atención recoñecido como usuarias do servizo de axuda no fogar se determinará con arranxo ao artigo 17 da Ordenanza municipal do servizo de axuda no fogar do Concello de Ponteceso

A participación das persoas usuarias no financiamento doutros servizos que impliquen copagamento se determinará con arranxo ao artigo 18 da Ordenanza municipal do servizo de axuda no fogar do Concello de Pontececeso.

Art. 7.°.-Xestión.

1.A obriga de pagamento do prezo público regulado na presente ordenanza comeza desde que se inicie a prestación do servizo.

2. A retribución dos prezos será instantánea, pero as liquidacións practicaranse por meses naturais, e deberán ser aboadas polas/os usuarias/os nos primeiros 5 días hábiles do mes inmediato seguinte, mediante cargo na conta torrente que a/o usuaria do servizo indicará no modelo oficial de solicitude, ou ingreso en calqueira das entidades colaboradoras có Concello de Ponteceso. A falta de pagamento dos servizos prestados dentro dos prazos suporá a imposibilidade de contratar o servizo en tanto non se tejían aboado as débedas pendentes. A falta de pagamento dos prezos suporá a esixibilidade destos en vía de constrinximento.

Aos efectos de que a tesourería municipal practique a correspondente liquidación, para cada un dos/as usuarios/as do servizo de axuda a domicilio se deberá emitir un informe asinado polo/a responsable do departamento de servizos sociais, no que se acrediten o número de horas de servizo prestadas no trimestre natural ao que se refire a liquidación así como a capacidade económica a cal debe ser calculada tendo en conta o sinalado no artigo 5 da presente ordenanza.

A liquidación resultante será aprobada polo Alcalde mediante resolución.

Disposición final.

Esta ordenanza consta de 7 artigos e unha disposición final e foi aprobada pola Xunta de Goberno Local en sesión do día trece de xullo de 2009. Foi modificada en sesión de Xunta de Goberno Local de 29 de xaneiro de 2014

A presente Ordenanza entrará en vigor logo da súa publicación no Boletln Oficial da Provincia e e todo caso unha vez aprobada definitivamente a Ordenanza municipal do servizo de axuda no fogar do Conce/lo de Ponteceso aprobada inicalmente en sesión plenaria de 25 de novembro de 2013. Permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogacián expresas.

ANEXO

Don/a ..., con DNI ..., e domicilio en ...

SOLICITA:

Que os documentos de cobro correspondentes ao prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar sexan presentados ao cobro no Banco ou Caixa de Aforros de acordo cós seguintes datos:

Contribuínte:

Domicilio:

Entidade bancaria:

Oficina:

Domicilio:

Código conta cliente (20 díxitos)

ENTIDADE

OFICINA

D.C.

NÚMERO DE CONTA

En ..., a ... de ... de ...

O/a interesado/a

(Selo da entidade bancaria)