Ponteceso - Ordenanza fiscal núm. 25, reguladora do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar
Art. 1.°.-Fundamento e natureza.
De conformidade co previsto no artigo 41 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece o prezo público pola prestación de servicio de axuda no fogar.
Art. 2.°.-Concepto.
O prezo público regulado nesta ordenanza constitúe unha prestación patrimonial de carácter público que se satisfará pola prestación do servicio de axuda no fogar a través dos servicios sociais municipais, de conformidade coa ordenanza municipal reguladora do devandito servizo.
Art. 3.°.-Feito imponible.
Exíxense o prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar ao que se refire o artigo 4 da Ordenanza reguladora do servizo.
Art. 4.°.-Suxeitos pasivos obrigados ó pagamento.
1. Están obrigados ó pago do prezo público regulado nesta ordenanza as persoas físicas usuarias do servizo de acordo co establecido na Ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar.
Se considera persoa usuaria do servizo aquela para a cal se solicita o servizo. No caso de intervención con familias, entenderase como persoa usuaria un dos membros adultos da unidade de convivencia responsable dos menores que formen parte dela.
2.- Cando por causas non imputables ó obrigado ó pagamento do prezo, o servizo non sexa prestado, procederá á devolución do importe correspondente.
Art. 5.°.-Contía do prezo público.
1. A capacidade económica da persona usuaria do servicio se determinará de acordo cos puntos que se indican a continuación:
1.1. A capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar calculararse en atención a súa renda e, se é o caso, ao seu patrimonio. Teranse en conta, ademais, as persoas convivintes económicamente dependentes, de acordo co establecido nos parágrafos seguintes.
1.2. A renda valorarase atendendo aos ingresos netos que se perciban, que comprenderán os rendementos de traballo, incluídas pensións e prestacións de previsión social, calquera que sexa o seu réxime; os rendementos de capital mobiliario e inmobiliario; os rendementos das actividades económicas e as ganancias e perdas patrimoniais.
1.3. Para o cómputo do patrimonio estarase ao disposto na normativa fiscal en vigor sobre o patrimonio, entendéndose por tal o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexa titular a persoa usuaria do servizo, con dedución das cargas e gravames que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das que deba responder. Considéranse exentos do cómputo a vivenda habitual na que se preste o servizo e os bens e dereitos cualificados como exentos na normativa aplicable sobre o imposto do patrimonio. Nos supostos de cotitulariade só se terá en consideración a porcentaxe correspondente á propiedade do beneficiario.
1.4. No caso de que a persoa beneficiaria tivese cónxuxe ou parella de feito entenderase como renda persoal a metade da suma dos ingresos de ambos os dous membros da parella.
1.5. A capacidade económica por razón de renda determinarase dividindo a renda ou rendas computables, de acordo co apartado anterior, entre a suma dos seguintes convivintes: o perceptor ou perceptores de rendas computadas, e, se é o caso, o cónxuxe e os ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos, ou maiores desta idade en situación de discapacidade, que dependesen economicamente dos citados perceptores
1.6. A capacidade económica resultante será a correspondente á renda da persoa usuaria, calculada de acordo cos apartados anteriores, modificada á alza, se fose o caso, pola suma dun 5% do valor do patrimonio neto que supere o mínimo exento para a realizacion da declaración do imposto sobre o patrimonio en vigor a partir dos 65 anos de idade, dun 3% dos 35 aos 65 anos e dun 1% os menores de 35 anos.
1.7. Para o cómputo da renda ou do patrimonio teranse en conta os datos correspondentes a última declaración fiscal dispoñible ou pensión coñecida. Así pois, o Concello de Ponteceso deberá dispoñer dos datos fiscais e de patrimonio, que solicitará de oficio, previa autorización expresa e por escrito da persoa beneficiaria ou familia.
1.8. Os suxeitos pasivos estarán obrigados a comunicar calquera alteración que se produza nos seus ingresos ao longo do período impositivo, así como a renovar, anualmente, os datos para a estimación das súas rendas
2. A contía do precio público regulado nesta Ordenanza se corresponde cunha tarifa de 12,00 € por cada hora de prestación do servizo.
Nembargantes, ao incorrer a prestación financiada por este prezo público nalgunha das circunstancias do artigo 44.2 do R.D. lexislativo 2/2004, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, establécense unhas porcentaxes do custo a financiar polos respectivos usuarios segundo se expresa na táboa seguinte:
CAPACIDADE ECONÓMICA DA PERSOA USUARIA DO SERVIZO | IMPORTE A ABOAR |
Inferior ou igual ao 100% IPREM | Servizo gratuíto |
Superior ao 100% ata o 150% IPREM | 10% |
Superior ao 150% ata o 200% do IPREM | 12% |
Superior ao 200% ata o 250% do IPREM | 15% |
Superior ao 250% ata o 300% do IPREM | 20% |
Superior ao 300% ata o 350% do IPREM | 28% |
Superior ao 350% ata o 400% do IPREM | 37% |
Superior ao 400% ata o 450% do IPREM | 45% |
Superior ao 450% ata o 500% do IPREM | 60% |
Superior ao 500% do IPREM | 65% |
No caso de que unha vez calculado o tempo de prestación mensual do servizo non resulte un número entero de horas, o prezo da hora de reducirá proporcionalmente mediante a aplicación dunha regra de tres. Posteriormente se terá en conta a capacidade económica do usuario aos efectos de aplicar a procentaxe que corresponda.
O IPREM é o indicador público de renda de efectos múltiples o cal será fixado anualmente pola Lei de orzamentos xerais do estado. Se se producisen alteracións na súa contía ao longo do ano, non se tomará en conta até as retribucións que se produzan no exercicio seguinte.
Os suxeitos pasivos estarán obrigados a comunicar calquera alteración que se produza nos seus ingresos ao longo do período impositivo, así como a renovar, anualmente, os datos para a estimación das súas rendas.
Art. 7.°.-Xestión.
1.A obriga de pagamento do prezo público regulado na presente ordenanza comeza desde que se inicie a prestación do servizo.
2. A retribución dos prezos será instantánea, pero as liquidacións practicaranse por meses naturais, e deberán ser aboadas polas/os usuarias/os nos primeiros 5 días hábiles do mes inmediato seguinte, mediante cargo na conta torrente que a/o usuaria do servizo indicará no modelo oficial de solicitude, ou ingreso en calqueira das entidades colaboradoras có Concello de Ponteceso. A falta de pagamento dos servizos prestados dentro dos prazos suporá a imposibilidade de contratar o servizo en tanto non se tejían aboado as débedas pendentes. A falta de pagamento dos prezos suporá a esixibilidade destos en vía de constrinximento.
Aos efectos de que a tesourería municipal practique a correspondente liquidación, para cada un dos/as usuarios/as do servizo de axuda a domicilio se deberá emitir un informe asinado polo/a responsable do departamento de servizos sociais, no que se acrediten o número de horas de servizo prestadas no trimestre natural ao que se refire a liquidación así como a capacidade económica a cal debe ser calculada tendo en conta o sinalado no artigo 5 da presente ordenanza.
A liquidación resultante será aprobada polo Alcalde mediante resolución.
Disposición final.
Esta ordenanza consta de 7 artigos e unha disposición final, e foi aprobada inicialmente pola Xunta de Goberno Local en sesión do día trece de xullo de 2009.
A presente Ordenanza entrará en vigor logo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e unha vez trancorrído o prazo establecido no artigo 65.2 da Lei 7/85, de 2 de abril reguladora das bases de réxime local, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas
ANEXO
Don/a ..., con DNI ..., e domicilio en ...
SOLICITA:
Que os documentos de cobro correspondentes ao prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar sexan presentados ao cobro no Banco ou Caixa de Aforros de acordo cós seguintes datos:
Contribuínte:
Domicilio:
Entidade bancaria:
Oficina:
Domicilio:
Código conta cliente (20 díxitos)
ENTIDADE | OFICINA | D.C. | NÚMERO DE CONTA |
En ..., a ... de ... de ...
O/a interesado/a
(Selo da entidade bancaria)