Cabana de Bergantiños - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS

Publicación provisional: 10/06/2010 BOP Nº: 108
Publicación definitiva: 06/09/2010 BOP Nº: 170
Aplicable dende: 15/04/2014

Artigo 1.-Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 e 20.4. apartados a) e i) do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello de Cabana de Bergantiños establece a taxa por expedición de documentos administrativos, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2.-Feito imponible.

1.-Constitúe o feito imponible da taxa a actividade administrativa desenvolvida para a tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes dos que entenda a Administración ou as autoridades municipais.

Nos supostos de declaración responsable ou comunicación previa, constitúe feito impoñible da taxa a actividade municipal destinada á verificación inicial da documentación achegada polo interesado, así como as actividades de comprobación, control e inspección que sexan necesarias.

2.-Para estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa do interesado.

3.-Non estarán suxeitos a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigacións fiscais, as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos e os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole.

Artigo 3.-Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria que soliciten, provoquen ou en interese das cales redunde a tramitación de documento ou expediente de que se trate.

Artigo 4.-Responsables.

Responderán solidaria e subsidiariamente deste tributo as persoas físicas e jurídicas a que se refieren os artigos 41, 42 e 43 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.-Exenciones:

Non se contempla ningunha exención na aplicación das cotas tributarias desta ordenanza.

Artigo 6.-Cota tributaria:

1.- A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coas tarifas que se conteñen no artigo seguinte.

2.- A cota de tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluida a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.

Artigo 7.-Tarifa:

A tarifa á que se refire o artigo anterior estructúrase da seguinte maneira:

CONCEPTO

Tarifa (euros)

EPÍGRAFE 1.-OFICINAS XERAIS

Fotocopia de documentos ou expedientes, realizado a pedimento de parte.Tamaño A-4 ou inferior. (máis de 5 uds)

0.15 €/folla

Ídem, tamaño A-3 (máis de 5 uds.)

0.60 €/folla

Ídem, tamaño superior a A-3 (máis de 5 uds.)

1.20 €/folla

Por cada plano existente no Concello que se expida en fotocopia

1.- Tamaño A-4 ou inferior

2.- Tamaño A-3

3.- Tamaño superior a A-3

0,60 €

1€

2€

Copia dos pregos de condicións de obras licitadas

6€

Copia de proxectos técnicos de obras licitadas.

6€

Fotocopia e compulsa de documentos, tamaño A-4 ou inferior

1.- Polo primeiro folio

2.- Por cada un dos restantes

1 €

0,30 €

Fotocopia e compulsa de documentos esixidos para a obtención de calquera tipo de prestacións por parte do departamento de servizos sociais ou para solicitudes de prestacións sociais ante a administración autonómica ou central, tramitadas dende o citado departamento, e para axudas ás familias por fillos cursando estudos (bolsas de estudo), por folio

0 €

Fotocopia e compulsa de documentos aportados polas asociacións municipais (inscritas no rexistro municipal de asociacións municipais) para a solicitude e xustificación de subvencións ante calquera administracións (estatal, autonómica ou local), por folio

0 €

EPÍGRAFE 2.-DO PADRÓN DE HABITANTES

Certificado de empadroamento do padrón vixente (dende o 01/05/1996)

2 €

Volante de empradronamento obtido nas oficinas municipais

1 €

Volante de empradronamento obtido exclusivamente a través da sede electrónica

0 €

Certificado de empadroamento de padróns anteriores:

1.- Padrón do ano 1991

2.- Padróns anteriores a 1991: engadirase á cota anterior, por cada renovación padroal

3 €

1 €

Certificados ou informes de convivencia e/ou de residencia

1 €

Certificados ou informes de conductas ou pensións

1 €

EPÍGRAFE 3.-SERVIZOS ECONÓMICOS

Exemplar de ordenanzas fiscais

1 €

Informes expedidos polo Servicio de Intervención-Tesourería

1 €

Solicitude de exención do IVTM

2 €

Informes fiscais sobre bens incluidos nos padróns municipais (bens inmobles, vehículos, actividades empresariais…)

1.- hasta cinco unidades de cada tipo de ben

2.- máis de cinco unidades de cada tipo de ben: engadirase á cota anterior, por cada cinco unidades

5 €

2 €

Certificacións fiscais sobre bens incluidos nos padróns municipais (bens inmobles, vehículos, actividades empresariais…)

1.- hasta cinco unidades de cada tipo de ben

2.- máis de cinco unidades de cada tipo de ben: engadirase á cota anterior, por cada cinco unidades

6 €

2 €

EPÍGRAFE 4.-SERVIZOS XURÍDICOS, SECRETARÍA (obras, actividades e servizos)

Certificacións de acordos municipais:

1.- Do ano en curso

2.- De anos anteriores

1 €

2 €

Por bastanteo de poderes

30 €

Por formalización de contratos administrativos. Ó pagamento desta taxa dará dereito ó interesado a recibir unha copia do contrato.

18 € (en proporción 6.000)

Tramitación expte licencias de “auto taxi” ou “autoturismo”

120 €

Tramitación expte llicencias para vehículos funerarios/ambulancias

150 €

Tramitación expte transmisión de licencia de vehículos

50 €

Substitución de vehículos suxeitos a licencia

30 €

Por expedición de tarxeta de licencias municipais de vehículos

6 €

Dereitos de inscripción en procesos de selección de persoal

1.- prazas do subgrupo A1 ou asimilado

2.- prazas do subgrupo A2 ou asimilado

3.- prazas do subgrupo B ou asimilado

4.- prazas do subgrupo C1 ou asimilado

5.- prazas do subgrupo C2 ou asimilado

6.- prazas de Agrupacións profesionais sen requisito de titulación ou asimilado

20 €

15 €

10 €

10 €

5 €

3 €

Por cada expediente para celebración de voda civil no Concello

60 €

Por cada inscrición no Libro rexistro de unións non matrimoniais

12 €

Tramitación expte licencias de parcelación/agrupacións de parcelas

150 euros

Tramitación expte de intervención municipal urbanistica suxeito a comunicación previa

5 euros

Tramitación expte de actos uso do solo ou subsolo suxeitos a licenza

25 €

Tramitación expte transmisión de licencias de obra

50 €

Tramitación expte prórroga de licencias de obra

50 €

Tramitación expte licencias de primeira ocupación de vivendas, por cada vivenda en edificios de propiedade horizontal ou por cada vivenda unifamiliar

60 €

Tramitación de exptes de actividade suxeitos a comunicación previa ou declaración responsable

50 €

Tramitación expte de actividades suxeitas a: autorización ambiental integrada, avaliación de impacto ambiental, avaliación de incidencia ambiental, e as licenzas suxeitas á normativa de espectáculos e actividades recreativas.

150 €

Tramitación do resto de exptes de actividades suxeitas a licenza

50 €

Tramitación expte transmisión de licencias de actividad

50 €

Expedición de 2º (e sucesivos) orixinal de título de licencias de obras.

6 €

Expedición de 2º (e sucesivos) orixinal de título de lcias de apertura de establec.

10 €

EPÍGRAFE 5.-SERVIZOS URBANISTICOS, CATASTRAIS E PIC

Por cada expediente de solicitude de declaración de ruína

60 euros

Por cada informe de cualificación urbanística

10 euros

Por cada certificado de cualificación urbanística

20 €

Por cada expediente acreditativo da antigüedade das edificacións ou sobre incoación ou non de expediente de reposición de legalidade ou sancionador:

1.- Por vivenda ou local de máis de 30 anos

2.- Por vivenda ou local de menos de 30 anos:

2.1.- en caso de existir expediente de solicitude de licencia do inmoble

2.1- en caso de non existir expediente de solicitude de licencia

50 €

20 €

50 €

Declaración de innecesariedade de licencia urbanística

30 €

Certificacións catastrais descritivas e gráficas referidos unicamente a unha unidade urbana ou unha parcela rústica (PIC)

12 €/unidade

Certificacións catastrais literais por titular (PIC)

1.- hasta cinco unidades

2.- máis de cinco unidades: engadirase á cota anterior, por cada cinco unidades

8 €

2 €

Certificacións catastrais literais negativas por titular (PIC)

4 €

Copia de cartografía digitalizada urbana

3 €/hectárea

Copia de cartografía digitalizada rústica

0,12 €/hectárea

EPÍGRAFE 6.-OUTROS DOCUMENTOS

Expedición de informes policiais

3 €

Expedición de informes sociais

0 €

Expedición de tarxetas de armas ou permiso de uso de escopetas de aire comprimido, ou outros tramitados ante a policía local

12 €

Entrega de documentación administrativa en CD-ROM

15 €/unidade

Outros informes non comprendidos nos apartados anteriores

3 €

Outros certificados non comprendidos nos apartados anteriores

5 €

Artigo 8º.- Bonificacións da cota

Non se concederá ningunha bonificación dos importes das cotas tributarias sinaladas na tarifa desta taxa.

Artigo 9º.- Devengo.

1.- Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos á taxa. Únicamente no caso de que se desista da solicitude no prazo de 5 días dende a súa presentación no rexistro procederá o devengo do 50% do importe da taxa ou a devolución desta porcentaxe cando conste acreditado no expediente o seu cobro.

2.- Nos casos ós que se refire o apdo. 2 do artigo 2º, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que motiven a actuación municipal de oficio, ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado, pero redunde no seu beneficio.

Artigo 10º.-Declaración e ingreso.

1.- A taxa esixirase polo procedemento do selo municipal adherido ó escrito de solicitude da tramitación do documento ou expediente. Tamén poderá esixirse en réxime de autoliquidación, cumprimentando o modelo correspondente e ingresando o importe nas dependencias municipais de recaudación ou na entidade bancarial. O xustificante de ingreso achegarase á solicitude sendo requisito imprescindible para dar trámite á mesma.

2.- Os escritos recibidos segundo o establecido polo artigo 38.4 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, que non veñan acompañados do importe da taxa, serán admitidos provisionalmente pero non poderán tramitarse sen previa emenda da deficiencia, para o que se requirirá ó interesado co fin de que no prazo de dez días pague as cotas correspondentes, coa advertencia de que, de non facelo así, arquivarase sen máis trámite a solicitude.

Artigo 11º.-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas lles corresponde en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e a súa normativa de desenvolvemento.

Disposición derogatoria:

Coa entrada en vigor da presente ordenanza queda derogada a “Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos”, aprobada polo concello pleno en sesión celebrada o 27 de xaneiro de 1997, así como a “Ordenanza fical reguladora da taxa por outorgamento da licencia de apertura de establecementos aprobada polo concello pleno en sesión celebrada o día 6 de outubro de 1989.

Disposición final:

A presente modificación da ordenanza entrará en vigor unha vez publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia, e aplicarase a todos os documentos que se expidan a partir do día da súa entrada en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.