Cabana de Bergantiños - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS
Artigo 1.-Fundamento e natureza.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 e 20.4. apartados a) e i) do Real Decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello de Cabana de Bergantiños establece a taxa por expedición de documentos administrativos, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.-Feito imponible.
1.-Constitúe o feito imponible da taxa a actividade administrativa desenvolvida para a tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes dos que entenda a Administración ou as autoridades municipais.
Nos supostos de declaración responsable ou comunicación previa, constitúe feito impoñible da taxa a actividade municipal destinada á verificación inicial da documentación achegada polo interesado, así como as actividades de comprobación, control e inspección que sexan necesarias.
2.-Para estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa do interesado.
3.-Non estarán suxeitos a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigacións fiscais, as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos e os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole.
Artigo 3.-Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria que soliciten, provoquen ou en interese das cales redunde a tramitación de documento ou expediente de que se trate.
Artigo 4.-Responsables.
Responderán solidaria e subsidiariamente deste tributo as persoas físicas e jurídicas a que se refieren os artigos 41, 42 e 43 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5.-Exencións.
Non se contempla ningunha exención na aplicación das cotas tributarias desta ordenanza.
Artigo 6.-Cota tributaria.
1.-A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coas tarifas que se conteñen no artigo seguinte.
2.-A cota de tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluida a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.
Artigo 7.-Tarifa.
A tarifa á que se refire o artigo anterior estructúrase da seguinte maneira:
CONCEPTO | Tarifa (€) |
EPÍGRAFE 1.-OFICINAS XERAIS | |
Fotocopia de documentos ou expedientes, realizado a pedimento de parte.Tamaño A-4 ou inferior. (máis de 5 uds) | 0.15 €/folla |
Ídem, tamaño A-3 (máis de 5 uds.) | 0.60 €/folla |
Ídem, tamaño superior a A-3 (máis de 5 uds.) | 1.20 €/folla |
Por cada plano existente no Concello que se expida en fotocopia 1.-Tamaño A-4 ou inferior 2.-Tamaño A-3 3.-Tamaño superior a A-3 | 0,60 € 1€ 2€ |
Copia dos pregos de condicións de obras licitadas | 6€ |
Copia de proxectos técnicos de obras licitadas. | 6€ |
Fotocopia e compulsa de documentos, tamaño A-4 ou inferior 1.-Polo primeiro folio 2.-Por cada un dos restantes | 1 € 0,30 € |
Fotocopia e compulsa de documentos esixidos para a obtención de calquera tipo de prestacións por parte do departamento de servizos sociais ou para solicitudes de prestacións sociais ante a administración autonómica ou central, tramitadas dende o citado departamento, e para axudas ás familias por fillos cursando estudos (bolsas de estudo), por folio | 0 € |
Fotocopia e compulsa de documentos aportados polas asociacións municipais (inscritas no rexistro municipal de asociacións municipais) para a solicitude e xustificación de subvencións ante calquera administracións (estatal, autonómica ou local), por folio | 0 € |
EPÍGRAFE 2.-DO PADRÓN DE HABITANTES | |
Certificado de empadroamento do padrón vixente (dende o 01/05/1996) | 2 € |
Volante de empradronamento obtido nas oficinas municipais | 1 € |
Volante de empradronamento obtido exclusivamente a través da sede electrónica | 0 € |
Certificado de empadroamento de padróns anteriores: 1.-Padrón do ano 1991 2.-Padróns anteriores a 1991: engadirase á cota anterior, por cada renovación padroal | 3 € 1 € |
Certificados ou informes de convivencia e/ou de residencia | 1 € |
Certificados ou informes de conductas ou pensións | 1 € |
EPÍGRAFE 3.-SERVIZOS ECONÓMICOS | |
Exemplar de ordenanzas fiscais | 1 € |
Informes expedidos polo Servicio de Intervención-Tesourería | 1 € |
Solicitude de exención do IVTM | 2 € |
Informes fiscais sobre bens incluidos nos padróns municipais (bens inmobles, vehículos, actividades empresariais¿) 1.-hasta cinco unidades de cada tipo de ben 2.-máis de cinco unidades de cada tipo de ben: engadirase á cota anterior, por cada cinco unidades | 5 € 2 € |
Certificacións fiscais sobre bens incluidos nos padróns municipais (bens inmobles, vehículos, actividades empresariais¿) 1.-hasta cinco unidades de cada tipo de ben 2.-máis de cinco unidades de cada tipo de ben: engadirase á cota anterior, por cada cinco unidades | 6 € 2 € |
EPÍGRAFE 4.-SERVIZOS XURÍDICOS, SECRETARÍA (obras, actividades e servizos) | |
Certificacións de acordos municipais: 1.-Do ano en curso 2.-De anos anteriores | 1 € 2 € |
Por bastanteo de poderes | 30 € |
Por formalización de contratos administrativos. Ó pagamento desta taxa dará dereito ó interesado a recibir unha copia do contrato. | 18 € (en proporción 6.000) |
Tramitación expte licencias de ¿auto taxi" ou ¿autoturismo" | 120 € |
Tramitación expte llicencias para vehículos funerarios/ambulancias | 150 € |
Tramitación expte transmisión de licencia de vehículos | 50 € |
Substitución de vehículos suxeitos a licencia | 30 € |
Por expedición de tarxeta de licencias municipais de vehículos | 6 € |
Dereitos de inscripción en procesos de selección de persoal 1.-prazas do subgrupo A1 ou asimilado 2.-prazas do subgrupo A2 ou asimilado 3.-prazas do subgrupo B ou asimilado 4.-prazas do subgrupo C1 ou asimilado 5.-prazas do subgrupo C2 ou asimilado 6.-prazas de Agrupacións profesionais sen requisito de titulación ou asimilado | 20 € 15 € 10 € 10 € 5 € 3 € |
Por cada expediente para celebración de voda civil no Concello | 60 € |
Por cada inscrición no Libro rexistro de unións non matrimoniais | 12 € |
Tramitación expte licencias de parcelación/agrupacións de parcelas | 150 euros |
Tramitación expte licencias de obra menor | 5 euros |
Tramitación expte licencias de obras maior | 25 € |
Tramitación expte transmisión de licencias de obra | 50 € |
Tramitación expte prórroga de licencias de obra | 50 € |
Tramitación expte licencias de primeira ocupación de vivendas, por cada vivenda en edificios de propiedade horizontal ou por cada vivenda unifamiliar | 60 € |
Tramitación de exptes de actividade suxeitos a comunicación previa ou declaración responsable (sen obra) | 50 € |
Tramitación de exptes de actividade suxeitos a comunicación previa ou declaración responsable (con obra) | 100 € |
Tramitación expte de actividades suxeitas a licenza e sometidas a avaliación de incidencia ambiental, así como as incluídas no regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas | 150 € |
Tramitación do resto de exptes de actividades suxeitas a licenza | 50 € |
Tramitación expte transmisión de licencias de actividad | 50 € |
Expedición de 2.º (e sucesivos) orixinal de título de licencias de obras. | 6 € |
Expedición de 2.º (e sucesivos) orixinal de título de lcias de apertura de establec. | 10 € |
EPÍGRAFE 5.-SERVIZOS URBANISTICOS, CATASTRAIS E PIC | |
Por cada expediente de solicitude de declaración de ruína | 60 euros |
Por cada informe de cualificación urbanística | 10 euros |
Por cada certificado de cualificación urbanística | 20 € |
Por cada expediente acreditativo da antigüedade das edificacións ou sobre incoación ou non de expediente de reposición de legalidade ou sancionador: 1.-Por vivenda ou local de máis de 30 anos 2.-Por vivenda ou local de menos de 30 anos: 2.1.-en caso de existir expediente de solicitude de licencia do inmoble 2.1- en caso de non existir expediente de solicitude de licencia | 50 € 20 € 50 € |
Declaración de innecesariedade de licencia urbanística | 30 € |
Certificacións catastrais descritivas e gráficas referidos unicamente a unha unidade urbana ou unha parcela rústica (PIC) | 12 €/unidade |
Certificacións catastrais literais por titular (PIC) 1.-hasta cinco unidades 2.-máis de cinco unidades: engadirase á cota anterior, por cada cinco unidades | 8 € 2 € |
Certificacións catastrais literais negativas por titular (PIC) | 4 € |
Copia de cartografía digitalizada urbana | 3 €/hectárea |
Copia de cartografía digitalizada rústica | 0,12 €/hectárea |
EPÍGRAFE 6.-OUTROS DOCUMENTOS | |
Expedición de informes policiais | 3 € |
Expedición de informes sociais | 0 € |
Expedición de tarxetas de armas ou permiso de uso de escopetas de aire comprimido, ou outros tramitados ante a policía local | 12 € |
Entrega de documentación administrativa en CD-ROM | 15 €/unidade |
Outros informes non comprendidos nos apartados anteriores | 3 € |
Outros certificados non comprendidos nos apartados anteriores | 5 € |
Artigo 8.º.-Bonificacións da cota.
Non se concederá ningunha bonificación dos importes das cotas tributarias sinaladas na tarifa desta taxa.
Artigo 9.º.-Devengo.
1.-Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos á taxa. Únicamente no caso de que se desista da solicitude no prazo de 5 días dende a súa presentación no rexistro procederá o devengo do 50% do importe da taxa ou a devolución desta porcentaxe cando conste acreditado no expediente o seu cobro.
2.-Nos casos ós que se refire o apdo. 2 do artigo 2.º, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que motiven a actuación municipal de oficio, ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado, pero redunde no seu beneficio.
Artigo 10.º.-Declaración e ingreso.
1.-A taxa esixirase polo procedemento do selo municipal adherido ó escrito de solicitude da tramitación do documento ou expediente. Tamén poderá esixirse en réxime de autoliquidación, cumprimentando o modelo correspondente e ingresando o importe nas dependencias municipais de recaudación ou na entidade bancarial. O xustificante de ingreso achegarase á solicitude sendo requisito imprescindible para dar trámite á mesma.
2.-Os escritos recibidos segundo o establecido polo artigo 38.4 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, que non veñan acompañados do importe da taxa, serán admitidos provisionalmente pero non poderán tramitarse sen previa emenda da deficiencia, para o que se requirirá ó interesado co fin de que no prazo de dez días pague as cotas correspondentes, coa advertencia de que, de non facelo así, arquivarase sen máis trámite a solicitude.
Artigo 11.º.-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas lles corresponde en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria e a súa normativa de desenvolvemento.
Disposición derrogatoria:
Coa entrada en vigor da presente ordenanza queda derogada a ¿Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos", aprobada polo concello pleno en sesión celebrada o 27 de xaneiro de 1997, así como a ¿Ordenanza fical reguladora da taxa por outorgamento da licencia de apertura de establecementos aprobada polo concello pleno en sesión celebrada o día 6 de outubro de 1989.
Disposición final:
A presente modificación da ordenanza entrará en vigor unha vez publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia, e aplicarase a todos os documentos que se expidan a partir do día da súa entrada en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.