Laracha A - REGULAMENTO MUNICIPAL DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DA LARACHA
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local (BOE nº 80, do 3 de abril de 1985), establece no seu artigo 25.2k) que os concellos exercerán, en todo caso, competencias nos termos da lexislación do Estado e das Comunicades Autónomas en materia de prestación de servizos sociais e de promoción e reinserción social.
A Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, regula o dereito de todas as persoas aos servizos sociais, correspondéndolles, aos poderes públicos, garantir este dereito, posibilitando así que as liberdades e igualdades entre individuos sexan reais e efectivas, tal e como consagra a propia Constitución Española.
A Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, establece no seu capítulo II, o catálogo de servizos sociais, onde define o servizo de axuda no fogar coma un servizo consistente en ofrecerlles un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e permanencia no seu contorno habitual. Esta mesma lei establece no seu artigo 11.f) que é función dos servizos sociais comunitarios básicos a xestión da axuda no fogar.
Coa entrada en vigor da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia, así como a normativa estatal e galega que a desenvolve, fíxose necesario establecer un novo marco regulador de carácter básico dos contidos, formas de prestación e aspectos procedimentais e organizativos de axuda no fogar de maneira que coa aprobación da Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, se estableceron pautas de carácter xeral para asegurar un nivel equitativo de atención a todas as persoas que tiñan limitada a súa autonomía persoal.
O Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia, establece no seu artigo 7. b) como requisito xeral dos centros e programas de servizos sociais, dispoñer dunhas normas de funcionamento, visadas polo órgano competente, en materia de autorización e inspección de servizos sociais, da Xunta de Galicia, que garanta o respecto ao dereito das persoas usuarias e establezan as condicións de prestación e desenvolvemento dos servizos.
Coa aprobación e publicación do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, faise necesario adaptar a normativa municipal existente en materia de axuda no fogar co fin de dar cumprimento ao establecido na disposición derradeira primeira do citado decreto.
En consecuencia e coa finalidade de garantir unha equidade, calidade e intensidade homoxéneas nos tipos de atención e os criterios de participación económica das persoas usuarias, o Concello da Laracha, de conformidade co marco normativo referenciado que confire aos concellos a potestade regulamentaria, e de autoorganización dentro da esfera das súas competencias, regula os requisitos e condicións da prestación do servizo de axuda no fogar municipal, a través da presente ordenanza.
TÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS
Art. 1º.- Obxecto
É obxecto deste novo Regulamento Municipal regular o programa de axuda no fogar prestado polo Concello da Laracha,establecendo uns criterios homoxéneos para todos os usuarios e usuarias, independentemente da súa vía de acceso, é dicir, a través da Lei de dependencia ou ben por libre concorrencia.
Art. 2º.- Natureza e definición
1. O servizo de axuda no fogar consiste en prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, dende una perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar.
2. O servizo de axuda no fogar poderá prestarse, a calquera persoa ou unidade de convivencia, para as cales, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato.
Art. 3º.- Obxectivos
Son obxectivos do servizo de axuda no fogar os seguintes:
a. Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.
b. Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual, potenciando a utilización positiva dos recursos do contorno.
c. Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.
d. Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.
e. Previr situacións de dependencia ou exclusión social.
f. Retardar ou evitar a institucionalización.
g. Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.
Art. 4º.- Prestacións do servizo
De conformidade coa valoración técnica realizada polos servizos sociais municipais do concello da Laracha que en cada caso correspondan, no marco do servizo de axuda no fogar poderán prestarse os seguintes tipos de atención:
4º.1.-Atencións de carácter básico:
a. Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, tales como:
∙ Asistencia para levantarse e deitarse.
∙ Apoio no coidado e hixiene persoal, así como para vestirse.
∙ Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse.
∙ Supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos. (Anexo II).
. Apoio para cambios posturais, mobilizacións, orientación espacio-temporal.
∙ Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.
b. Atencións de carácter persoal na realización doutras actividades da vida diaria, tales como:
∙ Acompañamento fóra do fogar para acudir a consultas ou tratamentos.
∙ Apoio na realización de xestións necesarias ou urxentes.
c. Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, tales como:
∙ Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda.
∙ Compra de alimentos e outros produtos de uso común.
∙ Preparación dos alimentos.
∙ Lavado e coidado das prendas de vestir.
∙ Coidados básicos da vivenda.
Este tipo de atención poderá ser facilitado en parte, se é o caso, por programas específicos de lavandería o alimentación a domicilio.
d. Atencións de carácter psicosocial e educativo: intervencións técnico-profesionais formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, a afectividade, a convivencia e a integración na comunidade así como á mellora da estruturación familiar.
4º.2.-Atencións de carácter complementario:
Poderanse prestar no seu momento segundo valoración técnica:
a. Actividades de acompañamento, socialización, e desenvolvemento de hábitos saudables.
b. Prestación de atención a distancia mediante dispositivos de teleseguimento, teleasistencia e similares.
c. Adaptacións funcionais do fogar.
d. Servizo de podoloxía.
e. Servizo de fisioterapia.
Poderán integrarse, ademais, dentro do servizo de axuda no fogar, determinadas atencións e actividades que se desenvolvan fóra do marco do domicilio da persoa usuaria, sempre que, de acordo coa prescrición técnica de servizos sociais sobre o contido do servizo, incidan de maneira significativa na posibilidade de permanencia no fogar e na mellora da autonomía e a calidade de vida.
En todo caso as atencións prestadas terán un carácter de reforzo complementario e non substitutivo das propias capacidades da persoa usuaria ou doutras persoas do seu contorno inmediato, de maneira que se facilite e promova a súa autonomía.
En ningún caso poderán formar parte das actuacións desenvolvidas polo servizo:
a. A realización de actividades domésticas, que non fosen incluídas no proxecto de intervención e no acordo de servizo.
b. Actuacións, que polo seu carácter sanitaria, deban en todo caso, ser realizadas por persoal facultativo.
Art. 5º.- Beneficiarios
O servizo de axuda no fogar estará aberto a todas as persoas ou unidades de convivencia para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá a persoas maiores con déficits de autonomía e a persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato, así como a fogares con menores nos que se observe necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo. Tamén poderá dar unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias en risco de exclusión social.
En todo caso, darase prioridade de acceso ao servizo ás persoas que teñan un dereito recoñecido de atención dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia.
Art. 6º.- Dereitos e deberes dos usuarios
As persoas usuarias do servizo, no marco dos dereitos que con carácter xeral se lles recoñecen na lexislación aplicable sobre servizos sociais e, se é o caso, sobre o procedemento administrativo común, terán dereito:
1. A seren tratadas co respecto debido á súa dignidade.
2. A recibiren unha atención adaptada ás súas necesidades, coa calidade e duración prescritas en cada caso.
3. A coñeceren a organización e o regulamento do servizo.
4. A coñeceren a situación do seu expediente.
5. Ao tratamento confidencial dos seus datos de acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
6. A seren informadas, de xeito claro e preciso, sobre a intervención prevista e elixir libremente, dentro da capacidade de oferta do sistema e logo da valoración técnica, o tipo de medidas ou de recursos adecuados para o seu caso, así como a participar na toma de decisións que modifiquen o proceso de intervención acordado.
7. A presentaren queixas e suxestións ao persoal coordinador do servizo cando expresaren reclamacións ou fixeren suxestións sobre a súa prestación efectiva.
8. A teren asignada unha persoa profesional de referencia que actúe como interlocutora principal e que asegure a coherencia da intervención.
9. Ao respecto dos seus dereitos lingüísticos, garantindo, en todo caso, o desenvolvemento da actividade do servizo dende a práctica dunha oferta positiva do idioma galego.
Deberes dos usuarios dos servizo:
1. Cumprir coas condicións do servizo, facilitando a execución das tarefas ao persoal ao cargo e poñendo á súa disposición, se fose o caso, os medios materiais necesarios (alimentos, produtos de limpeza e hixiene e outros que se precisen).
2. Colaborar, na medida das súas posibilidades, no desenvolvemento do servizo en función das súas capacidades e nos termos acordados en cada caso.
3. A facilitar e colaborar no seguimento e avaliación do servizo.
4. Respectar a dignidade persoal e profesional das persoas que presten o servizo, así como respectar os límites das súas obrigas laborais.
5. Informar dos cambios de calquera circunstancia que impliquen un cambio na súa capacidade económica, así como de circunstancias relevantes de carácter persoal ou familiar que puidese dar lugar á modificación, suspensión ou extinción na prestación do servizo desenvolvemento do servizo.
6. Participar no pagamento do servizo nos termos que se estableza na súa norma reguladora.
7. A comunicar, en circunstancias ordinarias e previsibles, con dez días de antelación, calquera ausencia temporal do domicilio que puidese impedir a prestación do servizo.
Art. 7º.- Causas de extinción e modificación do servizo
1. Son causas de extinción:
a. A renuncia voluntaria da persoa usuaria.
b. O cambio de programa individual de atención ou do proxecto de intervención que implique un cambio de asignación de recurso e a súa incompatibilidade co servizo de axuda no fogar.
c. Traslado definitivo da súa residencia a outro concello.
d. Falecemento da persoa usuaria.
e. Incumprimento reiterado dos deberes e obrigas establecidas para as persoas usuarias na prestación do servizo.
f. A falta reiterada de pagamento do servizo durante tres meses consecutivos sen causa xustificada que o acredite.
g. Desaparición das causas que motivaron a prestación do servizo.
2. Ademais, con carácter xeral, a alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión do servizo, poderá dar lugar á modificación das condicións de prestación nas que fora concedido inicialmente. Os cambios de circunstancias, en calquera caso, deberán substanciarse no expediente individual, mediante un novo informe social.
3. Cando se trate dun servizo público de axuda no fogar asignado a persoas en situación de dependencia na correspondente resolución do programa Individual de Atención (PIA), consonte o establecido na Orde de 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento do sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, modificado polo Decreto 148/2011, do 7 de xullo, a incoación por parte da entidade titular do servizo dun expediente de extinción ou modificación das condicións de prestación do servizo deberá notificarase ao órgano competente para ditar resolución do Programa Individual de Atención (PIA).
Cando a prestación do servizo corresponde a unha persoa usuaria por libre concorrencia, a incoación por parte do Concello da Laracha dun expediente de extinción ou modificación das condicións da prestación deberá implicar por parte do técnico municipal a elaboración da resolución do órgano competente comunicando a extinción ou as variacións oportunas e notificándollo a persoa usuaria.
Art. 8º.- Causas de suspensión temporal do servizo
Son causa de suspensión temporal do servizo, previa tramitación do correspondente expediente, e informe razoado do persoal técnico municipal coordinador do servizo, que deberá incorporarse ao expediente persoal, as que seguen:
1. Ausencia temporal do domicilio: Neste caso o servizo poderá suspenderse por un máximo de tres meses para os usuarios de libre concorrencia e por un máximo de dous meses para os usuarios de dependencia, debendo acreditar a persoa usuaria as causas que motivan a súa ausencia.
2. Modificación temporal das causas que motivaron a necesidade do servizo: Poderá suspenderse o servizo en tanto persista o cambio de circunstancias causante da suspensión, coa excepción das prazas vinculadas a un dereito exercido dentro do sistema de autonomía a atención á dependencia, suposto no que se estará ao disposto na correspondente normativa reguladora.
TITULO II. PRESTACIÓN DO SERVIZO
Art. 9º.- Formas de prestación do servizo
O servizo público de axuda no fogar prestarase polo concello da Laracha ben directamente ou ben mediante as diversas modalidades de contratación da xestión de servizos públicos reguladas na normativa vixente sobre contratos do sector público, a través de entidades privadas debidamente autorizadas.
Ademais, sen prexuízo do establecido no punto anterior, os servizos poderán ser prestados mediante fórmulas de colaboración institucional entre as administracións competentes ou por entidades de dereito público, de acordo co establecido na lexislación vixente.
Art. 10º.- Requisitos específicos
Persoal de coordinación: O servizo estará coordinado por persoal técnico cunha cualificación mínima de diplomatura universitaria na área de servizos sociais. No caso de que o número de persoas usuarias sexa menor de 50, o persoal técnico mínimo esixible será de 0,02 profesionais en cómputo de xornada completa por persoa usuaria. Nos demais casos aplicarase a seguinte táboa:
Número de persoas usuarias | Persoal técnico titulado mínimo (a xornada completa) |
50 a 99 | 1 |
100 a 199 | 2 |
200 a 399 | 3 |
Incrementos Sucesivos | Por cada grupo de 200 persoas usuarias corresponderá un incremento de 1 técnico titulado a xornada completa |
O persoal que presta a atención directa nos domicilios das persoas usuarias estará formado por auxiliares de axuda no fogar, que, no caso de atender a persoas afectadas por déficit de autonomía, deberán estar en posesión do título de formación profesional de grao medio de ¿atención sociosanitaria" ou equivalente, regulado polo Real decreto 496/2003, do 2 de maio ou en posesión do certificado de profesionalidade de ¿atención sociosanitaria a persoas no domicilio" ou equivalente, ou regulado no Real decreto 1379/2008 do 1 de agosto. En todo caso, o persoal que preste atención directa aos usuarios deberá ter a titulación que esixa a normativa vixente en cada momento.
Os deberes e obrigas dos/as auxiliares de axuda no fogar son:
· Axustar as súas tarefas ao proxecto establecido previamente polo técnico responsable.
· Respectar sempre e inescusablemente a intimidade do usuario e a gardar a debida confidencialidade.
· Cumprir as medidas de seguridade e hixiene establecidas na lexislación vixente.
· Non realizar tarefas no domicilio fora do horario establecido.
· Non dispor de ningún xogo de chaves dos domicilios dos usuarios nos que traballa, exceptuando cando as condicións do caso así o esixan, con previa comunicación ao concello e sempre co consentimento do técnico municipal de servizos sociais e do usuario.
· Non ir acompañado de ninguén alleo ao servizo cando accede ao domicilio.
· Non aceptar calquera tipo de gratificación, doazón ou contraprestación económica por parte dos usuarios.
· A entidade contará e expoñerá publicamente o regulamento de funcionamento do programa, incluíndo como mínimo o seguinte:
- ámbito de actuación
- dereitos e deberes dos usuarios e da entidade
- descrición dos servizos que se presta
- procedemento para as altas, baixas, modificación ou suspensión do servizo
- protocolo para o inicio da prestación efectiva
- modelo de acordo de servizo entre o usuario e a entidade
- horarios de atención ao público na oficina base do programa
- límites horarios para a prestación do servizo.
- réxime de visitas aos domicilios do técnico que leve o programa
- protocolo de actuacións en caso de emerxencia
- protocolo de substitución de persoal auxiliar de axuda no fogar e de cesación do servizo
- protocolo de actuación no caso de queixa no libro de reclamacións
- cadro de persoal anexo
- cadro de prezos anexo
A entidade local titular do servizo de axuda no fogar, tanto se o presta en réxime de xestión directa como indirecta,abrirá un expediente por cada persoa usuaria ou por cada unidade de convivencia á que se presta o servizo, no que constará,cando menos:
a. Un informe social, asinado por unha traballadora social do concello da Laracha.
b. Un proxecto de intervención, asinado polo técnico responsable do servizo de axuda no fogar no concello da Laracha.(Anexo I).
c. Un acordo de servizo asinado entre o concello da Laracha e a persoa usuaria (Anexo III da Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar).
d. Informes de seguimento periódicos, que terán carácter bimensual, ou extraordinarios, cando as circunstancias así o aconsellen.
O tratamento da información contida nos expedientes realizarase de acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.
A persoa que exerza como responsable técnica do servizo garantirá unha supervisión do servizo efectivamente prestado, que será realizada sempre que as circunstancias a fagan necesaria e, como mínimo, cunha periodicidade de dous meses. Da supervisión realizada quedará constancia no correspondente expediente individual. Mediante esta supervisión revisarase e axustarase, se fose o caso, o contido das prestacións expresado no proxecto de intervención e no acordo de servizo.
Art. 11º.- Modalidades de acceso ao servizo
Accederase ao servizo de axuda no fogar a través dos servizos sociais comunitarios básicos, de acordo coas seguintes modalidades:
11.1. Acceso directo:
1. O acceso ao servizo será prioritario e directo para persoas que, tendo recoñecida a situación de dependencia, se lles asigne a axuda no fogar na correspondente resolución de Programa Individual de Atención (PIA), de acordo co establecido Na Orde do 2 de xaneiro de 2012 (D.O.G. nº 9 do 13 de xaneiro de 2012) de desenvolvemento do Decreto 15/2012, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes. Para estes efectos, o concello da Laracha, cando sexa o caso, procederá a dar de alta as persoas en agarda, de acordo coa orde de prelación establecida no programa de asignación de recursos. As persoas para as que o programa individual de atención, determine o servizo de axuda no fogar como recurso principal ou idóneo terán, en todo caso, preferencia sobre aquelas ás que se lles asigne o servizo de axuda no fogar como respiro do coidador.
11.2. Réxime de libre concorrencia:
O acceso resolverase previa solicitude do interesado, e de acordo cos criterios establecidos neste Regulamento Municipal, previa prescrición técnica favorable dos servizos sociais comunitarios básicos do Concello da Laracha nos casos seguintes:
· Para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non lles asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006.
· Nas situacións nas que a problemática principal estea relacionada con aspectos convivenciais e socio-educativos.
Empregarase o baremo que se inclúe como Anexo I da Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar, no que, ademais dos posibles déficits de autonomía, se valoren factores de carácter persoal e socio-familiar, o apoio social, a situación da vivenda e outros que dificulten obxectivamente a normalización social e a calidade de vida.
11.3.- De oficio:
Cando circunstancias debidamente acreditadas no expediente así o xustifiquen, o procedemento de acceso ao servizo poderá iniciarse de oficio.
Art. 12º.- Tramitación de acceso ao servizo por libre concorrencia
No acceso por libre concorrencia será de aplicación o seguinte:
A) No caso de procedementos iniciados a instancia de parte, de conformidade cos principios xerais recollidos na Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións e do procedemento administrativo común e tendo en conta a avaliación da solicitude seguindo o baremo que se inclúe como anexo i da orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar. A documentación que acompaña á solicitude é:
- fotocopia del DNI ou NIE
- fotocopia da tarxeta sanitaria
- xustificante de convivencia do Padrón municipal
- informe médico segundo o modelo que se adxunta a solicitude
-copia da última declaración da renda ou autorización para acceder aos datos tributarios da persoa usuaria e do seu cónxuxe ou parella de feito, e das persoas ascendentes, fillos menores de 25 anos ou maiores con discapacidade valorada que dependan economicamente da persoa usuaria.
- recibo da imposto sobre bens inmobles do ano en curso
- certificado de xuros capitais
- certificación do nº de conta
-certificado da pensión mensual do organismo correspondente ou certificación bancaria da persoa usuaria e do seu cónxuxe ou parella de feito, e das persoas ascendentes, fillos menores de 25 anos ou maiores con discapacidade valorada que dependan economicamente da persoa usuaria.
- copia da declaración do imposto sobre o patrimonio da persoa usuaria e do seu cónxuxe ou parella de feito, e das persoas ascendentes, fillos menores de 25 anos ou maiores con discapacidade valorada que dependan economicamente da persoa usuaria.
- no caso de non percibir ingresos: certificado de alta no INEM, certificado conforme non cobra prestación do INEM e da seguridade social.
B) No caso de expedientes iniciados de oficio, cando así o xustifiquen circunstancias debidamente acreditadas no expediente, as persoas usuarias terán que presentar no rexistro de entrada municipal do concello da Laracha a documentación completa, que previamente lle indicará persoal de servizos sociais do concello.
Os expedientes de acceso ao servizo deberán ser valorados en todo caso por unha traballadora social dos servizos sociais comunitarios básicos do concello da Laracha que, unha vez realizada a correspondente visita domiciliaria, determinará, mediante informe preceptivo e vinculante, a idoneidade do servizo, así como a intensidade recomendable para cada caso concreto.
O órgano competente para ditar a resolución será o Alcalde da Corporación ou órgano ou concelleiro en quen delegue.
Transcorrido un prazo máximo de 3 meses, a contar dende o dia seguinte ó que fora complementada a documentación preceptiva, sen formalizarse a resolución, a persoa interesada deberá entender estimada a súa solicitude por silencio administrativo.
Unha vez notificada a resolución de concesión do servizo, deberán acordarse entre os servizos sociais comunitarios básicos do concello da Laracha e a persoa usuaria as condicións básicas da prestación, mediante a sinatura do acordo do servizo entre o técnico municipal responsable do servizo e o/a usuario/a, onde recollerase a información contida no Anexo III da Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar.
No caso de extrema e urxente necesidade debidamente xustificada, mediante resolución motivada do Alcalde ou concelleiro en quen delegue, poderase iniciar de oficio a prestación do servizo de maneira inmediata, a proposta dos servizos sociais municipais e sen prexuízo da posterior instrución do correspondente expediente.
Na prestación do servizo, ademais do persoal profesional, poderá colaborar persoal voluntario baixo a supervisión técnica dos servizos sociais do concello da Laracha. Para estes efectos estarase ao previsto na lexislación en vigor sobre voluntariado.
No caso de tratarse de intervencións de carácter socio-educativo derivadas dun diagnóstico de desestructuración familiar, deberán incorporarse ao proceso, de acordo coas circunstancias do fogar de que se trate, algunha das seguintes figuras profesionais: diplomado en traballo social, diplomado en educación social ou técnico superior en integración social.
Art. 13º.- Lista de agarda
Para libre concorrencia: Con carácter xeral, no caso de que o servizo de axuda no fogar non conte con capacidade suficiente para atender todas as situacións de necesidade, elaborarase unha lista de espera á que se accederá pola orde de puntuación acadada nos baremos aplicados, dando prioridade sempre as persoas valoradas con déficit de autonomía para a realización das tarefas da vida diaria.
En caso de obter a mesma puntuación terá prioridade a data máis antiga do rexistro de entrada municipal.
En todo caso quedarán en lista de espera aquelas solicitudes que non se poidan cubrir por falta do crédito orzamentario.
Se o solicitante superase o ano na lista de espera, antes de proceder á alta no servizo, será obxecto dunha nova valoración da situación.
Art. 14º.- Desenvolvemento da prestación do servizo
1. O prazo de alta no servizo, será como máximo dunha semana, dende que a persoa usuaria se lle asigna o recurso dende o Programa de Asignación de Recursos para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de dependencia, ou dende que se aproba a súa solicitude na Xunta de Goberno Local, para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de libre concorrencia. Para as persoas usuarias ás que se lles concede o servizo, pola vía de urxencia, o prazo de alta será como máximo de dous días.
2. Previo ao inicio do servizo, o persoal técnico realizará unha avaliación da situación e establecerá un consenso coa persoa usuaria, sobre as actuacións e tarefas a desenvolver no domicilio. Designarase tamén a persoa profesional de referencia.
3. A asignación do persoal de atención directa farase en base ó perfil requirido para cada caso concreto e realizarase unha visita domiciliaria para a presentación do persoal de atención directa á persoa usuaria.
Se a persoa beneficiaria, rexeita ao/á auxiliar de axuda no fogar que se lle asigna, sen razón suficientemente xustificada, pasará á lista de espera ata que se lle asigne outro/a auxiliar, sempre que sexa tecnicamente posible.
Os cambios no persoal técnico asignado, así como nos horarios de prestación do servizo, que deban efectuarse, por circunstancias de necesidades de organización do servizo, comunicaranse á persoa beneficiaria, seguindo en vigor o acordo asinado.
4. Para o inicio da prestación do servizo, será requisito previo, asinar o acordo de servizo, segundo o modelo establecido no anexo III desta ordenanza.
5. O persoal técnico elaborará un proxecto de intervención, segundo o anexo I desta ordenanza (anexo II da Orde do 22 de xaneiro de 2009), que deberá conter: días da semana de atención, horario concreto no que se desenvolverá a prestación, identidade do persoal de atención directa responsable da execución do proxecto, obxectivos e tarefas a desempeñar no domicilio, seguimento efectivo da prestación no domicilio do usuario, con carácter mínimo bimensual.
6. Farase entrega á persoa usuaria, dunha copia da ordenanza municipal de axuda no fogar, debidamente visada polo órgano competente.
7. Así mesmo, entregarase á persoa usuaria e ao persoal de atención directa, do documento que conteña as tarefas a desenvolver no domicilio.
8. Informarase ás persoas usuarias da existencia dun libro de reclamacións, que estará á súa disposición, para calquera queixa ou reclamación. No caso de queixa ou reclamación, facilitarase unha copia da queixa á persoa usuaria e remitirase o orixinal ao servizo de inspección no prazo de tres días, xunto cun informe do caso, segundo establece o artigo 6 i) do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección de servizos sociais en Galicia.
Art. 15º.- Intensidade do servizo por dependencia
A intensidade do servizo determinarase, con carácter xeral, en horas mensuais de atención, distribuídas en función das necesidades da persoa usuaria e do informe social técnico.
A intensidade do servizo de axuda no fogar para as persoas usuarias con dependencia valorada, están predeterminadas no seu programa Individual de atención (PIA). A súa aplicación horaria será flexible e conforme ao proxecto de intervención, de maneira que, se garanta a cobertura das necesidades de atención de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, todos os días da semana.
Art. 16º.- Intensidade do servizo por libre concorrencia
O tempo de atención e a periodicidade do servizo determinarase en cada caso, pola necesidade que presente a persoa,a criterio profesional do técnico responsable do servizo do concello da Laracha, que poderá modificarse en función das variacións que se produzan na situación persoal e familiar baremables, ou por necesidade da organización do servizo,que en todo caso deberá notificarse cunha antelación dun mes á persoa usuaria.
A franxa horaria da prestación é a seguinte:
- horario de prestación do servizo será de luns a sábado, de 8:00 horas a 21:00 horas.
- de xeito excepcional, e a criterio do responsable de axuda no fogar do concello da Laracha, poderá prestarse os domingos e festivos.
- no día non se pode superar as 2 horas diarias de atención, podendo ampliarse unha hora máis de xeito excepcional
a criterio do responsable municipal do servizo.
Artigo 17º.- Financiamento do servizo
O servizo de axuda no fogar financiarase mediante achegas da Administración xeral do Estado, da Xunta de Galicia, da entidade local titular do servizo e dos usuarios.
Artigo 18º.- Determinación da capacidade económica do sistema de atención a persoas usuarias da dependencia
1. A capacidade económica das persoas dependentes, valoradas con dereito recoñecido de atención, mediante o servizo de axuda no fogar, calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capítulo II do título III do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, observándose as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia.
2. O resultado do cálculo da capacidade económica, correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, constará na resolución do plan individualizado de atención que se desenvolva en cada caso, de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.
Artigo 19º.- Determinación da capacidade económica das persoas usuarias doutros servizos que impliquen copagamento
No servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivencia distintas ás referidas no artigo anterior, o cómputo da capacidade económica farase de acordo cos seguintes criterios:
1. Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.
2. Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos, enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.
3. A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5 por 100 do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado de dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.
Art. 20º.- Participación dos usuarios no financiamento do servizo
A) Para o caso da prestación do servizo ordinario:
1. Para o servizo de axuda no fogar, en réxime de libre concorrencia, para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, aplicarase a seguinte táboa que regula unha progresiva participación económica no custo do servizo en base ó cálculo da capacidade económica per cápita, de acordo co establecido no artigo 20 desta ordenanza.
Capacidade económica | Porcentaxe |
Menor do 0,80 do IPREM | 0 |
Maior do 0,80 do IPREM e menor ou igual a 1,50 IPREM | 20% |
Maior de 1,50 e menor ou igual a 2 IPREM | 35% |
Maior de 2 e menor ou igual a 2,5 IPREM | 55% |
Maior de 2,5 | 75% |
2. Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestructuración familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.
3. En calquera caso, establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.
B) Para o caso da prestación do servizo a persoas en situación de dependencia:
1. No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.
2. Nos demais supostos o Concello de A Laracha, titular do servizo, para facer efectiva a obriga das persoas usuarias de participar no custo do servizo, aplicará a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:
Capacidade económica (referenciada ao IPREM) Ata | Grao I | Grao II | Grao III |
<=20 h | <=45 h | <=70 h | |
100,00 % | 0,00 % | 0,00 % | 0,00 % |
115,00 % | 4,52 % | 9,61 % | 14,70 % |
125,00 % | 5,41 % | 11,50 % | 17,58 % |
150,00 % | 5,55 % | 11,79 % | 18,03 % |
175,00 % | 5,65 % | 12,00 % | 18,35 % |
200,00 % | 5,72 % | 12,16 % | 18,60 % |
215,00 % | 5,81 % | 12,34 % | 18,87 % |
250,00 % | 6,03 % | 12,82 % | 19,61 % |
300,00 % | 6,24 % | 13,26 % | 20,29 % |
350,00 % | 6,42 % | 13,63 % | 20,85 % |
400,00 % | 6,54 % | 13,90 % | 21,25 % |
450,00 % | 6,63 % | 14,09 % | 21,55 % |
500,00 % | 6,70 % | 14,25 % | 21,79 % |
>500 % | 6,76 % | 14,36 % | 21,97 % |
3. Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao correspondente, a cantidade por pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.
4. En ningún caso o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento poderá exceder o 90% do custo do servizo determinado en termos de prezo/hora.
5. No caso das atencións e servizos complementarios do nivel básico do servizo de axuda no fogar, prestados ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, para os efectos de facer efectiva a obriga de participar no custo do servizo por parte das persoas usuarias, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa a súa participación en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade e do tipo de atención ou servizo asignado:
% Capacidade económica (referenciada ao IPREM) Ata | Grao I | Grao II | Grao III | ||||||
Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | |
<=15 | <=28 | <=45 | |||||||
100,00 % | 0,00 % | 12,87 % | 13,76 % | 0,00 % | 22,73 % | 24,29 % | 0,00 % | 35,51 % | 37,95 % |
115,00 % | 5,98 % | 13,10 % | 14,00 % | 10,56 % | 23,12 % | 24,71 % | 16,50 % | 36,13 % | 38,61 % |
125,00 % | 7,15 % | 13,39 % | 14,31 % | 12,63 % | 23,64 % | 25,26 % | 19,73 % | 36,94 % | 39,47 % |
150,00 % | 7,34 % | 13,52 % | 14,44 % | 12,95 % | 23,87 % | 25,50 % | 20,24 % | 37,29 % | 39,85 % |
175,00 % | 7,47 % | 13,61 % | 14,54 % | 13,18 % | 24,03 % | 25,67 % | 20,60 % | 37,54 % | 40,12 % |
200,00 % | 7,57 % | 13,76 % | 14,70 % | 13,36 % | 24,29 % | 25,96 % | 20,87 % | 37,96 % | 40,56 % |
215,00 % | 7,68 % | 13,83 % | 14,78 % | 13,56 % | 24,42 % | 26,09 % | 21,18 % | 38,16 % | 40,77 % |
250,00 % | 7,98 % | 13,96 % | 14,91 % | 14,09 % | 24,64 % | 26,33 % | 22,01 % | 38,50 % | 41,14 % |
300,00 % | 8,25 % | 14,06 % | 15,02 % | 14,57 % | 24,82 % | 26,52 % | 22,77 % | 38,78 % | 41,44 % |
350,00 % | 8,48 % | 14,16 % | 15,13 % | 14,98 % | 25,00 % | 26,72 % | 23,40 % | 39,07 % | 41,74 % |
400,00 % | 8,65 % | 14,35 % | 15,33 % | 15,27 % | 25,33 % | 27,06 % | 23,85 % | 39,57 % | 42,29 % |
>400,00 % | 8,77 % | 14,48 % | 15,48 % | 15,48 % | 25,57 % | 27,32 % | 24,19 % | 39,95 % | 42,69 % |
Artigo 21º.- Afectación dos ingresos municipais polo copagamento dos servizos
De conformidade co artigo 56.7 de Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, en todo caso, os ingresos que recade o concello de A Laracha en concepto de achega das persoas usuarias para a súa participación no custo dos servizos sociais comunitarios, estarán afectados ao financiamento dos servizos sociais que reciban.
Artigo 22º.- Da coordinación coas entidades privadas que atendan a persoas usuarias financiados total ou parcialmente con fondos públicos
No caso das entidades privadas que presten o servizo de axuda no fogar, mediante financiamento total ou parcial con fondos públicos, ou que atendan a persoas usuarias derivadas do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia, manterán unha coordinación efectiva cos servizos sociais comunitarios básicos, establecendo un protocolo de comunicación de altas no servizo de cada persoa usuaria, así como unha copia do correspondente proxecto de intervención e dos informes de seguimento, dirixidos aos servizos sociais comunitarios básicos do Concello ou entidade local.
Artigo 23º.- Obrigados ao pagamento
Están obrigados ao pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza, as persoas usuarias beneficiarias do servizo prestado por este Concello ás que se refire o artigo 5.
Artigo 24º.- Nacemento da obriga de pago
A obriga de pagar os prezos públicos regulados neste acordo regulador, nace, en xeral, dende que se inicie a prestación do servizo e deberá facerse efectivo de acordo coas seguintes normas de xestión:
1. Os prezos públicos contemplados nesta ordenanza satisfaranse con carácter posterior á prestación do servizo e con carácter específico, durante a primeira quincena do mes seguinte.
2. Por parte do concello e, sobre a base do parte de traballo asinado, conxuntamente pola persoa usuaria e polo persoal de atención directa, elaborarase un recibo individual có importe correspondente ao servizo prestado no mes anterior, que se remitirá á entidade bancaria elixida pola persoa beneficiaria, para que se efectúe o pagamento.
Artigo 25º.- Infraccións e sancións.
As infraccións e sancións rexeranse, no relativo aos pagos, pola Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e polo Real Decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación, e no resto das materias, polo disposto na Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
Normativa subsidiaria
No non expresamente previsto no presente Regulamento, estarase ao disposto no Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento da Consellería de Traballo e Benestar.
Disposición Derrogatoria
Queda derrogada a actual Ordenanza Municipal do servizo de axuda no fogar do concello da Laracha aprobada o 5 de novembro de 2009, unha vez que entre en vigor o presente Regulamento.
Disposición Derradeira
O presente Regulamento entrará en vigor unha vez publicado no Boletín Oficial da Provincia e teña transcorrido o prazo sinalado no art. 65 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
ANEXOS
ANEXO I
SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
Proxecto de Intervención
1.-Datos de Identificación do Expediente
Expediente (1) | Intervención nº (2) | Data de solicitude | Data de Inicio |
Sector de Referencia (3) | Ámbito de Atención (3) | Nº Total de Usuarios |
Nome e Apelidos | Data de Nacemento | DNI | Sexo | Estado Civil |
Proxecto | Data do Proxecto | Data Fin de Proxecto |
SISTEMA DE ACCESO:
Dependencia | Libre concorrencia | De oficio |
Antecedentes relevantes:
2.-Atención a prestar
Días da semana
L | M | X | J | V | S | D | Nº de horas semanais | Horario |
Tipo de servizo a prestar (4):
Perfil dos/as profesionais:
Outros servizos:
Técnico responsable:
Asdo.:
__________________________________________________________________________________________________
1 Identificación do expediente en SIUSS
2 Numero de orde desta intervención en relación co total realizadas neste expediente
3 Tipoloxía SIUSS
4 Pódese empregar a tipoloxía SIUSS
3.-Existencia doutros servizos/apoios prestados a domicilio
Existencia:
Servizos/apoios:
Nº de horas semanais:
4.-Obxectivos Específicos e Tarefas que se propoñen
Obxectivos específicos:
Tarefas
5.- Periodicidade do seguimento (mínimo bimensual):
ANEXO II
CONFORMIDADE PARA A ADMINISTRACIÓN E/OU SUPERVISIÓN DO TRATAMIENTO FARMACOLÓXICO
D./ Dª ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..........................................................................................................................
Usuario/a do SAD do Concello da Laracha, dou a miña conformidade á auxiliar do SAD para que supervise, e no caso preciso,administre, a medicación prescrita polo meu médico Doutor/a
D./Dª............................................................................................................. no xeito abaixo indicado, para o que achego Informe Médico, efectuado polo Doutor/a D./Dª¿..¿....................................................................................... Nº Colexiado¿¿¿¿¿¿..¿¿¿¿¿
Nome do medicamento | ALMORZO | MEDIA MAÑA | XANTAR | MERENDA | CEA | AO DEITARSE |
....................... (Past. Caps.Xarabe) | ||||||
....................... (Past. Caps.Xarabe) | ||||||
....................... (Past. Caps.Xarabe) | ||||||
....................... (Past. Caps.Xarabe) | ||||||
....................... (Past. Caps.Xarabe) | ||||||
....................... (Past. Caps.Xarabe) | ||||||
....................... (Past. Caps.Xarabe) |
DATA¿¿¿..¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿
SINATURA E SELO DO MÉDICO
O usuario comprométese a comunicar calquera variación nos medicamentos e tomas que xurdan por nova indicación médica, polo que presentará este modelo, debidamente cuberto polo seu médico de Atención Primaria.
O USUARIO:
SINATURA DO USUARIO
ANEXO III
SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
Acordo de Servizo
Reunidos en ........................................................o día ............................................................... dunha parte don/dona..¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..............................................................¿¿.con DNI:¿¿¿¿¿¿¿¿................
E doutra ......................................................................................................, en calidade de Técnico responsable do servizo de axuda no fogar de ...................¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿...........................................................................
ACORDAN:
1. Que o Concello de A Laracha /a entidade prestadora ................................., prestará o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), á persoa arriba citada, dende o día _______ do _________________ de 200___.
2. Que a prestación do Servizo de Axuda no Fogar para os usuarios de dependencia se realizará con carácter indefinido. Para os usuarios que accedan ao servizo por libre concorrencia se realizará por un prazo de ___________________________, con posibilidade de prórroga segundo valoración técnica do departamento de Servizos Sociais/da Entidade prestadora acreditada
3. Que o SAF se levará a cabo por un total de ____ horas semanais, distribuídas semanalmente nos seguintes días.........................................................................................................................................................................
4. Para os usuarios de dependencia: Que atendendo á Orde do 22 de xaneiro de 2009 que regula o Servizo de Axuda no Fogar, ao Decreto 99/2012, a Ordenanza Fiscal municipal que regula as taxas do SAF, e á aplicación do baremo que corresponde, a persoa usuaria conta cunha capacidade de ....................................€ polo que lle corresponde unha porcentaxe de .................................... sobre a súa capacidade económica. En base ao anterior e tendo en conta a intensidade do servizo comprométese a achegar a cantidade de ...................................... polo total de horas prestadas.
5. Para os usuarios de libre concorrencia: Que atendendo á Orde do 22 de xaneiro de 2009 que regula o Servizo de Axuda no Fogar, ao Decreto 99/2012, a Ordenanza Fiscal municipal que regula as taxas do SAF, e á aplicación do baremo que corresponde, a persoa usuaria conta cunha capacidade de .......................€ polo que lle corresponde unha porcentaxe de ...................................... sobre o custo do servizo. En base ao anterior e tendo en conta a intensidade do servizo comprométese a achegar a cantidade de ................................................ polo total de horas prestadas.
6. Que a persoa usuaria acepta domiciliar o abono da taxa do SAF establecido no punto 4º, na entidade bancaria da súa elección, no número de conta autorizada para tal efecto.
7. Que, de acordo co proxecto de intervención establecido para o caso, as actividades que se fixan inicialmente para o desenvolvemento do SAF son as seguintes:
Atencións de carácter persoal
Atencións de carácter persoal na realización doutras actividades da vida diaria (acompañamentos fóra do fogar)
Atencións de carácter apoio psicosocial e educativo
Atencións de carácter doméstico e da vivenda
Atencións de carácter técnico e complementario
----------------------------------------------------------------
8. Que as modificacións que puidese haber nas condicións inicialmente estipuladas neste acordo, deberán ser recollidas nun documento novo asinado pola persoa usuaria e a persoa responsable do SAF, sendo anexadas ao acordo orixinal.
9. Que o servizo se prestará atendendo ás condicións reguladas na Orde do ---- de ---- que regula o Servizo de Axuda no Fogar e na ordenanza municipal sobre o SAF, onde están recollidas os dereitos e obrigas da persoa usuaria, baixas temporais e causas de extinción.
10. No departamento de servizos sociais existe un libro de queixas e reclamacións a disposición dos usuarios.
Ambas partes dan a súa conformidade ó presente acordo de prestación do SAF, e o asinan
En ¿¿¿¿¿¿¿¿¿ a ¿¿ de ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.de 201¿..
A persoa usuaria O técnico responsable
__________________ ____________________
ANEXO IV
DECLARACION XURADA DO PATRIMONIO
Nome e apelidos: | DNI : |
Actuando en calidade de:
Declarante
Representante
Que é titular de ben e dereitos de contido económico, excluíndo a vivenda habitual, segundo se detallan a continuación:
CONCEPTO | VALOR (€/ANO) | DÉBEDAS E OBRIGAS (€/ANO) |
TOTAIS |
E para que así conste e surta os efectos oportunos ante ao Departamento de Servizos Sociais do Concello da Laracha, asino a presente Declaración en,
A Laracha, a______ de ___________________ de 201___
Asinado: _________________________________________________________
DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DA LARACHA"
Contra esta Regulamento poderá interpoñerse recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación do texto no Boletín Oficial da Provincia.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
O regulamento dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:
¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."
Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.