Laracha A - REGULAMENTO MUNICIPAL DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DA LARACHA

Publicación provisional: 08/06/2012 BOP Nº: 108
Publicación definitiva: 08/08/2012 BOP Nº: 150
Aplicable dende: 27/08/2012

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, ten por obxecto a ordenación e promoción do sistema público de servizos sociais na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia ven de aprobar o Decreto 99/2012, de 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, dispoñendo na súa disposición derradeira primeira un prazo de dezaoito meses para a adaptación das súas ordenanzas municipais ao disposto no decreto.

TÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Art. 1 Obxecto

É obxecto deste novo Regulamento Municipal regular o programa de axuda no fogar prestado polo Concello da Laracha,establecendo uns criterios homoxéneos para todos os usuarios e usuarias, independentemente da súa vía de acceso, é dicir, a través da Lei de dependencia ou ben por libre concorrencia.

Art. 2 Definición

O servizo de axuda no fogar consiste en prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, dende una perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar.

Trátase dun servizo de carácter complementario e transitorio, que non desvincula ás familias das súas responsabilidades.

Art. 3 Obxectivos

Son obxectivos do servizo de axuda no fogar os seguintes:

a. Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.

b. Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual, potenciando a utilización positiva dos recursos do contorno.

c. Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.

d. Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.

e. Previr situacións de dependencia ou exclusión social.

f. Retardar ou evitar a institucionalización.

g. Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.

Art. 4 Prestacións do servizo

De conformidade coa valoración técnica realizada polos servizos sociais municipais do concello da Laracha que en cada caso correspondan, no marco do servizo de axuda no fogar poderán prestarse os seguintes tipos de atención:

4.1.-Atencións de carácter básico:

a. Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, tales como:

∙ Asistencia para levantarse e deitarse.

∙ Apoio no coidado e hixiene persoal, así como para vestirse.

∙ Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse.

∙ Supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos. (Anexo II).

. Administración cando proceda de medicamentos (Anexo II).

∙ Apoio para cambios posturais, mobilizacións, orientación espacio-temporal.

∙ Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.

b. Atencións de carácter persoal na realización doutras actividades da vida diaria, tales como:

∙ Acompañamento fóra do fogar para acudir a consultas ou tratamentos.

∙ Apoio na realización de xestións necesarias ou urxentes.

c. Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, tales como:

∙ Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda.

∙ Compra de alimentos e outros productos de uso común.

∙ Preparación dos alimentos.

∙ Lavado e coidado das prendas de vestir.

∙ Coidados básicos da vivenda.

Este tipo de atención poderá ser facilitado en parte, se é o caso, por programas específicos de lavandería o alimentación a domicilio.

d. Atencións de carácter psicosocial e educativo: intervencións técnico-profesionais formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, a afectividade, a convivencia e a integración na comunidade así como á mellora da estruturación familiar.

4.2.-Atencións de carácter complementario:

Poderanse prestar no seu momento segundo valoración técnica:

a. Actividades de acompañamento, socialización, e desenvolvemento de hábitos saudables.

b. Prestación de atención a distancia mediante dispositivos de teleseguemento, teleasistencia e similares.

c. Adaptacións funcionais do fogar.

d. Servizo de podoloxía.

e. Servizo de fisioterapia.

Poderán integrarse, ademais, dentro do servizo de axuda no fogar, determinadas atencións e actividades que se desenvolvan fóra do marco do domicilio da persoa usuaria, sempre que, de acordo coa prescrición técnica de servizos sociais sobre o contido do servizo, incidan de maneira significativa na posibilidade de permanencia no fogar e na mellora da autonomía e a calidade de vida.

En todo caso as atencións prestadas terán un carácter de reforzo complementario e non substitutivo das propias capacidades da persoa usuaria ou doutras persoas do seu contorno inmediato, de maneira que se facilite e promova a súa autonomía.

4.3.- Atencións excluídas do servizo:

En ningún caso poderán formar parte das actuacións desenvolvidas polo servizo:

· A realización de actividades domésticas que non fosen incluídas no proxecto de intervención e no acordo de servizo.

· Actuacións que, polo seu carácter sanitario, deban en todo caso ser realizadas por persoal facultativo.

· Tarefas domésticas relacionadas a continuación:

- limpeza de altos, lámpadas, cortiñas, teitos, paredes e humidades, limpeza xeral e limpeza de zonas comúns como portais e escaleiras, cristais, lacenas, interiores de mobles de cociña e outros en xeral (recollida de leña, lavado de roupa a man e outras que se valoren tecnicamente).

- Limpeza xeral de estancias valeiras

- Tarefas de tipo agrícola e/ou gandeiro ou xardinería

- Alimentación e aseo de animais de compañía nin doutro tipo

- Facer tarefas dentro da vivenda que deberían ser realizadas por profesionais tales como empapelar paredes, pintar teitos ou paredes¿

Art. 5 Beneficiarios

O servizo de axuda no fogar estará aberto a todas as persoas ou unidades de convivencia para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito xeral, o servizo atenderá a persoas maiores con déficits de autonomía e a persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato, así como a fogares con menores nos que se observe necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo. Tamén poderá dar unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias en risco de exclusión social.

Art. 6 Dereitos e deberes dos usuarios

As persoas usuarias do servizo, no marco dos dereitos que con carácter xeral se lles recoñecen na lexislación aplicable sobre servizos sociais e, se é o caso, sobre o procedemento administrativo común, terán dereito:

1. A seren tratadas co respecto debido á súa dignidade.

2. A recibiren unha atención adaptada ás súas necesidades, coa calidade e duración prescritas en cada caso.

3. A coñeceren a organización e o regulamento do servizo.

4. A coñeceren a situación do seu expediente.

5. Ao tratamento confidencial dos seus datos de acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

6. A recibiren información precisa e clara sobre as posibles modificacións sobrevidas durante a prestación efectiva do servizo.

7. A presentaren queixas e suxestións ao persoal coordinador do servizo cando expresaren reclamacións ou fixeren suxestións sobre a súa prestación efectiva.

Deberes dos usuarios dos servizo:

1. Cumprir coas condicións do servizo, facilitando a execución das tarefas ao persoal ao cargo e poñendo á súa disposición, se fose o caso, os medios materiais necesarios (alimentos, produtos de limpeza e hixiene e outros que se precisen).

2. Colaborar, na medida das súas posibilidades, no desenvolvemento do servizo en función das súas capacidades e nos termos acordados en cada caso.

3. A facilitar e colaborar no seguimento e avaliación do servizo.

4. Respectar a dignidade persoal e profesional das persoas que presten o servizo, así como respectar os límites das súas obrigas laborais.

5. Informar dos cambios de calquera circunstancia que impliquen un cambio na súa capacidade económica, así como de circunstancias relevantes de carácter persoal ou familiar que puidese dar lugar á modificación, suspensión ou extinción na prestación do servizo desenvolvemento do servizo.

6. Participar no pagamento do servizo nos termos que se estableza na súa norma reguladora.

7. A comunicar, en circunstancias ordinarias e previsibles, con dez días de antelación, calquera ausencia temporal do domicilio que puidese impedir a prestación do servizo.

8. A comunicar, cun mínimo de 24 horas de antelación a ausencia do domicilio, cobrándose o servizo igualmente cando non o faga.

Art. 7 Causas de extinción e modificación do servizo

Son causas de extinción:

a. A renuncia voluntaria da persoa usuaria.

b. O cambio de programa individual de atención ou do proxecto de intervención que implique un cambio de asignación de recurso e a súa incompatibilidade co servizo de axuda no fogar.

c. Traslado definitivo da súa residencia a outro concello.

d. Falecemento da persoa usuaria.

e. Incumprimento reiterado dos deberes e obrigas establecidas para as persoas usuarias na prestación do servizo.

f. A falta de pagamento do servizo durante tres meses consecutivos sen causa xustificada que o acredite.

g. A suspensión temporal do servizo por máis de 3 meses consecutivos sen causa debidamente xustificada.

h. A negativa de asinar o acordo de aceptación do servizo.

i. Desaparición das causas que motivaron a prestación do servizo.

j. Cando o usuario oculte datos económicos para acceder ao servizo.

k. Falta de colaboración por parte do usuario para a prestación do servizo.

l. Por reorganización do servizo debido a falta de orzamento do exercicio.

A alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión do servizo, poderá dar lugar á modificación das condicións de prestación nas que fora concedido inicialmente. Os cambios de circunstancias, en calquera caso, deberán substanciarse no expediente individual, mediante un novo informe social.

Cando se trate dun servizo público de axuda no fogar asignado a persoas en situación de dependencia na correspondente resolución do programa Individual de Atención (PIA), a incoación por parte da entidade titular do servizo dun expediente de extinción ou modificación das condicións de prestación do servizo deberá notificarase ao órgano competente para ditar resolución do Programa Individual de Atención (PIA).

Cando a prestación do servizo corresponde a unha persoa usuaria por libre concorrencia, a incoación por parte do Concello da Laracha dun expediente de extinción ou modificación das condicións da prestación deberá implicar por parte do técnico municipal a elaboración da resolución do órgano competente comunicando a extinción ou as variacións oportunas e notificándollo a persoa usuaria.

Art. 8 Causas de suspensión temporal do servizo

Son causa de suspensión temporal do servizo, previa tramitación do correspondente expediente, e informe razoado do persoal técnico municipal coordinador do servizo, que deberá incorporarse ao expediente persoal, as que seguen:

1. Ausencia temporal do domicilio: Neste caso o servizo poderá suspenderse por un máximo de tres meses, debendo acreditar a persoa usuaria as causas que motivan a súa ausencia.

2. Modificación temporal das causas que motivaron a necesidade do servizo: Poderá suspenderse o servizo en tanto persista o cambio de circunstancias causante da suspensión, coa excepción das prazas vinculadas a un dereito exercido dentro do sistema de autonomía a atención á dependencia, suposto no que se estará ao disposto na correspondente normativa reguladora.

TITULO II. PRESTACIÓN DO SERVIZO

Art. 9 Formas de prestación do servizo

O servizo público de axuda no fogar prestarase polo concello da Laracha ben directamente ou ben mediante as diversas modalidades de contratación da xestión de servizos públicos reguladas na normativa vixente sobre contratos do sector público, a través de entidades privadas debidamente autorizadas.

Ademais, sen prexuízo do establecido no punto anterior, os servizos poderán ser prestados mediante fórmulas de colaboración institucional entre as administracións competentes ou por entidades de dereito público, de acordo co establecido na lexislación vixente.

Art. 10 Requisitos específicos

Persoal de coordinación: O servizo estará coordinado por persoal técnico cunha cualificación mínima de diplomatura universitaria na área de servizos sociais. No caso de que o número de persoas usuarias sexa menor de 50, o persoal técnico mínimo esixible será de 0,02 profesionais en cómputo de xornada completa por persoa usuaria. Nos demais casos aplicarase a seguinte táboa:

Número de persoas usuarias

Persoal técnico titulado mínimo (a xornada completa)

50 a 99

1

100 a 199

2

200 a 399

3

Incrementos Sucesivos

Por cada grupo de 200 persoas usuarias corresponderá un incremento de 1 técnico titulado a xornada completa

O persoal que presta a atención directa nos domicilios das persoas usuarias estará formado por auxiliares de axuda no fogar, que, no caso de atender a persoas afectadas por déficit de autonomía, deberán estar en posesión do título de formación profesional de grao medio de ¿atención sociosanitaria" ou equivalente, regulado polo Real decreto 496/2003, do 2 de maio ou en posesión do certificado de profesionalidade de ¿atención sociosanitaria a persoas no domicilio" ou equivalente, ou regulado no Real decreto 1379/2003 do 1 de agosto. En todo caso, o persoal que preste atención directa aos usuarios deberá ter a titulación que esixa a normativa vixente en cada momento.

Os deberes e obrigas dos/as auxiliares de axuda no fogar son:

· Non traballar no domicilio do usuario en caso de que estea ausente do mesmo.

· Axustar as súas tarefas ao proxecto establecido previamente polo técnico responsable.

· Respectar sempre e inescusablemente a intimidade do usuario e a gardar a debida confidencialidade.

· Cumprir as medidas de seguridade e hixiene establecidas na lexislación vixente,

· Non realizar tarefas no domicilio fora do horario establecido e en ningún caso, nin con autorización expresa.

· Non dispor de ningún xogo de chaves dos domicilios dos usuarios nos que traballa, exceptuando cando as condicións do caso así o esixan, con previa comunicación ao concello e sempre co consentimento do técnico municipal de servizos sociais e do usuario.

· Non ir acompañado de ninguén alleo ao servizo cando accede ao domicilio.

· Non trasladar no seu vehículo aos usuarios en ningún caso.

· Non aceptar calquera tipo de gratificación, doazón ou contraprestación económica por parte dos usuarios.

· Non ter relación de parentesco coa persoa usuaria de ata o segundo grao por afinidade ou terceiro grao por consanguinidade.

· Eludir todo conflito persoal cos usuarios e cos restantes membros da unidade de convivencia, informando expresamente ás traballadoras sociais municipais de todo incidente para que se resolva.

A entidade contará e expoñerá publicamente o regulamento de funcionamento do programa, incluíndo como mínimo o seguinte:

- ámbito de actuación

- dereitos e deberes dos usuarios e da entidade

- descrición dos servizos que se presta

- procedemento para as altas, baixas, modificación ou suspensión do servizo

- protocolo para o inicio da prestación efectiva

- modelo de acordo de servizo entre o usuario e a entidade

- horarios de atención ao público na oficina base do programa

- límites horarios para a prestación do servizo.

- réxime de visitas aos domicilios do técnico que leve o programa

- protocolo de actuacións en caso de emerxencia

- protocolo de substitución de persoal auxiliar de axuda no fogar e de cesación do servizo

- protocolo de actuación no caso de queixa no libro de reclamacións

- cadro de persoal anexo

- cadro de prezos anexo

A entidade local titular do servizo de axuda no fogar, tanto se o presta en réxime de xestión directa como indirecta,abrirá un expediente por cada persoa usuaria ou por cada unidade de convivencia á que se presta o servizo, no que constará,cando menos:

a. Un informe social, asinado por unha traballadora social do concello da Laracha.

b. Un proxecto de intervención, asinado polo técnico responsable do servizo de axuda no fogar no concello da Laracha,e a/o auxiliar de axuda no fogar que preste o servizo (Anexo I).

c. Un acordo de servizo asinado entre o concello da Laracha e a persoa usuaria (Anexo III da Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar).

O tratamento da información contida nos expedientes realizarase de acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.

A persoa que exerza como responsable técnica do servizo garantirá unha supervisión do servizo efectivamente prestado, que será realizada sempre que as circunstancias a fagan necesaria e, como mínimo, cunha periodicidade de dous meses. Da supervisión realizada quedará constancia no correspondente expediente individual. Mediante esta supervisión revisarase e axustarase, se fose o caso, o contido das prestacións expresado no proxecto de intervención e no acordo de servizo.

Art.11 Modalidades de acceso ao servizo

Accederase ao servizo de axuda no fogar a través dos servizos sociais comunitarios básicos, de acordo coas seguintes modalidades:

11.1. Acceso directo:

O acceso ao servizo será directo para persoas que, tendo recoñecida a situación de dependencia, se lles asigne a axuda no fogar na correspondente resolución de Programa Individual de Atención (PIA), de acordo co establecido Na Orde do 2 de xaneiro de 2012 (D.O.G. nº 9 do 13 de xaneiro de 2012) de desenvolvemento do Decreto 15/2012, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes. · A lista de espera, no caso de existir, terase en conta a data da Resolución do Plan Individual de Atención (PIA)

11.2. Réxime de libre concorrencia:

O acceso resolverase previa solicitude do interesado, e de acordo cos criterios establecidos neste Regulamento Municipal, previa prescrición técnica favorable dos servizos sociais comunitarios básicos do Concello da Laracha nos casos seguintes:

· Para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non lles asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006.

· Nas situacións nas que a problemática principal estea relacionada con aspectos convivenciais e socio-educativos.

Empregarase o baremo que se inclúe como Anexo I da Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar, no que, ademais dos posibles déficits de autonomía, se valoren factores de carácter persoal e socio-familiar, o apoio social, a situación da vivenda e outros que dificulten obxectivamente a normalización social e a calidade de vida.

11.3.- De oficio:

Cando circunstancias debidamente acreditadas no expediente así o xustifiquen, o procedemento de acceso ao servizo poderá iniciarse de oficio.

Art. 12 Tramitación de acceso ao servizo por libre concorrencia

No acceso por libre concorrencia será de aplicación o seguinte:

A) No caso de procedementos iniciados a instancia de parte, de conformidade cos principios xerais recollidos na Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións e do procedemento administrativo común e a avaliación da solicitude seguindo o baremo que se inclúe como Anexo I da Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar. A documentación que acompaña á solicitude é:

- fotocopia del DNI ou NIE

- fotocopia da tarxeta sanitaria

- xustificante de convivencia do Padrón municipal

- informe médico segundo o modelo que se adxunta a solicitude

-copia da última declaración da renda ou autorización para acceder aos datos tributarios da persoa usuaria e do seu cónxuxe ou parella de feito, e das persoas ascendentes, fillos menores de 25 anos ou maiores con discapacidade valorada que dependan economicamente da persoa usuaria.

- recibo da contribución do ano en curso

- certificado de xuros capitais

- certificación do nº de conta

-certificado da pensión mensual do organismo correspondente ou certificación bancaria da persoa usuaria e do seu cónxuxe ou parella de feito, e das persoas ascendentes, fillos menores de 25 anos ou maiores con discapacidade valorada que dependan economicamente da persoa usuaria.

- copia da declaración do imposto sobre o patrimonio da persoa usuaria e do seu cónxuxe ou parella de feito, e das persoas ascendentes, fillos menores de 25 anos ou maiores con discapacidade valorada que dependan economicamente da persoa usuaria.

- no caso de non percibir ingresos: certificado de alta no INEM, certificado conforme non cobra prestación do INEM e da seguridade social.

B) No caso de expedientes iniciados de oficio, cando así o xustifiquen circunstancias debidamente acreditadas no expediente, as persoas usuarias terán que presentar no rexistro de entrada municipal do concello da Laracha a documentación completa, que previamente lle indicará persoal de servizos sociais do concello.

Os expedientes de acceso ao servizo deberán ser valorados en todo caso por unha traballadora social dos servizos sociais comunitarios básicos do concello da Laracha que, unha vez realizada a correspondente visita domiciliaria, determinará, mediante informe preceptivo e vinculante, a idoneidade do servizo, así como a intensidade recomendable para cada caso concreto.

O órgano competente para ditar a resolución será o Alcalde da Corporación ou órgano ou concelleiro en quen delegue.

Unha vez notificada a resolución de concesión do servizo, deberán acordarse entre os servizos sociais comunitarios básicos do concello da Laracha e a persoa usuaria as condicións básicas da prestación, mediante a sinatura do acordo do servizo entre o técnico municipal responsable do servizo e o/a usuario/a, onde recollerase a información contida no Anexo III da Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar.

No caso de extrema e urxente necesidade debidamente xustificada, mediante resolución motivada do Alcalde ou concelleiro en quen delegue, poderase iniciar de oficio a prestación do servizo de maneira inmediata, a proposta dos servizos sociais municipais e sen prexuízo da posterior instrución do correspondente expediente.

Na prestación do servizo, ademais do persoal profesional, poderá colaborar persoal voluntario baixo a supervisión técnica dos servizos sociais do concello da Laracha. Para estes efectos estarase ao previsto na lexislación en vigor sobre voluntariado.

No caso de tratarse de intervencións de carácter socio-educativo derivadas dun diagnóstico de desestruturación familiar, deberán incorporarse ao proceso, de acordo coas circunstancias do fogar de que se trate, algunha das seguintes figuras profesionais: diplomado en traballo social, diplomado en educación social ou técnico superior en integración social.

Art. 13 Lista de espera

Con carácter xeral, no caso de que o servizo de axuda no fogar non conte con capacidade suficiente para atender todas as situacións de necesidade, elaborarase unha lista de espera á que se accederá pola orde de puntuación acadada nos baremos aplicados, dando prioridade sempre as persoas valoradas con déficit de autonomía para a realización das tarefas da vida diaria.

En caso de obter a mesma puntuación terá prioridade a data máis antiga do rexistro de entrada municipal.

En todo caso quedarán en lista de espera aquelas solicitudes que non se poidan cubrir por falta do crédito orzamentario.

No caso de ser persoas valoradas por dependencia terase en conta a data da Resolución do Plan Individual de Atención (PIA).

Se o solicitante superase o ano na lista de espera, antes de proceder á alta no servizo, será obxecto dunha nova valoración da situación.

Art. 14 Intensidade do servizo por dependencia

A intensidade do servizo determinarase, con carácter xeral, en horas mensuais de atención, distribuídas en función das necesidades da persoa usuaria e do informe social técnico.

A intensidade do servizo de axuda no fogar para as persoas usuarias con dependencia valorada, están predeterminadas no seu programa Individual de atención (PIA). A súa aplicación horaria será flexible e conforme ao proxecto de intervención, de maneira que, se garanta a cobertura das necesidades de atención de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, todos os días da semana.

Cando a persoa usuaria manifeste o desexo de dispoñer de menos horas do mínimo do intervalo que marca a lei para o seu grao e nivel, ou así se acorde entre a persoa usuaria e o seu/súa traballador/a social, deberá facerse constar por escrito e será engadido ó seu expediente.

Nos restantes casos a intensidade do servizo virá determinada pola valoración feita polos servizos sociais comunitarios básicos e o correspondente proxecto de intervención. O tempo de atención aos usuarios poderá ser modificado en función das variacións que se produzan nas súas circunstancias persoais ou familiares, e pola dispoñibilidade dos medios do servizo.

Art. 15 Intensidade do servizo por libre concorrencia

O tempo de atención e a periodicidade do servizo determinarase en cada caso, pola necesidade que presente a persoa, a criterio profesional do técnico responsable do servizo do concello da Laracha, que poderá modificarse en función das variacións que se produzan na situación persoal e familiar baremables, ou por necesidade da organización do servizo,que en todo caso deberá notificarse cunha antelación dun mes á persoa usuaria.

A franxa horaria da prestación é a seguinte:

- horario de prestación do servizo será de luns a sábado, de 8:00 horas a 21:00 horas.

- de xeito excepcional, e a criterio do responsable de axuda no fogar do concello da Laracha, poderá prestarse os domingos e festivos.

- no día non se pode superar as 2 horas diarias de atención, podendo ampliarse unha hora máis de xeito excepcional a criterio do responsable municipal do servizo.

Artigo 16 Financiamento do servizo

O servizo de axuda no fogar financiarase mediante achegas da Administración xeral do Estado, da Xunta de Galicia, da entidade local titular do servizo e dos usuarios.

Art. 17 Determinación da capacidade económica das persoas usuarias do servizo

A determinación da capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido calcularase, tal e como prevé o artigo 59 do Decreto 99/12 en atención á súa renda e, se é o caso, ao seu patrimonio. Teranse en conta, ademais, a renda e patrimonio do cónxuxe e a existencia de persoas conviventes economicamente dependentes. Para o cálculo da citada capacidade económica observaranse os criterios e regras dispostos na Resolución do 2 de decembro de 2008 da Secretaría de Estado de Políticas Sociais, Familia e Atención á Dependencia e á Discapacidade, pola que se publica o Acordo do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía Persoal e Atención á Dependencia sobre determinación da capacidade económica do beneficiario e sobre os criterios de participación deste nas prestacións do dito sistema, así como ás normas regulamentarias promulgadas pola Xunta de Galicia que incorporen aquelas regras ao sistema galego de servizos sociais.

Para o caso do servizo de axuda no fogar prestado a persoas usuarias diferentes das anteriores seguiranse os seguintes criterios:

a) Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2. da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.

b) Computarase así mesmo o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.

c) A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar. c) A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.

O Concello da Laracha, fará unha revisión anual para a actualización da información relativa á capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar, aplicando a tarifa que lle corresponda en función dos seus ingresos económicos. No caso de variar a tarifa con respecto ao ano anterior, cobrarase unha vez comprobada a documentación e comunicado ao perceptor os cambios de tarifa.

Para facer dita revisión, a persoa usuaria deberá presentar a documentación requirida polo responsable do servizo do Concello da Laracha, dentro do primeiro mes natural do ano, a fin de comprobar os seus datos económicos de xeito actualizado. De non aportar a documentación requirida, sen causa xustificada, procederase a suspensión do servizo, mentres non se aporte dita documentación.

Art. 18 Participación dos usuarios no financiamento do servizo

A) Para o caso da prestación do servizo ordinario:

Capacidade económica

Porcentaxe

Menor do 0,80 do IPREM

0

Maior do 0,80 do IPREM e menor ou igual a 1,50 IPREM

20%

Maior de 1,50 e menor ou igual a 2 IPREM

35%

Maior de 2 e menor ou igual a 2,5 IPREM

55%

Maior de 2,5

75%

B) Para o caso da prestación do servizo a persoas en situación de dependencia:

1. No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.

2. Nos demais supostos cada entidade local titular do servizo, para facer efectiva a obriga das persoas usuarias de participar no custo do servizo, aplicará a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:

 

Grao I

Grao II

Grao III

 

Nivel I

Nivel II

Nivel I

Nivel II

Nivel I

Nivel II

Capacidade económica (referida ao IPREM)

20 horas

30 horas

40 horas

55 horas

70 horas

90 horas

Inferior ou igual ao 100% do IPREM

0,00%

0,00%

0,00%

0,00%

0,00%

0,00%

Maior do 100% e menor ou igual ao 115% do IPREM

4,52%

6,56%

8,59%

11,42%

14,47%

18,09%

Maior do 115% e menor ou igual ao 125% do IPREM

5,41%

7,84%

10,28%

13,66%

17,31%

21,64%

Maior do 125 % e menor ou igual ao 150%do IPREM

5 ,55 %

8,05%

1 0,54%

14, 01%

17,76%

22,19 %

Maior do 150% e menor ou igual a o175% do IPREM

5, 65%

8,19%

1 0,73%

14,26%

1 8,07%

22,59 %

Maior do 175 e menor ou igual ao 200 %do I PREM

5,72%

8,30 %

1 0,87%

14,45%

18,31%

22,89 %

Maior do 200 % e menor ou igual ao 215 %do IPREM

5,81%

8, 42%

11,03%

14,66 %

1 8,58%

23,23%

Mai do 215 % e menor ou igual a o250 %IPREM

6,03%

8,75 %

11 ,46%

15,24%

19,31 %

24,14 %

Maior do 250% e menor ou igual ao 300% IPREM

6,24%

9,05%

11,86%

15,76%

19, 97%

24,97 %

Maior do 300% e menor ou igual ao 350% IPREM

6,42%

9,30%

12,19%

16,20%

20,53%

25,66%

Maior do 350% e menor ou igual ao 400% IPREM

6,54%

9,48%

12,42%

16,51%

20,93%

26,16%

Maior do 400% e menor ou igual ao 450% IPREM

6,63%

9,62%

12,60%

16,75%

21,22%

26,53%

Maior do 450% e menor ou igual ao 500% IPREM

6,70%

9,72%

12,74%

16,93%

21,45%

26,82%

Superior ao 500% do IPREM

6,76%

9,80%

12,84%

17,07%

21,63%

27,04%

3. Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao e nivel correspondente, a cantidade por pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.

4. En ningún caso o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento poderá exceder o 65% do custo do servizo determinado en termos de prezo/hora.

 

Normativa subsidiaria

No non expresamente previsto no presente Regulamento, estarase ao disposto no Decreto 99/2012 da Consellería de Traballo e Benestar.

Disposición Derrogatoria

Queda derrogada a actual Ordenanza Municipal do servizo de axuda no fogar do concello da Laracha aprobada o 5 de novembro de 2009, unha vez que entre en vigor o presente Regulamento.

Disposición Final

O presente Regulamento entrará en vigor unha vez publicado no Boletín Oficial da Provincia e teña transcorrido o prazo sinalado no art. 65 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

ANEXO I. SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Proxecto de Intervención

1.-Datos de Identificación do Expediente

Expediente (1)

Intervención nº (2)

Data de solicitude

Data de Inicio

 

 

 

 

 

Sector de Referencia (3)

Ámbito de Atención (3)

Nº Total de Usuarios

 

 

 

 

Nome e Apelidos

Data de Nacemento

DNI

Sexo

Estado Civil

 

 

 

 

 

 

Proxecto

Data do Proxecto

Data Fin de Proxecto

 

 

 

SISTEMA DE ACCESO:

Dependencia

Libre concorrencia

De oficio

 

 

 

Antecedentes relevantes:

2.-Atención a prestar

Días da semana

L

M

X

J

V

S

D

 

Nº de horas semanais

 

Horario

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tipo de servizo a prestar (4):

Perfil dos/as profesionais:

Outros servizos:

Técnico responsable:

Asdo.:

___________________________________________________________________________________________________

1 Identificación do expediente en SIUSS

2 Numero de orde desta intervención en relación co total realizadas neste expediente

3 Tipoloxía SIUSS

4 Pódese empregar a tipoloxia SIUSS

3.-Existencia doutros servizos/apoios prestados a domicilio

Existencia:

Servizos/apoios:

Nº de horas semanais:

4.-Obxectivos Específicos e Tarefas que se propoñen

Obxectivos específicos:

Tarefas

5.- Periodicidade do seguemento (mínimo bimensual):

 

ANEXO II. CONFORMIDADE PARA A ADMINISTRACIÓN E/OU SUPERVISIÓN DO TRATAMIENTO FARMACOLÓXICO

D./ Dª¿¿¿¿¿..................................................................................................................................................

Usuario/a do SAD do Concello da Laracha, dou a miña conformidade á auxiliar do SAD para que supervise, e no caso preciso, administre, a medicación prescrita polo meu médico Doutor/a D./Dª................................................................................................................ no xeito abaixo indicado, para o que achego Informe Médico, efectuado polo Doutor/a D./Dª¿..¿¿.................¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿...¿¿¿¿¿¿¿¿¿..¿. Nº Colexiado¿¿¿¿¿¿..¿¿¿¿¿

Nome do medicamento

ALMORZO

MEDIA MAÑA

XANTAR

MERENDA

CEA

AO DEITARSE

.......................

(Past. Caps.Xarabe)

 

 

 

 

 

 

.......................

(Past. Caps.Xarabe)

 

 

 

 

 

 

.......................

(Past. Caps.Xarabe)

 

 

 

 

 

 

.......................

(Past. Caps.Xarabe)

 

 

 

 

 

 

.......................

(Past. Caps.Xarabe)

 

 

 

 

 

 

.......................

(Past. Caps.Xarabe)

 

 

 

 

 

 

.......................

(Past. Caps.Xarabe)

 

 

 

 

 

 

.......................

(Past. Caps.Xarabe)

 

 

 

 

 

 

.......................

(Past. Caps.Xarabe)

 

 

 

 

 

 

DATA¿¿¿..¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿

SINATURA E SELO DO MÉDICO

O usuario comprométese a comunicar calquera variación nos medicamentos e tomas que xurdan por nova indicación médica, polo que presentará este modelo, debidamente cuberto polo seu médico de Atención Primaria.

O USUARIO:

SINATURA DO USUARIO