Miño - ORDENANZA FISCAL NÚM. 6 REGULADORA DA TAXA DE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS
Artigo 1º .- Fundamento e natureza
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa por prestación de servizos ou a realización de actividades administrativas de competencia local por ¿outorgamento de licenzas de apertura de establecementos", que se rexerá pola presente Ordenanza, cuxas normas atenden ao prevido no artigo 58, en relación co artigo 20.4.i) ambos da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, de acordo coa modificación establecida na Lei 25/1998, de 13 de xullo, de modificación do Réxime Legal das Taxas Estatais e Locais e de Reordenación das Prestacións Patrimoniais e de Carácter Público.
Artigo 2º. Feito impoñible
1. Constitúe o feito impoñible da Taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, tendente a unificar se os establecementos industriais e mercantiles reúnen as condicións de tranquilidade, sanidade e salubridade e calquera outras esixidas polas correspondentes ordenanzas e Regulamentos municipais ou xerais para o seu normal funcionamento, como orzamento necesario e previo para o outorgamento por este Concello da licenza de apertura a que se refire o artigo 22 do Regulamento de Servizos das Corporacións Locais.
2. A tal efecto, terá a consideración de apertura:
a) A instalación por vez primeira do establecemento para dar comezo as súas actividades.
b) A variación ou ampliación da actividade desenrolada no establecemento, aínda que continúe o mesmo titular.
c) A ampliación do establecemento e calquera alteración que se leve a cabo neste e que afecte as condicións sinaladas no número 1 de este artigo, esixindo nova verificación das mesmas.
3. Entenderase por establecemento industrial ou mercantil toda edificación habitable, este ou non aberta ao público, que non se destine exclusivamente a vivenda, e que:
a) Se dedique ao exercicio de algunha actividade empresarial fabril, artesán, da construcción , comercial e de servizos que este suxeita ao Imposto sobre Actividades Económicas.
b) Aínda sen desenrolarse aquelas actividades que sirvan de auxilio ou complemento para as mesmas, ou teñan relación con elas en forma que lles proporcionen beneficios ou aproveitamento, como, por exemplo, sedes sociais, axencias, delegacións ou sucursais de entidades xurídicas, escritorios, oficinas, despachos ou estudios.
Artigo 3º-. Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, titulares da actividade que se pretende desenrolar ou, no seu caso, se desenrole en calquera establecemento industrial ou mercantil.
Artigo 4º- Responsables
1. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os Administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5º-. Base impoñible
Constitúe a base impoñible da Taxa a renda anual que corresponda ao establecemento, cuxa determinación farase observando as seguintes regras:
1.1 Cando o suxeito pasivo sexa propietario, usufructuario ou titular dunha concesión administrativa sobre o establecemento, a renda anual será a que resulte de aplicar o tipo de interés básico do Banco de España ao valor catastral que dito establecemento teña sinalado no imposto sobre bens inmobles.
1.2 Nos demais casos, a renda anual será a que satisfaga por cada establecemento, por razón do contrato de arrendo, subarrendo, cesión ou calquera outro título que ampare a súa ocupación, con inclusión dos incrementos e cantidades asimiladas á renda, no seu caso.
Se no contrato aparecesen pactadas diferentes rendas para períodos distintos, tomarase como base a maior, aínda que corresponda a períodos anteriores ou posteriores á solicitude.
Cando a renda pactada sexa inferior á que resultase de aplicar a regra 1 anterior, tomarase como base impoñible esta última.
5.3. Cando nun mesmo local existan, sen discriminación no título de ocupación do mesmo, espacios destinados a vivenda e establecemento suxeito á Taxa, a base deste último será a que proporcionalmente á súa superficie lle corresponda no importe total da renda anual que, conforme as regras precedentes, se impute a dito local.
5.4. Cando se trate da ampliación do establecemento, a base impoñible será a renda anual que corresponda á superficie en que se ampliou o local, calculada con arreglo ao previsto nas regras anteriores.
Artigo 6º-. Cota tributaria
1.1 A cota tributaria determinarase aplicando o tipo de grávame do 10% sobre a base definida no artigo anterior e corrixindo o resultado, así obtido, polo coeficiente que se sinala no apartado seguinte en función da categoría da rúa, praza ou vía pública en que este ubicado o establecemento.
1.2 Establécense os seguintes coeficientes correctores segundo a categoría das rúas, prazas ou vías públicas deste Municipio.
Coeficiente corrector | |
Rúas categoría 1ª | CATEGORÍA ÚNICA |
Rúas Categoría 2ª | |
Rúas Categoría 3ª | |
Rúas Categoría 4ª |
1.3 A cota tributaria esixirase por unidade do local.
1.4 Nos casos de variación ou ampliación da actividade a desenrolar no establecemento suxeito, da cota que resulte por aplicación dos apartados anteriores deste artigo, deducirase o devengado por este concepto tributario con ocasión da primeira apertura e de ulteriores variacións ou ampliacións da actividade, así como da ampliación do local. A cantidade a ingresar será a diferencia resultante.
1.5 No caso de desestimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión da licenza, as cotas a liquidar serán o 2% das sinaladas no número anterior, sempre que a actividade municipal se houbera iniciado efectivamente.
1.6 Anexo a esta Ordenanza figura un índice alfabético das vías deste Municipio con expresión da categoría que corresponde a cada unha de elas.
1.7 As vías públicas que no aparezan sinaladas no índice alfabético serán consideradas de última categoría, permanecendo calificadas así ata que o un de xaneiro do ano seguinte a aquel en que se aprobe polo Pleno desta Corporación a categoría correspondente e a súa inclusión no índice alfabético de vías públicas.
Artigo 7º-. Exencións e bonificacións
Non se concederá exención nin bonificación algunha na exacción da Taxa.
Artigo 8º-. Devengo
8.1. Devengase a taxa e nace a obrigación de contribuír, cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. A estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude da licenza de apertura, comunicación previa ou declaración responsable, momento no que deberá ingresarse a totalidade do importe da mesma mediante o modelo de autoliquidación correspondente que facilitará o Concello a tal efecto, de forma que se non se acredita o seu ingreso en tal momento non poderá tramitarse o procedemento que corresponda.
8.2. Cando a apertura teña lugar sen realizarse os trámites administrativos obrigatorios, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se o establecemento reúne ou non as condicións esixibles, con independencia da incoación do expediente administrativo que poida instruírse para autorizar a apertura do establecemento ou decretar o seu cerre, se non fora autorizable dita apertura.
8.3. A obrigación de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada, en modo algún, pola denegación da licenza solicitada ou pola concesión se esta condicionada á modificación das condicións do establecemento. No obstante, no caso de desestimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión da licenza procederá a devolución do 60% da cota tributaria.
Artigo 9º-. Xestión e liquidación
9.1. As persoas interesadas na obtención da apertura de establecemento industrial ou mercantil presentarán previamente, no Rexistro Xeral, a oportuna instancia, con especificación da actividade ou actividades a desenrolar no local, acompañada do contrato de aluguer ou título de adquisición do local, indicando neste último caso se o local non tivera asignado valor catastral, o prezo de adquisición ou custe de construcción do mesmo, no seu caso, e a carta de pago expedida pola Tesourería do Concello, do ingreso da cota correspondente á taxa, mediante autoliquidación e co carácter de depósito previo. Non se continuará cos trámites administrativos sen o cumprimento destes requisitos.
9.2. Se despois de formulada a solicitude de apertura se variase ou ampliase a actividade a desenrolar no establecemento, ou se ampliase o local inicialmente previsto, estas modificacións poñeranse en coñecemento da Administración Municipal co mesmo detalle e alcance que se esixen na declaración prevista no número anterior.
9.3. Cando o suxeito pasivo sexa propietario, usufructuario ou concesionario do establecemento, e o local non teña sinalado valor catastral, practicarase unha autoliquidación provisional tomando como base impoñible o valor de adquisición ou, no seu caso, o custe de construcción do referido local. Unha vez fixado o valor catastral, practicarase a liquidación definitiva que proceda, de cuxa cota se deducirá a liquidada en provisional, ingresándose a diferencias nas Arcas Municipais ou devolvéndose de oficio, se así procedera, ó interesado o exceso ingresado por consecuencia da liquidación provisional.
9.4. As autoliquidacións presentadas polo contribuínte, ós efectos desta Ordenanza, están sometidas a comprobación administrativa. Finalizada a actividade municipal e unha vez dictada a resolución que proceda, practicarase se é necesario, a liquidación definitiva correspondente, que será notificada ao suxeito pasivo.
Artigo 10º-. Infraccións e sancións
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto na normativa tributaria.
Disposición Final
A presente Ordenanza, cuxa redacción definitiva aprobouse polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 28 de outubro de 1998, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 1999, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
BOP nº 142 de 29/07/2014:
Corrección de erros no edicto publicado no BOP número 118, do 23 de xuño de 2014, relativos a modificación da ordenanza fiscal.