Carballo - Regulamento do réxime xurídico, xestión, uso e utilización das instalacións deportivas de titularidade do Concello de Carballo.

Publicación provisional: 12/04/2010 BOP Nº: 66
Publicación definitiva: 01/06/2010 BOP Nº: 101
Aplicable dende: 18/07/2014

Anexo III.a - Modelo de solicitude abono.

PADROADO DEPORTIVO MUNICIPAL DE CARBALLO

MODELO DE SOLICITUDE DE ABONO

1.- DATOS DO SOLICITANTE:

Nome:

1º apelido:

2º apelido:

NIF:

Enderezo:

Nº:

Piso:

C.P.:

Localidade:

Provincia:

Tfno.de contacto:

Data de Nacemento:

Correo electrónico:

Tipo de abono: (Marcar cun¿X¿)

 Xove  Adulto  Maiores de 60  Familiar

2.- NO CASO DE ABONO FAMILIAR

Nome:

1º apelido:

2º apelido

NIF:

Data de Nacemento:

Cónxuxe

Nome:

1º apelido:

2º apelido:

NIF:

Data de Nacemento:

1º Fill@

Nome:

1º apelido:

2º apelido:

NIF:

Data de Nacemento:

2º Fill@

Nome

1º apelido

2º apelido

NIF

Data de Nacemento:

3º Fill@

3.- ORDE DE DOMICILIACION BANCARIA

DATOS DO CLIENTE:

Nome do titular:

D.N.I.:

CODIGO CONTA CLIENTE

ENTIDADE:

OFICINA:

D.C.:

Nº CONTA:

O solicitante acepta integramente a Normativa de uso das instalacións deportivas e comprométese a cumprila.

Carballo, _______ de _________________________ de 2.0___

(sinatura do solicitante)

PADROADO DEPORTIVO MUNICIPAL DE CARBALLO

Esta solicitude vaise tramitar de xeito informático. Os datos persoais que figuran nela serán incorporados a un ficheiro creado polo Padroado Deportivo Municipal de Carballo e permanecerá baixo custodia. En calquera momento pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os datos incorporados o mesmo (art. 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter persoal (BOE núm. 298, del día 14).

SERVIZO DE ABONAD@S:

O Concello de Carballo, a través do Padroado Deportivo Municipal de Carballo (P.D.M.), crea o servizo de Abonad@s ás Piscinas Municipais, co obxecto de fomentar, promover e divulgar a práctica deportiva da natación entre os seus cidadáns. A forma de admisión e o número de abonados/as que constitúen este Servizo está determinado polo PDM, atendendo a razóns técnicas e de bo uso das instalacións deportivas.

A través deste servizo pódese acceder ás piscinas municipais de forma ilimitada durante o horario de apertura ao público. A condición de abonado/a das piscinas municipais permite ten unha bonificación nas tarifas das actividades dirixidas, sala de fitness, saunas, etc.

TIPOS DE ABONOS:

ABONO INDIVIDUAL


Cota de matrícula

Cota mensual

Xove (hasta 18 anos)

20 €

12 €

Adulto (de 18 a 59 anos)

20 €

15 €

Maiores de 60 (a partir de 60 anos)

20 €

12 €

De mañá (de 18 a 59 anos)

20 €

13 €

ABONO FAMILIAR*


Cota de matrícula

Cota mensual

Unidade Familiar

20 €

20 €

* Poderán ser abonados familiares os de primeiro grado que convivan co titular ademais do cónxuxe. Os fillos deberan ser menores de 18 anos.

COMO FACERSE ABONADO/A DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS:

· Cumprimentando o impreso, nas instalacións deportivas municipais e nas oficinas do Padroado Deportivo Municipal.

· Efectuando o pago das cota de inscrición e a primeira mensualidade mediante o ingreso bancario.

· Autorizando a domiciliación bancaria do resto de recibos que pasaranse ó cobro con carácter mensual.

Documentos necesarios:

· Unha foto.

· Fotocopia do DNI do titular

· No caso de abonado familiar a fotocopia do libro de familia ou acta emitida polo Rexistro Municipal de parellas de feito.

Todo/a abonado/a será provisto da tarxeta `Carballo Deporte¿ para que se poda acreditar a súa condición ante os empregados da instalación. Este documento na súa primeira emisión estará exento do pago da taxa por expedición. No caso de perda ou deterioro o abonado solicitará unha nova tarxeta, seguindo o procedemento recollido para tal fin na Normativa de uso das instalacións deportivas e a Ordenanza correspondente.

Os gastos de domiciliación bancaria correran a cargo do Padroado Deportivo Municipal. A forma de pago das cotas será por mensualidades adiantadas e segundo os prezos públicos vixentes.

DEREITOS DO/A ABONADO/A:

- Durante o horario de apertura ó público, o/a abonado/a terá acceso gratuíto as piscinas, sempre que a capacidade máxima legal das mesmas ou as necesidades da instalación o permitan.

- O abonado terá dereito a utilización dos servizos da zona SPA de forma gratuíta

- O abonado terá dereito a unha bonificación do 60% nas tarifas das actividades.

OBRIGAS DO/A ABONADO/A:

- O/A abonado/a coñecerá e cumprirá a Normativa de uso das instalacións deportivas

- O/A abonado/a deberá estar ó corrente do pago das súas mensualidades.

- O/A abonado/a deberá pasar polo torno de control de acceso o entrar e saír da instalación.

- A tarxeta de abonado/a será intransferible, non podendo ser utilizada por outra persoa que non sexa o titular.

OFICINAS DO PADROADO DEPORTIVO MUNICIPAL

R/ Vila de Corcubión, s/n

Tfno 981 702109

Horario de atención ó público

Luns a Venres, de 8:30 a 14:00 horas.

Martes e Xoves de 17:00 a 19:00 horas.

PISCINA VILA DE NOIA

Horario de apertura

R/ Vila de Noia, s/n

Tfno 981 702109

Luns a Venres, de 8:00 a 22:30 horas.

Sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas.

Domingo de 10:00 a 13:00 horas.

PISCINA CARBALLO CALERO

Horario de apertura

R/ Carballo Calero, s/n

Tfno. 981 758101

Luns a Venres, de 7:15 a 13:00 horas e de 15:30 a 22:30 horas.

Sábado de 9:00 a 13:30 horas.

Anexo III.b - Modelo de solicitude Baixas, Modificacións Abonados e Cursistas

Solicitude de Baixas e Modificacions de Abonos e Cursillos

SOLICITUDE DE BAIXAS DE ABONOS

CODIGO DA TARXETA:

TIPO DE ABONO:

NIF:

D/Dª:

MOTIVO DA BAIXA:

Segiundo as condicións solicito darme de baiza de abonado das Piscinas Municipais xestionadas polo Padroado Deportivo Municipal sinalada na ficha de baixa. Acepto entregar a tarxeta de acceso o final de mes:

Sinatura:

En ___________________ a ________ de ______________ de 2.0__

SOLICITUDE DE BAIXAS DE CURSOS

CODIGO DA TARXETA:

NIF

TIPO DE CURSO:

DIAS

HORARIO

D/Dª:

MOTIVO DA BAIXA:

Segiundo as condicións solicito darme de baiza de abonado das Piscinas Municipais xestionadas polo Padroado Deportivo Municipal sinalada na ficha de baixa. Acepto entregar a tarxeta de acceso o final de mes:

Sinatura:

En ___________________ a ________ de ______________ de 2.0__

SOLICITUDE DE MODIFICACION DE ABONO

CODIGO DA TARXETA:

TIPO DE ABONO:

D/Dª:

NOVO TIPO DE ABONO:

TIPO DE ABONO:

Segiundo as condicións solicito darme de baiza de abonado das Piscinas Municipais xestionadas polo Padroado Deportivo Municipal sinalada na ficha de baixa. Acepto entregar a tarxeta de acceso o final de mes:

Sinatura:

En ___________________ a ________ de ______________ de 2.0__

PADROADO DEPORTIVO MUNICIPAL DE CARBALLO

Esta solicitude vai ser tramitada polos medios informáticos. Os datos personais que figuran nela serán incorporados a un ficheiro creado polo Padroado Deportivo Municipal de Carballo e permanecerá baixo custodia. En calquer momento pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os datos incorporados o mesmo (art. 5 da Ley Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter persoal (BOE núm 298, del día 14).

SERVIZO DE ABONADOS:

O Concello de Carballo, a través do Padroado Deportivo Municipal de Carballo (P.D.M.), crea o servizo de Abonados ás Piscinas Municipais, co obxeto de fomentar, promocionar e divulgar a práctica deportiva da natación entre os seus cidadans.

A forma de admisión e o número de abonados que constituen este Servizo está determinado polo PDM, atendendo a razons técnicas e de bon uso das instalacions deportivas.

A través deste servizo se poden acceder ás piscinas municipais de forma ilimitada durante o horario de apertura.

O ser abonado das piscinas municipais permite tener unha bonificación nas tarifas das actividades dirixidas, sala de fitness, saunas, etc¿

TIPOS DE ABONADOS:

ABONO INDIVIDUAL


Cota de matrícula

Cota mensual

Nenos (hasta 18 anos)

20 €

12 €

Adulto (de 18 a 64 años)

20 €

15 €

Maiores (a partir de 65 años)

20 €

12 €

De mañana (de 18 a 64 años)

20 €

13 €

ABONO FAMILIAR


Cota de matrícula

Cota mensual

Unidad Familiar

20 €

20 €

Poderán ser abonados familiares os de primeiro grado que convivan co titular. Os fillos deberan ser menores de 18 anos.

A forma de pago das cotas será por mensualidades adiantadas e según os precios públicos vixentes. Calquer alteración no prezo será comunicada cun mes de antelación e publicada no BOP.

BAIXAS DE ABONADOS:

· Cumplimentando o impreso que facilita-se para elo, nas piscinas municipais e nas oficinas do Padroado Deportivo Municipal e presentanlo en calquera das instañlacións deportrivas ou nas instalacións.

· As baixas deberán notificarse por escrito antes do 25 de cada mes, para que se podan autorizar.

· As modificacións deberán notificarse por escrito antes do 25 de cada mes, para que se podan autorizar . As modificacións non se volverá a pàgar a cota de matrícula.

· As baixas por moti

Documentos necesarios:

1. Impreso de baixa ou modificación

Todo abonado será previsto da tarxeta de Carballo Porta Aberta para que se poda acreditar a sua condición ante os empleados da instalación. Este documento na súa primeira emisión estará exento do pago da tasa por expedición. No caso de pérdida ou deterioro o abonado deberá solitar unha nova, abonando a tasa correspondente según as Ordenanzas Reguladoras de Tributos e Precios Público Municipales.

Os gastos de domiciliación bancaria correran a cargo do Padroado Deportivo Municipal.

No caso de que un abonado individual queira pasar a abono familiar, non deberá de pagar a cota de inscripción, pasando a pagar as mensualidades correspondentes o novo abono

No caso de que un abonado familiar queira pasar a un abono individual, no deberá de pagar a cota de inscripción, pasando a pagar as mensualidades correspondentes o novo abono.

BAIXAS DE CURSILLOS:

Durante o horario de apertura ó público, o abonado terá acceso gratuito as piscinas, sempre que a capacidad máxima legal das mesmas ou as necesidades da instalación o permitan. Determinados servizos da instalación poden estar reservasdos para o desarrollo das actividades

O abonado terá dereito a utilización dso servizo de sauna de forma gratuita

O abonado terá dereito reservar unha pista de badminton de forma gratuita

O abonado terá dereito a unha bonificación do 50% nas tarifas das actividades.

DEBERES DO ABONADO:

O abonado deberá estar ó corrente do pago das súas mensualidades. No suposto que o abonado principal sea menor de idade o esté incapacitado legalmente o responsable do pago será o pai, nai ou titor.

O abonado deberá pasar polo torno de control de acceso o entrar e sair da instalación.

Para a uitlizacón da sauna, o abonado deberá reserva-la na piscina na zona de control e información, ensinando a súa tarxeta de abonado.

A tarxeta de abonado será instransferible, non podendo ser utilizada por outra persona que non sexa o titular.

PERDIDA DA CONDICION DE ABONADO:

A condición de abonado perderáse:

· Por propia voluntad do interesado, manifestando por escrito nas dependencias municipais o efecto, cunha antelación mínima dunha semán con respecto o mes no que se efectue a facturación.

· Polo impago das mensualidades.

· Por acordo do Consello Reitor do PDM, como consecuencias das conductas que supongan o incumprimento das normas xenerales de uso dos equipamentos municipais e os reglamentos específicos.

· Por defunción.

· Por incumplimento dunha sanción refrendada polo Cosello Reitor do PDM.

Independentemente das sancións que poida impoñer o PDM, o abonado infractor será o responsable económicamente dos danos e perxuicios que a sua conducta poidera ocasionar.

Para utilizar as instalacions e servizos será condicción indispensable que os abonados observen as normas de hixiene establecidas polas autoridades competentes e o PDM, incluso no caso de non estar recollidas na normativa vixente.

No suposto que tengan lugar festivais o competicions deportivas nas instalacions, o PDM podrá prohibir o paso á instalación para o público e abonados previo aviso dunha semana de antelacíon.

Todo usuario ten a obligación de velar polo bó estado e conservación das instalacions evitando e comunicando todo acto que vaia en menoscabo da mesma

OFICINAS DO PADROADO DEPORTIVO MUNICIPAL

R/ Vila de Corcubión, s/n

Tfno 981 702109

Horario de atención ó público

Luns a Venres, de 8:30 a 14:00 horas.

Martes e Xoves de 17:00 a 19:00 horas.

PISCINA VILA DE NOIA

Horario de apertura

R/ Vila de Noia, s/n

Tfno 981 702109

Luns a Venres, de 8:00 a 22:30 horas.

Sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas.

Domingo de 10:00 a 13:00 horas.

PISCINA CARBALLO CALERO

Horario de apertura

R/ Carballo Calero, s/n

Tfno. 981 758101

Luns a Venres, de 7:15 a 13:00 horas e de 15:30 a 22:30 horas.

Sábado de 9:00 a 13:30 horas.

TÍTULO I.-NORMAS XERAIS

Artigo 1.-Ámbito de aplicación.

1.-O presente Regulamento ten por obxecto regular o réxime xurídico, xestión, uso e utilización das instalacións deportivas titularidade do Concello de Carballo e díctase ao abeiro das competencias que nesta materia atribúe aos concellos os artigos 4.1.a), 25.2.l), e 26.1.c) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local; artigo 55 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aprobou o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local, e do artigo 13 da Lei 11/1997, do 22 de agosto, xeral do deporte en Galicia.

2.-O presente Regulamento será de aplicación á totalidade das instalacións deportivas municipais descritas no artigo 2 e de aplicación a aqueles/as usuarios/as definidos/as no artigo 10 do presente regulamento.

Artigo 2.-Concepto de instalación deportiva municipal.

Son instalacións deportivas municipais para os efectos da presente normativa todos aqueles edificios, dependencias ou recintos ao aire libre, cuberto, pechado ou aberto, equipados para desenvolver o deporte e a actividade física, en toda a súa gama de modalidades, posibilidades ou finalidades, incluíndo as zonas de equipamento, complementarias ou funcionalmente necesarias para o desenvolvemento da actividade física, sempre que sexan titularidade do Concello de Carballo.

Artigo 3.-Cualificación xurídica dos bens destinados ao servizo público de deportes.

1.-De conformidade co establecido na normativa sobre patrimonio das entidades locais, as instalacións deportivas municipais terán a cualificación de bens de dominio público, afectos ao uso público ou a prestación do servizo público de deportes.

2.-Teñen a mesma cualificación, os bens mobles afectados de forma permanente a calquera instalación deportiva municipal, tanto aqueles destinados especificamente á práctica deportiva municipal, como aqueles destinados ao mantemento das instalacións e equipamentos.

Artigo 4.-Vixilancia e cumprimento da presente normativa.

Correspóndelle ao Servizo Municipal de Deportes velar polo cumprimento do presente regulamento. O órgano competente do Concello, a proposta do Servizo Municipal de Deportes poderá ditar as normas e instrucións que sexan necesarias para desenvolver, interpretar e aplicar o presente regulamento. As ditas normas e instrucións estarán expostas en lugar visible para o coñecemento de todos os usuarios e usuarias das instalacións.

TÍTULO II.-SOBRE A IMAXE E PUBLICIDADE NAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

CAPÍTULO 1.-IMAXE E PUBLICIDADE DO CONCELLO DE CARBALLO

Artigo 5.-Logotipos e outras figuras relativas o uso de marcas.

1.-Correspóndelle ao Concello de Carballo o uso e explotación dos logotipos e demais figuras reguladas na lexislación de marcas que sexan da súa titularidade.

2.-En todas as instalacións deportivas municipais, calquera que sexa a súa forma de xestión, así como nos folletos informativos que fagan referencia á instalación ou servizos prestados nelas, figurará en lugar visible os logotipos do Concello de Carballo.

CAPÍTULO 2.-DA PUBLICIDADE NAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

Artigo 6.-Normativa aplicable.

1.-A publicidade nas instalacións deportivas, mediante a exposición de calquera elemento permanente ou puntual, móbil ou estático, levarase a cabo de acordo coa normativa xeral de publicidade e específica sobre menores, alcol, tabaco e sustancias estupefacientes.

2.-A contratación de espazos de publicidade levarase a cabo de acordo coa normativa de contratación das administracións públicas

Artigo 7.-Rendementos xerados pola publicidade en instalacións deportivas.

Os dereitos económicos xerados pola contratación da publicidade ingresaranse nas contas do Concello de Carballo de acordo co establecido na normativa de facendas locais.

Artigo 8.-Patrocinio de eventos deportivos.

O órgano competente do Concello de Carballo poderá autorizar a colocación provisional de publicidade por un período temporal limitado ao de celebración do evento, con motivo da organización de acontecementos deportivos puntuais, previa petición da entidade organizadora.

TÍTULO III.-NORMAS DE USO E FUNCIONAMENTO

Artigo 9.-Normas xerais.

1.-O acceso ás instalacións deportivas municipais, ben de forma individual ou de forma colectiva, supón a aceptación das normas contidas no presente regulamento

2.-Ademais o acceso ás instalacións deportivas municipais esixe o previo pagamento dos prezos públicos ou taxas establecidas segundo os casos.

3.-Os/as usuarios/as das instalacións deportivas están obrigados/as a respectar e coidar estas, o seu mobiliario e o seu equipamento deportivo, utilizándoos conforme ao seu destino propio, e ordenando o material unha vez sexa utilizado.

4.-Para o acceso de ¿uso libre" ás instalacións deportivas municipais é requisito indispensable ter cumpridos 14 anos. Exceptúanse os casos en que a normativa específica da instalación indique outra idade. Os/as menores desa idade só poderán acceder e permanecer nas instalacións acompañados dunha persoa maior de idade, que será responsable do uso das instalacións feito polo/a menor.

5.-Para acceder ás instalacións con control de acceso informatizado é requisito imprescindible a presentación da tarxeta de control de acceso que habilite o Concello de Carballo para estes efectos En calquera outro momento, o persoal da instalación poderá requirir a súa presentación. As tarxetas de control de acceso á instalación serán persoais, e non poderá ser utilizada por outra persoa que non sexa a nominativa da tarxeta.

6.-O acceso e a permanencia na instalación respectará os horarios, as instalacións e a categoría asinadas, atendendo en todo momento as indicacións do persoal do Servizo Municipal de Deportes do Concello de Carballo. Non se poderá permanecer nas instalacións deportivas municipais fóra dos horarios concedidos.

7.-Os/as usuarios/as das instalacións (xogadores/as, adestradores/as, persoal auxiliar, etc.) deberán utilizar a indumentaria deportiva, e o calzado específico en atención ás características especiais de cada pavimento.

Artigo 10.-Usuarios/as das instalacións deportivas municipais.

1.-Para os efectos da presente norma enténdese por usuarios/as das instalacións deportivas municipais aquelas persoas ou entidades que as utilizan, ben participando nos programas promovidos e xestionados polo Concello de Carballo ou ben participando do aluguer ou cesión dos devanditos espazos deportivos.

2.-Só os/as usuarios/as poderán facer uso das instalacións deportivas municipais e os servizos adscritos a estas.

3.-Os/as acompañantes e espectadores/as terán consideración de usuarios/as pasivos/as, e aplicaranse estas normas ata onde pode chegar a súa responsabilidade durante a súa estancia na instalación

Artigo 11.-Tipos de actividade.

1.-Actividade física: O exercicio físico realizado co obxectivo principal de mellorar a condición física e/ou a ocupación do tempo de ocio, e de favorecer o desenvolvemento integral da persoa.

2.-Actividade deportiva: Exercicio físico que ten como obxectivo superar unha meta ou vencer a un adversario ou adversaria en competencia suxeita a regras establecidas. Pode ter carácter recreativo ou competitivo, coa participación en competicións de ámbito federativo ou nas recoñecidas pola administración autonómica.

3.-Actividade extradeportiva ou singular: Actividade non deportiva que pode realizarse en espazos deportivos multiusos. Este uso extraordinario das instalacións deportivas municipais esixirá a propia autorización do órgano competente do Concello na que se establecerán as condicións específicas do uso na instalación, de acordo cos informes emitidos polos responsables técnicos do Servizo e a normativa específica da actividade a realizar.

Artigo 12.-Entidades deportivas, grupos informais e deportistas.

1.-Concepto de entidades ou clubs. Enténdese como entidades ou clubs aquelas asociacións legalmente recoñecidas nos rexistros pertinentes.

2.-Deportista federado: o que accede á instalación para os adestramentos ou competicións da súa entidade ou club.

3.-Deportista non federado: participantes en ligas locais ou comarcais formando parte dun club, asociación deportiva, ou figura análoga.

4.-Grupos informais: grupos de persoas non organizados que alugan a instalación para a realización de actividade física ou deportiva.

Artigo 13.-Normas de acceso dos/as usuarios/as ás instalacións.

O acceso poderá realizarse mediante os seguintes procedementos:

1.-Abonados/as: coa condición de abonado/a, pódese ter acceso á piscina climatizada, á sala fitness (con apoio do/a monitor/a de sala e a realización de táboas personalizadas de exercicio), á zona spa e a todos os espazos de uso libre, sen ningunha restrición de tempo nin espazo. Ademais os/as abonados/as terán a posibilidade de ser ¿cursistas" cun desconto no prezo en cada curso segundo ordenanza específica.

Os requirimentos para adquirir a condición de abonado/a son os seguintes:

a) Cubrir todos os datos da folla de inscrición (ver anexo I.b).

b) Fotocopia do DNI do/a titular.

c) Fotocopia do libro de familia, exclusivamente no caso de abono familiar.

d) En caso de ser parella de feito, é imprescindible presentar o certificado de convivencia, ou equivalente, expedido polo Concello, exclusivamente no caso de abono familiar.

No suposto de abono familiar, ademais do/a titular do abono familiar, poderán ser tamén beneficiarios/as deste:

a) O/a cónxuxe do/a titular do abono.

b) Os/as fillos/as menores de 18 anos do titular do abono.

c) Os/as fillos/as menores de 25 anos, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

1.º. Que os/as fillos/as residan no mesmo domicilio que o/a titular do abono, para o que deben estar empadroados/as no mesmo enderezo.

2.º. Que o/as fillo/as menor/es de 25 anos se atopen en situación de desemprego no momento de solicitar a inclusión no abono familiar.

3.º. Que os ingresos da unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores ao 75% do IPREM de cada ano en curso, divididos polo número de integrantes da unidade familiar -renda per cápita-.

d) Acreditación dos supostos recollidos no apartado 3.c deberá xustificarse aportando a seguinte documentación:

- Fotocopia cotexada do DNI, permiso de residencia e/ou NIE da persoa solicitante e libro de familia.

- Volante de empadroamento colectivo dos membros da unidade de convivencia con data de alta. Deberá acreditarse antes do vencemento do ano da vixencia do abono mediante nova presentación da dita documentación o mantemento da vixencia deste requisito.

- Copia cotexada da tarxeta de demandante de emprego. Deberá acreditarse antes do vencemento de tres meses da vixencia do abono mediante nova presentación da dita documentación o mantemento da vixencia deste requisito.

- Certificado resumo da declaración anual do IRPF do último exercicio dispoñible de cada un dos membros da unidade familiar, para o cal o interesado deberá autorizar a súa petición por vía telemática, para os únicos efectos de verificar o cumprimento dos requisitos establecidos no presente regulamento.

2.-Cursistas: teñen esta condición as persoas inscritas nalgún curso, de sala ou de piscina, e unicamente poden facer uso das instalacións durante o tempo que dure a clase.

Os requirimentos para adquirir a condición de cursista son:

a) Cubrir todos os datos da folla de inscrición (ver anexo I.c).

b) Acompañar fotocopia do DNI.

Os cursos son de carácter mensual, renovables ata que o desexe o/a usuario/a, sempre que se cumpra cos prazos de notificación de baixa -dispostos no artigo 26.3-. A última semana de cada mes ofertaranse as novas prazas para o mes seguinte, e poderanse consultar nas oficinas de Carballo Deporte as datas exactas e as listas de espera. Cada clase ten unha duración de media de 45 minutos, agás as de bebés que son de 30 minutos.

3.-Entrada con tícket: entradas puntuais na instalación pagando o custo do tícket no momento do acceso á instalación. Os/as beneficiarios/as dos tíckets poden usar todas as zonas de baño libre, con restrición de uso en función da ocupación.

Os requirimentos para adquirir un tícket son:

a) Por motivos de seguridade, poderáselles pedir aos/ás usuarios/as que presenten o DNI, ou calquera outra documentación acreditativa de idade, ao mercaren unha entrada. O persoal da instalación poderá denegar o acceso se o/a usuario/a se negase a amosar a mencionada documentación.

b) Os/as beneficiarios/as deberán cumprir as normas de uso que ten cada espazo deportivo da instalación, respectando as idades para as que está permitido.

Artigo 14.-Usos e aforos.

1.-Usos dunha instalación deportiva: Número de deportistas que poden facer uso da instalación (terreo de xogo, pista) ao mesmo tempo.

2.-Teñen consideración de usos en actividades ou actos ordinarios:

a) A utilización puntual e illada dunha instalación ou espazo deportivo para o seu uso específico, previo pagamento do prezo desta cando corresponda, ben individual ou colectivamente.

b) O uso colectivo puntual, de tempada ou anual dunha instalación ou espazo deportivo para o seu uso específico previo pagamento da taxa que corresponda no seu caso.

c) O uso deportivo puntual, de tempada ou anual dunha instalación ou espazo deportivo para unha modalidade diferente da específica pero perfectamente compatible e autorizadas, acolléndose se corresponde as condicións de pagamento establecidas.

d) A utilización puntual, temporal ou anual dunha instalación ou espazo deportivo para unha actividade non deportiva especificamente, pero perfectamente compatible pola súa afinidade, en condicións autorizadas polo órgano competente.

3.-Teñen consideración de usos en actividades ou actos extraordinarios:

a) A utilización puntual, illada ou temporal, individual ou colectivamente, dunha instalacións ou espazo deportivo para unha actividade deportiva diferente da específica do mesmo e que requira unha autorización expresa do Concello de Carballo.

b) A utilización con carácter puntual, o no seu caso periódica, dunha instalación ou espazo deportivo para unha actividade non deportiva, que requira unha autorización expresa do Concello de Carballo.

4.-Aforo dunha instalación deportiva: Capacidade total ou conxunto de localidades. É o número máximo de espectadores que pode admitir a instalación deportiva (incluíndo aos/ás practicantes deportivos/as).

Artigo 15.-Modificacións ou peches das instalacións.

1.-O Concello de Carballo resérvase a facultade de peche temporalmente das instalacións por limpeza, obras, programacións propias, competicións, partidos, cursos ou outros eventos que considere oportunos.

2.-O Concello de Carballo resérvase o dereito a realizar as modificacións dos horarios, das instalacións, dos cursos, e doutras actividades concedidas por causas de programación e organizativas, comunicándollo aos/ás interesados/as, coa maior brevidade posible.

3.-En casos de anulacións de usos previamente concedidos por causas imputables á administración, os/as interesados poderán optar por:

a) Solicitar a devolución da taxa, acreditando a realización do pagamento e con indicación do n..º da conta bancaria.

b) Solicitar o cambio de data, e/ou hora, e/ou instalación presentando o recibo nas oficinas do Concello de Carballo.

Artigo 16.-Comunicación cos usuarios e usuarias.

As comunicacións, os avisos, e calquera outra información aos usuarios realizaranse a través do Taboleiro de anuncios das instalacións deportivas e da páxina web do Concello de Carballo.

Artigo 17.-Responsabilidade polo uso das instalacións.

1.-O Concello de Carballo non será responsable das lesións que poida sufrir o usuario ou usuaria salvo que deriven dun mal estado da instalación ou dos bens adscritos a esta conforme á normativa xeral sobre responsabilidade das administracións públicas.

2.-En todo caso o Concello de Carballo non será responsable ante o usuario ou usuaria en caso de accidente ou deterioro derivados do incumprimento por parte deste das presentes normas, dun comportamento neglixente doutro/a usuario/a ou dun mal uso das instalacións, equipamentos ou servizos.

3.-A responsabilidade por actos cometidos polos/as menores, cando poidan acceder ás instalacións deportivas municipais, corresponderá a estes ou aos seus ou súas representantes legais de conformidade coas disposicións legais que regulan este tipo de responsabilidade.

4.-O Concello de Carballo non se fará responsable da desaparición de obxectos persoais de usuarios/as dentro das instalacións deportivas municipais. As pezas de vestir esquecidas ou extraviadas que non sexan reclamadas en 15 días, serán destruídas por motivos de hixiene. Os obxectos de valor serán entregados na Policía Local.

5.-O incumprimento das normas xerais e específicas de instalacións, de escolas e entidades, e de instrucións que dite o Concello de Carballo por si mesmo ou a través do persoal da instalación, poderá ocasionar o cesamento no uso da instalación.

6.-Nos vestiarios respectaranse as ordes e as instrucións do persoal do Concello de Carballo. Non poderán utilizar tinguiduras, afeitarse, levar secadores de man ou outros similares, nin amosar actitudes indecorosas ou molestas para o resto de usuarios/as. En beneficio de todos e de todas, recoméndase utilizar os vestiarios e as duchas coa maior rapidez posible.

7.-En cumprimento da Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo, prohíbese fumar en calquera dependencia da instalación deportiva, excepto en espazos ao aire libre.

8.-Prohíbese tirar calquera tipo de desperdicios no chan no transcurso das actividades deportivas, tanto para os deportistas como para o público en xeral. Non está permitido comer na instalación.

9.-O Concello de Carballo non se fai responsable das consecuencias que se deriven polo incumprimento da normativa recollida nas consideracións xerais de usos das instalacións.

10.-Queda reservado o dereito de admisión.

TÍTULO IV.-DOS DEREITOS E OBRIGAS DOS/AS USUARIOS/AS

Artigo 18.-Dereitos dos/as usuarios/as.

1.-Son dereitos dos/as usuarios/as, entre outros:

a) Ser tratados/as con respecto e deferencia polo persoal que presta servizos na instalación deportiva.

b) Utilizar as instalacións, mobiliario e equipamentos deportivos

c) Ser informado/a sobre as condicións de uso das instalacións deportivas municipais, así como sobre os programas deportivos ofertado por elas.

d) Formular as suxestións que considere oportunas para a mellora da xestión das instalacións deportivas municipais, así como as reclamacións que estime en relación co funcionamento destas. Tanto as suxestións como as reclamacións dirixiranse ao Servizo Municipal de Deportes do Concello de Carballo conforme o modelo do anexo II.

Artigo 19.-Obrigas dos/as usuarios/as.

Son obrigas dos/as usuarios/as, entre outras:

a) A utilización das instalacións deportivas municipais con actitude positiva e deportiva en todos os espazos e dependencias destas; así como de respecto os demais usuarios e usuarias, espectadores/as e persoal da instalación, nos espazos, áreas e recintos deportivos.

b) Utilizar a instalación deportiva unicamente na especialidade deportiva que este autorizada respectarase o horario de funcionamento da instalación, atendendo as indicacións dos/as empregados/as.

c) Facer uso de calquera das instalacións e espazos deportivos co adecuado vestido e calzado acorde das diferentes modalidades deportivas.

d) Aboar o prezo público correspondente ao servizo ou a actividade elixida, dentro dos prazos e normas que se establezan na correspondente Ordenanza.

e) Corresponderá a entidade usuaria (asociacións, clubs, agrupacións, etc.) solicitar e obter as autorizacións competentes, as autorizacións preceptivas esixibles, así como estar en posesión dos preceptivos seguros de accidentes para as ditas actividades, e cumprir coas sancións que impoña o concello.

f) As persoas adultas velarán pola seguridade dos/as menores de idade ao seu cargo dentro das instalacións deportivas.

g) Os/as usuarios/as maiores de idade serán responsables do incumprimento das normas do presente Regulamento e das infraccións definidas neste cometidas polos/as menores de idade ao seu cargo.

h) Asumir as perdas do obxectos persoais que se produzan nas instalacións como consecuencia da súa desaparición, extravío ou deterioro destes.

i) Axudar a manter a instalación limpa, colaborando cos empregados, utilizando as papeleiras e colectores dispoñibles para o efecto.

Artigo 20.-Perda da condición de usuario/as. Réxime de infraccións e sancións.

1.-Causas: O incumprimento do establecido no presente Regulamento e en particular das obrigacións impostas ao usuario ou usuaria leva consigo a perda da devandita condición, coa conseguinte obriga de abandonar ou prohibición de acceder ás instalacións deportivas municipais. Tales incumprimentos cualificaranse en leves e graves, segundo se sinala nos parágrafos seguintes.

2.-Constitúen incumprimentos leves:

a) Considerase leve o incumprimento dalgunhas das obrigas dos/as usuarios/as, cando a súa condición non dea lugar á clasificación de grave.

b) O trato incorrecto a calquera usuario/a, persoal, técnico, monitorado, etc.

c) Causar danos leves de forma voluntaria á instalación, material ou equipamento desta.

3.-Constitúen incumprimentos graves:

a) Incumprimento reiterado dalgunhas das obrigas dos/as usuarios/as.

b) O mal trato u obra a outros/as usuarios/as, espectadores/as, monitores/as, técnicos/as, xuíces e xuízas ou empregados/as da instalación.

c) Causar danos graves de xeito voluntario á instalación, material ou equipamento desta.

d) Orixinar por imprudencia ou neglixencia accidentes graves a si mesmo ou a outras persoas

e) Falsear intencionadamente os datos relativos a identidade, idade, estado de saúde, etc., e a suplantación de identidade.

f) A reincidencia e incumprimentos resoltos como leves.

4.-Sancións:

a) Os incumprimentos leves corrixiranse con apercibimento por escrito ou perda da condición de usuario/a por un período de 5 a 30 días.

b) Os incumprimentos graves corrixiranse coa perda da condición de usuario/a por un período comprendido entre 30 días e 5 anos, segundo a gravidade deste fixera necesario.

5.-Procedemento sancionador:

a) O/a empregado/a público/a que designe o órgano municipal competente será a persoa encargada de tramitar o procedemento.

b) As propostas comunicaranse por escrito aos/ás interesados/as dándolles dez días hábiles de audiencia para que estes poidan efectuar as alegacións e presentar os documentos e informacións que estimen pertinentes.

c) Unha vez concluído o prazo de audiencia e a vista das alegacións presentadas polo/a usuario/a, o/a instrutor/a do procedemento elevará ao alcalde ou alcaldesa, como órgano competente para resolver, a proposta pertinente. Unha vez que resolva o alcalde ou alcaldesa, notificarase ao/á afectado/a, dentro do prazo que lle confire a normativa administrativa.

d) Contra os acordos adoptados, poderán interpoñerse os recursos que se estimen oportunos, conformidade co disposto na Lei de procedemento administrativo.

6.-Non obstante, no caso que o/a usuario/a actúe de xeito notoriamente contrario ao presente regulamento, o persoal da instalación está autorizado para obrigarlle, cautelarmente, ao abandono desta, ou requirir a presenza das forzas de seguridade, se a gravidade do caso así o requirise, sen prexuízo das posteriores accións pertinentes.

TÍTULO V.-PROCEDEMENTO DE RESERVA E FORMALIZACIÓN DA CESIÓN DO USO DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Artigo 21.-Reserva de uso das instalacións deportivas municipais.

1.-A solicitude de autorización de uso de calquera unidade deportiva realizarase polos/as interesados/as de acordo co formulario accesible na páxina web www.carballo.org ou nas Oficinas Carballo Deporte. A presentación da solicitude comportará a aceptación da presente Normativa e non implica, en ningún caso, a reserva anticipada do espazo.

2.-Para os efectos de aplicación da presente normativa e da aplicación da ordenanza fiscal ou de prezos públicos que corresponda, será o Servizo Municipal de Deportes do Concello de Carballo, previa consulta, no seu caso, co Servizo de Xestión e Inspección Tributaria do Concello, quen clasifique o tipo de actividade: adestramento federado, competición federada, uso libre, actividades físico-deportivas, festivais e actos non deportivos.

3.-Non se poderá cambiar o destino das instalacións, nin utilizalas para usos distintos dos expresados. Non se poderá arrendar, traspasar, nin ceder a terceiros, nin sequera temporalmente todo ou parte do inmoble obxecto de cesión.

4.-Para grupos informais, poderán facer un máximo de dúas reservas de calquera espazo deportivo, non podendo reservar máis, ata que finalice o uso da instalación da segunda reserva.

5.-A reserva sempre se poderá facer cun máximo de 15 días naturais de antelación.

6.-Calquera trámite de cambio de horarios ou actividades deberá solicitarse nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, cumprimentando os impresos establecidos para tal efecto. En ningún caso se dará por validado o cambio mentres non sexa comunicado polo órgano competente do Concello de Carballo.

Artigo 22.-Taxas e prezos públicos aplicables.

1.-O/a solicitante deberá aboar as taxas ou prezos públicos vixentes na Ordenanza reguladora no prazo máximo de tres días naturais a partir da formalización da solicitude. No caso de non satisfacerse o pagamento nese prazo, entenderase que decae a solicitude, e quedará a instalación dispoñible para novas solicitudes.

2.-O pagamento das taxas ou prezos públicos correspondentes implica o uso da instalación exclusivamente, pola persoa ou entidade para a que foron emitidas, e para a instalación, a actividade e os horarios recollidos no documento de pagamento. Esta persoa ou entidade será a responsable do uso da instalación.

3.-No caso de renuncia do solicitante despois do pagamento, esta deberá facerse ata 24 horas antes da hora de inicio concedida, para ter dereito á devolución do importe do aluguer.

4.-Se a renuncia á solicitude despois do pagamento se produce fóra do prazo sinalado no apartado anterior, o solicitante non terá dereito á devolución. Só cando o espazo se realugue no mesmo horario por outro solicitante se poderá devolver o importe do pagamento realizado.

5.-Aínda que exista un convenio que exima ao solicitante do depósito previo da taxa ou prezo público polo uso da actividade ou servizo, este deberá cumprir igualmente o presente regulamento e as obrigas de solicitude correspondentes.

6.-O Concello de Carballo resérvase o dereito de anular, por causas xustificadas ou de interese público, a cesión de espazos autorizada. Nese caso devolverase o importe que pagará o/a solicitante. Tamén se prevé a posibilidade de esixir, ademais do pagamento do prezo correspondente, a constitución dun depósito en metálico que garanta os pagamentos dos servizos e dos posibles danos.

Artigo 23.-Reserva de uso para clubs e entidades deportivas.

1.-Poderán solicitar a utilización dunha instalación deportiva municipal calquera entidade deportiva e/ou educativa que cumpra os requisitos recollidos no artigo 12 e que estea inscrita no rexistro municipal de entidades do Concello de Carballo, regulado no Regulamento de participación cidadá do Concello de Carballo

2.-O órgano competente do Concello de Carballo aprobará cada tempada os criterios para a utilización das instalacións deportivas municipais para adestramentos baseándose entre outras nas seguintes premisas: adaptación do deporte ás características da instalación a utilizar, preferencia a grupos estables como medio de favorecer o asociacionismo deportivo, categoría e número de deportistas da entidade, número de participantes en cada actividade, colaborar cos intereses do Concello de Carballo, participación en competicións federadas.

3.-As solicitudes dos clubs ou entidades deportivas para toda a tempada presentaranse no rexistro municipal no prazo establecido polo órgano competente do Concello de Carballo para tal fin, e deberá entregarse a seguinte documentación:

a) Solicitude, no impreso oficial, debidamente cumprimentada e asinada polo presidente ou presidenta, na que aparecerán os datos da entidade (ver Anexo I.i).

b) Proxecto no que especifique a actividade a realizar, periodicidade da práctica de adestramentos, os calendarios de competición, horarios de competición e/ou adestramentos, persoas responsables tanto directivos como técnicos e a relación de compoñentes autorizados para a actividade.

4.-Para a solicitude de adestramentos no circuíto municipal deberán entregar a seguinte documentación:

a) Folla de solicitude no modelo oficial (ver anexo I.g).

b) Fotocopia da licenza federativa en vigor dos deportistas e/ou da escudaría solicitante

c) Copia da póliza de seguro de responsabilidade civil que cubra a devandita actividade.

5.-As concesións outorgaranse de acordo cos criterios técnicos do Servizo Municipal de Deportes do Concello de Carballo á vista das solicitudes presentadas. Unha vez adoptado o acordo polo órgano competente, notificarase as entidades antes do prazo establecido o horario definitivo da utilización para adestramentos nas instalacións deportivas municipais.

6.-O Servizo Municipal de Deportes do Concello de Carballo resérvase o dereito de deixar sen efecto algunha das autorizacións de utilización das instalacións deportivas por algúns dos seguintes motivos:

a) Por necesidades de programación municipal ou de actividades do Concello de Carballo.

b) Por incumprimento das obrigas establecidas na presente normativa e nos requisitos de solicitude.

c) Por causa de comportamento pouco cívico ou antideportivo, por parte de algún membro da entidade autorizada, sendo este comportamento reiterado e evidente, a xuízo dos responsables do Servizo Municipal de Deportes do Concello de Carballo.

d) Por baixa asistencia dos membros da entidade, de xeito que reiteradamente, non cumpran cos mínimos de asistencia obrigatoria na autorización de uso.

7.-A entidade que non vaia utilizar unha instalación previamente concedida, deberá comunicalo ao Servizo Municipal de Deportes do Concello de Carballo cun mínimo de 72 horas de antelación.

8.-As instalacións no horario concedido non poderán cederse a terceiros agás que exista excepcionalmente unha autorización do Concello de Carballo.

9.-O uso será concedido para un motivo ou actividade determinada, categoría e/ou categorías. A entidade non poderá cambiar o uso da instalación para outro tipo de actividade ou categoría sen previo aviso ao Servizo Municipal de Deportes do Concello de Carballo e o consentimento expreso do Servizo Municipal de Deportes do Concello de Carballo. Calquera cambio excepcional deberá ser autorizado polo Servizo Municipal de Deportes do Concello de Carballo.

10.-O uso da instalación durante unha ou varias tempadas, non establece dereito ningún para a concesión da instalación na seguinte tempada.

11.-A entidade deberá dispor dun seguro de responsabilidade civil e dun seguro de accidentes incluída a asistencia sanitaria, ou a licenza federativa de cada un dos participantes. O club ou entidade usuaria farase responsable dos posibles deterioros da instalación que poida producirse polos seus xogadores ou xogadoras, adestradores/as, persoal auxiliar e asociados/as, así como dos accidentes deportivos.

12.-En horarios de adestramento, as bancadas non se abren ao público agás que exista excepcionalmente unha autorización do órgano competente do Concello de Carballo, e non poderán estar nas pistas deportivas nada máis que aqueles/as xogadores/as, técnicos/as, directivos/as e outro persoal auxiliar oficialmente autorizado.

13.-É obrigatorio a asistencia do adestrador ou adestradora, do/a delegado/a, do/a directivo/a ou do/a profesor/a durante o desenvolvemento do adestramento e doutras actividades físico-deportivas, así como a presenza dunha persoa responsable maior de idade durante o uso dos vestiarios.

14.-Os clubs e as entidades deberán entregar unha relación detallada de xogadores/as, adestrador/a e persoal auxiliar, ao comezo da tempada, comunicando calquera modificación que se produza durante o seu desenvolvemento. Nesta relación debe figurar: o nome, apelidos e DNI. Deberán utilizar a tarxeta de control de accesos correspondente, ou outro documento identificativo.

15.-Para a disputa dos encontros e partidos oficiais das entidades ou clubs nas instalacións deportivas, o Servizo Municipal de Deportes do Concello de Carballo poñerá os horarios dos encontros ou partidos, así como á instalación. Por tal motivo as entidades e clubs deberán notificar con 20 días de antelación os seus calendarios de competición para que os responsables do Servizo Municipal de Deportes do Concello de Carballo poderán notificar as entidades o día, hora e instalación con 15 días de antelación.

16.-O órgano competente do Concello, a proposta do Servizo Municipal de Deportes, aprobará cada tempada os criterios para a concesión dos horarios e días dos partidos de competición das entidades e clubs nas instalacións deportivas municipais baseándose entre outras nas seguintes premisas: dispoñibilidade ou non doutras instalacións por parte da entidade, categoría do equipo (sénior, júniors, xuvenís, cadetes, infantil, alevín e benxamín), categoría da competición que disputa ese equipo (internacional, estatal, autonómica, provincial, comarcal ou local). En caso de empate de máis dun equipo nas preferencias, estes rotarán as preferencias en horario e día cada fin de semana.

Artigo 24. Normas específicas para a organización de torneos ou eventos deportivos de carácter excepcional nas instalacións deportivas municipais.

1.-Calquera entidade que desexe solicitar unha instalación deportiva municipal para a realización de torneos ou eventos deportivos deberá, ademais de cumprir os requisitos recollidos no artigo 22.1, entregar a seguinte documentación:

a) Folla de solicitude (ver anexo I.h).

b) Memoria descritiva da actividade para desenvolver.

c) Copia da póliza de seguro de responsabilidade civil.

d) Memoria de execución da proba que deberá entregarse como máximo con 15 días posteriores á realización da proba ou do torneo.

2.-Para as probas de motor no circuíto municipal deberá entregarse ademais un informe da Federación correspondente, aprobando o regulamento da proba e acreditación de que esta cuberta por seguro de responsabilidade civil.

3.-Para as probas na piscina municipal deberá entregarse ademais:

a) Declaración xurada, por parte da Presidencia da entidade ou Federación organizadora da proba, de que achegan para a competición un ou unha socorrista titulado inscrito no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, durante toda a competición (desde a apertura ao peche da instalación), segundo marca o Decreto 104/2012, do 16 de marzo.

b) Fotocopia do carné ou titulación da perona que vai a realizar as funcións de socorrista.

c) Fotocopia do carné do rexistro de socorrista en instalacións deportivas da Xunta de Galicia.

Artigo 25.-Control dos aforos.

As entidades organizadoras comprometeranse a colaborar co Concello a fin de non superar o aforo establecido da instalación.

TÍTULO VI.-PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLO CONCELLO DE CARBALLO

Artigo 26.-Reserva e formalización de inscricións no abono e nos cursos.

1.-Para inscribirse no abono, en cursos ou noutras actividades organizadas polo Concello de Carballo haberá que cubrir o formulario de solicitude accesible na páxina web www.carballo.org ou nas Oficinas do Servizo Municipal de Deportes. No caso dos/as menores de idade, a folla de inscrición deberá ser asinada polo pai, nai ou titor/a.

2.-A persoa solicitante quedará inscrita tras satisfacer a taxa ou prezo público de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora vixente, e cumprir con todos os trámites de inscrición. A inscrición comportará a aceptación da presente normativa.

3.-Para darse de baixa no abono ou no curso será necesario comunicalo por escrito, a través dos formularios dispoñibles para o devandito trámite, antes do día 20 do mes anterior ao que se produce a baixa. Os/as abonados/as dados/as de baixa que no futuro queiran reincorporarse á instalación deberán realizar novamente todos os trámites de alta (agás aqueles que estean de baixa temporal por un motivo xustificado, vacacións de un mes, enfermidades ou operación, etc).

4.-A renovación dos cursos e programas con límite de prazas realizarase entre o 1 e o 5 de cada mes. Ofertaranse ao público e por rigorosa orde de entrada no rexistro da solicitude as prazas vacantes en cursos de actividades de sala e piscina respectivamente, tendo en conta os criterios de preferencia nas listas de espera para cursos e actividades nas salas e nas piscinas que sexan aprobados polo órgano competente do Concello á vista da proposta do Servizo municipal de Deportes. Os devanditos criterios serán expostos ao público no Taboleiro de Anuncios das instalacións deportivas.

TÍTULO VII.-NORMAS PARA AS ESCOLAS DEPORTIVAS, CURSOS E DEMAIS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLO CONCELLO DE CARBALLO

Artigo 27.

1.-Ademais das normas xerais e das específicas da respectiva instalación, son normas comúns a todas elas:

a) Os/as acompañantes non terán acceso aos locais onde se desenvolvan as clases, co obxecto de non entorpecer a organización e a aprendizaxe destas. As comunicacións ao monitor ou monitora deberán realizarse en horario de titorías dispoñibles.

b) As clases e as actividades darán comezo e finalizarán segundo o horario establecido, salvo que haxa modificacións por causa de forza maior. Esíxese puntualidade.

2.-Normas relativas ás faltas de asistencia:

a) As faltas non xustificadas dun mes poderán ser causa da perda dos dereitos adquiridos coa inscrición na actividade correspondente.

b) Mais dun 50% de faltas inxustificadas serán considerada como a perda da inscrición do curso ou actividade.

3.-O material deportivo de uso persoal (gorro, zapatillas, lentes de natación...) necesario para a práctica deportiva deberá ser achegado polo/as usuario/as. O devandito material será indicado polo/a monitor/a ao comezo do curso.

4.-As clases/actividades de tempada darán comezo, agás excepcións, durante a segunda quincena do mes de setembro e rematarán na segunda quincena do mes de xuño.

5.-As actividades e escolas deportivas de verán impartiranse con carácter xeral nos meses de xullo e agosto.

6.-Consideraranse días inhábiles de clases e non recuperables, os comprendidos entre as vacacións escolares de Nadal, Entroido, Semana Santa, festivos locais e festas de San Xoán.

7.-Ante a eventual falta do/a monitor/a ou profesor/a por motivos imprevistos, os/as usuarios/as de actividades físicas nos pavillóns ou ximnasio, poderán facer uso da sala correspondente e o material necesario para desenvolver algunha das sesións-tipo, que para tal fin se terán previstas e depositadas na recepción da instalación. Cando a falta do/a monitor/a sexa para una actividade na piscina poderán acceder a ela para uso libre sempre que sexa unha persoa adulta, pero para cursos de nenos/as quedará suspendida a actividade.

Artigo 28.-Dereitos dos/as cursistas.

1.-Ser admitido/a para o uso do servizo sempre e cando se cumpran os requisitos esixidos pola súa regulamentación e haxa prazas abondas para todos/as os/as solicitantes. En caso de que haxa máis solicitudes de nova inscrición que prazas se ofertaron, a admisión será realizada previa inscrición nunha lista de espera.

2.-A renovar a praza ocupada nas escolas deportivas municipais, cursos e actividades, sempre que se asistise ao curso, exista dispoñibilidade de prazas e razóns pedagóxicas e organizativas que o permitan.

Artigo 29.-Obrigas dos/as cursistas.

1.-Son obrigas dos/as cursistas:

a) Cumprir a normativa xeral e específica de uso de instalacións.

b) Asistir ás actividades, cumprindo o horario do curso ou a actividade para a que foi admitido/a.

c) O/a cursista deberá acreditar non padecer ningunha doenza que lle impida realizar esta práctica deportiva.

d) Presentar un xustificante de pagamento cando fose requirido.

e) Utilizar a tarxeta ou outro documento para o acceso ás instalacións.

f) Seguir as indicacións de socorristas, de monitores e do persoal da instalación.

2.-Os cambios de horario ou de grupo solicitaranse a través das oficinas do Servizo Municipal de Deportes. Concederanse sempre e cando sexa posible por razóns de ratios, de niveis, de dispoñibilidade de prazas, etc.

3.-Non se poderá permanecer nas instalacións fóra do horario concedido.

4.-Os prazos para a solicitude de admisión do alumnado nas escolas deportivas municipais, cursos e actividades formalizaranse nos períodos que determine o órgano competente do Concello a instancias do Servizo Municipal de Deportes.

Artigo 30.-Perda da condición de cursista.

Procederá a baixa de oficio dos cursistas polos motivos seguintes:

a) Por falta de pagamento na cota correspondente nos prazos establecidos.

b) Por faltas inxustificadas á actividade: as faltas inxustificadas á actividade superior a un 60%, durante un período de dous meses serán motivo de baixa automática, sen ter preferencia para volver a mesma actividade.

c) Por faltas reiteradas: As faltas reiteradas aínda que estean xustificadas a un 50% durante un período de dous meses.

d) Por prescrición médica: Poderán ser dados de baixa aqueles usuarios que por problemas de saúde, teñan contraindicada a realización da actividade física que se realice nas diferentes instalacións deportivas. Nestes casos o/a usuario/a estará como preferente para volver á actividade cando o informe médico sexa apto para á actividade deportiva.

e) Por superar a idade máxima establecida para cada actividade. Serán dados de baixa na actividade aqueles/as usuarios/as que superen a idade máxima establecida para esta.

f) Por superar os obxectivos do curso: Nos cursos de iniciación, aprendizaxe e perfeccionamento, serán dados de baixa aqueles/as usuarios/as que superen, a criterio dos/as técnicos/as e profesores/as, os obxectivos marcados estes.

g) Por falsear datos relativos a súa inscrición nos cursos.

TÍTULO VIII.-NORMAS ESPECÍFICAS SEGUNDO A INSTALACIÓN DEPORTIVA

CAPÍTULO 1.-NORMAS PARA OS/AS USUARIOS/AS DAS PISCINAS CUBERTAS E ZONA SPA

Artigo 31.-Concepto de piscina cuberta

Enténdese por piscina cuberta aquela instalación que queda reservada para a actividade física na auga, ben sexa dedicada a competición de natación ou actividade de recreo.

Artigo 32.-Normas específicas para piscinas cubertas.

1.-Definicións previas:

a) Pista de iniciación: pista dos/as nenos/as e das persoas con nivel baixo de natación. Aínda que se aconsella nadar pola dereita non é unha pista de nado.

b) Pista de nado: pista de nado a ritmo suave.

c) Pista rápida: pista de nado avanzado non competitiva onde predomina o crol.

d) Pista de clubs: pista que se deixa reservada para os adestramentos dos clubs ou entidades deportivas federadas.

2.-Ademais das normas xerais establécense as seguintes:

a) Non poderán facer uso das piscinas, quen padezan algunha enfermidade infecto-contaxiosa, feridas abertas, etc. Se o persoal da instalación tivera fundadas sospeitas dunha infección deste tipo, poderase esixir a presentación dunha autorización médica por escrito para o acceso a piscina.

b) Non se permite a entrada libre a menores de 14 anos que non veñan acompañados/as dunha persoa maior de idade, que será a responsable dos/as menores durante a súa permanencia na piscina. A devandita persoa deberá identificarse ao socorrista.

c) Non estará permitida a entrada libre a menores, entre 14 a 18 anos, que non saiban nadar.

d) Por motivos de hixiene é obrigatorio o uso de gorro, traxe de baño e zapatillas específicos na piscina así como tamén é obrigatoria a ducha previa o baño. Este aseo será mais intensivo si vimos da praia ou de practicar un deporte. Recomendase o uso de lentes de natación.

e) Por motivos de hixiene está prohibido soarse, cuspir, e mexar na auga, así como asistir á piscina con maquillaxe, cremas ou apósitos de calquera tipo. Tamén por motivos de hixiene está prohibido o afeitarse nos vestiarios da instalación.

f) Polo xeral non están permitidos os saltos, o uso de materiais soltos ou grandes que impidan a libre circulación, e non se permite o uso de aletas ou palas sen autorización do/a socorrista.

g) A instalación dispón de materiais de axuda para uso libre e outros que son para uso dos cursos.

h) É obrigatorio seguir en todo momento as indicacións do socorrista.

i) Respectarase en todo momento, o uso da pista asignada a cada actividade.

k) Dentro da zona pública hai un tipo de pista axeitada a cada forma de nado. A formar de circular pola pista é sempre pola dereita.

l) Non se debe cruzar polas zonas dos cursos ou adestramentos.

m) Deberase nadar dun xeito que non ocupemos máis de media pista e nos permita o control da dirección.

n) Non está permitido facer series a gran velocidade, excepto nos casos recollidos no apartado 1.d) deste artigo.

ñ) Non se debe parar polo medio das pistas de nado evitando facer exercicios lentos que impidan a libre circulación.

o) O/a usuario/a deberase adaptar á velocidade da maioría dos/as usuarios/as, evitando dentro do posible os adiantamentos.

p) Resérvase o dereito de admisión e o límite de usuarios/as por pista, segundo a lexislación vixente (por regra xeral son de 10 usuarios/as por pista).

q) Prohíbese a entrada na zona de praia con roupa ou calzado non axeitado, así como comer e beber, e introducir obxectos de cristal.

r) O emprego de colchóns, flotadores, aletas, ou calquera outro elemento que poida orixinar risco para os/as demais usuarios/as, deberá ser regulado polos/as socorristas.

s) As persoas que non saiban nadar ou padezan algunha enfermidade que implique riscos, deberán advertilo previamente aos socorristas.

t) Os/as acompañantes dos/as usuarios teñen prohibida a entrada na zona de vestiarios e praia da piscina, salvo no caso de menores de 7 anos, que poderán ser acompañados por unha persoa adulto/a nos vestiarios.

Artigo 33.-Concepto de zona spa.

Enténdese por zona spa aquela que conta con varios espazos diferenciados (jacuzzi, sauna, baño de vapor) e diversos tipos de elementos (duchas, chorros) onde se utilizan terapias con auga.

Artigo 34.-Normas específicas para zona spa.

Ademais das normas xerais e das específicas para piscinas cubertas establécense as seguintes:

a) Está prohibido o uso da sauna e baño turco a menores de 18 anos.

b) Os/as usuarios/as deben seguir as indicacións e contraindicacións de uso, expostas á vista destes/as, que se especifican para cada elemento da zona spa e para o resto da instalación. En caso de que o usuario ou usuaria non localice as devanditas indicacións deberá poñerse en contacto co ou coa socorrista para que llas facilite.

c) Antes da utilización é obrigatorio ducharse.

d) É obrigatorio o uso de traxe de baño.

e) É obrigatorio utilizar unha toalla para sentarse no banco.

f) Non se pode entrar con xoias e obxectos metálicos.

g) A capacidade máxima do spa está limitada a un máximo de usuarios/as.

CAPÍTULO 2.-NORMAS PARA O USO DOS PAVILLÓNS POLIDEPORTIVOS

Artigo 35.-Concepto de pavillón polideportivo.

Enténdese por pavillóns polideportivos as instalacións que alberguen polo menos unha pista polideportiva cuberta cos seus respectivos vestiarios.

Artigo 36.-Normas específicas para pavillóns polideportivos.

Ademais das normas xerais establécense as seguintes:

a) Accederase á pista de xogo unicamente con roupa e calzado deportivo axeitado.

b) A hora de acceso e desocupación da pista de xogo serán efectivamente as que se teñan reservadas, e non se poderá ocupar esta para quecementos, etc.

c) Para adestramentos, o acceso aos vestiarios será sempre de 15 minutos antes do inicio da hora da reserva da pista de xogo e de 30 minutos despois da saída da pista de xogo. O acceso aos vestiarios nas categorías inferiores será sempre coa presenza dos/as monitores/as ou adestradores/as, así como permanecerán na instalación ata que o último neno ou nena saia do vestiario. O acceso aos vestiarios para equipos de categorías sénior poderá facerse sen a presenza do/a monitor/a ou adestrador/a.

d) Para competicións oficiais, o acceso aos vestiarios será sempre de 1 hora antes do inicio da hora da reserva da pista de xogo e de 30 minutos despois da saída da pista de xogo. O acceso aos vestiarios nas categorías inferiores será sempre coa presenza dos/as monitores/as ou adestradores/as, que permanecerán na instalación ata que saia o último neno ou nena do vestiario.

e) As porterías, canastras, postes e demais accesorios necesarios para a práctica deportiva, que sexan móbiles, serán debidamente colocados e repartidos polo persoal da instalación. O material que cada equipo deixe na instalación, en aquelas dependencias que habilite o Servizo Municipal de Deportes do Concello de Carballo, deberá ser recollido en cestas, redes ou bolsas propiedade do club, e non se fará o Concello de Carballo responsable deste.

f) Os/as acompañantes non poderán acceder ou permanecer nas gradas ou na pista de xogo da instalación mentres estean facendo os adestramentos os equipos ou entidades deportivas.

g) Os equipos poderán solicitar a chave dos vestiarios mentres se disputen adestramentos ou partidos, sempre que se identifique as persoas responsables mediante o seu DNI.

CAPÍTULO 3.-NORMAS PARA O USO DOS CAMPOS DE FÚTBOL

Artigo 37.-Concepto de campo de fútbol.

Enténdese por campo de fútbol aquela instalación deportiva que se dedica á práctica do fútbol en calquera das súas modalidades.

Artigo 38.-Normas específicas para campos de fútbol.

Ademais das citadas e das normas xerais, establécense as seguintes:

a) Accederase ao campo de fútbol unicamente con roupa e calzado deportivo axeitado.

b) Non se permite o uso de zapatillas de taco metálico, agás nos campos de herba natural e de terra.

c) Nos campos de herba artificial só se permite o uso de zapatillas específicas, multitacos ou botas de tacos de goma.

d) As horas de acceso e desocupación do campo de xogo serán efectivamente as que se teñan reservadas, e non se poderá ocupar esta para quecemento, etc.

e) Para adestramentos, o acceso aos vestiarios será sempre de 15 minutos antes do inicio da hora da reserva da pista de xogo e de 30 minutos despois da saída da pista de xogo. O acceso aos vestiarios nas categorías inferiores será sempre coa presenza dos/as monitores/as ou adestradores/as, así que permanecerán na instalación ata que o último neno ou nena saia do vestiario. O acceso aos vestiarios para equipos de categorías sénior poderá facerse sen a presenza do/a monitor/a ou adestrador/a.

f) Para competicións oficiais o acceso aos vestiarios será sempre de 1 hora antes do inicio da hora da reserva da pista de xogo e de 30 minutos despois da saída da pista de xogo. O acceso aos vestiarios nas categorías inferiores será sempre coa presenza dos/as monitores ou adestradores/as, así que permanecerán na instalación ata que o último neno ou nena saia do vestiario.

g) As porterías, postes e demais accesorios necesarios para a práctica deportiva, que sexan móbiles, serán debidamente colocados e repartidos polo/a conserxe da instalación. O material que cada equipo deixe na instalación, naquelas dependencias que habilite o Servizo Municipal de Deportes do Concello de Carballo, deberá ser recollido en cestas, redes ou bolsas propiedade do Club, e non se fará o Concello de Carballo responsable deste.

h) Os/as acompañantes non poderán acceder ou permanecer nas gradas ou no campo de xogo da instalación mentres estean facendo os adestramentos os equipos ou entidades deportivas.

i) Os equipos poderán solicitar a chave dos vestiarios mentres se disputen adestramentos ou partidos, sempre que se identifiquen as persoas responsables mediante o seu DNI.

CAPÍTULO 4.-NORMAS PARA O USO DAS SALAS DE FITNESS

Artigo 39.-Concepto de sala de fitness.

Enténdense por sala de fitness aquela sala na que existen máquinas de musculación e de actividade aeróbica (bicicletas, cintas, elípticas, etc.) para o exercicio da actividade física en xeral.

Artigo 40.-Normas específicas para salas de fitness.

Ademais das citadas e das normas xerais, establécense as seguintes:

1. Sobre a vestimenta:

a) É obrigatorio o uso de indumentaria e calzado deportivo. Non está permitida a entrada con chanclas, calzado de piscina ou similar.

b) Está terminantemente prohibido adestrar sen camisetas

c) É obrigatorio o uso da toalla na sala.

d) É recomendable o uso de luvas de ciclista cando se utilicen as bicicletas.

2. Sobre o uso do equipamento:

a) Tanto nas máquinas como nas colchonetas poñerase unha toalla sobre a área de contacto.

b) Prégase non permanecer nas máquinas conversando ou descansando para facilitar así unha mellor rotación en uso e unha mellor utilización por parte dos/as usuarios/as.

c) O material deportivo colocarase no seu lugar correspondente despois de finalizar o exercicio.

d) A utilización dos equipos de música, televisores, ordenador, etc., é de uso exclusivo do persoal da instalación.

e) Prohibise a introdución de bolsas de deporte na sala

f) Recomendase a utilización responsable do equipamento de acordo coas directrices dos/as monitores/as, evitando así posibles situacións lesivas, e consultarase cos monitores ou monitoras cando sexa preciso.

3. Sobre os/as usuarios/as:

a) Non está permitida a entrada a menores de 16 anos.

b) Aqueles/as usuarios/as que teñan entre 16 e 18 anos deberán entregar unha autorización do seu pai, nai ou titor/a legal para o acceso á sala.

CAPÍTULO 5.-NORMAS PARA O USO DO CIRCUÍTO DE MOTOR

Artigo 41.-Concepto de circuíto de motor.

Enténdese por circuíto de motor aquela instalación ao aire libre dedicada a especialidades deportivas de motor en terra (autocrós, motocrós, quadcrós...).

Artigo 42.-Normas específicas para circuítos de motor.

Ademais das citadas e das normas xerais, establécense as seguintes:

a) Poderán solicitar adestramentos e a organización de eventos ou competicións na instalación aquelas entidades deportivas de motor que cumpran os requisitos recollidos no artigo 12.

b) A entidade organizadora deberá cumprir coas condicións recollidas na autorización de uso de ben municipal.

c) Unha vez rematado o adestramento ou a proba, a entidade organizadora do evento faise responsable dos desperfectos que puideran terse ocasionados na instalación e deixará esta en perfecto estado. O persoal competente dentro do Servizo Municipal de Deportes do Concello de Carballo realizará un informe tras a proba para dar cumprimento a isto.

TÍTULO IX.-RECLAMACIÓNS E SUXESTIÓNS

Artigo 43.

En todas as instalacións haberá formularios oficiais de reclamacións e suxestións a disposición dos/as usuarios/as, segundo o modelo do Anexo II.

Artigo 44.

O Concello de Carballo responderá no prazo máximo dun mes á persoa usuaria da devandita reclamación.

DISPOSICIÓNS FINAIS

Primeira.-A interpretación das normas deste regulamento será levada a cabo polo órgano competente do Concello de Carballo, que poderán ditar as instrucións necesarias para a súa aplicación.

Segunda.-Facúltase á Alcaldía ou persoa ou órgano en quen delegue para a modificación e aprobación dos modelos oficiais incorporados ao Anexo I desta Ordenanza, e deberanse publicar estes no Taboleiro de Edictos das instalacións deportivas municipais e na web corporativa para os efectos do seu acceso polos/as interesados/as.

Terceira.-O presente regulamento entrará en vigor despois da publicación da súa aprobación definitiva, no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, unha vez transcorrido o prazo establecido no artigo 65.2 LRBRL, e seguirá vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación.

ANEXOS

ANEXO I. MODELOS DE SOLICITUDES.

Anexo I.a - Modelo de instancia.

missing missing

Nome:

1.º apelido:

2.º apelido:

NIF:

Enderezo:

C.P.:

Localidade:

Provincia:

Tfno.de contacto:

EXPÓN:

De acordo con todo o anterior

SOLICITA:

Carballo, _____ de _________________________ de ______

Asdo.: ..........................................

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CARBALLO

Anexo I.b - Modelo de solicitude abono

missing missing

MODELO DE SOLICITUDE DE ABONO

1.-DATOS DO SOLICITANTE:

1.º apelido:

2.º apelido:

NIF:

N.º:

Piso:

C.P.:

Localidade:

Provincia:

Tfno.de contacto:

Data de nacemento:

Correo electrónico:

Tipo de abono (marcar cun¿X¿)

 Xove  Adulto  Mañá  Maiores de 60  Familiar

Última data de alta:

2.-NO CASO DE ABONO FAMILIAR

Cónxuxe

Nome:

1.º apelido:

2.º apelido

NIF:

Data de nac:

1.º Fillo/a

Nome:

1.º apelido:

2.º apelido:

NIF:

Data de Nac:

2.º Fillo/a

Nome:

1.º apelido:

2.º apelido:

NIF:

Data de nac:

3.º Fillo/a

Nome

1.º apelido

2.º apelido

NIF

Data de nac:

3.-ORDE DE DOMICILIACION BANCARIA

DATOS DO CLIENTE:

Nome do titular:

D.N.I.:

INTERNATIONAN BANK ACCOUNT NUMBER (IBAN):

A persoa solicitante acepta integramente a `Normativa de uso das instalacións deportivas, escolas deportivas municipais, outras actividades e as entidades e clubs deportivos¿ e comprométese a cumprila.

Carballo, _____ de _________________________ de ______

Asdo.: ..........................................

Esta solicitude vaise tramitar de xeito informático. Os datos persoais que figuran nela serán incorporados a un ficheiro creado polo Concello de Carballo e permanecerá baixo custodia. En calquera momento pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os datos incorporados o mesmo (art. 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter persoal (BOE núm. 298, do día 14).

Anexo I.c - Modelo de solicitude de curso

missing missing

MODELO DE SOLICITUDE DE CURSO

1.-DATOS DO/A SOLICITANTE:

1.º apelido:

2.º apelido:

NIF:

N.º:

Piso:

C.P.:

Localidade:

Provincia:

Tfno.de contacto:

Data de nacemento:

Correo electrónico:

Tipo de abono (marcar cun¿X¿)

 Xove  Adulto  Mañá  Maiores de 60  Familiar

Última data de alta:

2.-ORDE DE DOMICILIACION BANCARIA

DATOS DO CLIENTE:

Nome do titular:

D.N.I.:

INTERNATIONAN BANK ACCOUNT NUMBER (IBAN):

TIPO DE CURSO

(Marque cun `X¿)

Cursos de Natación nen@s __ días

Cursos de Natación adultos __ días

Cursos de Natación + 60 __ días

Natación terapéutica

Natación para bebés

Natación para embarazadas

Aquafitness

Ximnasia de mantemento __ días

Sala fitness

Outro (indicar cal): _________________________________

A persoa solicitante acepta integramente a `Normativa de uso das instalacións deportivas, escolas deportivas municipais, outras actividades e as entidades e clubs deportivos¿ e comprométese a cumprila.

Carballo, a ___ de ____________ de _____

Asdo.: ..........................................

Esta solicitude vaise tramitar de xeito informático. Os datos persoais que figuran nela serán incorporados a un ficheiro creado polo Concello de Carballo e permanecerá baixo custodia. En calquera momento pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os datos incorporados o mesmo (art. 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter persoal (BOE núm. 298, do día 14).

Anexo I.d - Modelo de solicitude de baixa de abono

missing missing

SOLICITUDE DE BAIXA DE ABONO

CODIGO DA TARXETA:

TIPO DE ABONO:

NIF:

D./Dna:

MOTIVO DA BAIXA:

Segundo as condicións da `Normativa de uso das instalacións deportivas, escolas deportivas municipais, outras actividades e as entidades e clubs deportivos¿, solicito darme de baixa do abono das Instalacións Deportivas Municipais. Acepto entregar a tarxeta de acceso ao final do mes:

Carballo, _____ de _________________________ de ______

Asdo.: ..........................................

Esta solicitude vaise tramitar de xeito informático. Os datos persoais que figuran nela serán incorporados a un ficheiro creado polo Concello de Carballo e permanecerá baixo custodia. En calquera momento pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os datos incorporados o mesmo (art. 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter persoal (BOE núm. 298, do día 14).

Anexo I.e - Modelo de solicitude de baixa de curso

missing missing

SOLICITUDE DE BAIXA DE CURSO

CODIGO DA TARXETA:

TIPO DE CURSO:

NIF:

D./Dna:

MOTIVO DA BAIXA:

Segundo as condicións da `Normativa de uso das instalacións deportivas, escolas deportivas municipais, outras actividades e as entidades e clubs deportivos¿, solicito darme de baixa no citado curso. Acepto entregar a tarxeta de acceso ao final do mes:

Carballo, _____ de _________________________ de ______

Asdo.: ..........................................

Esta solicitude vaise tramitar de xeito informático. Os datos persoais que figuran nela serán incorporados a un ficheiro creado polo Concello de Carballo e permanecerá baixo custodia. En calquera momento pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os datos incorporados o mesmo (art. 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter persoal (BOE núm. 298, do día 14).

Anexo I.f - Modelo de solicitude de modificación de abono

missing missing

SOLICITUDE DE MODIFICACIÓN DE ABONO

CODIGO DA TARXETA:

TIPO DE ABONO:

NIF:

D./Dna:

NOVO TIPO DE ABONO:

Segundo as condicións da `Normativa de uso das instalacións deportivas, escolas deportivas municipais, outras actividades e as entidades e clubs deportivos¿, solicito modificar o tipo de abono das Instalacións Deportivas Municipais:

Carballo, _____ de _________________________ de ______

Asdo.: ..........................................

Esta solicitude vaise tramitar de xeito informático. Os datos persoais que figuran nela serán incorporados a un ficheiro creado polo Concello de Carballo e permanecerá baixo custodia. En calquera momento pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os datos incorporados o mesmo (art. 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter persoal (BOE núm. 298, do día 14).

Anexo I.g - Modelo de solicitude de Aluguer das Instalacións Deportivas Municipais

missing missing

SOLICITUDE DE ALUGUER DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

D./na. _______________________________________________________, con Documento de Identidade número _______________ e enderezo a efectos de notificación en ____________________, teléfono _________________, solicita a utilización da Instalación Deportiva Municipal __________________________________ para a realización de actividade deportiva nos días e horarios que se citan a continuación.

DÍA

HORA

Ademais comprométese a cumprir a `Normativa de uso das instalacións deportivas, escolas deportivas municipais, outras actividades e as entidades e clubs deportivos¿.

Carballo a ___ de ____________ de _____

Asdo.:..........................................

Oficinas de Carballo Deporte - R/ Vila de Corcubión s/n 15100 Carballo (A Coruña)

Anexo I.h - Modelo de solicitude de Instalacións para Eventos ou Torneos

missing missing

SOLICITUDE DE EVENTOS OU TORNEOS NAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

D./na. _______________________________________________________, con documento de identidade número _______________ e enderezo a efectos de notificación en _____________________________________________________, teléfono _________________, na súa condición de representante legal da entidade ___________________________________________ inscrita no rexistro de asociacións deportivas co número _____________, solicita a utilización da Instalacións Deportiva Municipal ________________________________________

para a organización do evento con nome ______________________________________ para os días ____________________ e co seguinte horario _______________________

A organización comprométese a poñer, en tódolos medios de promoción e comunicación do evento, os logos que o Concello de Carballo estime oportunos. Ademais comprométese a cumprir a `Normativa de uso das instalacións deportivas, escolas deportivas municipais, outras actividades e as entidades e clubs deportivos¿.

Carballo a ___ de ____________ de _____

Asdo.: ..........................................

Oficinas de Carballo Deporte - R/ Vila de Corcubión s/n 15100 Carballo (A Coruña)

Xunto con esta solicitude a entidade organizadora do evento, torneo ou competición deportiva deberá xuntar un proxecto no que se explique a organización da proba, e que faga constar os seguintes puntos:

1.-DENOMINACION. ¿Cómo se chamará o proxecto?

2.-DESCRIPCION XERAL. ¿Qé se quere facer?

3.-XUSTIFICACION. ¿Por qué se quere facer?

4.-DESTINATARIOS ¿A quen vai dirixido?

5.-UBICACION E COBERTURA. ¿Onde se desenvolverá?

6.-OBXECTIVOS. ¿Qué se quere conseguir?

7.-CALENDARIO E HORARIOS. ¿Cando terá lugar?

8.-ORGANIZACION E METODOLOXIA ¿De qué forma se fará?. ¿Quen é o responsable?

9.-RECURSOS. ¿Con que se fará?

10.-ORZAMENTO. ¿Canto custará?

11.-PROMOCIÓN E PUBLICIDADE. ¿Cómo se dará a coñecer?

(Un proxecto de aproximadamente 4 follas)

Unha vez aprobada a consecución do uso das Instalacións deportivas municipais para o fin do proxecto, a entidade organizativa deberá entregar unha memoria xustificada da organización da proba, no prazo non superior aos 15 días, na que faga constar os seguintes puntos:

1. Resultados deportivos da Proba

2. Datos de participación (número de xogadores, n.º de horas de uso da instalación, etc...)

3. Memoria fotográfica presentada en soporte dixital.

4. Avaliación dos resultados e conclusións (onde se debe aportar aquelas cousas positivas, e aquelas cousas que se deben de mellorar para posteriores eventos)

Oficinas de Carballo Deporte - R/ Vila de Corcubión s/n 15100 Carballo (A Coruña)

Anexo I.i - Modelo de solicitude de Instalacións para Adestramentos ou Competicións

missing missing

SOLICITUDE DE ADESTRAMENTOS OU COMPETICIÓNS DEPORTIVAS NAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

D./na. _______________________________________________________, con Documento de Identidade número _______________ e enderezo a efectos de notificación en ____________________, teléfono _________________, na súa condición de representante legal da entidade ______________________________________________ inscrita no rexistro de asociacións deportivas co número _____________, solicita a utilización da/s Instalación/s Deportiva/s Municipais ______________________________ para a realización de adestramentos e/ou competicións de __________________ en categoría/s ________________________________________________________.

As datas da utilización serán desde o ___/____/_________ ata o ___/____/_________.

DíAS

TIPO DE ACTIVIDADE

CATEGORÍAS

HORARIOS SOLICITADOS

Luns

 Adestramento  Competición

Martes

 Adestramento  Competición

Mércores

 Adestramento  Competición

Xoves

 Adestramento  Competición

Venres

 Adestramento  Competición

Sábado

 Adestramento  Competición

Domingo

 Adestramento  Competición

N.º HORAS TOTAIS (HORAS ADESTRAMENTO / HORAS COMPETICIÓN):

Ademais comprométese a cumprir a `Normativa de uso das instalacións deportivas, escolas deportivas municipais, outras actividades e as entidades e clubs deportivos¿ e a aboar o prezo público correspondente para dito aluguer recollido na Ordenanza reguladora de prezos públicos pola utilización das instalacións deportivas municipais.

Carballo, a ___ de ____________ de _____

Asdo.: ..........................................

Oficinas de Carballo Deporte - R/ Vila de Corcubión s/n 15100 Carballo (A Coruña)

ANEXO II - MODELO DE RECLAMACIÓNS E SUXESTIÓNS

missing missing

SUXESTIÓNS OU RECLAMACIÓNS

¿Queremos mellorar"

Queremos prestarlle o mellor servizo, e para iso precisamos a súa opinión sobre calquera asunto. Cubra este impreso, entrégueo en calquera instalación deportiva municipal, nas nosas oficinas ou envíeo por e-mail a carballodeporte@carballo.org

N.º de Rexistro:

DATA: ______/_______/_____________ (a cubrir polo Servizo Municipal de Deportes)

1.º apelido:

2.º apelido:

NIF:

N.º:

Piso:

C.P.:

Localidade:

Tfno. de contacto:

Correo electrónico:

ASUNTO:

----------------------------------------------------------------------------------

----------------------------------------------------------------------------------

COMENTARIO:

----------------------------------------------------------------------------------

¿Cómo prefire que lle contestemos? (Marque cun `X¿)

Sinatura

 Por escrito no meu enderezo

 Persoalmente nas instalacións

 Por teléfono

 Por correo electrónico

Grazas pola súa colaboración. Isto axúdanos a prestarlle un mellor servizo.

SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES DO CONCELLO DE CARBALLO

Esta solicitude vaise tramitar de xeito informático. Os datos persoais que figuran nela serán incorporados a un ficheiro creado polo Concello de Carballo e permanecerá baixo custodia. En calquera momento pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os datos incorporados o mesmo (art. 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos).

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

O regulamento dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:

¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."

Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.