Índice

Carballo - Regulamento do réxime xurídico, xestión, uso e utilización das instalacións deportivas de titularidade do Concello de Carballo.

Publicación provisional: 12/04/2010 BOP Nº: 66
Publicación definitiva: 01/06/2010 BOP Nº: 101
Aplicable dende: 18/06/2010

Anexo III.a - Modelo de solicitude abono.

PADROADO DEPORTIVO MUNICIPAL DE CARBALLO

MODELO DE SOLICITUDE DE ABONO

1.- DATOS DO SOLICITANTE:

Nome:

1º apelido:

2º apelido:

NIF:

Enderezo:

Nº:

Piso:

C.P.:

Localidade:

Provincia:

Tfno.de contacto:

Data de Nacemento:

Correo electrónico:

Tipo de abono: (Marcar cun¿X¿)

 Xove  Adulto  Maiores de 60  Familiar

2.- NO CASO DE ABONO FAMILIAR

Nome:

1º apelido:

2º apelido

NIF:

Data de Nacemento:

Cónxuxe

Nome:

1º apelido:

2º apelido:

NIF:

Data de Nacemento:

1º Fill@

Nome:

1º apelido:

2º apelido:

NIF:

Data de Nacemento:

2º Fill@

Nome

1º apelido

2º apelido

NIF

Data de Nacemento:

3º Fill@

3.- ORDE DE DOMICILIACION BANCARIA

DATOS DO CLIENTE:

Nome do titular:

D.N.I.:

CODIGO CONTA CLIENTE

ENTIDADE:

OFICINA:

D.C.:

Nº CONTA:

O solicitante acepta integramente a Normativa de uso das instalacións deportivas e comprométese a cumprila.

Carballo, _______ de _________________________ de 2.0___

(sinatura do solicitante)

PADROADO DEPORTIVO MUNICIPAL DE CARBALLO

Esta solicitude vaise tramitar de xeito informático. Os datos persoais que figuran nela serán incorporados a un ficheiro creado polo Padroado Deportivo Municipal de Carballo e permanecerá baixo custodia. En calquera momento pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os datos incorporados o mesmo (art. 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter persoal (BOE núm. 298, del día 14).

SERVIZO DE ABONAD@S:

O Concello de Carballo, a través do Padroado Deportivo Municipal de Carballo (P.D.M.), crea o servizo de Abonad@s ás Piscinas Municipais, co obxecto de fomentar, promover e divulgar a práctica deportiva da natación entre os seus cidadáns. A forma de admisión e o número de abonados/as que constitúen este Servizo está determinado polo PDM, atendendo a razóns técnicas e de bo uso das instalacións deportivas.

A través deste servizo pódese acceder ás piscinas municipais de forma ilimitada durante o horario de apertura ao público. A condición de abonado/a das piscinas municipais permite ten unha bonificación nas tarifas das actividades dirixidas, sala de fitness, saunas, etc.

TIPOS DE ABONOS:

ABONO INDIVIDUAL


Cota de matrícula

Cota mensual

Xove (hasta 18 anos)

20 €

12 €

Adulto (de 18 a 59 anos)

20 €

15 €

Maiores de 60 (a partir de 60 anos)

20 €

12 €

De mañá (de 18 a 59 anos)

20 €

13 €

ABONO FAMILIAR*


Cota de matrícula

Cota mensual

Unidade Familiar

20 €

20 €

* Poderán ser abonados familiares os de primeiro grado que convivan co titular ademais do cónxuxe. Os fillos deberan ser menores de 18 anos.

COMO FACERSE ABONADO/A DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS:

· Cumprimentando o impreso, nas instalacións deportivas municipais e nas oficinas do Padroado Deportivo Municipal.

· Efectuando o pago das cota de inscrición e a primeira mensualidade mediante o ingreso bancario.

· Autorizando a domiciliación bancaria do resto de recibos que pasaranse ó cobro con carácter mensual.

Documentos necesarios:

· Unha foto.

· Fotocopia do DNI do titular

· No caso de abonado familiar a fotocopia do libro de familia ou acta emitida polo Rexistro Municipal de parellas de feito.

Todo/a abonado/a será provisto da tarxeta `Carballo Deporte¿ para que se poda acreditar a súa condición ante os empregados da instalación. Este documento na súa primeira emisión estará exento do pago da taxa por expedición. No caso de perda ou deterioro o abonado solicitará unha nova tarxeta, seguindo o procedemento recollido para tal fin na Normativa de uso das instalacións deportivas e a Ordenanza correspondente.

Os gastos de domiciliación bancaria correran a cargo do Padroado Deportivo Municipal. A forma de pago das cotas será por mensualidades adiantadas e segundo os prezos públicos vixentes.

DEREITOS DO/A ABONADO/A:

- Durante o horario de apertura ó público, o/a abonado/a terá acceso gratuíto as piscinas, sempre que a capacidade máxima legal das mesmas ou as necesidades da instalación o permitan.

- O abonado terá dereito a utilización dos servizos da zona SPA de forma gratuíta

- O abonado terá dereito a unha bonificación do 60% nas tarifas das actividades.

OBRIGAS DO/A ABONADO/A:

- O/A abonado/a coñecerá e cumprirá a Normativa de uso das instalacións deportivas

- O/A abonado/a deberá estar ó corrente do pago das súas mensualidades.

- O/A abonado/a deberá pasar polo torno de control de acceso o entrar e saír da instalación.

- A tarxeta de abonado/a será intransferible, non podendo ser utilizada por outra persoa que non sexa o titular.

OFICINAS DO PADROADO DEPORTIVO MUNICIPAL

R/ Vila de Corcubión, s/n

Tfno 981 702109

Horario de atención ó público

Luns a Venres, de 8:30 a 14:00 horas.

Martes e Xoves de 17:00 a 19:00 horas.

PISCINA VILA DE NOIA

Horario de apertura

R/ Vila de Noia, s/n

Tfno 981 702109

Luns a Venres, de 8:00 a 22:30 horas.

Sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas.

Domingo de 10:00 a 13:00 horas.

PISCINA CARBALLO CALERO

Horario de apertura

R/ Carballo Calero, s/n

Tfno. 981 758101

Luns a Venres, de 7:15 a 13:00 horas e de 15:30 a 22:30 horas.

Sábado de 9:00 a 13:30 horas.

Anexo III.b - Modelo de solicitude Baixas, Modificacións Abonados e Cursistas

Solicitude de Baixas e Modificacions de Abonos e Cursillos

SOLICITUDE DE BAIXAS DE ABONOS

CODIGO DA TARXETA:

TIPO DE ABONO:

NIF:

D/Dª:

MOTIVO DA BAIXA:

Segiundo as condicións solicito darme de baiza de abonado das Piscinas Municipais xestionadas polo Padroado Deportivo Municipal sinalada na ficha de baixa. Acepto entregar a tarxeta de acceso o final de mes:

Sinatura:

En ___________________ a ________ de ______________ de 2.0__

SOLICITUDE DE BAIXAS DE CURSOS

CODIGO DA TARXETA:

NIF

TIPO DE CURSO:

DIAS

HORARIO

D/Dª:

MOTIVO DA BAIXA:

Segiundo as condicións solicito darme de baiza de abonado das Piscinas Municipais xestionadas polo Padroado Deportivo Municipal sinalada na ficha de baixa. Acepto entregar a tarxeta de acceso o final de mes:

Sinatura:

En ___________________ a ________ de ______________ de 2.0__

SOLICITUDE DE MODIFICACION DE ABONO

CODIGO DA TARXETA:

TIPO DE ABONO:

D/Dª:

NOVO TIPO DE ABONO:

TIPO DE ABONO:

Segiundo as condicións solicito darme de baiza de abonado das Piscinas Municipais xestionadas polo Padroado Deportivo Municipal sinalada na ficha de baixa. Acepto entregar a tarxeta de acceso o final de mes:

Sinatura:

En ___________________ a ________ de ______________ de 2.0__

PADROADO DEPORTIVO MUNICIPAL DE CARBALLO

Esta solicitude vai ser tramitada polos medios informáticos. Os datos personais que figuran nela serán incorporados a un ficheiro creado polo Padroado Deportivo Municipal de Carballo e permanecerá baixo custodia. En calquer momento pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os datos incorporados o mesmo (art. 5 da Ley Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter persoal (BOE núm 298, del día 14).

SERVIZO DE ABONADOS:

O Concello de Carballo, a través do Padroado Deportivo Municipal de Carballo (P.D.M.), crea o servizo de Abonados ás Piscinas Municipais, co obxeto de fomentar, promocionar e divulgar a práctica deportiva da natación entre os seus cidadans.

A forma de admisión e o número de abonados que constituen este Servizo está determinado polo PDM, atendendo a razons técnicas e de bon uso das instalacions deportivas.

A través deste servizo se poden acceder ás piscinas municipais de forma ilimitada durante o horario de apertura.

O ser abonado das piscinas municipais permite tener unha bonificación nas tarifas das actividades dirixidas, sala de fitness, saunas, etc¿

TIPOS DE ABONADOS:

ABONO INDIVIDUAL


Cota de matrícula

Cota mensual

Nenos (hasta 18 anos)

20 €

12 €

Adulto (de 18 a 64 años)

20 €

15 €

Maiores (a partir de 65 años)

20 €

12 €

De mañana (de 18 a 64 años)

20 €

13 €

ABONO FAMILIAR


Cota de matrícula

Cota mensual

Unidad Familiar

20 €

20 €

Poderán ser abonados familiares os de primeiro grado que convivan co titular. Os fillos deberan ser menores de 18 anos.

A forma de pago das cotas será por mensualidades adiantadas e según os precios públicos vixentes. Calquer alteración no prezo será comunicada cun mes de antelación e publicada no BOP.

BAIXAS DE ABONADOS:

· Cumplimentando o impreso que facilita-se para elo, nas piscinas municipais e nas oficinas do Padroado Deportivo Municipal e presentanlo en calquera das instañlacións deportrivas ou nas instalacións.

· As baixas deberán notificarse por escrito antes do 25 de cada mes, para que se podan autorizar.

· As modificacións deberán notificarse por escrito antes do 25 de cada mes, para que se podan autorizar . As modificacións non se volverá a pàgar a cota de matrícula.

· As baixas por moti

Documentos necesarios:

1. Impreso de baixa ou modificación

Todo abonado será previsto da tarxeta de Carballo Porta Aberta para que se poda acreditar a sua condición ante os empleados da instalación. Este documento na súa primeira emisión estará exento do pago da tasa por expedición. No caso de pérdida ou deterioro o abonado deberá solitar unha nova, abonando a tasa correspondente según as Ordenanzas Reguladoras de Tributos e Precios Público Municipales.

Os gastos de domiciliación bancaria correran a cargo do Padroado Deportivo Municipal.

No caso de que un abonado individual queira pasar a abono familiar, non deberá de pagar a cota de inscripción, pasando a pagar as mensualidades correspondentes o novo abono

No caso de que un abonado familiar queira pasar a un abono individual, no deberá de pagar a cota de inscripción, pasando a pagar as mensualidades correspondentes o novo abono.

BAIXAS DE CURSILLOS:

Durante o horario de apertura ó público, o abonado terá acceso gratuito as piscinas, sempre que a capacidad máxima legal das mesmas ou as necesidades da instalación o permitan. Determinados servizos da instalación poden estar reservasdos para o desarrollo das actividades

O abonado terá dereito a utilización dso servizo de sauna de forma gratuita

O abonado terá dereito reservar unha pista de badminton de forma gratuita

O abonado terá dereito a unha bonificación do 50% nas tarifas das actividades.

DEBERES DO ABONADO:

O abonado deberá estar ó corrente do pago das súas mensualidades. No suposto que o abonado principal sea menor de idade o esté incapacitado legalmente o responsable do pago será o pai, nai ou titor.

O abonado deberá pasar polo torno de control de acceso o entrar e sair da instalación.

Para a uitlizacón da sauna, o abonado deberá reserva-la na piscina na zona de control e información, ensinando a súa tarxeta de abonado.

A tarxeta de abonado será instransferible, non podendo ser utilizada por outra persona que non sexa o titular.

PERDIDA DA CONDICION DE ABONADO:

A condición de abonado perderáse:

· Por propia voluntad do interesado, manifestando por escrito nas dependencias municipais o efecto, cunha antelación mínima dunha semán con respecto o mes no que se efectue a facturación.

· Polo impago das mensualidades.

· Por acordo do Consello Reitor do PDM, como consecuencias das conductas que supongan o incumprimento das normas xenerales de uso dos equipamentos municipais e os reglamentos específicos.

· Por defunción.

· Por incumplimento dunha sanción refrendada polo Cosello Reitor do PDM.

Independentemente das sancións que poida impoñer o PDM, o abonado infractor será o responsable económicamente dos danos e perxuicios que a sua conducta poidera ocasionar.

Para utilizar as instalacions e servizos será condicción indispensable que os abonados observen as normas de hixiene establecidas polas autoridades competentes e o PDM, incluso no caso de non estar recollidas na normativa vixente.

No suposto que tengan lugar festivais o competicions deportivas nas instalacions, o PDM podrá prohibir o paso á instalación para o público e abonados previo aviso dunha semana de antelacíon.

Todo usuario ten a obligación de velar polo bó estado e conservación das instalacions evitando e comunicando todo acto que vaia en menoscabo da mesma

OFICINAS DO PADROADO DEPORTIVO MUNICIPAL

R/ Vila de Corcubión, s/n

Tfno 981 702109

Horario de atención ó público

Luns a Venres, de 8:30 a 14:00 horas.

Martes e Xoves de 17:00 a 19:00 horas.

PISCINA VILA DE NOIA

Horario de apertura

R/ Vila de Noia, s/n

Tfno 981 702109

Luns a Venres, de 8:00 a 22:30 horas.

Sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas.

Domingo de 10:00 a 13:00 horas.

PISCINA CARBALLO CALERO

Horario de apertura

R/ Carballo Calero, s/n

Tfno. 981 758101

Luns a Venres, de 7:15 a 13:00 horas e de 15:30 a 22:30 horas.

Sábado de 9:00 a 13:30 horas.

Anexo III.c - Modelo de reclamacións e suxestións.doc

Suxestións ou Reclamacións

¿Queremos mellorar"

Queremos prestarlle o mellor servizo, e para iso precisamos a súa opinión sobre calquera asunto. Cubra este impreso, entrégueo en calquera instalación deportiva municipal, nas nosas oficinas ou envíeo por e-mail a carballodeporte@carballo.org

Número de Rexistro:

DATA: ______________________

NOME E APELIDOS: ______________________________________________________________

D.N.I.: _________________ TELEFONO: __________________ Nº ABONADO: _____________

ENDEREZO: _________________________________________________ C.P: _______________

LOCALIDADE: ______________________________________

ASUNTO:

_____________________________________________________________________________________________

_____________________________________________________________________________________________

COMENTARIO:

_____________________________________________________________________________________________

_____________________________________________________________________________________________

_____________________________________________________________________________________________

_____________________________________________________________________________________________

_____________________________________________________________________________________________

¿Cómo prefire que lle contestemos? (Marcar cun `X¿)

 Por escrito no meu enderezo (arriba indicado)

 Persoalmente nas instalacións

 Por teléfono no número _________________

Sinatura

 Por Fax no número _____________________

 Por correo electrónico __________________

Grazas pola túa colaboración. Isto axúdanos a prestarche un mellor servizo.

PADROADO DEPORTIVO MUNICIPAL DE CARBALLO

Esta solicitude vaise tramitar de xeito informático. Os datos persoais que figuran nela serán incorporados a un ficheiro creado polo Padroado Deportivo Municipal de Carballo e permanecerá baixo custodia. En calquera momento pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os datos incorporados o mesmo (art. 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter persoal (BOE núm. 298, del día 14).

TÍTULO I.- NORMAS XERAIS

Artigo 1. Ámbito de aplicación

O presente Regulamento ten por obxecto regular o réxime xurídico, xestión, uso e utilización das Instalacións Deportivas titularidade do Concello de Carballo e díctase ó amparo das competencias que nesta materia atribúe ós concellos os artigos 4.a), 22, 25.2.m), 26.1.c) e 49 da lei 7 de 1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local; artigo 55 do Real Decreto Lexislativo 781 de 1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións vixentes en materia de Réxime Local, o artigo 13 da Lei 11 de 1997, de 22 de agosto, xeral do deporte en Galicia e o artigo 50.3 do Real Decreto 2568 de 1986, de 28 de novembro, polo se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.

O presente Regulamento será de aplicación á totalidade das instalacións deportivas municipais descritas no artigo 2 e de aplicación a aqueles usuarios/as definidos no artigo 13 do presente regulamento.

Artigo 2 . Concepto de Instalación deportiva municipal.

Son instalacións deportivas municipais ós efectos da presente normativa todos aqueles edificios, dependencias ou recintos ó aire libre, cuberto, pechado ou aberto, equipados para desenvolver o deporte e a actividade física, en toda a súa gama de modalidades, posibilidades ou finalidades, incluíndo as zonas de equipamento, complementarias ou funcionalmente necesarias para o desenvolvemento da actividade física; titularidade do Concello de Carballo e coa xestión encomendada ó P.D.M ou a outras entidades mediante concesión.

Do mesmo xeito, e salvo que o órgano competente do Concello dispoña outra cousa, calquera instalación deportiva que se constrúa ou da que o Concello asuma a súa xestión no futuro, quedará adscrita ó P.D.M a partires da súa posta en funcionamento.

Artigo 3. Calificación xurídica dos bens destinados o servizo público de deportes

3.1. De conformidade co establecido na normativa sobre bens das Entidades Locais, as instalacións deportivas municipais terán a calificación de bens de dominio público, afectos ao uso público ou a prestación do servizo público de deportes.

3.2. Teñen a mesma cualificación, os bens mobles afectados de forma permanente a calquera instalación deportiva municipal, tanto aqueles destinados especificamente á práctica deportiva municipal, como aqueles destinados ao mantemento das instalacións e equipamentos.

Artigo 4. Do Padroado Deportivo Municipal de Carballo

4.1. Conforme ó establecido nos seus Estatutos, corresponde ó P.D.M, como Organismo Autónomo dependente do Concello de Carballo, velar polo cumprimento do presente regulamento.

TÍTULO II.- DA XESTION DAS INSTALACIONS DEPORTIVAS

Artigo 5. Formas de Xestión

5.1. A xestión das instalacións deportivas municipais poderá realizarse de forma directa ou indirecta nos termos que se indican nos artigos seguintes

5.2. Cando se trate de instalacións deportivas cedidas por outra Administración Pública ó Concello para a súa xestión ou explotación, axustarase ó estipulado no instrumento que regula a cesión e no seu defecto establecido neste Regulamento.

Artigo 6. Xestión Directa

6.1. As instalacións deportivas municipais xestiónanse de forma directa a través do Organismo Autónomo do P.D.M de Carballo

Artigo 7. Xestión Indirecta

7.1 As instalacións deportivas municipais poderán ser xestionadas indirectamente, mediante as distintas formas previstas para o contrato de xestión de servizo público. Ademais, poderán ser xestionadas a través dos instrumentos específicos que establezan a normativa sectorial para as instalacións ou infraestructuras deportivas.

7.2 O P.D.M correspóndelle informar e propor ó órgano competente a forma de xestión máis axeitada para ás instalacións deportivas municipais. Nos supostos de xestión indirecta, o P.D.M. exercitará, en tódolos aspectos técnicos e xurídicos, as potestades administrativas que prevé o ordenamento vixente a efectos de control e supervisión da actividade realizada pola adxudicataria da xestión

7.3 A persoa ou entidade responsable da xestión dunha instalación deportiva municipal poderán propoñer normas de réxime interior, de aplicación exclusiva a dita instalación, que desenvolvan o establecido neste Regulamento, e cuxa aprobación corresponderá á Dirección do P.D.M de Carballo. En ningún caso as normas de réxime interior poderán ser contrarias ó establecido neste Regulamento. Unha vez aprobadas, as normas de réxime interno estarán expostas nun lugar visible

TÍTULO III .- SOBRE A IMAXE E PUBILICIDADE NAS INSTALACIONS DEPORTIVAS

 

CAPÍTULO 1. SOBRE A IMAXE E PUBLICIDADE DO PADROADO DEPORTIVO MUNICIPAL

Artigo 8: Logotipos e outras figuras relativas o uso de marcas

8.1. Correspondente o P.D.M o uso e explotación dos logotipos e demais figuras reguladas na lexislación de marcas que sexan da súa titularidade

8.2. En tódalas instalacións deportivas municipais, calquera que sexa a súa forma de xestión, así como nos folletos informativos que fagan referencia á instalación ou servizos prestados en elas, figurará en lugar visible o logotipo do P.D.M de Carballo e o do Concello de Carballo, acreditando a titularidade municipal da instalación.

CAPÍTULO 2. DA PUBLICIDADE NAS INSTALACIONS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Artigo 9: Normativa aplicable

9.1. A publicidade nas instalacións deportivas, mediante a exposición de calquera elemento permanente o puntual, móbil ou estático, levarase a cabo de acordo ca normativa xeral de publicidade e específica sobre menores, alcohol, tabaco e sustancias estupefacientes.

9.2. A contratación de espazos de publicidade levarase a cabo de acordo coa normativa de contratación das Administracións Públicas

Artigo 10: Rendementos xerados pola publicidade en Instalacións Deportivas

Os dereitos económicos xerados pola contratación da publicidade ingresaranse nas contas do P.D.M de acordo co establecido na normativa de Facendas Locais.

Artigo 11. Patrocinio de eventos deportivos.

O P.D.M poderá autorizar a colocación de publicidade por un período temporal concreto, con motivo da organización de acontecementos deportivos puntuais, previa petición da Entidade Organizadora.

A Dirección do P.D.M poderá dictar as normas e instruccións que sexan necesarias para desenvolvemento, interpretar e aplicar o presente regulamento. En ningún caso ditas normas poderán ser contrariadas ao establecido neste Regulamento. Unha vez aprobadas, estarán expostas en lugar visible para o coñecemento de tódolos/as usuarios/as das instalacións.

TÍTULO IV.- NORMAS DE USO E FUNCIONAMENTO

Artigo 12. Normas Xerais

12.1. O acceso ás instalacións deportivas municipais, ben de forma individual ou de forma colectiva, supón aceptación das normas contidas no presente regulamento

12.2. Ademais o acceso ás instalacións deportivas municipais esixe o previo pago dos prezos públicos ou taxas establecidas segundo os casos.

12.3 Os/as usuarios/as das instalacións deportivas están obrigados a respectar e coidar as mesmas, o seu mobiliario e o seu equipamento deportivo, utilizándoos conforme ao seu destino propio, e ordenando o material unha vez sexa utilizado.

12.4 Para o acceso de ¿uso libre" ás instalacións deportivas municipais é requisito indispensable ter cumpridos 14 anos. Exceptúanse os casos en que a normativa específica da instalación indique outra idade. Os menores desa idade só poderán acceder e permanecer nas instalacións acompañados dun maior de idade, que será responsable do uso das instalacións feito polo menor.

12.5 Para acceder ás instalacións con control de acceso informatizado é requisito imprescindible a presentación da tarxeta de control de acceso que habilite o P.D.M. para estes efectos En calquera outro momento, o persoal da instalación poderá requirir a súa presentación. As tarxetas de control de acceso á instalación serán persoais, non podendo ser utilizada por outra persoa que non sexa a nominativa da tarxeta.

12.6 O acceso e a permanencia na instalación respectará os horarios, as instalacións e a categoría asinadas, atendendo en todo momento as indicacións do persoal do P.D.M.. Non se poderá permanecer nas instalacións deportivas municipais fóra dos horarios concedidos.

12.7 Os/as usuarios/as das instalacións (xogadores, adestradores, persoal auxiliar etc.) deberán utilizar a indumentaria deportiva, e o calzado específico en atención ás características especiais de cada pavimento.

Artigo 13. Definición de Usuarios/as das instalacións deportivas municipais.

13.1. A efectos da presente Normativa enténdese por usuarios/as das instalacións deportivas municipais a aquelas persoas ou entidades que as utilizan, ben participando nos programas promovidos e xestionados polo propio P.D.M. e/ou a Concellería de Deportes do Concello de Carballo ou ben participando do aluguer ou cesión de ditos espazos deportivos.

13.2. Só os/as usuarios/as poderán facer uso das instalacións deportivas municipais e os servizos adscritos as mesmas.

13.3. Os acompañantes e espectadores terán consideración de usuarios/as pasivos/as, aplicándose estas normas ata onde pode chegar a súa responsabilidade durante a súa estancia na instalación

Artigo 14. Sobre as normas de acceso dos/as usuarios/as ás instalacións.

Este acceso poderá realizarse mediante os seguintes procedementos:

14.1- Abonados/as: coa condición de abonado, pódese ter acceso á piscina climatizada, á sala fitness (con apoio do monitor de sala e a realización de táboas personalizadas de exercicio), á zona SPA e a todos os espazos de uso libre, sen ningunha restricción de tempo nin espazo. Ademais os/as abonados/as terán a posibilidade de ser ¿Cursistas" cun desconto no prezo en cada curso segundo ordenanza específica.

Requirimentos para adquirir a condición de abonado:

- Cubrir todos os datos da folla de inscrición.

- Fotocopia do DNI do titular

- Fotocopia do Libro de Familia, exclusivamente no caso de Abono Familiar.

- En caso de ser parella de feito, é imprescindible presentar o certificado de convivencia, ou equivalente, expedido polo Concello, exclusivamente no caso de Abono Familiar.

14.2- Cursistas: teñen esta condición as persoas inscritas nalgún curso, de sala ou de piscina, e unicamente poden facer uso das instalacións durante o tempo que dure a clase.

Requirimentos para adquirir a condición de cursista:

- Cubrir todos os datos da folla de inscrición.

- Fotocopia do DNI

Duración dos cursos: son de carácter mensual, renovables ata que o desexe o usuario, sempre que se cumpra cos prazos de notificación de baixa (vexase artigo 31). A última semana de cada mes ofertaranse as novas prazas para o mes seguinte (consultar nas oficinas do P.D.M. as datas exactas e as listas de espera). Cada clase ten unha duración de media de 45 minutos, agás as de bebés que son de 30 minutos.

14.3- Entrada con ticket: entradas puntuais na instalación pagando o custo do ticket no momento do acceso á instalación. Os beneficiarios dos tickets poden usar todas as zonas de baño libre, con restricción de uso en función da ocupación.

Requirimentos para adquirir un ticket:

- Por motivos de seguridade, poderáselles pedir aos usuarios que presenten o DNI, ou calquera outra documentación acreditativa de idade, ao mercaren unha entrada. O persoal da instalación poderá denegar o acceso se o usuario se negase a amosar a mencionada documentación.

- Cumprir coas normas de uso que ten cada espazo deportivo da instalación, respectando as idades para as que está permitido.

14.4. Deportista federado: o que accede á instalación para os adestramentos ou competicións da súa entidade ou club.

14.5. Deportista non federado: Participantes en ligas locais ou comarcais formando parte dun club, asociación, peña, etc.

14.6. Aluguer por hora: Grupos ou persoas que alugan a instalación para a realización de práctica deportiva.

Artigo 15: Usos.

15.1 Teñen consideración de usos, actividades ou actos ordinarios:

15.1.1 A utilización puntual e illada dunha instalación ou espazo deportivo para o seu uso específico, previo pago do prezo da mesma cando corresponda, ben individual ou colectivamente.

15.1.2 O uso colectivo puntual, de tempada ou anual dunha instalación ou espazo deportivo para o seu uso específico previo pago da taxa que corresponda no seu caso.

15.1.3 O uso deportivo puntual, de tempada ou anual dunha instalación ou espazo deportivo para unha modalidade diferente da específica pero perfectamente compatible e autorizadas, acolléndose se corresponde as condicións de pago establecidas.

15.1.4 A utilización puntual, temporal ou anual dunha instalación ou espazo deportivo para unha actividade non deportiva especificamente, pero perfectamente compatible pola súa afinidade, en condicións autorizadas polo órgano competente.

15.2 Teñen consideración de usos, actividades ou actos extraordinarios:

15.2.1 A utilización puntual, illada ou temporal, individual ou colectivamente, dunha instalacións ou espazo deportivo para unha actividade deportiva diferente da específica do mesmo e que requira unha autorización expresa do Concello de Carballo

15.2.2 A utilización con carácter puntual, o no seu caso periódica, dunha instalación ou espazo deportivo para unha actividade non deportiva, que requira unha autorización expresa do P.D.M

Artigo 16.- Modificacións ou Peches das instalacións

16.1. O P.D.M reservase a facultade de peche temporalmente as instalacións por limpeza, obras, programacións propias, competicións, partidos, cursos ou outros eventos que estime oportunos.

16.2 O P.D.M. resérvase o dereito a realizar as modificacións dos horarios, das instalacións, dos cursos, e doutras actividades concedidas por causas de programación e organizativas, comunicándollo aos interesados, coa maior brevidade posible.

16.3 En casos de anulacións de usos previamente concedidos por causas imputables á administración, os/as interesados/as poderán optar por:

16.3.1. Solicitar a devolución da taxa, acreditando a realización do pagamento e con indicación do n.º da conta bancaria.

16.3.2. Solicitar o cambio de data, e/ou hora, e/ou instalación presentando o recibo nas oficinas do P.D.M.

Artigo 17. Comunicación cos/as usuarios/as.

As comunicacións, os avisos, e calquera outra información aos usuarios realizaranse a través do Taboleiro de anuncios das instalacións deportivas e da páxina web do Concello de Carballo.

Artigo 18.- Responsabilidade polo uso das instalacións

18.1 O P.D.M. non será responsable das lesións que poida sufrir o/a usuario/a salvo que deriven dun mal estado da instalación ou dos bens adscritos a mesma conforme a normativa xeral sobre responsabilidade das Administracións Públicas.

18.2 En todo caso o P.D.M. non será responsable ante o/a usuario/a en caso de accidente ou deterioro derivados do incumprimento por parte deste, das presentes normas, dun comportamento neglixente doutro/a usuario/a ou un mal uso das instalacións, equipamentos ou servizos.

18.3 A responsabilidade por actos cometidos polos menores, cando poidan acceder ás instalacións deportivas municipais, corresponderá a estes de conformidade coas disposicións que regulan este tipo de responsabilidade no Código Civil e o Código Penal.

18.4 O P.D.M. non se fará responsable da desaparición de obxectos persoais dos usuarios dentro das instalacións deportivas municipais. As pezas de vestir esquecidas ou extraviadas que non sexan reclamadas en 15 días, serán destruídas por motivos de hixiene. Os obxectos de valor serán entregados na Policía Local.

18.5 O incumprimento das normas xerais e específicas de instalacións, de escolas e entidades, e de instruccións que dite o P.D.M. por si propio ou a través do persoal da instalación, poderá ocasionar o cesamento no uso da instalación.

18.6 Nos vestiarios respectarase a orde e as instruccións do persoal do P.D.M. Non poderán utilizar tinguiduras, afeitarse, levar secadores de man ou outros similares. Non amosar actitudes indecorosas ou molestas para o resto dos usuarios. En beneficio de todos, recoméndase utilizar os vestiarios e as duchas coa maior rapidez posible.

18.7 En cumprimento da Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo, prohíbese fumar en calquera dependencia da instalación deportiva, excepto en espazos ó aire libre.

18.8 Prohíbese tirar calquera tipo de desperdicios no chan no transcurso das actividades deportivas, tanto para os deportistas como para o público en xeral. Non está permitido comer na instalación.

18.9 O P.D.M. non se fai responsable das consecuencias que se deriven polo incumprimento da normativa recollida nas consideracións xerais de usos das instalacións.

18.10 Queda reservado o dereito de admisión.

TÍTULO V.- DOS DEREITOS E OBRIGAS DOS/AS USUARIOS/AS

Artigo 19.- Dereitos dos/as usuarios/as. Son dereitos dos/as usuarios/as, sen prexuízo dos recoñecidos acordo coa normativa vixente nas súas relacións coas Administracións Públicas:

19.1 Ser tratados con respecto e deferencia polo persoal que presta ao seus servizos na instalación deportiva.

19.2 Utilizar as instalacións, mobiliario e equipamentos deportivos

19.3 Ser informado sobre as condicións de uso das instalacións deportivas municipais, así como sobre os programas deportivos ofertado por elas.

19.4 Formular as suxestións que considere oportunas para a mellora da xestión das instalacións deportivas municipais, así como as reclamacións que estime en relación co funcionamento das mesmas. Tanto as suxestións como as reclamacións dirixiranse ao P.D.M. conforme o modelo do Anexo III.c.

Artigo 20.- Obrigacións dos/as usuarios/as. Son obrigacións dos/as usuarios/as, sen prexuízo dos recoñecidos acordo coa normativa vixente nas súas relacións coas Administracións Públicas:

20.1 A utilización das instalacións deportivas municipais con actitude positiva e deportiva en todos os espazos e dependencias das mesmas; así como de respecto os demais usuarios/as, espectadores e persoal da instalación, nos espazos, áreas e recintos deportivos.

20.2 Utilizarán a instalación deportiva unicamente na especialidade deportiva que este autorizada respectarase o horario de funcionamento da instalación, atendendo as indicacións dos empregados.

20.3 Facer uso de calquera das instalacións e espazos deportivos co adecuado vestido e calzado acorde das diferentes modalidades deportivas.

20.4 Aboar o prezo público correspondente ao servizo ou a actividade elixida, dentro dos prazos e normas que se establezan na correspondente Ordenanza.

20.5 Corresponderá a entidade usuaria (asociacións, clubs, agrupacións, etc.) solicitar e obter as autorizacións competentes, as autorizacións preceptivas esixibles, así como estar en posesión dos preceptivos seguros de accidentes para ditas actividades, e cumprir coas sancións que impoña o concello.

20.6 As persoas adultas velarán pola seguridade dos menores de idade ao seu cargo dentro das instalacións deportivas.

20.7 Os/as usuarios/as maiores de idade serán responsables do incumprimento das normas do presente Regulamento e das infraccións definidas no mesmo cometidas polos menores de idade ao seu cargo.

20.8 Os/as usuarios/as asumirán as perdidas do obxectos persoais que se produzan nas instalacións como consecuencia da súa desaparición, extravío ou deterioro dos mesmos.

20.9 Os/as usuarios/as axudarán a manter a instalación limpa, colaborando cos empregados, utilizando as papeleiras.

Artigo 21.-Perdida da condición de usuario/a.

21.1. Causas: O incumprimento do establecido no presente Regulamento e en particular das obrigacións impostas ao usuario/a leva consigo a perda de dita condición, coa conseguinte obrigación de abandonar ou prohibición de acceder as instalacións deportivas municipais. Tales incumprimentos calificaranse en leves e graves, segundo se sinala nos artigos seguintes.

21.2 Incumprimentos Leves:

21.2.1 Considerase leve, o incumprimento dalgunhas das obrigas dos usuarios, cando a súa condición non de lugar á clasificación de grave.

21.2.2 O trato incorrecto a calquera usuario, persoal, técnico, monitor, etc.

21.2.3 Causar danos leves de forma voluntaria á instalación, material ou equipamento das mesmas.

21.3 Incumprimentos Graves:

21.3.1 Incumprimento reiterado dalgunhas das obrigas dos usuarios.

21.3.2 O mal trato u obra a outros usuarios, espectadores, monitores, técnicos, xuíces ou empregados da instalación

21.3.3 Causar danos graves de xeito voluntario á instalación, material ou equipamento das mesmas.

21.3.4 Orixinar por imprudencia ou neglixencia accidentes graves a si mesmo ou a outras persoas

21.3.5 Falsear intencionadamente os datos relativos a identidade, idade, estado de saúde, etc... e a suplantación de identidade.

A reincidencia e incumprimentos resoltos como leves.

21.4 Consecuencias:

21.4.1 Os incumprimentos leves corrixiranse con apercibimento por escrito ou perda da condición de usuario por un período de 5 a 30 días.

21.4.2 Os incumprimentos graves corrixiranse coa perda da condición de usuario por un período comprendido entre 30 días e 5 anos, segundo a gravidade do mesmo fixera necesario.

21.5 Procedemento:

21.5.1 O Director-Xerente do P.D.M. será a persoa encargada de tramitar o procedemento.

21.5.2 As propostas comunicaranse por escrito aos interesados dándolles dez días hábiles de audiencia para que estes poidan efectuar as alegacións e presentar os documentos e informacións que estimen pertinentes.

21.5.3 Unha vez concluído o prazo de audiencia e a vista das alegacións presentadas polo usuario, o Director-Xerente do P.D.M. informará ao Presidente da mesma, como órgano competente, para resolver o que proceda. Unha vez que resolva o Presidente, notificarase ao afectado, dentro do prazo que lle confire a lexislación administrativa.

21.5.4 Contra os acordos adoptados, poderán interpoñerse os recursos que se estimen oportunos, conformidade co disposto na Lei de Procedemento Administrativo.

21.5.5 Non obstante, no caso que o usuario actúe de xeito notoriamente contraria ao presente regulamento, o persoal da instalación está autorizado para obrigarlle ao abandono da mesma, ou requirir a presencia das forzas de seguridade, se a gravidade do caso así o requirise, sen prexuízo das posteriores accións ao caso.

TÍTULO VI.- TAXAS E PREZOS

Artigo 22. Para os efectos de aplicación da presente normativa e da aplicación da ordenanza de prezos públicos, será o P.D.M. quen clasifique o tipo de actividade: adestramento federado, competición federada, uso libre, actividades físico-deportivas, festivais e actos non deportivos.

Artigo 23. O/A usuario/a deberá aboar as taxas ou prezos públicos correspondentes que se axustarán á Ordenanza reguladora das taxas ou prezos públicos vixente en cada momento, salvo que exista un convenio ou un patrocinio do evento. Aínda que o/a usuario/a estea exento de abonar a taxa ou prezo público polo usos da actividade ou servizo, sempre estará obrigado a cumprir o presente regulamento.

Artigo 24. O pagamento das taxas ou prezos públicos para a utilización de instalacións deportivas municipais poderase realizar directamente na instalación ou nas oficinas do P.D.M. ou noutros medios ou lugares que se habiliten para iso.

Artigo 25. Os pagamentos de taxas ou prezos públicos para usos das instalacións por parte dos menores de 16 anos serán emitidos a nome do pai/nai ou titor.

Artigo 26. O pagamento das taxas ou prezos públicos correspondentes implica o uso das instalación exclusivamente, pola persoa ou pola entidade para a que foron emitidas, e para a instalación, a actividade e os horarios recollidos no documento de pagamento. Esta persoa ou entidade será a responsable do uso da instalación.

Artigo 27. Todas as persoas que desexen inscribirse nun curso, actividade ou abono deberán presentar a folla de inscrición correctamente cumprimentada no prazo establecido. No caso dos menores de idade, a folla de inscrición asinaraa o pai/nai ou titor/a.

Artigo 28. O/A alumno/a quedará inscrito tras satisfacer a cota do curso de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora, e cumprir con todos os trámites de inscrición. A inscrición non producirá efecto mentres non se cumpra con todos os requirimentos establecidos.

Artigo 29. Na modalidade de abonado estase obrigado a facer o pagamento por ingreso bancario da matrícula correspondente e do primeiro mes de abonamento.

Artigo 30. Forma de pagamento: a matricula e o abono do primeiro mes, pagaranse en por ingreso bancario no momento de formalizar a inscrición. Os demais pagamentos faranse por domiciliación bancaria, de acordo cos datos facilitados na folla de inscrición. Os recibos pasaranse de forma anticipada, entre o 1 é o 5 de cada mes no que se vai a contratar o servizo.

Artigo 31. Para darse de baixa no abono ou no curso será necesario comunicalo por escrito, a través dos formularios dispoñibles para dito trámite, nas oficinas do P.D.M. será antes do día 20 do mes anterior ao que se produce a baixa. Os abonados dados de baixa que no futuro queiran reincorporarse á instalación deberán realizar novamente todos os trámites de alta. (agás aqueles que estean de baixa temporal por un motivo xustificado, vacacións de un mes, enfermidades ou operación, etc.).

Artigo 32. A renovación dos cursos e programas con límite de prazas realizarase entre o 1 e o 5 de cada mes. Ofertaranse ao público e por rigorosa orde de chegada as prazas vacantes en cursos de actividades de sala e piscina respectivamente, tendo en conta os criterios de preferencia nas listas de espera para cursos e actividades nas salas e nas piscinas.

Artigo 33. Calquera trámite de cambio de horarios ou actividades deberá solicitado nas oficinas do P.D.M., cumprimentando os impresos establecidos para tal efecto. En ningún caso se dará por validado o cambio mentres non sexa comunicado polo coordinador de actividades da instalación ou publicado no taboleiro de información ao usuario.

TÍTULO VII.- NORMAS PARA AS ESCOLAS DEPORTIVAS, CURSOS E DEMAIS ACTIVIDADES.

Artigo 34. Para realizar cursos, clases, e outras actividades organizadas deberá solicitarse a través das oficinas do P.D.M, facilitando ademais da relación de participantes, identificando o responsable e a información necesaria recollida no artigo 52.12.

Artigo 35. Ademais das normas xerais e das específicas da instalación recóllense as seguintes:

35.1 Os pais, nais, titores ou acompañantes, non terán acceso aos locais onde se desenvolvan as clases, co obxecto de non entorpecer a organización e a aprendizaxe destas. As comunicacións ao monitor deberán realizarse en horario de titorías dispoñibles para iso a través do coordinador da actividade.

35.2 As clases e as actividades darán comezo e finalizarán segundo o horario establecido, salvo que haxa modificacións por causa de forza maior. Esíxese puntualidade.

35.3. As faltas de asistencia:

35.3.1. As faltas non xustificadas dun mes poderán ser causa da perda dos dereitos adquiridos coa inscrición na actividade correspondente.

35.3.2. Mais dun 60% de faltas inxustificadas serán considerada como a perda da inscrición do curso ou actividade.

35.4 O material deportivo de uso persoal (gorro, zapatillas, lentes de natación,...) necesario para a práctica deportiva deberá ser achegado polo/a usuario/a. O devandito material será indicado polo monitor ao comezo do curso.

35.5 As clases/actividades de tempada darán comezo, agás excepcións durante a segunda quincena do mes de Setembro e rematarán na segunda quincena do mes de Xuño.

35.6 As actividades e Escolas deportivas de verán impartiranse con carácter xeral nos meses de Xullo e Agosto.

35.7. Consideraranse días inhábiles de clases e non recuperables, os comprendidos entre as vacacións escolares de Nadal, Antroido e Semana Santa.

35.8 Ante a eventual falta do monitor ou profesor por motivos imprevistos, os/as usuarios/as de actividades física nos pavillóns ou ximnasio, poderán facer uso da sala correspondente e o material necesario para desenvolver algunha das sesións - tipos, que a tal fin teranse previstas e depositadas na recepción da instalación. Cando a falta do monitor sexa para una actividade na Piscina poderán acceder a ela para uso libre sempre que sexa un adulto, pero para cursos de nenos/as quedará suspendida a actividade.

Artigo 36. Dereitos dos/as cursistas

36.1. Ser admitido para o uso do servizo sempre e cando se cumpran os requisitos esixidos pola súa regulamentación e haxa prazas abondas para todos os solicitantes. En caso de que haxa máis solicitudes de nova inscrición que prazas se ofertaron, a admisión será realizada previa inscrición nunha lista de espera.

36.2. A lista de espera virá regulada polos criterios que se recollen na táboa do Anexo II.

36.3. A renovar a praza ocupada nas escolas deportivas municipais, cursos e actividades, sempre que se asistise ao curso, exista dispoñibilidade de prazas e razóns pedagóxicas e organizativas que o permitan.

Artigo 37. Obrigas dos/as cursistas

37.1. Cumprir a normativa xeral e específica de uso de instalacións.

37.2. Asistir ás actividades, cumprindo o horario do curso ou a actividade para a que foi admitido.

37.3. O/A cursista deberá acreditar non padecer ningunha doenza que lle impida realizar esta práctica deportiva.

37.4. Presentar un xustificante de pagamento cando fora requirido.

37.5. Utilizar a tarxeta ou outro documento para o acceso ás instalacións.

37.6. Seguir as indicacións de socorristas, de monitores e do persoal da instalación.

37.7. Os cambios de horario ou de grupo solicitaranse a través das oficinas do P.D.M. Concederanse sempre e cando sexa posible por razóns de ratios, de niveis, de dispoñibilidade de prazas etc.

37.8. Non se poderá permanecer nas instalacións fóra do horario concedido.

37.9.Os prazos para a solicitude de admisión do alumnado nas escolas deportivas municipais, cursos e actividades formalizaranse nos períodos que determine o P.D.M.

Artigo 38. Perda da condición de cursista

38.1. Poderanse dar de baixa os/as cursistas polos motivos seguintes:

38.1.1 Por falta de pago na cota correspondente nos prazos establecidos.

38.1.2 Por faltas inxustificadas á actividade: as faltas inxustificadas á actividade superior a un 60%, durante un período de dous meses serán motivo de baixa automática, sen ter preferencia para volver a mesma actividade.

38.1.3 Por faltas reiteradas: As faltas reiteradas aínda que estean xustificadas a un 50% durante un período de dous meses

38.1.4 Por prescrición médica: Poderán ser dados de baixa aqueles usuarios que por problemas de saúde, teñan contraindicada a realización da actividade física que se realice nas diferentes instalacións deportivas. Nestes casos o usuario estará como preferente para volver á actividade cando o informe médico sexa apto para á actividade deportiva.

38.1.5 Por superar a idade máxima establecida para cada actividade. Serán dados de baixa na actividade aqueles usuarios que superen a idade máxima establecida para a mesma

38.1.6 Por superar os obxectivos do curso: Nos cursos de iniciación, aprendizaxe e perfeccionamento, serán dados de baixa aqueles usuarios que superen, a criterio dos técnicos e profesores, os obxectivos marcados para os mesmos.

38.1.7 Por falsear datos relativos a súa inscrición nos cursos.

TÍTULO VII.- NORMAS ESPECÍFICAS SEGUNDO A INSTALACIÓN DEPORTIVA

 

CAPÍTULO 1. NORMAS PARA OS/AS USUARIOS/AS DAS PISCINAS CUBERTAS E ZONA SPA.

Artigo 39. Concepto de piscina cuberta. Enténdese por piscina cuberta aquela instalación que queda reservada para a actividade física na auga, ben sexa dedicada a competición de natación ou actividade de recreo.

Artigo 40. Normas específicas para piscinas cubertas. Ademais das normas xerais establécense as seguintes:

40.1 Non poderán facer uso das piscinas, quen padezan algunha enfermidade infecto-contaxiosa, feridas abertas, etc.. Si o persoal da instalación tivera fundadas sospeitas dunha infección deste tipo, poderase esixir a presentación dunha autorización médica por escrito para o acceso a piscina.

40.2. Non se permite a entrada libre a menores de 10 anos que non veñan acompañados dunha persoa maior de idade, que será a responsable dos menores durante a súa permanencia na piscina. O devandito adulto deberá identificarse ao socorrista.

40.3. Non estará permitida a entrada libre a menores, entre 10 a 16 anos, que non saiban nadar.

40.4. Por motivos de hixiene é obrigatorio o uso de gorro, traxe de baño e zapatillas específicos na piscina así como tamén é obrigatoria a ducha previa o baño. Este aseo será mais intensivo si vimos da praia ou de practicar un deporte. Recomendase o uso de lentes de natación.

40.5. Por motivos de hixiene está prohibido soarse, cuspir, e mexar na auga, así como asistir á piscina con maquillaxe, cremas ou apósitos de calquera tipo. Tamén por motivos de hixiene está prohibido o afeitarse nos vestiarios da instalación.

40.6. Polo xeral non está permitido as zambullidas e saltos, o uso de materiais soltos ou grandes que impidan a libre circulación, non se permite o uso de atletas ou palas sen autorización do socorrista.

40.7. A instalación dispón de materiais de axuda para uso libre e outros que son para uso dos cursos.

40.8. É obrigatorio que seguir en todo momento as indicacións do socorrista

40.9 Respectarase en todo momento, o uso da pista asignada a cada actividade.

40.10. Dentro da zona pública hai un tipo de pista axeitada a nosa forma de nado. A formar de circular pola pista é sempre pola dereita.

40.11. Denominase a pista de nado como o seguinte:

40.11.1 PISTA INICIACION:

) É a pista dos nenos e das persoas con nivel baixo de natación.

B) Aínda que se aconsella nadar pola dereita non é unha pista de nado

40.11.2 PISTA DE NADO:

A) É a pista de nado a ritmo suave.

40.11.3 PISTA RÁPIDA:

A) É a pista de nado avanzado non competitiva onde predomina o crol

40.11.4 PISTA CLUBS

A) É a pista que se deixa reservada para os adestramentos dos clubs ou entidades deportivas federadas

40.12. Non debemos cruzar polas zonas dos cursos ou adestramentos.

40.13. Debemos nadar dun xeito que non ocupemos máis de media pista e nos permita o control da dirección

40.14. Non está permitido facer series a gran velocidade, excepto nos casos recollidos no artigo 40.11.4.

40.15. Non parar polo medio das pistas de nado evitando facer exercicios lentos que impidan a libre circulación.

40.16. Debemos adaptarnos a velocidade da maioría dos usuarios, evitando dentro do posible os adiantamentos.

40.17. Resérvase o dereito de admisión e o límite de usuarios por pista, segundo a lexislación vixente. (por regra xeral son de 10 usuarios/as por pista)

40.18. Prohíbese a entrada na zona de praia con roupa ou calzado non axeitado, así como comer e beber, e introducir obxectos de cristal.

40.19. O emprego de colchóns, flotadores, aletas, ou calquera outro elemento que poida orixinar risco para os demais usuarios, deberá ser regulado polos socorristas.

40.20. As persoas que non saiban nadar ou padezan algunha enfermidade que implique riscos, deberán advertilo previamente aos socorristas.

40.21. Para facilitar un maior aproveitamento da instalación, deberán seguir as instruccións dos socorristas.

40.22. Os familiares ou acompañantes dos usuarios teñen prohibida a entrada na zona de vestiarios e praia da piscina, salvo no caso de menores de 7 anos, que poderán ser acompañados por un adulto nos vestiarios.

Artigo 41. Concepto de zona SPA. Enténdese por zona SPA aquela que conta con varios espazos diferenciados (jacuzzi, sauna, baño de vapor) e diversos tipos de elementos (duchas, chorros) onde se utilizan terapias con auga.

Artigo 42. Normas específicas para zona SPA. Ademais das normas xerais e das específicas para piscinas cubertas establécense as seguintes:

42.1. Está prohibida o uso da sauna e baño turco a menores de 18 anos

42.2. Os usuarios/as deben seguir as indicacións e contraindicacións de uso, expostas á vista dos usuarios/as, que se especifican para cada elemento da zona SPA e para o resto da instalación. En caso de que o usuario/a non localice ditas indicacións deberá poñerse en contacto co socorrista para que llas facilite.

42.3. Antes da utilización é obrigatorio ducharse

42.4. É obrigatorio o uso de traxe de baño

42.5. É obrigatorio utilizar unha toalla para sentarse no banco

42.6. Non se pode entrar con xoia e obxectos metálicos

42.7. A capacidade máxima do Spa está limitada a un máximo de usuarios.

CAPÍTULO 2. NORMAS PARA O USO DOS PAVILLÓNS POLIDEPORTIVOS

Artigo 43. Concepto de pavillón polideportivo. Enténdese por pavillón polideportivo as instalacións que alberguen polo menos unha pista polideportiva cuberta cos seus respectivos vestiarios.

Artigo 44. Normas específicas para pavillóns polideportivos. Ademais das normas xerais establécense as seguintes:

44.1. Accederase á pista de xogo unicamente con roupa e calzado deportivo axeitado.

44.2. A hora de acceso e desocupación da pista de xogo será efectivamente as que se teñan reservadas, non podendo ocupar esta para quecementos, etc.

44.3. Para adestramentos o acceso os vestiarios será sempre de 15 minutos antes do inicio da hora da reserva da pista de xogo e de 30 minutos despois da saída da pista de xogo. O acceso aos vestiarios nas categorías inferiores, será sempre coa presenza dos monitores ou adestradores, así como permanecerán na instalación ata que o último neno saia do vestiario. O acceso aos vestiarios para equipos de categorías sénior poderá facerse sen a presenza do monitor ou adestrador.

44.4. Para competicións oficiais o acceso os vestiarios será sempre de 1 hora antes do inicio da hora da reserva da pista de xogo e de 30 minutos despois da saída da pista de xogo. O acceso aos vestiarios nas categorías inferiores, será sempre coa presenza dos monitores ou adestradores, así como permanecerán na instalación ata que ó último neno saia do vestiario.

44.5 As porterías, canastras, postes e demais accesorios necesarios para a práctica deportiva, que sexan móbiles, serán debidamente colocados e repartidos polo persoal da instalación. O material que cada equipo deixe na instalación, en aquelas dependencias que habilite o P.D.M., deberá ser recollido en cestas, redes ou bolsas propiedade do Club, non facéndose o P.D.M. responsable do mesmo.

44.6 Os pais, nais ou acompañantes non poderán acceder ou permanecer nas gradas ou na pista de xogo da instalación mentres estean facendo os adestramentos os equipos ou entidades deportivas.

44.7 Os equipos poderán solicitar a chave dos vestiarios mentres se disputen adestramentos ou partidos, sempre que se identifique as persoas responsables mediante o seu DNI.

CAPÍTULO 3. NORMAS PARA O USO DOS CAMPOS DE FÚTBOL

Artigo 45. Concepto de campo de fútbol. Enténdese por campo de fútbol aquela instalación deportiva que se adica á práctica do fútbol en calquera das súas modalidades.

Artigo 46. Normas específicas para campos de fútbol. Ademais das citadas e das normas xerais, establécense as seguintes:

46.1. Accederase ao campo de fútbol unicamente con roupa e calzado deportivo axeitado.

46.2. Non se permite o uso de zapatillas de taco metálico, agás nos campos de herba natural e de terra.

46.3. Nos campos de herba artificial só se permite o uso de zapatillas específicas, multitacos ou botas de tacos de goma.

46.4. Á hora de acceso e desocupación do campo de xogo será efectivamente as que se teñan reservadas, non podendo ocupar esta para quecemento, etc.¿

46.5. Para adestramentos o acceso os vestiarios será sempre de 15 minutos antes do inicio da hora da reserva da pista de xogo e de 30 minutos despois da saída da pista de xogo. O acceso aos vestiarios nas categorías inferiores, será sempre coa presenza dos monitores ou adestradores, así qué permanecerán na instalación ata que o último neno saia do vestiario. O acceso os vestiarios para equipos de categorías sénior poderá facerse sen a presenza do monitor ou adestrador.

46.6. Para competicións oficiais o acceso os vestiarios será sempre de 1 hora antes do inicio da hora da reserva da pista de xogo e de 30 minutos despois da saída da pista de xogo. O acceso aos vestiarios nas categorías inferiores, será sempre coa presenza dos monitores ou adestradores, así qué permanecerán na instalación ata que o último neno saia do vestiario.

46.7. As porterías, postes e demais accesorios necesarios para a práctica deportiva, que sexan móbiles, serán debidamente colocados e repartidos polo conserxe da instalación. O material que cada equipo deixe na instalación, en aquelas dependencias que habilite o P.D.M., deberá ser recollido en cestas, redes ou bolsas propiedade do Club, non facéndose o P.D.M. responsable do mesmo.

46.8. Os pais, nais ou acompañantes non poderán acceder ou permanecer nas gradas ou no campo de xogo da instalación mentres estean facendo os adestramentos os equipos ou entidades deportivas.

46.9. Os equipos poderán solicitar a chave dos vestiarios mentres se disputen adestramentos ou partidos, sempre que se identifiquen as persoas responsables mediante o seu DNI.

CAPÍTULO 4. NORMAS PARA O USO DAS SALAS DE FITNESS

Artigo 47. Concepto de sala de fitness. Enténdense por sala de fitness aquela sala na que existen máquinas de musculación e de actividade aeróbica (bicicletas, cintas, elípticas, etc.) para o exercicio da actividade física en xeral.

Artigo 48. Normas específicas para salas de fitness. Ademais das citadas e das normas xerais, establécense as seguintes:

48.1. Sobre a vestimenta:

48.1.1. É obrigatorio o uso de indumentaria e calzado deportivo. Non está permitida a entrada con chanclas, calzado de piscina ou similar

48.1.2. Está terminantemente prohibido adestrar sen camisetas

48.1.3. É obrigatorio o uso da toalla na Sala.

48.1.4. É recomendable o uso de guantes de ciclista cando utilicemos as bicicletas.

48.2. Sobre o uso do equipamento:

48.2.1. Tanto nas máquinas como as colchonetas poñerase unha toalla sobre ó área de contacto.

48.2.2. Pregase non permanecer nas máquinas conversando ou descansando para facilitar así unha mellor rotación en uso e unha mellor utilización por parte dos/as usuarios/as.

48.2.3. O material deportivo colocarase no seu lugar correspondente despois de finalizar o exercicio.

48.2.4. A utilización dos equipos de música, televisores, ordenador, etc.., é de uso exclusivo do persoal da instalación.

48.2.5. Prohibise a introducción de bolsas de deporte na sala

48.2.6. Recomendase a utilización responsable do equipamento de acordo cas directrices dos monitores, evitando así posibles situacións lesivas, consultando aos monitores cando sexa preciso.

48.3. Sobre os/as usuarios/as:

48.3.1. Non está permitida a entrada a menores de 16 anos

48.3.2. Aqueles usuarios/as que teñan entre 16 e 18 anos deberán cubrir unha autorización do seu pai nai ou titor legal para o acceso á sala

CAPÍTULO 5. NORMAS PARA O USO DO CIRCUITO DE MOTOR

Artigo 49. Concepto de circuíto de motor. Enténdese por circuíto de motor aquela instalación ó aire libre dedicada a especialidades deportivas de motor en terra (autocross, motocross, quadcross, etc).

Artigo 50. Normas específicas para circuítos de motor. Ademais das citadas e das normas xerais, establécense as seguintes:

50.1 Poderán solicitar adestramentos e a organización de eventos ou competicións na instalación aquelas entidades deportivas de motor que cumpran os requisitos recollidos no artigo 51.

50.2 Para a solicitude de entidades para adestramentos deberán cubrir a folla de solicitude na que se deberá xuntar a seguinte documentación:Folla de solicitude no modelo oficial (ver Anexo IV).

50.2.1 Fotocopia da licencia federativa en vigor do deportistas e/ou da escudaría solicitante

50.2.2 Copia da póliza de seguro de responsabilidade civil

50.3 Para a solicitude de entidades para probas ou competicións oficiais deberán cubrir a folla de solicitude na que se deberá xuntar a seguinte documentación:

50.3.1 Folla de solicitude no modelo oficial (ver Anexo IV).

50.3.2 Fotocopia da licencia federativa en vigor do deportistas ou da escudarías solicitante

50.3.3 Memoria descritiva da actividade a desenvolver

50.3.4 Copia da póliza de seguro de responsabilidade civil

50.3.5 Informe da Federación correspondente, aprobando o regulamento da proba e que estea cuberta por seguro de Responsabilidade Civil

50.3.6 Xuntar orzamento aproximado de gastos e ingresos da mesma.

50.3.7 Memoria de execución da proba.

50.4 A entidade organizadora cumprir coas condicións recollidas na autorización de uso de ben municipal.

50.5 Unha vez rematado o adestramento ou a proba, a instalación a entidade organizadora do evento faise responsable dos desperfectos que puideran ocasionar, e deixará a instalación en perfecto estado. O Director-Xerente do PDM realizará un informe trala proba para dar cumprimento a isto.

TÍTULO VIII.- NORMAS PARA ENTIDADES E CLUBES DEPORTIVOS.

Artigo 51. Concepto de entidades ou clubs. Enténdese como entidades ou clubs aquelas asociacións legalmente recoñecidas nos rexistros pertinentes (Xunta, etc.).

Artigo 52. Normas específicas para entidades ou clubs. Ademais das citadas e das normas xerais, establécense as seguintes:

52.1. Todos os clubs e entidades que soliciten o uso de instalación deben estar legalmente recoñecidas nos rexistros pertinentes (Xunta, etc.) e inscritos no rexistro do P.D.M. A inscrición deberá solicitarse no rexistro do P.D.M.

52.1.1. As entidades deberán presentar para a súa inscrición: os estatutos, as actas de cargos, o CIF, o domicilio social e a designación de representante.

52.2. As entidades deberán solicitar o uso das instalacións para adestramentos ou partidos da tempada no prazo establecido polo P.D.M. para cada instalación. A solicitude será por mediación do impreso oficial que está para tal efecto estará nas oficinas do PDM

52.3. As concesións outorgaranse de acordo cos criterios técnicos do P.D.M. á vista das solicitudes presentadas. Unha vez reunida a comisión delegada do PDM municipal notificarase as entidades antes do prazo establecido o horario definitivo da utilización para adestramento nas instalación deportivas municipais.

52.4. Os criterios do PDM para a utilización das instalación deportivas municipais para adestramentos serán os seguintes:

52.4.1. Que o deporte se adapte as características da instalación a utilizar.

52.4.2. Que sexan grupos estables, como medio de favorecer o asociacionismo deportivo, fronte a grupos informais, inestables e faltos de estructura.

52.4.3. Atenderase á categoría e número de deportistas do Club, así como o número de participantes en cada actividade.

52.4.4. Que colaboren cos intereses do P.D.M.

52.4.5. Que participen en competicións federadas.

52.5. A entidade que non vaia utilizar unha instalación previamente concedida, deberá comunicalo ao P.D.M. cun mínimo de 72 horas de antelación.

52.6. As instalacións no horario concedido non poderán cederse a terceiros agás que exista excepcionalmente unha autorización do P.D.M..

52.7. O uso será concedido para un motivo ou actividade determinada, categoría e/ou categorías. A entidade non poderá cambiar o uso da instalación para outro tipo de actividade ou categoría sen previo aviso ao P.D.M. e o consentimento expreso do P.D.M. Calquera cambio excepcional deberá ser autorizado polo P.D.M.

52.8 O uso da instalación durante unha ou varias tempadas, non establece dereito ningún para a concesión da instalación na seguinte tempada.

52.9. A entidade deberá dispor dun seguro de responsabilidade civil e dun seguro de accidentes incluída a asistencia sanitaria, ou a licenza federativa de cada un dos participantes. O club ou entidade usuaria farase responsable dos posibles deterioros da instalación que poida producirse polos seus xogadores, adestradores, persoal auxiliar e asociados, así como dos accidentes deportivos.

52.10. En horarios de adestramento, as bancadas non se abren ao público agás que exista excepcionalmente unha autorización do P.D.M. Non podendo estar nas pistas deportivas nada máis que aqueles xogadores, técnicos, directivos e outro persoal auxiliar oficialmente autorizado.

52.11. É obrigatorio a asistencia do adestrador, do delegado, do directivo ou do profesor durante o desenvolvemento do adestramento e doutras actividades físico-deportivas, así como a presenza dun responsable maior de idade durante o uso dos vestiarios.

52.12. Os clubs e as entidades deberán entregar unha relación detallada de xogadores, adestrador e persoal auxiliar, ao comezo da tempada, comunicando calquera modificación que se produza durante o seu desenvolvemento. Nesta relación debe figurar: o nome, apelidos e DNI. Deberán utilizar a tarxeta de control de accesos correspondente, ou outro documento identificativo.

52.13. Para a solicitude de entidades de torneos e eventos deportivos deberán cubrir a folla de solicitude na que se deberá xuntar a seguinte documentación:

52.13.1 Folla de solicitude.

52.13.1 Memoria descritiva da actividade a desenvolver

52.13.1 Copia da póliza de seguro de responsabilidade civil

52.13.1 Axuntar orzamento aproximado de gastos e ingresos da mesma.

52.13.1 Memoria de execución da proba que deberá entregarse como máximo con 15 días posteriores a realización da proba ou do torneo.

52.13.1 Para as probas de motor no Circuíto Municipal, ver o artigo 50.3 da presente normativa.

52.14 Para a disputa dos encontros e partidos oficiais das entidades ou clubs nas instalacións deportivas, o P.D.M. A través do seu departamento de instalacións deportivas, poñerá os horarios dos encontros ou partidos, así como á instalación. Por tal motivo as entidades e clubs deberán notificar con 20 días de antelación os seus calendarios de competición para que os responsables do P.D.M. poderán notificar as entidades o día, hora e instalación con 15 días de antelación.

52.15 Para poñer os partidos de competición das entidades e clubs o P.D.M. seguirán os criterios segundo o seguinte orden:

1º Preferencia os equipos de categorías sénior sobre os júniors, xuvenís, cadetes, infantil, alevín e benxamín (segundo a categoría)

2º Preferencia aos equipos que compiten en categoría internacional, estatal, autonómica, provincial, comarcal ou local (segundo o nivel da competición).

3º En caso de coincidencia de clubs nas preferencias, as entidades rotarán as preferencias en horario e día cada fin de semana

TÍTULO IX.- RESERVA DE INSTALACIÓNS

Artigo 53. A solicitude e o pago de aluguer de calquera unidade deportiva realizarase polos interesados, conforme se indique polo P.D.M., nos prazos previstos.

Artigo 54. A reserva de calquera espazo deportivo poderá facerse polo usuario como máximo de dúas reservas, non podendo reservar máis, ata que finalice o uso da instalación da segunda reserva.

Artigo 55. A reserva sempre se poderá facer cun máximo de 15 días naturais de antelación

Artigo 56. Reserva e uso das instalacións para os clubs e entidades deportivas:

56.1 Poderán acollerse a este sistema de aluguer calquera entidade deportiva e/ou educativa que cumpran os requisitos recollidos no artigo 51.

56.2 Para a concesión deste tipo de uso, ademais do recollido no artigo 52.15, entenderase como prioridades, en orde decrecente, o seguinte:

1. Que sexa club ou entidade deportiva.

2. Que a entidade, Club ou equipo teña residencia en Carballo e figure no rexistro de entidades deportivas do P.D.M.

3. Que os equipos solicitantes disputen os seus encontros na instalación.

4. Que participen en competicións federadas oficiais.

56.3 As solicitudes dos clubs ou entidades deportivas para toda a tempada presentaranse nas oficinas coa folla de solicitude antes do 10 de xullo, deberase entregar a seguinte documentación:

56.3.1 Solicitude debidamente cumprimentada e asinada polo seu presidente, na que aparecerán os datos da entidade.

56.3.2 Proxecto no que especifique a actividade a realizar, periodicidade da práctica de adestramentos, os calendarios de competición, horarios de competición e/o adestramentos, persoas responsables tanto directivos como técnicos e a relación de compoñentes autorizados para a actividade.

56.4. O P.D.M. reservase o dereito de deixar sen efecto algunha das autorizacións de utilización das instalacións deportivas por algúns dos seguintes motivos:

56.4.1 Por necesidades de programación municipal ou de actividades do P.D.M.

56.4.2 Por incumprimento das obrigas establecidas na presente normativa e nos requisitos de solicitude.

56.4.3 Por causa de comportamento pouco cívico ou antideportivo, por parte de algún membro da entidade autorizada, sendo este comportamento reiterado e evidente, a xuízo dos responsables do P.D.M.,

56.4.4 Por baixa asistencia dos membros da entidade, de xeito que reiteradamente, non cumpran cos mínimos de asistencia obrigatoria na autorización de uso.

TÍTULO X.- RECLAMACIÓNS E SUXESTIONS

Artigo 57. En toda instalación deportiva municipal haberá formularios oficiais de reclamacións e suxestións a disposición dos usuarios, segundo o modelo do Anexo III.c..

Artigo 58. O P.D.M. responderá na forma que estime o usuario de dita reclamación.

DISPOSICIÓNS FINAIS

Primeira.- No non previsto neste regulamento para a utilización das piscinas rexerá o disposto no Decreto 103/2005 do 6 de maio, da Comunidade Autónoma de Galicia, que establece a regulamentación técnico-sanitaria de piscinas de uso público (DOG nº de 11/05/2005).

Segunda .- A interpretación das normas deste regulamento será levada a cabo polo órgano competente do PDM ou do Concello de Carballo, que poderán dictar as instruccións necesarias para a súa aplicación.

Terceira.- O presente regulamento entrará en vigor coa súa publicación, no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, e comezará a aplicarse a partir do día seguinte o do transcurso do prazo establecido no artigo 65.2 LRBRL, ata que se acorde a súa modificación ou derrogación.

ANEXO I.- RELACION DE INSTALACIONS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Estas son as principais infraestruturas deportivas do municipio:

Complexo deportivo Zona Escolar

Rúa Vila de Noia, s/n

CP. 15.100 - Carballo

Pavillón Vila de Noia

Teléfono: 981 702 109

Horario: de luns a venres de 8:00 a 24:00 horas

Sábados e domingos ( competicións federadas)

Piscina Vila de Noia

Teléfono: 981 702 109

Horario: de luns a venres de 8.00 a 22:30 horas.

Sábados de 10:00 a 14:00 y de 16:30 a 19:30

Domingos só pola mañá de 10.00 a 13.00 horas.

Complexo deportivo Carballo Calero

Rúa de Carballo Calero, s/n

CP. 15.100 - Carballo

Polideportivo Carballo Calero

Teléfono: 981 756 232

Horario: de luns a venres de 9.00 a 13.00 e de 15.30 a 23.00 horas.

Sábados e domingos (competicións federadas).

Piscina Carballo Calero

Teléfono: 981 758 101

Horario: de luns a venres de 7.30 a 13.00 e de 15.30 a 22.30 horas.

Os sábados de 9.00 a 13.30 e o resto da fin de semana só as competicións.

Complexo deportivo As Eiroas

Polígono industrial de Bértoa, Carballo.

Teléfono: 981 703 555 / 635 229 400

Estadio Municipal As Eiroas

Horario: de luns a venres de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 23.00.

Sábados e domingos (competicións federadas).

Campo Anexo As Eiroas

Horario: de luns a venres de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 23.00.

Sábados e domingos, competicións federadas.

Complexo deportivo Vázquez Mouzo - A Grela

A Grela, s/n

CP. 15.100 - Carballo

Polideportivo Vázquez Mouzo

Horario: De luns a venres de 20.00 a 22.00 e os venres de 18.00 a 22.30.

Sábados e domingos, competicións federadas.

Campo de fútbol Vázquez Mouzo

Horario: Sábados e domingos, competicións deportivas.

Circuito Municipal do Motor

Bértoa s/n

C.P. 15.100 - Carballo

INSTALACIONS DEPORTIVAS: Aforos e usos.

Aforo: A capacidade dos espectadores a instalación deportiva.

Usos: Número de deportistas que poidan facer uso da instalación ( terreo de xogo) o mesmo tempo

1.- COMPLEXO DEPORTIVO CARBALLO CALERO:

* PISCINA CARBALLO CALERO

Aforo: 300

Usos: 94

* POLIDEPORTIVO CARBALLO CALERO

Aforo: 600

Usos: 60

* SALA DE FITNESS

Aforo: 0

Usos: 40

2.- COMPLEXO DEPORTIVO VILA DE NOIA:

* PISCINA VILA DE NOIA

Aforo: 0

Usos: 125

* PAVILLON VILA DE NOIA

Aforo: 800

Usos: 60

* SALA DE ACTIVIDADES

Aforo: 0

Usos: 35

3.- COMPLEXO DEPORTIVO AS EIROAS:

* ESTADIO MUNICIPAL AS EIROAS

Aforo: 3.500

Usos: 80

* CAMPO DE FUTBOL ANEXO

Aforo: 2.500

Usos: 80

4.- COMPLEXO DEPORTIVO VAZQUEZ MOUZO:

* CAMPO DE FUTBOL

Aforo: 3.000

Usos: 80

* PAVILLON VAZQUEZ MOUZO

Aforo: 400

Usos: 60

5.- CIRCUITO DO MOTOR:

* CIRCUITO DO MOTOR

Aforo: 9.000

Usos: 50

ANEXO II.- CRITERIOS DE VALORACIÓN PARA O ACCESO ÓS CURSOS

Criterios de valoración

Ptos.

Abonado/a

4

Empadronado/a en Carballo

4

Antigüidade na data do aboamento

(última data de alta)

1 ano

0,5

2 anos

1

3 anos

1,5

4 anos

2

ANEXO III. Modelos de solicitudes, reclamacións e suxestións.

 

ANEXO IV.- SOLICITUDE DO CIRCUITO MUNICIPAL

D/na. _______________________________________________________, con Documento Nacional de Identidade número _______________ e enderezo a efectos de notificación en ____________________, teléfono _________________, na súa condición de representante legal da entidade _________________________ inscrita no rexistro de asociacións deportivas co número _____________, solicita a utilización do Circuíto Municipal de Carballo para a realización de: (marcar cun `X¿ onde corresponda)

 a proba ___________________________________

 adestramentos de ___________________________

o/s día/s ______________________

Ademais, comprometese a cumprir coas condicións recollidas na autorización de uso de ben municipal, entregando no concello toda a documentación que sexa requirida ó efecto polos servicios municipais competentes e respectando a Normativa de uso das instalacións deportivas municipais.

En Carballo a __ de ____________ de _____

Asdo.:..........................................

Oficinas do Padroado Deportivo Municipal - R/ Vila de Corcubión s/n 15100 Carballo (A Coruña)

ANEXO V.- SOLICITUDE DE EVENTOS, TORNEOS OU COMPETICIÓNS DEPORTIVAS NAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

D/na. _______________________________________________________, con Documento Nacional de Identidade número _______________ e enderezo a efectos de notificación en ____________________, teléfono _________________, na súa condición de representante legal da entidade __________________________________________________________________ inscrita no rexistro de asociacións deportivas co número _____________, solicita a utilización da Instalacións Deportiva Municipal con nome __________________________________________________________ para a organización do evento con nome _______________________________________

Para os días _____________________ e co horario _________________________

Xunto con esta solicitude a entidade organizadora do evento, torneo ou competición deportiva deberá adxuntar un proxecto no que se explique a organización da proba, e que faga constar os seguintes puntos:

1.- DENOMINACION. ¿Cómo se chamará o proxecto?

2.- DESCRIPCION XERAL. ¿Qé se quere facer?

3.- XUZTIFICACION. ¿Por qué se quere facer?

4.- DESTINATARIOS ¿A quen vai dirixido?

5.- UBICACION E COBERTURA. ¿Onde se desenvolverá?

6.- OBXETIVOS. ¿Qué se quere conseguir?

7.- CALENDARIO E HORARIOS. ¿Cando terá lugar?

8.- ORGANIZACION E METODOLOXIA ¿De qué forma se fará?. ¿Quen é o responsable?

9.- RECURSOS. ¿Con que se fará?

10.- PRESUPOSTO. ¿Canto custará?

11.- PROMOCION E PUBLICIDADE. ¿Cómo se dará a coñecer?

(O proxecto non terá por que ter máis de 4 follas)

A organización comprometese a poñer, en tódolos medios de promoción e comunicación do evento, os logos que o Padroado Deportivo Municipal e o Concello estimen oportunos

Ademais, comprometese a cumprir coas condicións recollidas na normativas de usos de Instalacións deportivas municipais.

Unha vez aprobada a consecución do uso das Instalacións deportivas municipais para o fin do proxecto, a entidade organizativa deberá entregar unha memoria xustificada da organización da proba, no prazo non superior aos 15 días, na que faga constar os seguintes puntos:

1. Resultados deportivos da Proba

2. Datos de participación (número de xogadores, nº de horas de uso da instalación, etc...)

3. Memoria fotográfica presentada nun C.D.)

4. Avaliación dos resultados e conclusións (onde se debe aportar aquelas cousas positivas, e aquelas cousas que se deben de mellorar para posteriores eventos)

En Carballo a __ de ____________ de _____

Asdo.:..........................................

Oficinas do Padroado Deportivo Municipal - R/ Vila de Corcubión s/n 15100 Carballo (A Coruña)