Fene - ORDENANZA FISCAL Nº 12, REGULADORA DA TAXA POLO OUTORGAMENTO DAS LICENCIAS URBANÍSTICAS

Publicación provisional: 19/01/2007 BOP Nº: 15
Publicación definitiva: 19/01/2007 BOP Nº: 15
Aplicable dende: 16/07/2014

ARTIGO 1º.- FUNDAMENTO LEGAL

De conformidade co previsto no artigo 57 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa polo outorgamento das licencias urbanísticas esixidas pola lexislación do solo e o ordenamento urbano ou pola realización das actividades administrativas de control nos supostos nos que a esixencia de licenza fora substituída pola presentación dunha comunicación previa.

ARTIGO 2º.- FEITO IMPOÑIBLE

1.- Constitúe o feito impoñible a actividade municipal, técnica e administrativa, realizada para verificar se os actos de uso do solo e subsolo se axustan a normas urbanísticas, con carácter previo, no caso de actos sometidos a licenza, ou posterior, no caso de actos suxeitos á presentación de comunicación previa.

2.- No caso de que a licencia teña como feito impoñible a expedición de licencia de primeira ocupación de edificios, estarase ó recollido na ordenanza fiscal nº 21.

ARTIGO 3º.- SUXEITO PASIVO

1.-Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuintes, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro:

a) Que soliciten a preceptiva licenza urbanística ou presenten a comunicación previa correspondente.

b) Que executen instalacións, construccións ou obras, sen a preceptiva licencia ou sen a debida presentación da comunicación previa correspondente.

2.-En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuinte, os contructores e contratistas de obras.

ARTIGO 4.º.- RESPONSABLES

1.-Responderán solidiariamente das obrigas tributarias do suxeto pasivo as persoas fisicas ou xurídicas a que se refiren o art. 42.1 da Lei Xeral Tributaria 58/03.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quiebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o art. 43.1 apartados a),b),c) da Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro.

ARTIGO 5º.- DEVENGO

ARTIGO 5º.-

1.- Devengarase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. A estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data da presentación da oportuna solicitude de licenza urbanística ou da comunicación previa, se o suxeito pasivo formulase expresamente estas.

2.- Cando as obras se iniciaran ou executaran sen obter a oportuna licenza nin ter presentada debidamente a comunicación previa correspondente, a taxa devengarase cando se inicie a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable, con independencia do expediente administrativo de reposición da legalidade urbanística que corresponda.

3.- A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada pola denegación da licenza solicitada ou pola concesión condicionada desta. Tampouco verase afectada a obriga de contribuír pola renuncia ou desistimento do solicitante unha vez transcorridos 15 días dende a solicitude da oportuna licenza municipal ou dende a presentación da comunicación previa. Conforme ó anterior, se o interesado renuncia ou desiste no prazo sinalado comprobarase previamente que as obras non foron iniciadas. En caso contrario, non procederá ningún tipo de devolución.

ARTIGO 6.º.- BASE IMPOÑIBLE E LIQUIDABLE

Tomaránse como base de gravame da presente taxa, en xeral, o custo real e efectivo da obra, construcción ou instalación, entendendose por tal, a estos efectos, o custo de execución material daquela,do que non forman parte, en ingun caso, o Imposto sobre o Valor Engadido e demais impostos análogos propios de rexímenes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de caracter público local relacionados con ditas construccións, instalacións ou obras nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre estrictamente o custo do execución material.
A efectos do cálculo de dito custo, teránse en conta os criterios seguintes:
a) En obras menores, o orzamento estimaráse a partir do cadro de prezos que figura anexo á Ordenanza Fiscal vixente n.º 24, Reguladora do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras.
b) En obras maiores, o orzamento será o calculado en función dos índices ou módulos según o seguinte procedemento:
OEM= Mb x Sc x Ct x Cu x Ca, sendo:
* OEM = Orzamento de execución material
* Sc = Total superficie construída
* Ct = Coeficiente de tipoloxías
* Cu = Coeficiente de usos
* Ca = Coeficiente de actualización
* Mb = Módulo básico = 426 euros/m².
COEFICIENTE TIPOLOXÍAS: Ct.
Ct.-Tipoloxía da edificación.
1. En edificacións de nova planta e Adicións
1,20 Edificacións aillada (4 fachadas). Vivenda unifamiliar aillada. Sótanos a partir do 3.º
1,10 Agrupación en fila. Sótano 1.º e 2.º
1,00 Edificio en maza pechada. Edificación Aberta vivenda colectiva.
2.-En obras de reforma e rehabilitación.
1,10 Rehabilitación total incluindo desmontaxe de fachadas.
1,00 Adecuación interior de prantas baixas e entrechans.
0,90 Rehabilitación integral do edificio conservando exclusivamente as fachadas.
0,65 Rehabiliatación e reforma de instalacións e acabados.
0,50 Reformas que afecten soio a elementos estructurais.
0,35 Rehabilitación de fachadas e sustitución de carpintería e pechamentos (aplicada á superficie de fachada).
0,30 Reformas de pouca entidade que non afecten a elementos estructurais nin a instalacións (acabados interiores).
0,05 Demolicións e derribos (aplicada á superficie a demoler)*.
* Coeficiente de uso Cu = 1
COEFICIENTE DE USOS: Cu.
1.-Edificación:
Cu.-Usos da edificación.
1,60 Auditorios. Museos. Teatros. Hoteis 5*. Edificios e locais bancarios.
1,50 Hospitais, Laboratorios. Igrexas e Centros de culto.
1,40 Bibliotecas. Facultades e Escolas Universitarias. Hoteis 4*. Edificios penitenciarios. Terminais Marítimas e asteleiros.
1,30 Clubes sociais. Cines. Centros de saúde. Balnearios. Hoteis 3*. Salas de festas. Discotecas. Colexios con Residencia.
1,20 Consultorios medicos e veterinarios. Restaurantes. Residencias 3ª idade. Aparthoteis.Tanatorios. Centros de Culto.Cuarteis. Matadeiros.
1,10 Vivenda unifamiliares e locais anexos a viv unifamiliares como garaxes privados e trasteiros. Bodegas
1,00 Hoteis 2* e 1*. Moteis. Residencias Universitarias. Ambulatorios. Hostais-Residencias.Estacións de autobuses. Salas de exposicións. Piscinas.Edificios para vivendas plurifamiliares, adosados.
0,90 Oficinas. Garderías. Bares. Mercados. Centros docentes.
0,80 Centro/local comercial. Pavillóns deportivos cubertos. Vestiarios. Bungalows.
0,65 Edificios de aparcamentos.
0,50 Pías descubertas. Cemiterios. Panteons (por nicho) para cementerios parroquiales). Estacion de servicio. Naves industriais rematadas.Trasteiros.Locais para garaxes.Plantas para garaxes en edificios.
0,35 Porches e terrazas abertas.Naves industriais, edificios, plantas e locais sen uso especifico.
0,30 Instalacións deportivas descubertas.Cobertizos. Depósitos. Trasteiros.
0,10 Proxectos de urbanización (sobre superficie ordenada). Campings.
Xardíns. Pistas de terra e formigón. Tratamento de espacios exteriores. Acondicionamento de terreos.
c) En obras especiais, entendendo por tales aquelas cuio contido non sexa susceptible de inclusión nos anteriores apartados, o orzamento será o calculado atendendo ó proxecto técnico visado presentado.

ARTIGO 7.º.TIPO DE GRAVAME

En todos aqueles supostos nos que a base impoñible se determine en función do custo efectivo ou real da obra, construcción ou instalación, o tipo de gravame será o 0.41 por 100.

Nas licencias de obras suxetas ó Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas, sobre o orzamento da construccion, instalación ou obra civil, o 0.41 por 100.

En todo caso, os dereitos por outorgamento das preceptivas licencias para calquera clase de obras ou instalacións, non poderán ser inferiores a 12,55 euros

ARTIGO 8.º.- CUOTA TRIBUTARIA

1.-A cuota tributaria determinarase polo resultado de aplicar o tipo de gravame sobre a base impoñible.
2.-A cuota da tarifa corresponde a tramitación completa do expediente de que se trate, dende a sua iniciación ata a sua resolución final, incluida a certificación do acordo municipal e a sua notificación ó interesado.

ARTIGO 9.º.- EXENCIONS

Non se concederá exención nen bonificación algunha na referida taxa.

ARTIGO 10.º.- NORMAS DE XESTION, ADMINISTRACION E COBRANZA

1.-Os dereitos desta Ordenanza son compatibles con calquera outro por aproveitamentos especiais ou por prestación de servicios distintos.
2.-Será previa á licencia de obras de nova planta, a solicitude da licencia para demarcación de alineacións e rasantes, sempre e cando así o esixa a oficina técnica.
3.-Para as obras que leven consigo a obriga de colocar vallas ou andamios, esixiráse o pago dos dereitos correpondentes a este concepto, liquidándose simultáneamente á concesión da licencia de obras, según as tarifas recollidas na ordenanza fiscal n.º 6, correspondente.

ARTIGO 11º.- TRAMITACION

1.- Trala presentación da solicitude de licenza ou da comunicación previa que corresponda efectuarase unha liquidación provisoira á conta. Unha vez rematada a construción, instalación ou obra e tendo en conta o custe real e efectivo da mesma, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa modificará, no seu caso, a base impoñible, practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.

2.- Cando se produza calquera circunstancia que modifique o custe real e efectivo das obras, construcións ou instalacións que serviron de base para a determinación da cota tributaria, os suxeitos pasivos están obrigados a presentar, no prazo dun mes, declaración complementaria, e unha vez aceptada a modificación pola administración municipal practicarase liquidación complementaria.

ARTIGO 12.º.- RESOLUCION

DEROGADO

ARTIGO 13.º.- NOTIFICACIONS

DEROGADO

ARTIGO 14.º.- CADUCIDADE E DURACION DAS LICENCIAS

DEROGADO

ARTIGO 15.º.- INFRACCIONS E SANCIONS TRIBUTARIAS

DEROGADO

ARTIGO 16.º.

DEROGADO

ARTIGO 17º.-

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións estarase ó disposto nos arts. 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro e demáis normativa aplicable e o que dispoña a Ordenanza Xeral de Inspección, Xestión e Recadación.

ARTIGO 18º.-

Establécese o réxime de declaración tributaria polo suxeito pasivo (mediante presentación da solicitude de licenza ou da comunicación previa que corresponda) e posterior liquidación tributaria practicada por esta administración."

DISPOSICION FINAL. APROBACION E VIXENCIA

A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación no exercicio 2011 permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.