Fene - ORDENANZA FISCAL N.º 12 REGULADORA DA TAXA POLO OUTORGAMENTO DAS LICENCIAS URBANISTICAS ESIXIDAS POLA LEXISLACIÓN DO SOLO E O ORDENAMENTO URBAN

Publicación provisional: 19/01/2007 BOP Nº: 15
Publicación definitiva: 19/01/2007 BOP Nº: 15
Aplicable dende: 01/01/2009

FUNDAMENTO LEGAL

ARTIGO 1.º.
De conformidade co previsto no artigo 57 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa polo outorgamento das licencias urbanísticas esixidas pola lexislación do solo e o ordenamento urbán.

FEITO IMPOÑIBLE

ARTIGO 2.º.
Constitue o feito impoñible a actividade municipal, técnica e administrativa, realizada para verificar se os actos de edificación e uso do solo se axustan a normas urbanisticas.
No caso de que a licencia teña como feito impoñible a expedición de licencia de primeira utilización ou ocupación de edificios, estarase o recollido na ordenanza fiscal n.º 21.

SUXEITO PASIVO

ARTIGO 3.
1.-Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuintes, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro:
a) Solicitantes da respectiva licencia.
b) Executantes das instalacións, construccións ou obras, cando se procedera sin a preceptiva licencia.
2.-En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuinte, os contructores e contratistas de obras.

RESPONSABLES

ARTIGO 4.º.
1.-Responderán solidiariamente das obrigas tributarias do suxeto pasivo as persoas fisicas ou xurídicas a que se refiren o art. 42.1 da Lei Xeral Tributaria 58/03.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quiebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o art. 43.1 apartados a),b),c) da Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro.

DEVENGO

ARTIGO 5.º.
1.-Devengarase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a actividade municipal que constitue o seu feito impoñible. A estos efectos, entenderase iniciada dita actividade na data da presentación da oportuna solicitude da licencia urbanística, si o suxeito pasivo formulase expresamente ésta.
2.-Cando as obras se iniciaran ou executan sen haber obtido a oportuna licencia, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar si a obra en cuestión e ou non autorizable, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruirse para a autorización desas obras ou sua demolición se non foran autorizables.
3.-A obriga de contribuir, unha vez nacida, non se verá afectada en modo algún pola concesión da licencia solicitada condicionada á modificación do proxecto presentado, nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez concedida a licencia.

BASE IMPOÑIBLE E LIQUIDABLE

ARTIGO 6.º.
Tomaránse como base de gravame da presente taxa, en xeral, o custo real e efectivo da obra, construcción ou instalación, entendendose por tal, a estos efectos, o custo de execución material daquela,do que non forman parte, en ingun caso, o Imposto sobre o Valor Engadido e demais impostos análogos propios de rexímenes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de caracter público local relacionados con ditas construccións, instalacións ou obras nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre estrictamente o custo do execución material.
A efectos do cálculo de dito custo, teránse en conta os criterios seguintes:
a) En obras menores, o orzamento estimaráse a partir do cadro de prezos que figura anexo á Ordenanza Fiscal vixente n.º 24, Reguladora do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras.
b) En obras maiores, o orzamento será o calculado en función dos índices ou módulos según o seguinte procedemento:
OEM= Mb x Sc x Ct x Cu x Ca, sendo:
* OEM = Orzamento de execución material
* Sc = Total superficie construída
* Ct = Coeficiente de tipoloxías
* Cu = Coeficiente de usos
* Ca = Coeficiente de actualización
* Mb = Módulo básico = 426 euros/m².
COEFICIENTE TIPOLOXÍAS: Ct.
Ct.-Tipoloxía da edificación.
1. En edificacións de nova planta e Adicións
1,20 Edificacións aillada (4 fachadas). Vivenda unifamiliar aillada. Sótanos a partir do 3.º
1,10 Agrupación en fila. Sótano 1.º e 2.º
1,00 Edificio en maza pechada. Edificación Aberta vivenda colectiva.
2.-En obras de reforma e rehabilitación.
1,10 Rehabilitación total incluindo desmontaxe de fachadas.
1,00 Adecuación interior de prantas baixas e entrechans.
0,90 Rehabilitación integral do edificio conservando exclusivamente as fachadas.
0,65 Rehabiliatación e reforma de instalacións e acabados.
0,50 Reformas que afecten soio a elementos estructurais.
0,35 Rehabilitación de fachadas e sustitución de carpintería e pechamentos (aplicada á superficie de fachada).
0,30 Reformas de pouca entidade que non afecten a elementos estructurais nin a instalacións (acabados interiores).
0,05 Demolicións e derribos (aplicada á superficie a demoler)*.
* Coeficiente de uso Cu = 1
COEFICIENTE DE USOS: Cu.
1.-Edificación:
Cu.-Usos da edificación.
1,60 Auditorios. Museos. Teatros. Hoteis 5*. Edificios e locais bancarios.
1,50 Hospitais, Laboratorios. Igrexas e Centros de culto.
1,40 Bibliotecas. Facultades e Escolas Universitarias. Hoteis 4*. Edificios penitenciarios. Terminais Marítimas e asteleiros.
1,30 Clubes sociais. Cines. Centros de saúde. Balnearios. Hoteis 3*. Salas de festas. Discotecas. Colexios con Residencia.
1,20 Consultorios medicos e veterinarios. Restaurantes. Residencias 3ª idade. Aparthoteis.Tanatorios. Centros de Culto.Cuarteis. Matadeiros.
1,10 Vivenda unifamiliares e locais anexos a viv unifamiliares como garaxes privados e trasteiros. Bodegas
1,00 Hoteis 2* e 1*. Moteis. Residencias Universitarias. Ambulatorios. Hostais-Residencias.Estacións de autobuses. Salas de exposicións. Piscinas.Edificios para vivendas plurifamiliares, adosados.
0,90 Oficinas. Garderías. Bares. Mercados. Centros docentes.
0,80 Centro/local comercial. Pavillóns deportivos cubertos. Vestiarios. Bungalows.
0,65 Edificios de aparcamentos.
0,50 Pías descubertas. Cemiterios. Panteons (por nicho) para cementerios parroquiales). Estacion de servicio. Naves industriais rematadas.Trasteiros.Locais para garaxes.Plantas para garaxes en edificios.
0,35 Porches e terrazas abertas.Naves industriais, edificios, plantas e locais sen uso especifico.
0,30 Instalacións deportivas descubertas.Cobertizos. Depósitos. Trasteiros.
0,10 Proxectos de urbanización (sobre superficie ordenada). Campings.
Xardíns. Pistas de terra e formigón. Tratamento de espacios exteriores. Acondicionamento de terreos.
c) En obras especiais, entendendo por tales aquelas cuio contido non sexa susceptible de inclusión nos anteriores apartados, o orzamento será o calculado atendendo ó proxecto técnico visado presentado.

ARTIGO 7.º.TIPO DE GRAVAME

En todos aqueles supostos nos que a base impoñible se determine en función do custo efectivo ou real da obra, construcción ou instalación, o tipo de gravame será o 0.41 por 100.
Nas licencias de obras suxeitas ó Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas, sobre o orzamento da construción, instalación ou obra civil, o 0.41 por 100.
En todo caso, os dereitos por outorgamento das preceptivas licencias para calquera clase de obras ou instalacións, non poderán ser inferiores a 12,30 €

CUOTA TRIBUTARIA

ARTIGO 8.º.
1.-A cuota tributaria determinarase polo resultado de aplicar o tipo de gravame sobre a base impoñible.
2.-A cuota da tarifa corresponde a tramitación completa do expediente de que se trate, dende a sua iniciación ata a sua resolución final, incluida a certificación do acordo municipal e a sua notificación ó interesado.

EXENCIONS

ARTIGO 9.º.
Non se concederá exención nen bonificación algunha na referida taxa.

NORMAS DE XESTION, ADMINISTRACION E COBRANZA

ARTIGO 10.º.
1.-Os dereitos desta Ordenanza son compatibles con calquera outro por aproveitamentos especiais ou por prestación de servicios distintos.
2.-Será previa á licencia de obras de nova planta, a solicitude da licencia para demarcación de alineacións e rasantes, sempre e cando así o esixa a oficina técnica.
3.-Para as obras que leven consigo a obriga de colocar vallas ou andamios, esixiráse o pago dos dereitos correpondentes a este concepto, liquidándose simultáneamente á concesión da licencia de obras, según as tarifas recollidas na ordenanza fiscal n.º 6, correspondente.

TRAMITACION

ARTIGO 11.º.
1.-As licencias para instalacións, obras e construccións, solicitaranse por medio de instancia dirixida ó Sr. Alcalde, na cal figuraran os documentos que deberá de aportar o interesado.
Nos supostos de falla de calquera dos documentos esixidos, actuarase conforme ó previsto no artigo 54 da Lei de Procedemento Administrativo.
2.-A solicitude poderá ser formulada polo interesado, ou polo contratista de obras, pero faráse constar o nome e enderezo do propietario do inmoble, do arrendatario do mesmo cando as obras se realicen por conta e interese déste, así como a expresa conformidade ou autorización do propietario.
3.-Si despois de formulada a solicitude de licencia se modificase ou ampliase o proxecto deberá poñerse en coñecemento da Administración Municipal acompañando o novo presuposto reformado e, no seu caso, planos e memorias da modificación ou ampliación. Se a reforma se pretende incluir nas obras xa autorizadas, deberá tramitarse de igual xeito que si de nova construcción se tratase, e con abono dos novos dereitos.
4.-No momento de presentación da solicitude efectuarase unha liquidación provisoira á conta. Unha vez finalizada a construcción, instalación ou obra e tendo en conta o custo real da mesma, o Concello mediante comprobación polos servicios técnicos municipais e requerindo dos interesados as correspondentes certificacións de obras e demais datos que se consideren oportunos, modificará no seu caso a base impoñible anterior, practicando a liquidación definitiva e esixindo ou reintegrando ó suxeito pasivo o importe resultante que corresponda.
5.-Polo Rexistro Xeral remitirase o expediente á Secretaria que procederá a recaba-los informes técnicos regulamentarios sobre a procedencia da concesión de licencia solicitada.
6.-Evacuados os informes polo negociado correspondente, formularáse proposta de resolución que deberá ser motivada nos supostos en que fora denegatoria.

RESOLUCION

ARTIGO 12.º.
O órgano municipal competente, adoptará a resolución que procedera en canto ó outorgamento da licencia solicitada.

NOTIFICACIONS

ARTIGO 13.º.
1.-Aprobada dita resolución, polo negociado practicaráse a notificación os interesados e comunicaráse dita resolución ós Servicios Municipais responsables da execución do acordo municipal.
2.-A execución das obras queda suxeta á vixiancia, fiscalización e revisión do Concello, que a exercerá a través dos seus Técnicos e Axentes.
3.-As liquidacións iniciais terán carácter provisional ata que unha vez rematadas as obras sexa comprobado pola Administración Municipal o efectivamente realizado e o seu importe, requerindo para elo dos interesados as correspondentes certificacións de obras e demáis elementos ou datos que se consideren oportunos. A vista do resultado da comprobación practicarase a liquidación definitiva.
4.-As licencias e as cartas de pago ou fotocopias dunhas e outras, obrarán no lugar das obras mentres duren éstas, para poder ser exhibidas a requerimento dos Axentes a Autoridade Municipal, quenes en ningun caso poderán retiralas por ser inexcusable a permanencia destos documentos nas obras.
5.-En tódalas obras maiores que precisen documento técnico para a súa tramitación, deberá colocarse en lugar visible das mesmas, un cartel enunciativo das súas características, según as condicións da licencia outorgada. As dimensións mínimas do cartel serán de 80 x 120 cms. (de altura) e deberá conter os datos seguintes: Concello de Fene, data de autorización e número da licencia, data de expedición, características da edificación (altura linea de fachada, prantas autorizadas, voo, prazo de execución, destiño, promotor e dirección facultativa).

CADUCIDADE E DURACION DAS LICENCIAS

ARTIGO 14.º.
1.-Cando o interesado renuncie á licencia solicitada, si ésta ainda non foi concedida pola Xunta de Goberno Local, devolveraselle o 100% da cuota satisfeita por dereitos de licencia. Si a renuncia se produce despois de realizado o acto administrativo da concesión, a devolución será somentes do importe que exceda da cuota mínima establecida no epígrafe terceiro do artigo 7.º. Námbolos dous casos comprobarase previamente que as obras non foron iniciadas, pois de telo sido non procederá ningún tipo de devolución.
2.-Consideraránse caducadas as licencias, se despois de concedidas transcorren máis de seis meses sen ter dado comenzo as obras, ou cando unha vez empezadas fosen interrumpidas durante o expresado prazo, agás no caso de forza maior, na que deberá ser alegada polo titular da licencia antes que expire o referido prazo para a súa resolución posterior polo Organismo concedente.
3.-Tódalas licencias que se expidan levarán fixado un prazo para a execución das obras, que será proposto polo técnico autor do proxecto.
Rematado o prazo, quedará caducada e sen valor nin efecto algún a autorización obtida, a menos que anticipadamente se solicite e obteña, no seu caso, prórroga regulamentaria. As prórrogas que se concedan levarán igualmente fixado o novo prazo de execución, que como máximo, será o da licencia primitiva.
A primeira prórroga, outorgada a instancia de parte, non conlevará liquidación de taxa algunha. Non así as posteriores que se poideran solicitar, que darán lugar á práctica dunha nova liquidación, a partir dun orzamento actualizado.

INFRACCIONS E SANCIONS TRIBUTARIAS

ARTIGO 15.º.
As sancións que procedan por infraccións cometidas por incumprimento do disposto nesta Ordenanza, serán independentes das que poideran arbitrarse por infraccións urbanísticas, con arranxo ó disposto no Regulamento de Disciplina Urbanística aprobado por Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, para o desenvolvemento e aplicación da Lei do Solo de Galicia.
ARTIGO 16.º.
Constitúen casos especiais de infracción calificados de:
a) Simples.
- O non ter no lugar das obras e a disposición dos axentes municipais os documentos que se fai referencia no art. l3.4 desta Ordenanza.
- Non solicita-la necesaria licencia para a realización das obras, sen perxuicio da calificación que proceda por omisión ou defraudación.
b) Graves:
- O non dar conta á Administración municipal do maior valor das obras realizadas ou das modificacións das mesmas ou dos seus orzamentos, agás que, polas circunstancias concurrintes deba calificarse de defraudación.
- A realización de obras sen licencia municipal.
- A falsedade da declaración en extremos esenciais para a determinación da base de gravame.
ARTIGO 17.º.
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estaráse ó disposto nos arts. 181 e seguintes da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro e demáis normativa aplicable e o que dispoña a Ordenanza Xeral de Inspección, Xestión e Recadación

REXIME DE INGRESO

ARTIGO 18.º. Dacordo coa potestade recoñecida no artigo 27.1 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo establecese o réxime de autoliquidación da taxa. A tal efecto o solicitante presentará a declaración-liquidación da taxa e xustificante de ter ingresada a cuota tributaria ó mesmo tempo que insta ó outorgamento da correspondente licencia urbanística.

DISPOSICION FINAL. APROBACION E VIXENCIA

A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación no exercicio 2009 permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.